ACTA 4/2001

ACTA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 27 DE MARZO DE 2001.

 

 

ORDE DO DÍA:

PUNTO ÚNICO: DEBATE E PRONUNCIAMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DO SERVICIO DA RECOLLIDA DO LIXO e AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DO PLIEGO DE CONDICIÓNS POR PARTE DE URBASER.

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

D* Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

D. Osbaldo Martinez Couso.

D* María Martín Alonso.

D*. Carmen Entenza Dominguez.

D*. Carmen Sotelo Pena

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D*. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D. Julio Martínez Rodriguez.

D. José Luis Leite Fraga.

  1. José E. Santos Leites.

 

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

Na casa do Concello de Moaña, ó 27 de marzo de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno ExtraOrdinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 13:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 13:00 horas.

 

 

 

INCIDENCIAS:

Non asiste o acto o concelleiro do grupo popular, D. Javier Abal Juncal. Retíranse durante o debate os concelleiros, Sra. Costas Gayo ás 13:30 horas, o Sr. Leite Fraga ás 13:40 horas, é a Sra. Martin Alonso, as 14:00 horas. Por tanto a votación a compoñen trece concelleiros, non podendo considerarse abstención os reseñados anteriormente por non haber completado o debate.

 

PUNTO ÚNICO: DEBATE E PRONUNCIAMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DO SERVICIO DA RECOLLIDA DO LIXO e AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DO PLIEGO DE CONDICIÓNS POR PARTE DE URBASER.

O Sr. Alcalde expón a Corporación que o amparo da Lexislación Local Vixente e Reglamento Orgánico Municipal, tivo a ben convocar a presente sesión extraordinaria conforme teñeno interesado os tres grupos da oposición Municipal, coa presentación do escrito que literalmente dí como segue:

"SOLICITUDE DE PLENO EXTRAORDINARIO.- Ante a situación de incumprimento por parte da empresa Urbaser do prego de condicións polo que lle foi adxudicada a recollida de residuos sólidos urbanos no noso concello e que repercuten;

a) Nunha deficiente xestión cun emperoramento xeralizado do servicio.

b) Na negativa a aceptar a subrogación do persoal cedido polo Concello de Moaña.

Os abaixo asinantes, concelleiros do BNG, PsdeG, PSOE e EdeG,

SOLICITAMOS:

A convocatoria urxente dun Pleno Extraordinario dentro dos prazos establecidos pola Lei de Bases de Réxime Local coa seguinte Orde do Día.:

PUNTO ÚNICO.- Debate e pronunciamento do Pleno da Corporación sobre a situación do servicio da recollida do lixo a avaliación do cumprimento do Prego de Condicións por parte de Urbaser.

Moaña, 8 de Marzo de 2001.

Asinados: Xosé M. Millán Otero-Rosendo Moreira Piñeiro-Isabel Lorenzo Martínez-Alberto Miranda Cancelas-Julio Martínez- José Luis Leite-Euloxio Santos Leites."

INTERVENCIÓNS SOBRE CONVOCATORIA:

Faino en primer lugar o portavoz de EdG-OV, Sr. Santos Leites, para protestar ante o Sr. Alcalde polo horario elexido na convocatoria para realizar o presente pleno.

 

 

 

 

Seguidamente o fai o portavoz do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga para manifestar que no existen razóns para que este pleno se celebre en horario laboral, él non ten dedicación exclusiva, polo tanto, coa súa asistencia non pode asister o posto de traballo.

O Alcalde replica os anteriores para comunicarlle que se trata dunha sesión extraordinaria e con bó criterio, esta presidencia atopase factultada para fixar o horario, recorda que os asistentes teñen asignada unha indemnización económica para súa asistencia.

Replica o Sr. Santos Leistes, que non se trata de diñeiro, si non que, como profesional da insinanza, veuse obligado a abandonar o posto de traballo cos perxuizos que elo conleva, recorda tamén que no ten asignada dedicación exclusiva.

Igualmente replica o Sr. Leite Fraga, para rectificar que efectivamente non se trata de diñeiro ( 7.000.-ptas) que percibe, que non ten punto de comparación cos cinco millóns anuais que percibe o Alcalde.

Por último replica o Sr. Alcalde para decir o anterior que está confundido con esas apreciacions, que percibe a mesma consignación que o presidente do grupo de goberno do que él formou parte.

INTERVENCIÓNS:

O portavoz do BNG, Sr. Millán Otero, dí que é unha provocación por parte do Alcalde convocar o Pleno con estes horarios, vulnera a participación veciñal, ainda que recoñece que isto é unha táctica do partido popular. No obstante advirte que o BNG, asistirá os plenos prescendido da hora de convocatoria.

Recorda que no pleno de fai uns meses, negouse a palabra ós empleados municipais afectados coa privatización do servicio da recollida do lixo; concesión feita cando e como deseou a empresa Urbaser. Nesta concesión existen numerosas irregularidades, non hai comisión informativa previa a acordo; non se esixe cumprimento do pliego de condicións á empresa adxudicataria; modifícase o contrato con claros signos de beneficiar á mesma; é clarividente a debilidade do Concello ante Urbaser. A oposición espera recuperar a dignidade perdida.

