ACTA 7/2001

 

 

 

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 31 DE MAIO DE 2001.

 

 

 

 

ORDE DO DÍA:

 

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 6/2001 DE DATA 26 ABRIL.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.-ADOPCIÓN DE ACORDOS S/. ESCRITO DA ASEMBLEA DE

MARIÑEIROS EN LOITA DO MORRAZO

4.-ADOPCIÓN DE ACORDOS S/. RECURSO DE REPOSICIÓN PLAN

ESPECIAL RIA DE VIGO

5.-APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE NA

RÚA LEALTAD DO BARRIO DO REAL.

6.-APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN

C. ARENAL, 176.

7.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN GOBERNO

S/.ADXUDICACIÓN OBRAS AMPLIACIÓN CEMITERIO MUNICIPAL.

8.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN GOBERNO

S/. ADXUDICACIÓN OBRAS NOVA CASA DO CONCELLO.

9.-ADOPCION DE ACORDOS S/. HABERES PERSOAL LABORAL FIXO.

10.-APROBACIÓN , SE PROCEDE, S/ ADXUDICACIÓN BEN PATRIMONIAL.

11.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/. AMPLIACIÓN DO CEMITERIO.

12.-MOCIÓN DO BNG S/. ORDENANZA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA

13.- MOCIÓN DE EdeG-OV S/. SEGURIDADE VIAL E SEÑALIZACIÓN

14.-MOCIÓN DO BNG S/. PUNTO LIMPO.

15.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

16.-ROGOS E PREGUNTAS.

 

 

 

 

 

 

 

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Javier Abal Juncal

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

Dª Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

Dª. Carmen Entenza Dominguez

Dª María Martín Alonso.

D. Julio Martínez Rodriguez

D. José Luis Leite Fraga

Dª. Carmen Sotelo Pena

D. Xosé Manuel Millán Otero.

Dª. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Alberto Miranda Cancelas.

  1. José E. Santos Leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

 

Na casa do Concello de Moaña, ó 31 de maio de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

Xustifican a súa ausencia os concelleiros D. Osbaldo Martínez Couso e D. Rosendo Moreiro Piñeiro. As 21:20 horas retírase do salón de sesións D. José Luis Leite Fraga, unha vez, votado o punto dez do orden do día, e por último as 22:10 horas, retírase D. Julio Martínez Rodriguez, unha vez, votado o punto trece do orden do día.

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 6/2001.

Dáse conta do borrador da acta 6/2001, correspondente a realizada o día 26 de abril do ano que andamos.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acordou aproba-la acta sinalada sin modificación ningunha .

 

 

 

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

Queda enterada a Corporación.

 

3.- ADOPCIÓN DE ACORDOS S/. ESCRITO DA ASEMBLEA DE

MARIÑEIROS EN LOITA DO MORRAZO

 

O Alcalde dá lectura o escrito presentado pola Asemblea de Mariñeiros, solicitando toma de acordo sobre as medidas sociais de acompañamento que se achega. Dito escrito dí como segue:

" Asemblea de Mariñeiros en Loita do Morrazo.- Xosé Antonio Torres Chapela, con DNI 35.457.896, en nome e representación da Asemblea de Mariñeiros do Morrazo, con enderezo a efectos de notificación en Cangas de Morrazo, rúa Antonio Garelly, 28-Entch. A esa Corporación Municipal en Pleno :

DI:

PRIMEIRO.- Que por medio do presente escrito ven a solicitar o tratamento en sesión plenaria e a toma do correspondentes acordo plenario a favor das Medidas Sociais de Acompañamento, que este colectivo está a esixir das administracións e en base a situación xerada e prevista polo non acordo pesqueiro para a flota que faenou ata o 30/11/1999 no Banco Canario-Sahariano

SEGUNDO.- Unha vez aprobada en sesión plenaria a presente proposta de Medidas Sociais de Acompañamento, remítase a certificación de dito acordo aos seguintes organismos:

Comisario de Pesca da Unión Europia

Ministro de Traballo e Seguridade Social

Ministro de Agricultura e Pesca

Secretario Xeral do Instituto Social da Mariña (ISM)

Secretario Xeral de Pesca Marítima

Conselleiro de Xustiza e Relacións Laborais

Conselleiro de Pesca, Acuicultura e Marisqueo.

Grupos Políticos do Parlamento Galego.

TERCEIRO.- En previsión de calquera interpretación interesada sobre a presente proposta, este colectivo adianta que cando falamos de medidas sociais en plural, estamos a referir a adopción de unha serie de disposicións xurídica-laborais, lexislativas e de marcado carácter social, destinada a quenes están a sofrir con maior crueldade as consecuencias da situación, é decir; os mariñeiros afectados.

 

 

 

 

Polo tanto, a interpretación ou adopción parcial e sesgada da proposta, sen que se traduza en medidas concretas e tanxibles que chegen directamente as economías dos afectados non contaría de ningunha maneira co respaldo deste colectivo."

 

A Corporación en votación ordinaria e con nove votos a favor, os dos señores (Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Entenza Dominguez, González González, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP), e seis abstencios, (Srs. Millán Otero, Lorenzo Martínez e Miranda Cancelas do BNG; Sr. Leite Fraga e Martínez Rodriguez do PSOE; e Sr. Santos Leite de EdeG-OV), acordan:

 

Un representante da asemblea presente, interesa da corporación remítase certificación de acordo, aparte dos relacionados no escrito, os grupos do Parlamento Galego.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade:

1.-Aprobar as peticións cursadas no escrito da Asemblea de Mariñeiros.

2.- Remitir certificación de dito acordo ós órganos relacionados.

 

4.- ADOPCIÓN DE ACORDOS S/. RECURSO DE REPOSICIÓN PLAN

ESPECIAL RIA DE VIGO

Dáse conta do recurso de reposición formulado contra acordo plenario do día 5 de abril de 2001; que aproba definitivamente o Plan Especial Ría de Vigo, e que o número de quince, dos cales cinco deles atópanse capacitados para exercer dito dereito, toda vez, que unicamente os mesmos formularon alegacións ó acordo de aprobación inicial de dito Plan Especial.

