ACTA 03/2002

 

 

 

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 11 DE ABRIL  DE 2002

 

 

 

 

ORDE DO DÍA:

 

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA ANTERIOR.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS  DA ALCALDÍA.

3.-RATIFICACIÓN,  SE   PROCEDE,   S/  RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA SOBRE MODIFICACIÓN DO PRAZO DE CARENCIA DO PRESTAMO CO BCL..

4.-MOCIÓN DE EdeG-OV  S/ DEFICIENCIAS NO SERVICIO DE RECOLLIDA DO LIXO.

5.- MOCIÓN DO BNG  S/ CONSTRUCCIÓN CENTRO SAÚDE.

6.- MOCIÓN    DO    PSG – PSOE   S/   PACTO LOCAL.

7.- MOCIÓN    DO BNG   S/  SEGURO DECENAL NAS        EDIFICACIÓNS

8.- MOCIÓN DE EdeG-OV S/ ESTABLECEMENTO DA TAXA TOBIN.

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

 

 

ASISTENTES:

 

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

 

CONCELLEIROS:

 

D. Javier Abal Juncal

D. José Manuel Cordeiro Portela

D. Alberto Currás Piñeiro

Dª María C. Costas Gayo.

D. José González González.

Dª. Maria Martín Alonso

Dª. Carmen Sotelo Pena

Dª. Carmen Entenza Domínguez.

D. Osbaldo Martínez Couso

D. Julio Martínez Rodríguez

D.Xosé Manuel Millán Otero.

D-Rosendo Moreira Piñeiro.

D.Serxio Regueira Gómez.

Dª Isabel Lorenzo Martinez.

D.    José E. Santos Leites.

    Secretario . D. Felipe Fermoso Valdés

 

Na casa do concello de Moaña, o 11 de abril de 2002, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. alcalde, D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realizar o Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

 

           A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

 

INCIDENCIAS:

 

         Xustifica a súa ausencia a este acto, D.José Luis Leite Fraga e se retira durante o desarroio do mesmo ó finalizar o debate do punto num. 7 da orde do día Dª. Maria Carmen Costas Gayo, sendo ás 22:20 horas.

        

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA ANTERIOR.

      

                Dáse conta do borrador das Acta 2/2002 de 14 de marzo de 2002 Aprobase por unanimidade sen modificaciones.

 

         O portavoz do PSOE D. Julio Martinez, suxire a Presidencia para que a maior brevedade posible, utilicese o acceso ás actas mediante correo electrónico; o Alcalde contestalle que terase en conta a súa petición.

 

         Seguidamente a Presidencia dá lectura a proposta de declaración institucional do Concello de Moaña sobre a situación do pobo palestino, que suscriben os Grupos Municipais, dita proposta dí como segue:

 

“PROPOSTA DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE MOAÑA SOBRE  A SITUACIÓN DO POBO PALESTINO

 

         O pobo palestino ven sufrindo desde hai décadas unha situación absolutamente irraiconal e insusta marcada pola privación de dereitos tan fundamentais como de vivir en liberdade na súa propia terra.

 

         Esta situación viuse agravada nos últimos meses como consecuencia da escalada militar do goberno israelí, que se materializou mediante a ocupación dos territorios baixo xurisdición palestina, as detencións masivas, os ataques militares contra a poboación civil que producen centos de vitimas inocentes e o acoso á Autoridade Nacional Palestina.

 

         Ninguén pode permanecer alleo a un drama que cada día adquire unhas proporcións xigantescas, e que deriva nunha escalada irracional de violencia que ten como vitimas directas tanto a poboación civil palestina como a poboación isralelí.

 

         O Concello de Moaña súmase ao clamor que desde diversas instancias sociais e institucionais de todo o mundo se está producir para poñer freo a esta situación e, en consecuencia, acorda o seguinte:

1.- Demandar o cese inmediato de hostilidades e agresións por parte de israel, comezando polo abandono inmediato dos territorios ocupados.

2.- Condenar a actuación do goberno de Ariel Sharon por atentar contra os dereitos humanos máis elementais e contra o dereito internacional, e por incumplir sistematicamente as resolucións do Consello de Seguridade da ONU.

3.- Solicitar unha intervención activa e directa da Comunidade internacional para conseguir unha paz duradeira e xusta en Palestina e Israel, situación que debe ter como fundamento e dereito da comunidade  Palestina a contar con un estado propio e recoñecido a nivel internacional. Neste sentido, e tendo en conta que o Estado español ocupa nestes momentos a presidencia de turno da Unión Europea, o Concello de Moaña demanda do goberno español unha maior presión política sobre Israel para deter a actual ofensiva bélica contra o pobo palestino.

 

         O Pleno da Corporación acorda facer chegar esta declaración plenaria ao goberno español, e ás representacións diplomáticas palestinas e Israel en España.

 

Moaña, 4 de abril de 2002.

GRUPO MUNICIPAL DO BNG

GRUPO MUNICIPAL DE PSG-PSOE

GRUPO MUNICIPAL DE PP

GRUPO MUNICIPAL DO EdeG-OV”

 

INTERVENCIÓNS

 

         Faino o portavoz do PP, D. Alberto Currás Piñeiro, para manifestar que apoia a título personal, esta declaración institucional, pero hai que acordarse dos fallos e deficiencias de ambos contendentes, por elo condenan a vez, a conducta observada pola Autoridade Nacional Palestina.

 

VOTACIÓN E ACORDO

 

         A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda apoyar a deaclaración institucional transcrita.

 

 

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS  DA ALCALDÍA.

 

         A Corporación queda enterada. O portavoz de EdeG, D. Euloxio Santos Leites, pregunta sobre a resolucións dictada polo Sr. Alcalde en relación cos embargos ó Concello, en relación coa urbanizadora Golf-Domaio, que ainda  entende é competencia da súa autoridade, debeo dar conta á Comisión Informativa correspondente.O Alcalde aclara os motivos de dita resolución.