En canto o tema das obrigacións éstas non se cumplen ainda coa consideración de básicas, chámese lavado de contenedores, falta de reposición dos mesmo, non se cumpren horarios nin itinerarios, tanto diurnos como noturnos, haberá que esperar esas melloras esixidas a partir dos seis meses da adxudicación.

O asunto dos traballadores de Moaña, sua situación é ofensiva hacia ó Concello de Moaña, pois en 31.12.00, finaliza a relación contraactual dos mesmos co Concello, e sen embargo, o día de hoxe non se atopan encuadrados na empresa Urbaser, como así se dice e obliga o pliego de condicións. O Alcalde non pode declinar a súa responsabilidade nos traballadores, comité de empresa e delegados sindicais, pois que

 

 

 

esta responsabilidade é exclusivamente súa. Por último propon adopción de acordo por parte do seu grupo.

Intervén seguidamente o portavoz de EdeG-OV, Sr. Santos Leites, quen en plan xocoso comenza a súa intervención denunciando que a actual situación plantexada, se lle pode denominar "marxista" non atribuieble a D. Carlos Max, sinón a Croucho e seus irmáns. Recorda que en titulares de prensa, o Sr. Alcalde, lanzaba que Moaña era o Concello máis beneficiado coa privatización , pero a realidade é outra, o contrato coa empresa non se cumple, mal servicio, non se distingue recollida do lixo, papel, vidrio, etc.

En canto a situación laboral de traballadores, despois de existir un pliego de condicións un tanto exhaustivo, tampouco se cumple, vulnerando o dereito dos traballadores en canto a súa incorporación a empresa. Solicita se instruia expediente a Urbaser, a traves, da Mancomunidade. Adhierese a proposta do BNG.

Por último intervén o Sr. Martínez Rodriguez, portavoz do PSG-PSOE, aclarando que o servicio prestado por Urbaser, é nefasto; o que está ocurrindo atópase previsto, solicíta a rescisión do contrato.

Houbo unha boa ocasión na selección da empresa ideal, con maior solvencia e debeo de aproveitarse no proceso de adxudicación, ratifica que o servicio se presta de forma moi deficiente, tanto en recollida do lixo como en papel, vidrio e outros enseres desechables.

Respeto ó persoal tampouco se cumpre o pliego de condicións e o resultado é que se atopan seis traballadores na rúa. En resumen mostrase unha total debilidade dos Concellos fronte a prepotente Urbaser.

O Sr. Alcalde, matizando algunhas manifestacións feitas neste acto, existe razón nas mesmas; o servicio non é totalmente eficiente, pero entende que todo necesita certo marxen de confianza, mañan manteremos unha reunión dos Alcaldes afectados, para que se non se cumpre o contrato na súa totaliade, a sua falta poidera derivar na rescisión. Os traballadores e a mancomunidade continuarán negociando e a resultas da reunión descrita actuarase.

O Portavoz do BNG, Sr. Millán Otero, propón a Corporación a adopción do seguinte acordo, o cal fan seu os portavoces do PSG-PSOE e EdeG-OV, cuia parte dispositiva dí como segue:

1.- Solicitar da Xunta de Goberno da Mancomunidade o inicio dos trámites para a rescisión da concesión do servicio á empresa Urbaser é proceder nos términos legalmente establecidos a unha nova adxudicación.

2.- En tanto non se resolva a subrogación de ditos traballadores, proceder a súa contratación como persoal laboral eventual adcrito á area de servicio, nas condicións laborais que disfrutaba con anterioridade ao 30.12.2000.

 

 

 

3.- En tanto Urbaser siga mantendo a titularidade da concesión, descontar dos pagos mensuais a empresa á cantidade correspondentes a salarios e seguridade social de ditos traballadores.

Intervén o Alcalde para manifestar que se encontra conforme en parte da proposta de acordo formulada polo Grupo do BNG, a tal fin propón a Corporación se voten por separado os tres puntos da parte dispositiva do acordo proposto, unha vez, fan sua dita proposta o Grupo do PSG-PSOE e EdeG-OV

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :

1.-Solicitar da Xunta de Goberno da Mancomunidade o inicio dos trámites para a rescisión da concesión do servicio á empresa Urbaser é proceder nos términos legalmente establecidos a unha nova adxudicación.

2.- En tanto Urbaser siga mantendo a titularidade da concesión, descontar dos pagos mensuais a empresa á cantidade correspondentes a salarios e seguridade social de ditos traballadores.

De igual forma a Corporación en votación ordinaria e con seis votos a favor (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Sra. Lorenzo Martinez do BNG; Sr. Martínez Rodriguez do PSG-PSOE e Sr. Santos Leites do EdeG-OV) e sete en contra (os Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, González González, Martínez Couso, Sras Sotelo Pena, e Entenza Dominguez do PP) acordan rechazar a proposta do BNG que dí:

1.- En tanto non se resolva a subrogación de ditos traballadores, proceder a sua contratación como persoal laboral eventual adcrito á área de Servicio, nas condicións laborais que disfrutaban con anterioridade ao 31.12.2000.

 

E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 14:20 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,