Igualmente dáse conta os informes do Asesor Xurídico e Secretario Xeral do Concello, os cales dín respectivamente como segue:

 

"INFORME DO ASESOR.- ASUNTO.- Sobre o recurso de reposición interposto polo Colectivo Ecoloxista "Loita Verde contra o acordo de aprobación definitiva do Plan Especial do Campo de Golf Ria de Vigo.-INFORME:

I.- El recurso de reposición se basa en el art. 62 de la Lei 30/92, considerándolo nulo de pleno derecho, polos seguintes motivos.

  1. "Lesionar o contido esencial dos dereitos e libertades"
  2. " Por terse dictado prescindindo total e absolutamente do procedimento legalmente establecido, vulnerando a lei e as disposcións administrativas."

 

 

 

 

II.- En canto a lesión do contido esencial dos dereitos e libertades , hai que destacar que se debe entender que o recurrente alude os dereitos e libertades susceptibles de amparo constitucional, a que se refiere o art. 62.1a) da lei 30/92. Sen embargo, no refiere no seu escrito o dereito y libertad susceptibe do amparo constitucional que foi vulnerado. Polo que , en principio, o recurso de reposición carece en este aspecto de fundamento.

 

III.- En canto o motivo de nulidade alegado a que a resolución impugnada se dictou prescindindo total e absolutamente do procedimento, causa o motivo de nulidad acollido no apartado e) do art. 62.1 da lei 30/92

A este respecto, hai que señalar que para que se produza dito motivo de nulidade non é suficiente que se haia incurrido na omisión dun trámite de procedimento, por esencial e transcendental que sea, pois resulta necesario que se prescindiu total e absolutamente do procedimento legalmente establecido para a aprobación do Plan Especial de que estamos tratando. Asi veuse declarando reiterada Xurisprudencia, xunto a maioria dos tratadistas e doctrina xurídica.

Todo-los alegatos que fai a recurrente se refieren a falta, según ela, de algún trámite no procedimento levado a cabo o do incumplimento de algunha previsión legal.

Pero en modo algún se fai alusión de que se atopa prescindido de todo trámite, de maneira que o acto impugnado adoptouse sen seguirse a previa instrucción do procedimento legalmente prevista, o se utilizou un procedimento administrativo distinto o legal para a aprobación do Plan.

É así que o Recurso de Reposición se debe desestimar, pois se funda en dous motivos de nulidade abasoluta o radical, do art. 62.1 a) e c) que no son acreditados."

 

"INFORME SECRETARIO XERAL DO CONCELLO:ASUNTO: RECURSOS DE REPOSICIÓN CONTRA ACORDO APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN ESPECIAL RIA DE VIGO.

O Sr. Alcalde solicítame informe sobre os recursos de reposición interpostos contra acordo plenario adoptado o día 5 de abril de 2001, que aproba definitivamento o Plan Especial Ría de Vigo.

Ditos escritos ainda formalizados por distintas persoas se basan exclusivamente na nulidade do acto recurrido invocanto o articulo 62 da Lei 30/92 de 26 de novembro sobre nulidad do acto. Algo totalmente falso xa que na tramitación do Plan Especial Ría de Vigo seguiuse procedimento establecido para a súa aprobación.

A tramitación do acto contrasta dende a aprobación inicial, pasando pola información pública con alegacions informadas e desestimadas polo pleno, quen non as

 

 

 

 

ten en conta na aprobación definitiva, previo informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo, conforme o determina a Lei 1/97 de 24 de marzo.

En canto a outras consideracións recollidas nos escritos que se informan, non merece toma de conta, o non ter valoración algunha contra o acordo recurrido.

CONCLUSIÓN: Debe desestimarse os recursos de reposición interpostos."

INTEVENCIÓNS:

Intervén en primeiro lugar o Sr. Santos Leites, portavoz de EdeG-OV, quen manifesta que no informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, faise constar a omisión das alegacións formuladas no periodo de información pública á aprobación inicial, e iguamente lle sorprende que os concelleiros non sean parte interesada no asunto para recurrir aquel acordo.

Informa o Secretario da Corporación que os membros da mesma que votaron a aprobación inicial, claro que son parte interesada, pero para impugnar dito acordo, es requisito indispensable, votar en contra do mesmo, circunstancia que non se deo ó absterse.

Seguidamente intervén o Portavoz do PSG-PSOE, Sr. Martinez, quen manifesta non vá en contra do Plan Especial, pero na tramitación do expediente existen defectos de forma, omítese remisión de alegacións a Delegación Xeral de Urbanismo. No comparte as explicacións dadas en informe polo Asesor Xurídico, o acto debe declararse nulo, por elo, votará en contra. Aclara o Secretario que habrá de esperar a proposta de votación para coñecer o sentido do voto do Sr. Martinez Rodriguez.

Por último intervén o Portavoz do BNG, Sr. Millán Otero e dí que existen deficiencias na tramitación do expediente, entre outros non se valoran as alegacións presentadas á aprobación inicial. Os informes xurídicos son un tanto dudosos no seu contido.

VOTACIÓN E ACORDO

 

A Corporación, en vontación ordinaria e con nove votos a favor dos señores (Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Entenza Dominguez, González González, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP) e seis votos en contra, dos señores ( Millán Otero, Lorenzo Martínez e Miranda Cancelas do BNG; Sr. Leite Fraga e Martínez Rodriguez do PSOE; e Santos Leites de EdeG), acorda:

1.- Desestimar os recursos de reposición interpostos contra a aprobación definitiva do Plan Especial Ría de Vigo.

2.- Notificar dito acordo os recurrentes.

 

 

 

5.-APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE NA

RÚA LEALTAD DO BARRIO DO REAL.

Dáse conta da documentación técnica presentada pola empresa DOMPROPE, S.L., solicitando da Corporación a aprobación inicial de Estudio de Detalle na rúa Lealtad de Moaña. E, igualmente informase dos emitidos polo técnico municipal que dí:

"Peticionario: DOMPROPER, S.L.- Asunto: Construcción edificio composto por soto, p.Baixa , 2 plantas e Abcuberta para 9 vivendas.

Informe: Debese concretar o arquivo do proxecto en tanto non se resolva favorablemente o Estudio de Detalle adxunto.

Informe do Estudio de Detalle:- Informo favorablemente o presente Estudio de Detalle que se produce como consecuencia do epigrafe da norma 2.2.1.41 e que ten como finalidade a determinación da posilibidade da polongacións do baixo e plantas inferiores polo patio de cuarterons nestes espacios libres privados".

E, o emitido polo Secretario Xeral do Concello que, di:

"ASUNTO: APROBACIÓN INICIAL ESTUDIO DE DETALLE.