 

 

3.-RATIFICACIÓN,  SE   PROCEDE,   S/  RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA SOBRE MODIFICACIÓN DO PRAZO DE CARENCIA DO PRESTAMO CO BCL.

 

         Informa o Alcalde á Corporación da súa resolución do día 22 de marzo de 2002, dictada o amparo do informe de intervención adxunto, que se refiere a ampliación da carencia do prestamo concertado co Banco de Crédito Local.

 

         Dita resolución para a que solicita a ratificación do Pleno, dí como segue:

 

          “Prestamo con el Bnco de Crédito Local de España, num. 19925773                    . Modificación del plazo de carencia.

         Formalizado prestamo con el Banco de Crédito Local de España, el 28 de diciembre de 1999, número 19925773, por importe de 2.099.336,03 euros, teniendo en cuenta que vencido el prazo de carencia inicial, por razones de liquidez de tesorería, interesa a este Ayuntamiento ampliarlo por un ano más, visto el informe del Interventor, RESUELVO:

         Concertar con el Banco de Crédito Local de España, S.A., la modificación de las condiciones contractuales del referido préstamo en el sentido de ampliar por un año el perido de carencia de amortización y prorrogar, asimesmo, un año el vencimiento final de la operación.

         Sen perjuicio de la ejecutividade de esta Resolución, se deberá dar cuenta al Pleno del Ayuntamiento para su ratificación en la próxima sesión que celebre.”

        

INTERVENCIÓNS

      

         O Sr. Millán Otero manifesta que non pode apoiar en modo algún a presente resolución, pois elo significaría a ampliación da deuda existente; considera que o PP coa sua maioria absoluta, non é capaz de reducir o déficit.

 

         O grupo de Goberno a pesar da boa etapa económica dende a súa constitución por falta de austeridade, logra liquidez con toda clase de préstamos, desembocará ó cabo do seu periodo de mandato nunha situación similar á de fai tres anos.

 

         O Sr. Martinez Rodriguez,  non vai de acordo con dita resolución, no seu lugar, propón á refinanciación da deuda Concello-Banco Cto. Local con dous anos de carencia; con esta operación o único que se pretende é lograr mais liquidez para que resolva a próxima corporación, por tanto non apoia a operación realizada.

 

         O Sr. Santos Leites,  dí que o pretendido con esta operación é lograr a carencia pero a base de costes económicos, autorizando a amortización un ano máis. O PP comprometeuse a sanear as arcas municipais en catro anos é ainda que considera que o proxecto é dificil, ben poidera dedicarse á reducir en parte o déficit existente.

 

         Coincide co resto dos portavoces no sentido de que o periodo de bonanza económica habido nos últimos tres anos, non se aproveitou, nin se repetirá, e sen embargo do saneamento da entidade, nada de nada; de contas, presupostos e liquidacións, nada. A solicitude de anticipos e outras operacións económicas, non sanea ,unicamente lógrase aumentar a deuda para que se faga cargo da mesma a próxima corporación.

 

         O Sr. Cordeiro Portela, lle sorprende as explicacións dadas polos grupos da oposición, cando saben de sobra que a situación económica recollida polo actual grupo de goberno, foi cando menos vergonzoso e fai referencia a un montante total de tres mil douscentos millóns de pesetas; cincocentos millóns de deuda financieira, douscentos millóns por sentencias xudiciais firmes e outros a acreedores. En quince anos anteriores confeccionaronse todos os presupostos con déficit e nas súas respectivas liquidacións a excepción do liquidado  en 1997, foron deficitarios. Deste modo non se pagou a Seguridade Social, a Facenda, Fenosa, Seragua, etc.  O actual grupo de goberno aminorou considerablemente a deuda cos proveedores e con organismos reseñados anteriormente é nos exercicios 1999 e 2001 liquidáronse con superavit, pagando aos acreedores; polo tanto as críticas da oposición non teñen rigor algun.

 

         O Sr. Regueira Gómez, a refinanciación non supón mais que gastos para os veciños, os gobernos anteriores, tamén pagaron a pesar de ter gobernos de distinto signo, tanto na Xunta como Deputación, quenes “lles cerraron o grifo”.

 

         Lle replica o Alcalde e recomendalle que se cale a boca, porque está Vde. implicado en contas de saneamento en Domaio, as cales non lle foron abonadas polo anterior grupo de goberno, o consideralas incorrectas.

 

         O Sr. Martínez Rodriguez, ó delegado de facenda lle dí que lle defraudou a súa xestión económica, o único que fai é unha interpretación electoral da economía municipal.

 

         O Sr. Millán Otero reitera non confia na xestión de goberno porque non existe transparencia na mesma, en definitiva non hai datos obxetivos é pregunta donde se reduxo a deuda. Non está en contra de refinanciar pero con unha xestión económica rigurosa, non con enganos  e recorda o concelleiro de facenda que a deuda existente non é imputable os partidos politicos sinon ó propio concello.

 

         Replica o Sr. Cordeiro para decirlle que existen documentos de refinanciación de deuda suscritos polo Sr. Abalo. Nas contas ó importante non é a súa presentación nos prazos establecidos, sinon seus resultados. Finalmente o concelleiro de facenda fai uso das partidas asignadas en presuposto para afrontar os gastos correspondentes, solo e exclusivamente.

 

VOTACIÓN E ACORDO

 

         A Corporación, en votación ordinaria e por dez votos a favor ( Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, González González, Sotelo Pena, Martinez Couso, Martín Alonso e Entenza Dominguez do PP ) e seis en contra (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG; Sr. Martínez Rodriguez do PSOE; e Sr, Santos Leites de EdeG), acordan:

 

1.- Ratificar nos seus propios terminos a resolución da Alcaldia  do día 22 de marzo de 2002.