Antecedentes:

A empresa DOMPROPER, S.L, presenta documentación técnica para a tramitación de Estudio de Detalle na rúa Lealtas, s/n, barrio do Real -Moaña. Únese documentación técnica expedida polo arquitecto. D. Carlos Pellita Quiroga.

A documentación presentada reune as esixencias prevista na Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia, e igualmente consta informe emitido polo Aparellador Municipal no sentido favorable.

Corresponde ó Secretario informar sobre a legalidade aplicable, e en cumplimento no disposto, emite o seguinte

I N F O R M E:

1.- Lexislación aplicable: Art. 30 e 34 e seguintes da Lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia. 65 e 66 do Reglamento de Planeamento

2.- De non estar afectado por órgano que deba emitir informe previo, a Corporación pode proceder a aprobación inicial do Estudio de Detalle; continuando cos trámites previstos no art. 34 da Lei 1/97.

 

 

 

 

 

3.- De seguir os trámites establecidos, esta secretaria non ten inconvinte algún na aprobación inicial do proxecto presentado.

Non obstante a Corporación decidirá."

VOTACIÓN E ACORDO:

 

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Aprobar inicialmente Estudio de Detalle presentado pola empresa DOMPROPE, S.L, na rúa Lealtad de Moaña.

2.- Informar publicamente dito acordo na forma disposta na lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.

6.-APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN

C. ARENAL, 176.

O concelleiro delegado de urbanismo, da conta a Corporación da documentación técnica presentada por D. Manuel Pousada Carballo, quen solicitada da Corporación a aprobación inicial de Estudio de Detalle na rúa C.Arenal , 176 de Moaña.

Igualmente dáse conta do informe técnico que di:

" Número de expediente: documentación con rexistro de entrada num de data 10 xaneiro de 2001.- Departamento de urbanismo.

Asunto:Estudio de Detalle para modificacion de alineacións en Avda. Concepción Arenal, 176-178.

Promotor: D. Manuel Pousada Carballo.

Informe:.- Se informe favorablemente o expediente en cuestion por axustarse as determinacións urbanísticas establecidas ó respecto no art. 30 da Lei 1/97 de 24 de marzo do solo de Galicia, así como 65 e 66 do Reglamento de Planeamento.

E, informe do Secretario Xeral do Concello que, di:

"ASUNTO: APROBACIÓN INICIAL ESTUDIO DE DETALLE.

Antecedentes:

D. MANUEL POUSADA CARBALLO, domiciliado en C.Arenal, 114 de Moaña presenta documentación técnica para a tramitación de Estudio de Detalle en

 

 

 

 

Conceción Arenal, 176, o aberse segregado esta Unidade de Xestión o solar número 178 mediante un proxecto de subdivisión aprobado definitivamente pola Corporación Local.

A documentación presentada reune as esixencias prevista na Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia, e igualmente consta informe emitido polo Arquitecto Municipal no sentido favorable.

Corresponde ó Secretario informar sobre a legalidade aplicable, e en cumplimento no disposto, emite o seguinte

I N F O R M E:

1.- Lexislación aplicable: Art. 30 e 34 e seguintes da Lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia. 65 e 66 do Reglamento de Planeamento

2.- De non estar afectado por órgano que deba emitir informe previo, a Corporación pode proceder a aprobación inicial do Estudio de Detalle; continuando cos trámites previstos no art. 34 da Lei 1/97.

3.- De seguir os trámites establecidos, esta secretaria non ten inconvinte algún na aprobación inicial do proxecto presentado.

Non obstante a Corporación decidirá."

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Aprobar inicialmente Estudio de Detalle presentado por D. Manuel Pousada Carballo, na rúa Concepción Arenal, 176 de Moaña.

2.- Informar publicamente dito acordo na forma disposta na lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.

 

7.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN GOBERNO

S/.ADXUDICACIÓN OBRAS AMPLIACIÓN CEMITERIO MUNICIPAL.

 

O Alcalde informa a Corporación do acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión realizada o dia 13 de marzo de 2001; mediante o que se adxudica defintivamente as obras de "Ampliación e acondicionamento do Cemiterio Municipal", que ten que ratificarse polo Pleno, como organo contratante da obra e que por razóns de urxente necesidade adxudicouse pola Comisión de Goberno.

Dito acordo dí como segue:

 

 

 

 

"4.M) Adxudicación definitiva obras "Ampliación e acondicionamento do cementerio municipal"

Celebrada a licitación para a contratación polo procedemento aberto en modalidade de concurso da obra "Ampliación e acondicionamento do Cementerio Municipal", o día 5/2/01, examinanse as propostas de contratación que a Mesa fai a favor da Empresa ARIAS HERMANOS, conforme acta levantada o efecto e informes técnicos emitidos en armonia coa proposta.

Visto o anterior a Comisión de Goberno en votación ordinaria e por unanimidade dos membros asistentes acorda:

1.- Dar validez a licitación e adxudicar o contrato de obra a Empresa ARIAS HERMANOS, polo precio de 123.362.812 pesetas.

2.- Aprobar o gasto con cargo a partida presupuestaria existente.

3.- Notificar a Empresa adxudicataria dentro do plazo de dez días e se lle requira para que dentro dos quince días seguintes da presente notificación, presente documentación acreditativa de depósito de fianza definitiva e se lle cite para formalizar contrato en documento administrativo dentro dos trinta días a contar do seguinte da notificación do presente acordo.

4.- Notificar acordo os restantes participantes na licitación, con devolución de avales unha vez quede formalizado o contrato co adxudicatario."

INTERVENCIÓNS:

Intervén o Portavoz do BNG, Sr. Millán Otero, que dí que ainda que lle gustaría non pode dar o voto positivo a proposta; existe incumplimento grave do pliego de condicións que rexio o concurso e traise esta proposta despois de dous meses de acordada a adxudicacion pola Comisión de Goberno.

Replica o Sr. Alcalde que se tratou de adelantar plazos e que a obra comenzará o antes posible, quedando pendente a ratificación deste acordo polo Pleno.

Intervén o portavoz de EdeG-OV, Sr. Santos Leites, quen coincide en parte co exposto polo Sr. Millán, ademáis o Alcalde pide a Corporación se avale a decisión dun organo incopetente no acordo adoptado, en resumen pídesenos un cheque en blanco, e adianta no ratificará a proposta.

Por último o Portavoz do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, manifesta que ainda que está favor das obras adxudicadas, vaise abster. Solicita informe do Secretario sobre a validez do acordo adoptado pola Comisión de Goberno.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación en votación ordinaria e con nove votos a favor, os dos señores (Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Costgas Gayo, Entenza Dominguez, González González, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP), e seis

 

 

 

 

abstencios, (Millán Otero, Lorenzo Martínez e Miranda Cancelas do BNG; Leite Fraga e Martínez Rodriguez do PSOE; e Santos Leites deEdeG), acordan:

1.- Ratificar nos seus propios terminos o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión realizada o día 13 de marzo de 2001, na forma epigrafiada.

2.- Notificar o presente acordo ó adxudicatario das obras.

8.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN GOBERNO

S/. ADXUDICACIÓN OBRAS NOVA CASA DO CONCELLO.

O Alcalde informa a Corporación do acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión realizada o dia 20 de marzo de 2001, adxudicando as obras de " 1º e 2º Fase de Construcción da Casa do Concello"; que ten que ratificarse polo Pleno como órgano contratante e que por razones de urxencia necesidade o adxudicou a Comisión de Goberno.

Dito acordo dí textualmente:

"5.- ASUNTOS FORA DO ORDE DO DIA:

5.A) Adxudicación definitiva obras "REFORMA DO PROXECTO 1ª e 2ª FASE PARA A CONSTRUCCION CASA DO CONCELLO"

Celebrada a licitación para a contratación polo procedemento aberto en modalidade de concurso da obra "Reforma do proxecto 1ª e 2ª fase para a construcción Casa do Concello", o día , examinanse as propostas de contratación que a Mesa fai a favor da Empresa CONSTRUCCIONES A VARELA VILLAMOR, S.L. , conforme acta levantada o efecto e informes técnicos emitidos en armonia coa proposta.

Visto o anterior, a Comisión de Goberno en votación ordinaria e por unanimidade dos membros asistentes acorda:

1.- Dar validez a licitación e adxudicar o contrato de obra a Empresa CONSTRUCCIONES A VARELA VILLAMOR, S.L., polo precio de 222.964.773 ptas.

2.- Notificar a Empresa adxudicataria dentro do plazo de dez días e se lle requira para que dentro dos quince días seguintes a notificación, presente documentación acreditativa de depósito de fianza definitiva e se lle cite para formalizar contrato en documento administrativo dentro dos trinta días a contar do seguinte da notificación do presente acordo.

3.- Notificar acordo os restantes participantes na licitación, con devolución de avales unha vez quede formalizado o contrato co adxudicatario.

Os grupos municipales do BNG, PSOE e EdeG-OV., dan por reproducidas as exposicións feitas en anterior acordo.

VOTACIÓN E ACORDO:

 

 

 

 

 

A Corporación en votación ordinaria e con nove votos a favor, os dos señores (Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Entenza Dominguez, González González, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP), e seis abstencios, (Millán Otero, Lorenzo Martinez e Miranda Cancelas do BNG; Leite Frga e Martínez Rodriguez do PSOE; e Santos Leites de EdeG), acordan:

1.- Ratificar nos seus propios terminos o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión realizada o día 20 de marzo de 2001, na forma epigrafiada.

2.- Notificar o presente acordo ó adxudicatario das obras.

9.-ADOPCION DE ACORDOS S/. HABERES PERSOAL LABORAL FIXO.

 

O Concellerio delegado de persoal Sr. Currás Piñeiro, dá lectura a súa proposta referente a actualización de haberes de D. José Martínez Santome, xardiñeiro-enterrador, pertenecente a plantilla de persoal laboral fixo:

"Asunto.- Actualización do salario do xardiñeiro-enterrador D. JOSÉ MARTINEZ SANTOME.

A actualización que se pretende levar a cabo é pola laboura que realiza no seu traballo en dedicación exclusiva de mañá e tarde, asi como en función de traballos de oficial de 1º xardineria e encargado do cemiterio de Domaio, ademáis de cubri-las vacacions e baixas do enterrador do cemiterio de Moaña.

Por todo isto, propoño que se actualice o salario de xardiñeiro-enterrador D. José Martínez Santomé ó de Javier Gil Collazo, quedando do seguinte xeito:

Salario: 1.907.741.-ptas.

Complemento extrasalarial: 1.038.199.-ptas.

Incentivo de productividade: 83.624.-ptas.

Prima de puntualidade: 52.086.-ptas.

Pagas Extras: 499.671.-ptas

Con efecto retroactivo dende 1 de xaneiro de 2001"

INTERVENCIÓNS:

Interven en primeiro lugar o portavoz do PSG-PSOE, Sr. Leites Fraga quen manifesta que debe ser atendida a proposta de actualización de haberes deste traballador, como tamen merecen a abstención do seu grupo , todo elo debido a que o Delegado de Persoal compromoteuse a presentar para a súa aprobación ó catalogo de postos de traballo de persoal da plantilla, algo que non se levou a efecto, co cal acabaríase co goteo de variacións de soldos do persoal.

Interven seguidamente o portavoz de EdeG-OV, di que sen entrar en valorar o presente caso, é un dos mais xustificados na actualización do seu salario. Recorda ó

 

 

 

delegado de persoal que debe de presentar o catálogo de postos de traballo e acabar unha vez, por todas, con estes parches, en resumen, esiselle que as cousas fáganse ben.

O portavoz do BNG, Sr. Millán Otero dí que o grupo de goberno empéñase en que a oposición non lle voten a súa proposta, ainda atopándose este grupo de acordo co fondo do asunto non o está na forma, o comité de persoal descoñece a proposta. O delegado de persoal non fai máis que crear problemas co método utilizado de "Convenio Persoal" para cada traballador, formula que debe desaparecer. Abstendrase.

Por último replica o delegado de persoal, Sr. Currás Piñeiro, no sentido de aclarar que non existen convenios particulares para cada traballador e que equiparar os salarios de D. José Martínez Santomé os de D. Javier Gil Collazo, cree que é o mais xusto.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con nove votos a favor (Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Entenza Dominguez, González González, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP) e seis abstencións (Srs. Millán Otero, Lorenzo Martínez e Miranda Cancelas do BNG; Sres. Leite Fraga e Martinez Rodriguez do PSG; e Sr. Santos Leites deEdeG-OV) acordan aprobar a proposta do delegado de persoal sobre actualización de haberes de D. José Martínez Santomé, na forma en que se atopa epigrafiada.