2.- Remitir certificación do presente acordo á Banco de Crédito Local.

 

 

4.-MOCIÓN DE EdeG-OV  S/ DEFICIENCIAS NO SERVICIO DE RECOLLIDA  DO LIXO.

 

         Previa lectura dá moción, o Sr. Santos Leites adelanta que como o Alcalde non acepta as mocións suscriptas por colectivos veciñais, vese obligado a suscribir a presente moción conxunta co BNG-PSOE. Di a moción como segue:

 

“MOCIÓN CONXUNTA DO BNG, PsdeG-PSOE E  EdeG SOBRE DEFICIENCIAS NO SERVICIO DE RECOLLIDA DO LIXO E SITUACIÓN LABORAL DOS TRABALLADORES DA CONCESIONARIA

 

         Transcorridos quince meses desde a privatización do servicio de recollida do lixo, seguen observándose deficiencias manifestas motivadas polo incumprimento reiterado por parte da empresa do prego de condicións e contrato de adxudicación asinado entre Urbaser e a Mancomunidade do Morrazo:

         -A recollida non chega aínda a todos os barrios, a pesar de que as taxas son idénticas para todos os veciños.

         -Non se realiza a limpeza de contedores coa periodicidade mensual estipulada no contrato, mentres que o camión limpa-contedores cedido pola Mancomunidade é utilizado de forma irregular para prestar servicio noutros Concellos que teñen adxudicado o servicio a Urbaser.

         -A recollida de papel, vidro e voluminosos segue presentando múltiples deficiencias, en especial fóra dos núcleos urbanos.

         -Non se puxo aínda en marcha a recollida separativa de envases, a pesar do convenio asinado no seu día entre os concellos do Morrazo e ECOEMBES.

         -Suspendéronse as campañas de información e concienciación social iniciadas hai cinco anos pola Mancomunidade, a pesar de que no contrato de adxudicación Urbaser adquiría o compromiso expreso de dedicar o 2% anual dos seus ingresos a este fin.

         -Segue sen solucionarse a incorporación á empresa concesionaria dos seis traballadores subrogados pertencentes á plantilla do concello de Moaña.

 

         A estas graves irregularidades vén sumarse a situación laboral dos actuais traballadores de Urbaser que prestan servicio no Morrazo. A pesar de que no prego de condicións se fixaba con toda claridade unha serie de obrigas que debería cumprir a adxudicataria, a estas alturas encontrámonos con que os traballadores de Urbaser seguen nunha situación de precariedade que repercute na prestación do servicio:

         a)Carecen de convenio colectivo, o que os sitúa nunha situación desfavorable con respecto a outros traballadores da empresa limitando os seus dereitos laborais.

         b)Os camións que realizan o servicio fóra dos núcleos urbanos están dotados só de conductor e un peón, coa consecuencia de frecuentes accidentes laborais e unha merma na calidade do servicio.

         c)Non se están cumprindo normas básicas de seguridade e hixiene no traballo: dotación de vestiario insuficiente, condicións sanitarias precarias na nave da empresa, etc.

         d)Non se respectan os períodos vacacionais e de compensación do traballo en festivos.

         e)Estase acudindo frecuentemente á contratación de persoal mediante Empresas de Traballo Temporal, opción explicitamente prohibida no prego de condicións da adxudicación.

 

         Sen entrarmos en aspectos propios da negociación laboral entre empresa e traballadores, os grupos municipais promotores desta moción entendemos que é competencia da Mancomunidade e das Corporacións que a forman velar polo cumprimento estricto das condicións pactadas no seu momento coa empresa, máis aínda cando estas repercuten na calidade do servicio que se presta aos veciños. Por iso, os grupos municipais do BNG, PsdeG-PSOE e EdeG propoñen ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes

 

ACORDOS:

 

         a)Instar a empresa e traballadores á negociación dun convenio digno que regularice a situación laboral na empresa adxudicataria do servicio de recollida do lixo e permita a mellora do mesmo.

         b)Solicitar de Urbaser o cumprimento das obrigas laborais asumidas coa sinatura do contrado de adxudicación do servicio e mostrar o apoio da Corporación aos traballadores na demanda de dito cumprimento.

         c)Reclamar a Urbaser unha solución inmediata e satisfactoria de todas as deficiencias indicadas na exposición de motivos (ampliación da recollida, limpeza e reposición de contedores, campañas de concienciación, recollida separativa, etc.).

Moaña, 1 de abril de 2002.”

 

         E concreta que ainda que o problema é empresa-traballadores, a mancomunidade non pode obviar ó mesmo, pois está unida a través dun contrato e da lectura dunha das cláusulas do prego de condicións, entre outras aparece a subrrogación de traballadores. Por elo a mancomunidade non pode consentir máis tempo cos problemas actuais, posto que queda claro a empresa non cumpre o contrato.

 

         O Sr. Millán Otero quere distinguir dúas partes dentro da moción:

 

1.- Sobre a situación do servicio de recollida en Moaña, é malo, non cumpre o prego de condicións, existe precariedade no servicio, non se repoñen nin lavan os contenedores. A separación de basuras, non se fai, tampouco se ampliou o servicio como consecuencia da privatización, nin existio campañas de información. Debe habrirse novo expediente sancionador á empresa .

2.- Trato cos traballadores, se refiere os seis de Moaña sen admitir a pesar da obligatoria subrrogación dos seus contratos. Os traballadores de Moaña lles puxeron a firma seus contratos de forma moi pouco ortodoxa, con presións. O prego de condicións dí que se rexirán por un convenio e resulta que despois de quince meses no traballo, os indicios de dito convenio son nulos, en conclusión deben de negociar os tres alcaldes coa adxudicataria.