 

10.-APROBACIÓN , SE PROCEDE, S/ ADXUDICACIÓN BEN PATRIMONIAL.

O Alcalde informa a Corporación da tramitación seguida en expediente incoado para a adxudicación dunha parcela de propiedad municipal, os fins descritos no pliego de condicións económico-administrativa e técnicas que serviron de base para o concurso levado a efecto. Solicita da Corporación o voto favorable a dita proposta.

Dito prego de condicións dí como segue:

"PRIEGO DE CONDICIONS ECONOMICO ADMINISTRATIVAS QUE HABRÁ DE REGULAR A ENAXENACIÓN MEDIANTE CONCURSO DUNHA PARCELA PERTENECENTE O PATRIMONIO MUNICIPAL

1.- OBXETO.- O presente priego de prescripcions técnicas e administrativas se redactan o amparo no disposto no art. 49.3 do RDL 2/2000, Lei de contratos das Administracións Públicas, e ten por obxeto regular a enaxenación dunha parcela pertenecente o patrimonio municipal para a construcción sobre a mesma de 18 vivendas de protección oficial de acordo coas normas específicas que regulan a materia.Tendo en conta as prescripcións técnicas da convocatoria do concurso . O prazo máximo de realización

 

 

 

 

das obras de edificación será de dezaoito meses, desde a data de adxudicación da parcela, en consonancia coa cláusula 7 deste priego.

2.- A enaxenación desta parcela realizará mediante concurso con procedimento aberto, o amparo no disposto no art. 85.a) do RDL 2/2000. A valoración da parcela e do ben a recibir farase constar separadamente dos impostos que graven a operación.

Na convocatoria do concurso expresarase a ficha de características técnicas da parcela a enaxenar e a sua valoración , asi como as características do ben que como prestación habra de recibir o Concello e a sua valoración contrastada por Tecnicos Municipais.

3.- A adxudicación realizarase en concepto de "Cuerpo Cierto", polo que non cabrá reclamación do adxudicatario por razon de diferncia de superficie ou de variación de volumen sobre o previsto polo solicitante, en virtude da aplicación da Norma Urbanística o incluso limitacións derivadas de circunstancias de orden natural. A adxudicación realizarase unha vez comprobada a igualdade de valores da cosa que cede o Concello e a que percibirá.

OPCIÓN Ó CONCURSO:

4.- Estarán facultado para optar o concurso as persoas naturais e xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e non estar comprendidas en circunstancias do art.19 do RDL do 2/2000, acreditando solvencia económica . A solvencia técnica acreditarase mediante xustificación de clasificación prevista no art. 18 do RDL do 2/2000. A xustificación da solvencia técnica se acreditará mediante a presentación, ben da adecuada clasificación, ben de algun ou varios dos documentos a que fai referencia o art. 18 do RDL do 2/2000, os cales deberán vir determinados ou referidos a actividade, promoción ou construcción de vivenda.

5.- Os licitadores poderán concurrir por sí ou representados por outra persoa con poder bastante, o cal será bastanteado polo Secretario do Concello.

GARANTÍAS

6.- Para optar o concurso habrá de constituirse previamente unha garantía provisional do 2% do presuposto de licitación que ven a coincidir co valor da parcela obxeto de licitación que aparezca na convocatoria na ficha técnica da mesma, IVE incluido.As garantías en metálico se constituirán na Caixa Municipal e os avales e seguros de caución na forma reglamentaria. Os avales e seguros de caución, deberán adxuntarse dentro do sobre B) "Documentación administrativa da plica".

A garantía será devolta ó adxudicatario ó constituir a garantía definitiva,una vez pagados os anuncios de lictación e unha vez otorgadas as escrituras públicas previstas no presente prego, e unha vez se abonen todos os gastos e impostos que se deriven, os cales correran por conta e a cargo do adxudicatario.

 

 

 

7.- A garantía definitiva que se fixa non 4% del presuposto de licitación que viene a coincidir co valor da parcela obxeto de licitación , incluido impostos, será constituda na mesma forma que a garantia provisional no prazo de 15 días a contar desde a notificación da adxudicación; esta fianza non se devolverá en tanto no se atopen firmados escrituras de adxudicación. Esta garantía non se devolverá en tanto non se haia otorgado a escritura de cesión do solar por construcción futura, nin ata que non se haia terminado a construcción do edificio previsto no prazo de dezaoito meses a contar dende a data de adxudicación e unha vez se conceda a licencia de primeira ocupación.

PROPOSICIÓNS:

8.-O prazo de presentación de proposicións para optar o concurso será de trece días, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio no DOG e BOP; finalizará ás trece horas do último día que si fora sábado ou domingo será o seguinte día habil.Durante este prazo o expediente de concurso poderá ser examinado e retirada copia deste prego na Secretaria do Concello.

9.- As proposicións en tres sobres cerrados se presentarán de nove a trece horas no rexistro de entrada do Concello en man, por correo cos requisitos do art. 100 do Reglamento Xeral de contratación.

10.- O contido de cada sobre será o seguinte:

SOBRE A: Proposición técnica e económica.

D/Dª___________________________veciño/a de_______________ provisto do DNI núm_____________en nome propio o representación de____________ con domicilio en________________, enterado/a do anuncio do concurso para a enaxenación dun solar pertenencente o patrimonio municipal a cambio da entrega en plena e exclusiva propiedade ó Concello dun local destinado a usos públicos que se construirá no edificio de protección oficial a que me comprometo a realizar na parcela que se me cede en caso de resultar adxudicatario, e enterado, igualmente, dos priegos de

condicións que regula a licitación, acepto integramento o mesmo e os términos da convocatoria, e comprométome a acatar todo elo, polo que formulo proposición optando a adxudicación da parcela, obligándome a construcción en dito solar dun edificio de dezaoito vivendas e locais de protección oficial, cuio coste correrá por conta e risgo exclusivo meu, e a cambio da entrega en propiedade, sen ningún coste, libre de cargas e gravámenes, impostos e demáis exaccions ó Concello de Moaña dun local situado na planta baixa do edificio que se axustará as condicions técnicas que se conten no priego de condicións que regula a licitación e na propia convocatoria, asi como a ficha da parcela e informes dos técnicos municipais, debendo entregarse o local permutado totalmente terminado e en perfectas condicións de uso e habitabilidade. Igualmente como proposición económica como una contraprestación mas de dita adxudicación e cesión prevista, farei entrega o Concello no momento de otorgarse a escritura pública de cesión de solar a cambio de construcción futura o por obra a construir, da suma en

 

 

 

 

metálico de 57.025.784.-ptas. Ademáis obligome a dar por realizar en melloras u outros conceptos ata chegar a equiparación de valores entre o ben cedido e o que se recibe.