 

         O Alcalde e en referencia o BNG, táchalle de ignorancia atrevida, parece que descoñece as conversas habida respecto do tema; o presidente da mancomunidade preocupouse do asunto a través de reunións coa empresa e traballadores. Recoñece que a empresa durante 2001 non funcionou ben, pero mellorará moito durante o 2002 ainda  que  non o fará  o 100%

 

            En canto á privatización do servicio por peche do vertedoiro de Moaña, suas obras ahí están, remata decindo que a presente moción ten moitas inexactitudes no seu contido.

 

VOTACIÓN E ACORDO

 

         A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a moción presentada por EdeG.

 

 

5.- MOCIÓN DO BNG  S/ CONSTRUCCIÓN CENTRO SAÚDE.

 

         Dá lectura á moción o Sr. Millán Otero, cuio texto literal dí como segue:

        

“MOCIÓN CONXUNTA DE BNG, PsdeG-PSOE E EdeG SOBRE A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE SAÚDE EN MOAÑA

 

         O Pleno do Concello de Moaña no mes de decembro do ano 1999 aprobou unha moción sobre a situación sanitaria de Moaña que contiña os seguintes puntos:

1º Construcción dun Centro de Saúde que cubra as necesidades sanitarias primarias dos veciños de Moaña.

2º Que o goberno municipal propoña á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a adecuación provisional do actual ambulatorio atendendo a aspectos tales como entrada de ambulancias, ascensor, eliminación de barreiras arquitectónicas, servicio de rehabilitación e fisioterapia, radioloxía, dentista e hixienista dental, etc.

3º Que o goberno municipal xestionase diante da Consellería de maneira inmediata a dotación dun local digno para poñer en práctica os cursos de preparación pre-parto.

4º Que o goberno municipal comece as xestións necesarias para a construcción dunha piscina climatizada municipal que poida atender as demandas de saúde e lecer los nosos veciños.

 

Nos días posteriores a esta aprobación –estamos falando de comezos do ano 2000- o Sr. Alcalde nos medios de comunicación manifestou que os aspectos aos que se refiren os puntos 2 e 3 poderían ser acometidos de inmediato.

A Plataforma da Sanidade de Moaña mantivo unha moi prudente espera ata xuño do ano 2000, data na que solicitou se lle informase no Pleno do Concello sobre as xestións levadas a cabo para executar aquel acordo plenario. Non houbo resposta.

No mes de setembro dese mesmo ano 2000 unha representación da Asociación de Mulleres de Moaña reuniuse co Sr. Alcalde. O Sr. Alcalde díxolles que xa falara coa Directora Provincial do SERGAS e que a solución pasaba por unha reforma da actual Casa do Mar. Sobre a piscina informou que entraría nos orzamentos da Xunta do ano 2001.

O 12 de febreiro de 2001 a Plataforma presentou no concello unha moción para que se acordase a inclusión no orzamento municipal dese ano unha partida para a adquisición dos terreos necesarios para a construcción dun novo Centro de Saúde.

Durante o verán de 2001 celebráronse diversas entrevistas entre a Plataforma da Sanidade e o Xerente de Atención Primaria e a Delegación Provincial do SERGAS.

No mes de xuño o SERGAS anuncia nos medios de comunicación que vai investir 150 millóns de ptas. para ampliar a actual Casa do Mar, declaracións que a Plataforma considerou desde o primeiro momento “pouco serias”, pois en ningún documento dos orzamentos da Xunta consta tal consignación económica para este fin.

A Plataforma aposta inequivocamente pola construcción dun Centro de Saúde que unha vila de 18.500 habitantes como Moaña merece e nos corresponde por lei. A ampliación da actual Casa do Mar considerámola inviable, porque non aportaría solucións nin melloras no aspecto sanitario e ademais as negociacións para a utilización dos terreos colindantes son moi complicadas, xa que ao ser competencia de Costas requiren a súa concesión, cousa nada fácil como puidemos comprobar os moañeses coa instalación do saneamento da ría.

Por outra banda, o incumprimento do acordado respecto das reformas que de xeito inmediato é necesario acometer nas instalacións da Casa do Mar, considerámolo unha burla para os moañeses, cando todos sabemos que calquera dos concellos limítrofes como Bueu, con menos habitantes, ten máis e mellores servicios que Moaña. Por todo isto, os grupos municipais do BNG, PsdeG-PSOE e EdeG, en nome da Plataforma da Sanidade de Moaña, solicitamos que o Pleno da Corporación adopte os seguintes

 

ACORDOS:

 

1)Que por parte do Sr. Alcalde se informe sobre as xestións levadas a cabo para a construcción do Centro de Saúde de Moaña.

2)Que se inclúa nos orzamentos municipais do ano 2002 unha partida para a adquisición dos terreos necesarios para a construcción do Centro de Saúde.

Moaña, 26 de marzo de 2002.”

 

INTERVENCIÓNS:

 

         Intervén en primeiro lugar membros da plataforma de Sanidade de Moaña quenes na súa intervención coinciden en que polo Concello se executen seus acordos plenarios. Non é posible a ampliación da Casa do Mar polos costes económicos que supondría, hai que construir un Centro de Saude.

 

         O Sr. Martinez Rodriguez vai poiar seu grupo esta moción, porque é un recoñecemento xusto e cívico xa que as atencións recibidas na Casa do Mar son moi deficientes, existe unha promesa electoral do grupo de goberno de construir ese centro de saude, asi como, unha piscina climatizada e outros servicios.

 

         O Sr. Alcalde quere que se conozca polo pobo que non pretende engañar a nadie, a situación económica do Concello é moi mala como acaba de ratificar seu concelleiro de facenda, Sr. Cordeiro. O que se pide é moi xusto pero non por elo hai que facelo xá, non hai partida presupostaria para adquirir os terreos e a aportación económica necesaria é imposible por parte do Concello.

 

         No seu momento pediuse o Alcalde xestións para diversas melloras e asi se fixo con viaxes a institucions, pero que quede claro que a compeatencia e xestión da sanidade é exclusiva do Sergas. Non é certo que a obra de construcción do Centro de Saude estivera incluida no programa electoral do PP; ainda que fixeronse xestións lográndose o anteproxecto de ampliación da Casa do Mar, con unha financiación de cento sesenta millóns de pesetas, todos os trámites que se realicen para lograr este centro, obtendrán o apoio do Concello, pero non así a aportación económica.

 

         O Sr. Abal Juncal, dí que ainda que pareza que o Alcalde está en contra da construcción do centro de saude, non é así, hai que conseguir o terreo para o edificio a través de convenio urbanístico, posto que Costas non ó cederá.

 

         O Sr. Millán Otero comprende os veciños e a plataforma que realizou varios viaxes obtendo resultados moi básicos , atópase de acordo co manifestado polo concelleiro de urbanismo no sentido de lograr os terreos a través de convenios urbanisticos.

 

         O Sr. Santos Leites, agradece as propostas do concelleiro de urbanismo e entende que a partir de ahora, o camiño está maís despexado. Considera que si o PP non levou a obra no seu programa electoral que recoñeza a necesidade existente e si deixara de atendela seria malo. Cree que o momento oportuno para obter douscentos cincuenta millóns de financiación.

 

         Finalmente intervén o Alcalde e se dirixe a oposición para manifestar que está disposto a aceptar a moción si se modifica a parte dispositiva da mesma no referente á :

         -Punto segundo: realizar xestións urbanisticas para que a través dun convenio lógrese un solar necesario para a execución da obra.

         -Punto tres: que se financie total e exclusivamente en fondos da Xunta.

 

         Proposta que é aceptada pola oposición.

 

VOTACIÓN E ACORDO

 

         A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprabar a proposta transcrita.

 

 

6.- MOCIÓN    DO    PSG – PSOE   S/   PACTO LOCAL.

 

         O Sr. Martínez Rodriguez adelanta o contido da moción con unha explicación larga e concisa e seu texto literal dí como segue:

 

1.- Los ciudadanos demandan servicios públicos de calidad prestados desde la proximidad, es decir,por la administración más próxima, siempre que ello garantice la eficacia de su funcionamiento . De ahí nace la idea de un Pacto Local. El Pacto Local es unha vieja aspiración de la Federación Española de Municipios y Provincial, que debe abordarse antes que con una optica burocrática o administativa, con la lógica de garantizar a los ciudadanos servicios públicos de calidad prestados desde el ámbito que mejor garantice la eficacia de la gestión. Hablar de Ciudades o de Municipios es, ante todo hablar de ciudadanos.

 

2- El futuro de los Ayuntamientos requiere decisiones políticas, legislativas y económicas por parte del Estado, del Gobierno y del Parlamento; asi como de las Comunidades Autonómicas y de los propios Ayuntamientos, Como se afirmó en las Resoluciones de la Asamblea General Extraordinaria de la FEMP, reunida  en A Coruña los días 5 y 6 de noviembre de 1993, y como se indica en el documento apobado por la Comisión ejecutiva de la FEMP en 1996 titulado “Bases para el Pacto Local”, el Pacto Local requiere no sólo la transferncia de competencias a los Ayuntamientos sino tambien la reforma de la Financiación Local para lograr la suficiencia financiera de las Corporaciones Locales.

 

3.- Hoy las ciudades y los municipios tienen planteadas nuevas necesidades por lo que hacen falta nuevas respuestas. Son necesarias Asimismo reformas en las Bases Normativas del Régimen Local en aras a incrementar la calidadd democrática y la participación ciudadana, asi como a tomar en consideración la especificidad de las ciudades y de las aáreas de influencia urbana. Hoy son imprescindibles nuevas competencias municipales para resolver problemas básicos de los ciudadanos. En el ejercicio de las mismas, un número importante de ayuntamientos, ya se han adelantado en su respuesta a los ciudadanos, supliendo desde los gobiernos locales insuficiencias de las demas administraciones.

 

4,. Para garantizar la prestación de estas competencias y servicios públicos a los ciudadanos, es imprescindible un nuevo modelo de financiación local. No sólo es preciso evaluar el coste efectivo de las nuevas competencias o transferencias que se hagan a los ayuntamientos por las comunidades autónomas. Es preciso una regulación nueva de las haciendas locales, y de instrumentos con vocación  niveladora y de equidad como la participación de los ayuntamientos en los ingresos del estado y la participación en los ingresos de las comunidades autónomas. Ello es asunto del Estado y el resultado final debe ser el contenido del pacto local plantea cuestiones, especialmente la financiación , la seguridad ciudadana, el régimen local y las políticas de integración de la inmigración, que son fundamentalmente responsabilidad del Gobierno Central y de las Cortes Generales. Otras, las concernientes a la descentralización de competencias, son sobre todo, responsabilidad de las Comunidades Autónomas.

 

         Por todo ello, el Pleno de Moaña considera que es necesario propiciar un gran acuerdo que defina los nuevos horizontes de la Autonomía Local, desde la perpectiva de una Unión Europea que reafirma la subsidiariedad y de un Estado de las Autonomías sustancialmente consolidado en su desarrollo competencial.

      

Dicho acuerdo debe buscarse simultáneamente en tres escenarios:

 

         -En primer lugar, desde el punto de vista general de España, urge un diálogo entre las fuerzas políticas parlamentarias desde la perspectiva de lo que fue la metodología de consenso que impregnó nuestro desarrollo constitucional. En este proceso de diálogo la Federación Española de Municipios y Provincias debe jugar un papel importante.