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido como xustifico con resguardo que adxunto.

Data e firma del/a proponente.

SOBRE B: Documentación administrativa.

-O que acredite a personalidade do concursante. Si é persoa xurídica escritura de constitución coas modificacións inscrita no Rexistro Mercantil o de Cooperatas. Para persoas físicas DNI.

-Poder bastanteado polo Secretario do Concello cando se actue en representación de persoas físicas ou xurídicas.

-Declaración de non afectar ó licitador causas de incapacidade.

-Certificado acreditativo de atoparse ó licitador o corriente de pago de obligacións fiscais do Estado.

-Certificación acreditativa do Recadador Municipal de atoparse o corriente de pago de obrigacións co Concello.

-Certificación acreditativa de atoparse o corriente de pago coa Seguridade Social.

-Certificación acreditativa de atoparse o corriente de pago do IAE.

-Documento acreditativo que acredite o depósito da garantía provisional.

-Documento de clasificación empresarial e no seu caso documentación

acreditativa da solvencia a que se refiere a cláusula 4º do presente priego

SOBRE C: Documentación Técnica:

-Reseña da experiencia do proposicionante na construccións e promoción de vivendas, en especial de vivendas de protección oficial ou promoción pública.

-Relación de obras executadas nos últimos tres anos, indicando carácter libre o protexidas, acompañado de certificación de boa execución.

-Relación detallada dos medios permanentes, organizativos, materiais, técnicos e profesionais de que dispón o solicitante, así como os que dispoña adscribir a obra o que se propoña contratar para as mesmas.

-Relación dos técnicos que vaian a participar nas obras de construcción de vivendas, asi como, do local a entregar ó Concello e súa dirección técnica.

-Plan de actuación e estudio económico da viabilidade.

-Proxecto básico que recolla as carácterísticas do local a entregar ó Concello. Neste momento non precisa visado oficial.

-Priego de calidades recollendo a descripción de materiais e acabados. O cupo de vivendas a entregar ó Concello, é nulo, toda vez que no seu lugar entregarase ó Concello, un local coas características esixidas no informe técnico.

 

 

 

-Relación dos técnicos que haian participado o vaia a participar na redacción dos proxectos presentados e a elaborar, así como na dirección das obras

-Proxecto básico na que se recollan as caracteristicas da edificación e se xustifiquen a adecuación do mesmo o ordenamento urbanistico e o concreto réxime legal de vivendas de protección oficial, con identificación do número e tipo de vivendas, locais e garaxes resultantes, e especificación do seu destino, con especial referencia o local que se pretenda, en contraprestación, ceder en propiedade ó Concello.

-O prazo de execución das obras será de dezaoito meses.

-Cada licitador solo poderá presentar unha única solución arquitectónica e proposición económica, rechazándose a proposición que conteña máis dunha solución arquitectónica e proposición economica.

PROCEDIMENTO DE ADXUDICACIÓN:

A mesa de contratación clasificará os documentos presentados en tempo e forma para o cal o presidente da mesa ordenará a apertura dos sobres excepto o da proposición económica e tecnica. O resultado farase público no tablón de anuncios, servindo de notificación os interesados.

A apertura de proposicións económicas e documentación técnica realizarase pola mesa en acto público que terá lugar na Casa do Concello ás doce horas

do quinto día habil o da licitación prorrogándoso o seguinte hábil en caso de sábado ou domingo.

Os efectos previstos no apartado anterior, no acto publico de proposicións económicas notificarase o resultado da calificación de documentos presentados, con expresion de proposicións admitidas, rechazadas e a súas causas. Do acto de apertura extenderase un acta polo Secretario da mesa de contratación.Admitíndo ó concurso a tódolos licitadores que presenten todolos documentos esixidos nos pregos de condición.

13.- Unha vez firmada a acta mencionada a documentación completa remitirase o servicio de urbanismo para a emisión de informes referidos os aspectos os que se refiere a cláusula 20 deste priego.

O que correrá a cargo dunha comisión composta polas seguintes persoas:

-Presidente: Director Servicio Urbanismo, o Arquitecto Municipal.

-Vocais: Xefe Departamento de Xestión, Concellal de Urbanismo.

Xefe Servicio Planeamento.

Xefe Servicio de Licencias.

Xefe Oficina Técnica.

-Secretario: o do Concello

 

 

 

 

O informe emitido por técnicos recollerá de forma motivada unha clasificación das propostas de maior a menor, recollendo o seu resultado en acta, que será devolta a mesa de contratación.

14.- A vista dos informes emitida polos técnicos, a mesa de contratación formulará proposta de adxudicación o propondrá declarase deserto ó concurso, cando ningunha proposición se adapte os fins do concurso.

15.- O organo de contratación adoptará o acordo correspondente que será notificado os interesados, para que no prazo de quince días constituia fianza definitiva, e ingrese o preste aval bancario a favor do Concello-que teña carácter executivo e con renuncia da entidade avalista a calesquera beneficios e , expresamente , os de orde, división e exclusión de bens do avalado- o 50% do valor da parcela según a valoración do técnico municipal que aparezca na convocatoria, nun prazo non superior a 30 días presente a seguinte documetación:

-Duplicado do proxecto básico seleccionado no que conste o correspondente visado do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

-Cédula de clasificación provisional para execución deste proxecto.

-Xustificantes de pago anuncio priego e licitacion.

-Xustificante de haber ingresado depósito previo, taxa expedición licencia e

imposto de construccións e outros impostos que graven as actividades deste

concurso.

 

16.- Unha vez cumplimentados os requisitos polo adxudicatario, o organo de contratación adoptará acordo expreso sobre a validez e idoneidade da documentación presentada, notificando o mesmo os interesados, requerindo ó adxuditario para que avale o resto do valor do local a entregar ó Concello. A resolución levará impricita a concesión de licencia do local que recibirá o Concello. Con este acordo liberarase das garantías a todo-los concursantes.

17.- Transcurrido os prazos das anteriores cláusulas sin presentar a documentación requerida, comportará a revocación do acordo e a adxudicación a favor do seguinte clasificado e así sucesivamente ata que se obtuvera a clasificación considerada mínima.

18.- A escritura pública de cesión de solar por edificación futura a que se refiere a licitación e adxudicación que se faga, otorgarase entre o Concello e o adxudicatario no prazo de vinte días desde o acordo da adxudicación, recolléndose na mesma o presente priego de condicións acordos adoptados e demáis extremos relativos a licitación.

19.- Si non se adxudicara o contrato por falta de licitadores e proposicións inadmisibles, o organo de contratación podrá iniciar o procedimento negociado para adquirir o local que se pretende, asi como, a construcción de vivindas de protección oficial. A adxudicación do contrato por este procedimento, iniciarase por precio non inferior o inicial de licitación, e axustarase o prego de condicións. Non podrá adxudicarse mediante este procedimiento para a súa execución á aquel que antes fora desechado.

 

 

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN

20.- As proposicións valoraranse adxustandose os seguintes criterios:

a)Proposta arquitectónica: calidade, melloras, etc.

b)Solvencia profesional:experiencia na construcción. Seran desechadas as proposicions

que non teñan un mínimo establecido.

c) Proposición económica.

d)Prazo de execución das obras.

e) Calqueira outra mellora introducida na proposición.

RÉXIME XURÍDICO DERIVADO DA ADXUDICACIÓN

21.-Obligacións do adxudicatario da parcela

Entregar o local no prazo fixado no contrato de cambio de solo pola construcción futura, comparecer ante notario para formalizar escritura, presentar proxecto de execución, iniciar a construcción do local dentro dun prazo dun mes á adxudicación, poñéndono en coñecemento do Concello con dez dias de antelación para replanteo das obras.

O adxudicatario desta parcela, obxeto deste concurso, estará obligado a:

-A cumplimentar os requerimentos complementarios que se lle fagan no acto da adxudicación, tales como prestación de fianza para garantizar os danos.

-Comparecer ante notario para formalizar a adxudicación definitiva.

-Presentar proxecto de execución .

-Iniciar construcción de vivendas dentro do prazo de seis meses a partir da adxudicación.

-Comunicar ó Concello inicio fase venta de vivendas, para que dentro dos cinco meses seguintes designe adxudicatarios de vivendas.

22.- O incumplimento das obrigacións do adxudicatarios, podrá dar lugar a resolución da adxudicación e rescate da parcela que cede el Concello . Non obstante si o incumplimento fora por restraso de obligacións, ,podrase optar por aplicar réxime de sancións previsto no art. 95 do RDL do 2/2000, todo con cargo a fianza definitiva.

O Concello se reserva con respeto as vivendas de protección oficial resultantes da execución do presente contrato, os seguintes dereitos:

-A propoñer o primeiro adxudicatario de alomenos o 20% das mesmas.

-A exercitar o dereito de tanteo sobre segundas o posteriores transmisio-

nes de vivendas contruidas durante al menos dez anos.

-A exercitar o dereito de retracto sobre segundas o posteriores transmi-

siones de vivendas con vixencia durante dez anos.

 

 

 

 

23.- O Concello dende o momento da perfección do contrato oblígase a transmitir a propiedade da parcela ó adxudicatario, e como garantía da contraprestación a que se obliga o adxudicatario éste prestará fianza en metálico ou mediante aval bancario executivo con importe igual o da taxación pericial do local obligado a transmitir a súa propiedade ó Concello.

24.- O contrato celebrado o amparo de presente priego tipo de cláusulas administrativas, terá a consideración de contrato administrativo especial, coas consecuencias que en canto as facultades de interpretación, modificación e resolución a favor do Concello se deriven de dita calificación, o amparo no disposto na LCAP, réxime local referidos a contratación administrativa, poidendo adoptar cantas resolucións se deriven do réximen de dereitos e obligacións aquí establecidas. As resolucións do Concello serán inmediatamente executivas e contra as mesmas non cabrá recurso contencioso administrativas.

25.- Na escritura pública de cambio da parcela por edificación futura, a otorgar entre o Concello e o adxudicatario, unha vez se cumplan todos os requisitos do presente prego, faranse constar as prestacións a que se obliga o adxudicatario, asumento o mesmo todos os gastos da escritaura pública, impostos que graven a transmisión da parcela e local a construir, asi como os gastos das inscripcións e inmatriculacións no rexistro da propiedade e demáis gastos que se deriven do otorgamento das escrituras de obra nova en construcción, división horizontal e das inscripcións correspondentes no rexistro da propiedade.

En dita escrituras se fara constar detalladamente, conforme a lei de propiedade horizontal, a composición do edificio a construir, con especifiación das plantas, locais e sótanos, que se refexen no proxecto básico visado, debendo fixarse a cuota que lle corresponda os pisos e locais nos elementos comuns. Farase contar que o local a recibir polo Concello para usos públicos, entregarase libre de cargas, gravámenes, impostos e demáis exaccions, con indicación da súa superficie, sua ubicación na partea do inmobel que corresponda, con indicación que o Concello fará seu dende o momento da edificación , o local que se lle entregue en propiedade polo adxudicatario, tal e como resulta do proxecto básico citado. A propiedade do local permutado se transmitira ó Concello dende o momento da recepción da construcción e na súa consecuencia, os risgos e siniestros que se produzan ata ese momento serán por conta do adxudicatario.

Igualmente farase constar que o Concello, antes de comezo das obras e durante a execución das mesmas e sobre o proxecto básico e de execución visados polo Colexió de Arquitectos de Galicia, podrá indicar as modificacións que estime convinte no local que está obligado a construir e ceder en propiedade o adxudicatario ó Concello, obligándose o adxudicatario a aceptalas sempre que técnica e presupostariamente sean posible levalas a cabo. Calquera diferencia de apreciación ou de criterio que na realización do local surxiran entre o Concello e o adxudicatario, ambos se someten o arbitrio e decisión do que decida o arquitecto municipal, obligandose tanto o Concello como o adxudicatario a estar e pasar por suas decisións.

 

 

 

 

En ningún caso o adxudicatario podrá hipotecar o solar e o local que se permuta. O adxudicatario non podrá transmitir a terceiros as obligacions que asume e que dimanan do presente constrato, por razóns das condicións persoais que deron lugar a adxudicación da licitación.