 

         -En segundo lugar, el Gobierno debe convocar una conferencia sectorial en materia de Régimen Local, reuniendo a todos los responsables autonómicos con competencias en la materia (Consejeros de Gobernación o de Administraciones Públicas), para buscar puntos de encuentro y cooperación en el desarrollo del Réegimen Local y de su financiación.

 

         -En tercer lugar, debe impulsarse, en cada Comunidad Autónoma, un proceso de Pactos Locales Autonómicos, desde el diálogo con todos los Ayuntamientos, la respectiva Federación Territorial de Municipios y las fuerzas políticas representativas.

 

A la vista de las consideraciones anteriores es preciso garantizar la viabilidad y las condiciones mínimas de calidad, eficiencia, y proximidad en que deben desarrolllarse los servicios públicos prestados por los Ayuntamientos.

 

Por ello, el Pleno del Ayuntamiento de Moaña acuerda la siguiente

 

 

                                              M O C I Ó N

 

Primero:

 

         Se insta al Gobierno y a los Grupos Parlamentarios de las Cortes Generales a que impulsen un Pacto Local que incluya, en el marco de las competencias del Estado, los siguientes temas:

 

1.- La adopción de medidas de saneamiento financiero del déficit estructural de las Corporaciones Locales y de financiación adicional del Estado a los Entes Locales, las Bases de la Hacienda Local, así como el nuevo modelo de financiación Local.

2.- La presencia de la representación de las Corporaciones Locales en el Consejo de la Política Fiscal y Financiera.

3.- La reforma de la organización  del Gobierno Local,  la elección directa los Alcaldes, las nuevas Bases del Régimen Local, asi como las medidas de apoyo que garanticen la gobernabilidad local, la erradicación del transfuguismo, la pluralidad, el derecho da la información, el fomento de la partipación ciudadana y el Estatuto del Concejal.

4.- Un nuevo marco normativo de las ciudades y de las áreas de influencia urbana, que garantice entre outras especificidades, el tratamiento de los aspectos que en la Carta Municipal de Barcelona y en la Legislación Especial de Marid y de su Capitalidad, son competencia del Estado

5.- La culminación del traspaso de competencias a las Comunidades Autónomas, en especial en materia de Justicia y de políticas activas de empleo.

6.-La regulación de la Justicia de proximidad.

7.- La seguridad ciudadana en el ámbito municipal, reforzando el papel de las policías locales y la figura del Alcalde en las politicas de seguridad, impulsando los mecanismos de coordinación asi como las Juntas Locales de Seguridad.

8.- La ordenación y regulación de la educación infantil y el papel de los Ayuntamientos.

9.- La cooperación del estado con las comunidades autónomas y las corporaciones locales en la prestación de servicios sociales básicos, y en concreto, el relanzamiento del Plan concertado para el desarrollo de prestaciones básicas de servicios sociales con las corporaciones locales.

10.-La cooperación del estado con las corporaciones locales  en las políticas activas de vivienda, y en especial, el fomento de medidas que impulsen el alquiler de vivienda para los jóvenes, introduciendo las modificaciones legales y fiscales que dificultan la construcción de viviendas de promoción pública y el fomento del régimen de alquiler.

11.-  La reforma de la Lei del Suelo.

12.- La reforma de la Comisión Nacional de Administración Local para que asuma tareas de coordinación e información de la política legislativa y presupuestaria del Estado con las Entidades Locales.

 

         Todos estos temas deben convocar al conjunto de las Fuerzas Parlamentarias en la búsqueda de un amplio acuerdo.

 

Segundo:

 

         Se insta al gobierno a que inicie el diálogo con las Comunidades Autónomas, en la perspectiva de plantear el futuro del papel de los Ayuntamientos desde el principio de la cooperación interadministrativa, para lo cual se deberá convocar la correspondiente conferencia sectorial de los consejeros de las comunidades autonomas  responsables  en materia de Régimen Local.

 

Tercero.- Se insta al Gobierno de la comunidad autónoma a que impulse, en el ámbito de sus competencias, dentro de los actuales marcos jurídicos y financieros, políticas de descentralización y desarrollo de la Autonomía Local mediante  instrumentos tanto normativos como financieros. Para ello el Gobienro de la Comunidad Autónoma deberá convocar a la federación territorial de municipios y a las fuerzas politicas reresentativas, en su ámbito territorial, para profundizar en las formulas de ampliación de las competencias locales, revisando los logros alcanzados hasta el momento, dentro de las peculiaridades y especificidades de la organización territorial de la comunidad autónoma y atendiendo a la distinta dimensión y capacidad de gestión de cada uno de sus municipios.

 

Asimismo, se insta al gobierno de la comunidad autónoma a que impulse medidas de apoyo a la mejora de la gestión pública local y proceda a crear, en colaboración con la Federación Terrotiral de Municipios , un observatorio local.

 

Cuarto.- Se insta a la Asamblea Legislativa de la Comunidad Autónoma a que en su ambito constituya una comisión parlamentaria de entidades locales para elaborar un Libro Blanco sobre el futuro de la autonomía local, y para inormar todos los proyectos legislativos, propuestas y acuerdos que se formulen sobre las administraciones locales en el ámbito de la comunidad autónoma.”

 

INTERVENCIÓNS

 

         O Sr. Santos Leites adianta que se vai abterse na votación, ainda que recoñece que o Concello asume funcións e competencias que logo non finanza.

 

         O Sr. Millán Otero solicita do PSOE retire a moción, do contrario votará en contra.

 

         O Sr. Martínez Rodriguez non contaba con este tipo de análise tan crítico, o que se pide na presente moción é mellorar a financiación para mellorar os servicios do concello, por elo non pode cambiar o fondo ni contido da moción.

 

         Por último o Alcalde diríxese o portavoz do PSOE e lle agradecería retirase a moción, algon que non acepta.

 

VOTACIÓN E ACORDO

 

         A Coporación, en votación ordinaria e con un voto a favor (Sr. Julio Martinez Rodriguez do PSOE), e trece votos en contra (Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, , González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Martín Alonso e Entenza Dominguez do PP; Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martinez e Regueira Gómez do BNG) e unha abstención (Sr. Santos Leites de EdeG), acordan rechazar a moción presentada.

 

 

7.- MOCIÓN    DO BNG   S/  SEGURO DECENAL NAS EDIFICACIÓNS

 

         Dá lectura a moción o Sr. Moreira Piñeiro que dí:

 

“MOCIÓN DO BNG SOBRE O SEGURO DECENAL NAS EDIFICACIÓNS

 

            A Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, instaurou a obrigatoriedade de constituír un seguro por parte dos promotores e promotoras de novas edificacións, para protexer os intereses dos consumidores e consumidoras fronte a posibles vicios estructurais ocultos na construcción, durante un período de 10 anos.

         A lei non diferencia entre autopromoción e promoción profisional para a venda a terceiras persoas, polo que, na actualidade, se está a producir unha situación non desexada por quen lexislou, que afecta a promotores e promotoras de vivendas destinadas ao uso propio, consistente en que a persoa promotora da vivenda e tomadora do seguro é a destinataria final da mesma, véndose obrigada a constituír un seguro para se garantir a si mesma a cobertura de posibles vicios ocultos na construcción, nos que obviamente non pode ter ningún interese obxectivo.

         O requisito do seguro decenal para acceder á inscrición no Rexistro da Propiedade provoca a obriga de contratar este seguro sempre e cando as persoas autopromotoras precisen recorrer ao financiamento alleo, por exemplo, créditos hipotecarios.

         A esixencia de estudios técnicos por parte das compañías aseguradoras e a imposición de consultings asociados ás mesmas están derivando no cobro de primas abusivas, que poden supor entre o 10 e o 20% do valor da estructura asegurada e que, no caso de vivendas unifamiliares, ronda os 6.000 euros –un millón de pesetas.

         Esta situación, que afecta a miles de persoas que pretenden construír a súa vivenda, para uso propio e sen intención de transmitilas a terceiras persoas, é especialmente grave no noso país, por estar moi estendida a construcción de vivendas en réxime de autopromoción ou propia administración, e constitúe un freo ao normal desenvolvemento da construcción no noso concello.

         É por iso que presentamos esta moción no sentido de instar a modificación da Lei de Ordenación da Edificación para exceptuar as edificacións unifamiliares de uso propio das obrigas de constitución do seguro decenal, sempre que non mude a persoa titular durante os dez anos seguintes á súa construcción, xa que neste caso procedería constituír o citado seguro.

         Por todo isto, solicitamos do Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

1.-Instar ao Goberno do Estado a modificar a Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, no sentido de exceptuar as edificacións que se destinen a vivenda unifamiliar, promovidas e construídas para uso propio, das obrigas de acreditación e testemuña da constitución do Seguro Decenal, para a súa inscrición no Rexistro da Propiedade.

2.-Dirixirse aos Grupos Parlamentarios para que o Parlamento de Galiza inste ao Goberno Central á modificación desta Lei no sentido expresado no punto anterior.

Moaña, 25 de marzo de 2002.”

 

         Solicita o Alcalde o Grupo do BNG, retírese a moción presentada, o que non é aceptado.

        

         O Sr. Millán pide na moción que se revise a lei, pois perxudica a nosos conveciños.

 

         O Sr. Abal Juncal recoñece que é un asunto a resolver de inmediato.

 

VOTACIÓN E ACORDO:

 

         A Corporación en votación ordinaria e con seis votos a favor (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gomez, do BNG; Sr. Martínez Rodriguez do PSOE; e Sr. Santos Leites de EdeG) e nove en contra (Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Martín Alonso e Entenza Dominguez do PP), acordan rechazar a moción presentada.

 

        

8.- MOCIÓN DE EdeG-OV S/ ESTABLECEMENTO DA TAXA TOBIN.

 

         Dá lectura a moción o Sr. Santos Leites e dí:

 

         “MOCIÓN : POLO ESTABLECEMENTO DA TAXA TOBIN.- Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia, propón para o seu debate e posterior aprobación polo pleno da corporación de Moaña, a seguinte

 

                                     M O C I Ó N:

 

         E innegable que o avqnce que experimentaron as tecnoloxías da información e comunicación ofrecen un extraordinario potencial, inimaxinable fai poucos anos, de interaccións entre as persoas, as organización e os estados, que debería servir para impulsar un maior nivel de equilibrio no desenvolvemento mundial. Pero, lonxe disto, tamén é innegable que as consecuencias que se derivan da configuración deste modelo deben ser, no seu conxunto,negativametne valoradas, xa que supoxeron un maior afondamento nas desigualdades sociais e na inseguridade económica dos pobos

 

         O actual sistema financeiro, resido pola liberdade de movementos de capitais e o desmantelamento das barreiras comerciais, supuxeron a práctica dunha serie de operacións especulativas, alleas por completo as actividades productivas e de intercambio de bens e servicios. Calcúlase que entre o 80% e o 90% do total das transaccións financeiras realizdas diariamente en todo o mundo son meramente especulativas e que o 80%, destas ,teñen unha duración inferior a unha semana.

 

         A volatilidade do capital liberalizado non provoca unicamente devaluacións das moedas e crise financeiras, co incremento consecuente das taxas de paro, incremento de prezos, violación dos dereitos humanos, etc. Senón que impede a implantación de politicas económicas equitativas por parte dos gobernos, o que fai imprescindible que estes recuperen a vontade de intervir no ámbito económico e que non renuncien as misións que teñen encomendadas de favorecer o benestar non unicamente dos seus cidadáns senón tamen do conxunto da cidadanía mundial, partindo dos postulados da solidariedade.

 

         En 1972, James Tobin, economista distinguido co premio Nobel en 1981, propuxo o establecemento dunha taxa internacional que tiña que gravar, cun tipo moi reducido (entre o 0,1% e o 0,25%) as operacións de divisas realizadas a corto prazo, co principal obxetivo de contribuir a estabilidade dos movementos de capital. A recaptación obtida por esta taxa, coñecida polo nome de Taxa Tobin, poderíase destinar a satisfacer obxetivos de igualdade social, de desenvolvemento sostible e de reparacións dos danos causados polas políticas de liberalización.

 

         Partindo das anteriores consideracións este Pleno adopta os seguintes

 

                                                       A C O R D O S:

 

         Primeiro.- O Pleno do concello de Moaña apoia o establecemento dunha taxa sobre as transicións especulativas nos mercados de divisas, taxa tipo Tobin, como primeiro paso para unha necesaria intruducción de mecanismos democráticos de regulación e control dos mercados e do sistema financeiro. Todo elo coa finalidade de conseguir un orden financeiro internacional baseado na equidade, na seguridade e na presibilidade.

 

         Segundo.- O pleno do concello de Moaña faculta o Sr. Alcalde-Presidente para que en nome desta Corporación, e dentro do seu ámbito de competencias, traslade a adopción deste acordo a Mesa do Parlamento e o Goberno da Xunta de Galicia e para que leve a cabo todas aquelas actuacións que considere adecuadas par dara a coñecer a necesidade da implantación no ámbito internacional dos mecanismos citados anteriormente e subscriba todas aquelas iniciativas que perseguen esta finalidade.

 

         Terceiro.- O pleno do concello de Moaña acorda solicitar á Presidencia da Unión Europea, a axilización dos debates e trámites iniciados polo Consello de Ministros das Finanzas da UE (ECOFIN), relativos o informe que a Comisión Europea debe entregar sobre “ventaxas e inconvenientes da creación dun imposto sobre as trasaccións financeiras, incluidos o imposto Tobin….” A fin de avanzar na súa adaptación real.”

 

INTERVENCIÓNS:

 

         O Sr. Martínez Rodriguez comprende o contido da moción, pero os socialistas fixeron xestións no parlamento da nación e critica que dende o punto de vista da teoría económica, especúlase máis en bolsa e pensa que o PP non apoiará á moción pos ten tomada medidas no goberno da nación.

 

         O Sr. Millán Otero non se deron conta os socialistas que o presidente da Xunta ten tomadas medidas a favor da taxa.

 

         O Sr. Currás Piñeiro adelanta que se abstendrá seu grupo pois non entra en motivos económicos.

 

         Finaliza o autor da moción para advertir que non deben tomarse con tanta lixereza asuntos desta importancia.

 

VOTACIÓN E ACORDO:

 

         A Corporación, en votación ordinaria e con seis votos a favor (Srs. BNG-PSOE-EdeG), nove abstencións (PP), acordan aprobar a moción nos terminos na que se encontra epigrafiado.

 

 

8 BIS.- MOCIÓN DE URXENCIA.

 

         O portavoz do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodriguez solicita da presidencia o tratamento e debate da moción sobre “Posicionamento institucional apoiando as VI Marcha Antipeaxe” polo procedimentol de urxencia. O amparo no disposto no art. 82.3 do ROF, e con seis votos a favor (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Regueira Gómez do BNG; Sr. Martínez Rodriguez do PSOE: e Sr. Santos Leites de EdeG) e nove abstencións (Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sotelo Pena, Martínez Couso, Martín Alonso e Entenza Dominguez do PP) declarase a urxencia solicitada.

 

         Seguidamente o Sr. Martínez Rodriguez, dá lectura o texto literal da moción que, di:

 

         “Julio Martínez Rodriguez, concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, no concello de Moaña presenta a consideración do Pleno polo procedemento de URXENCIA  a seguinte,

 

                                          M O C I Ó N

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

 

         O próximo sábado, dentro de dous días, vaise celebrar en Moaña a VI Marcha pola supresión da Peaxe de Rande. Os socialistas si nos poñemos agora a recordar a importancia da traxectora deste movimento cívico nacido en Moaña durante os catro últimos anos, non atopariamos palabras de agradecimento polo que a Plataforma vai significar para a historia deste concello, desta provincia e mesmo de Galicia. Dun xeito exemplar o movemento cívico acadou tal magnitude, en cando a consecución de apoios, políticos, económicos e sociales respeto á xustiza da causa que sería dificil para calquera colectivo ou institución xustificar un posicionamento contrario aos intereses dos cidadáns do Morrazo e de toda a Area Metropolitana de Vigo. Por tódolos éstes motivos e porque nos sentimos orgullosos de que a Plataforma Pola Supresión  da Peaxe de Rande nacera en Moaña.

 

         Propoño ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

 

          Que o Concello de Moaña faga un pronunciamento institucional apoiando a VI MARCHA ANTIPEAXE e reclame das institucións a total supresión da PEAXE DE RANDE”

 

         Solicita dos grupos que componen a Corporación Local o apoio a marcha e o seu posicionamento.

 

VOTACIÓN E ACORDO

 

         A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a moción nos seus propios términos.

 

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

 

       As preguntas e rogos formulado por D. Jacinto García Piñeiro, en representación dos colectivos pola mellora do trazado da vía rápida do morrazo, foron contestadas polo Sr. Alcalde.

 

 

 

        E, non sendo outro o obxecto, a presidencia dá por rematada a sesión, ás 23:20 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como Secretario, DOU FE.

 

                  O ALCALDE                                       O SECRETARIO