26.-O Cesionario, sin previa autorización e/o intervención na escritura por parte do Concello, non podrá por si solo otorgar as escrituras correspondentes de obra nova e propiedade horizontal. Ambas escrituras se inscribirán no rexistro da propiedade. A inscripción da propiedade horizontal, determinará que o local que se permute quede inscripto a favor do Concello, sin necesidade de formalizar acta notarial de entrega.

Tanto o Concello como o adxudicatario se obliga a otorgar a correspondente escritura pública de obra nova en construcción e cesión ante o notario de Moaña no prazo máximo de un mes a contar dende a data do acordo de adxudicación, facendo entonces efectiva a entrega da posesión da parcela aquí regulada, e, si fose o caso, o simultaneo pago das prestacións económicas a que se hubieren obligado o adxudicatario.

En caso de demora da obligación de entrega de local por parte do adxudicatario, devengarase con cargo do mesmo e a favor do Concello o pago da cantidade de 10.000.-ptas. diarias durante os dous meses de retraso que se establece como cláusula penal e que se satisfará os dez días seguintes a finalización de cada un dos meses que transcurra sin que se haia producido a entrega efectiva. Transcurrido éste último prazo sin que se houbere entregado o local en cuestión, a cesión se entenderá resolta automáticamente, sin necesidade de maís trámite nin intervención de autoridade algunha, estando plenamente facultado o Concello para o rescate da parcela cedida, poudendo tomar posesión da mesma e ademáis estando facultado para facer súas cantas garantías, avales, cantidades, etc, haia recibido que poderá facer definitivamente suas. Todos os gastos e impostos que se deriven da resolución mencionada correran a cargo del adxudicatario.

27.- O que non está expresamente regulado neste priego se estará no disposto no RDL 2/2000 e Lei 5/97 do 22 de xullo do Rexíme Local de Galicia; Lei 7/85 do 2 de abril de Báses de Réxime Local e RDL 781/86 do 18 de abril e Lei 30/92 do 27 de novembro de Procedimento Administrativo.

Moaña, 3 de marzo de 2001.

 

Constituída a mesa de contratación do resultado obtido na apertura de plicas presentadas, solicítase informe técnico de proposta de adxudicacion.

Seguidamente dáse lectura do informe emitido polo Equipo Técnico Municipal, referente a proposta de adxudicación do Ben a favor da empresa Cordeiro, S.L. dito informe dí como segue:

 

 

 

 

" ASUNTO.- Concurso de adxudicación do 10% de aproveitamento lucrativo municipal correspondente o Plan Parcial Rosal Sur.

INFORME.- Vista a documentación presentada, adxunta ó expediente administrativo correspondente ó concurso de adxudicación do 10% de aproveitamento lucrativo municipal do Plan Paracial Rosal Sur, pola empresa construcatora CORDEIRO, S.L representada por D. José Cordeiro Nogueira, establecese as seguintes propostas:

1.- Aportación proposta por José Cordeiro Nogueira, representante da empresa CORDEIRO, S.L,

-Entregar en propiedade sen ningún coste, libre de cargas e gravames, impostos e demáis exaccións ó Concello de Moaña dun local situado na planta baixa do edificio cunha superficie construida de 612, 03 m2, totalmente rematado e en perfectas condicións de uso e habitabilidade.

-Local situado en la planta primera con una superficie de 215, 92 que se entregra sin acondicionar.

Unha vez revisado o expediente as condicións técnicas da proposta presentada por CORDEIRO, S.L, proponse a adxudicación do concurso á empresa CORDEIRO, S.L.

O que lle comunico ós efectos oportunos en Moaña 28 de maio de dous mil un."

INTERVENCIÓNS:

Intervén en primeiro lugar o portavoz do BNG, Sr. Millán Otero para manifestar que o expediente tramitado para a adxudicación que se pretende é de verdadeiro escándalo, non se seguio o procedimento establecido pola lei.

O Alcalde despois de oito meses do inicio doutro expediente similar, pretende dar solución o mesmo, revocando acordo con unha nova convocatoria de concurso que é o que actualmente pretende resolver; todo elo, en contra do informe emitido polo Secretario Xeral do Concello. A documentación presentada polo único licitador Cordeiro, S.L, é defectuosa e incompleta, non se axusta as bases do concurso.

Pide se valore o ben ou do contrario adxudiquese o mesmo no precio figurado en concurso revocado, do contrario que se declare deserto e se recupere o ben para a propiedad municipal.

Solicita do Alcalde lle aclara o grado de parentesco que lle une co adxudicatario e a consulta formulada ó Secretario do Concello sobre este e outros temas, dito funcionario manifesta o seguinte:

 

 

 

 

 

1.- Seu informe ainda que sea preceptivo non é vinculante a adopción de calquer acordo.

2.- Non se esixe valoración do ben que entrega o licitador e por tanto tomarase como base para a liquidación de impostos o importe do tipo de licitación.

3.- Ainda esistindo grado de parentesco entre o Alcalde e licitador como membro de aquela empresa: o grado de incompatibilidade, é inexistente.

Intervén seguidamente o Sr. Santos Leites quen ainda non presupon mala fé nas actuacíons levadas a cabo no expediente que se conclue, mais bén cree que os oscuros errores detectados se deban o apresurado con que se levou a cabo o expediente.

Non consedera legal nin lexítimo, anular o anterior concurso cando o informe do Secretario Xeral non o aconsella, votará en contra da proposta.

O portavoz do PSG-PSOE, Sr. Julio Martinez, quere formular queixa sobre a forma utilizada polo Sr. Alcalde nos debates, non existe orden, nin se coarta os grupos nas súas intervencións. O alctual goberno dá suficiente mostras de ineficacia, elo demostrase coa execución de proxectos como centro de saúde, piscina climátizada e outros que por non ter, non teñen lugares de ubicación.

Replica o Sr. Millán a manifestación do Sr. Alcalde para decirlle que aparte de ser honesta unha persoa, hai que parecelo, e insiste en que si se adxudica o ben según proposta, se teña en conta a valoración do anterior concurso.

Esixe se emita informe polo Secretario do Concello, acerca dos documentos presentados pola empresa Cordeiro, S.L. no concurso que trata de resolverse e si estos son os míminos esixibles para poder optar o mesmo.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con nove votos a favor (Srs. Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Curras Piñeiro, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Entenza Dominguez, González González, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP), cinco en contra (Sres. Millán Otero, Lorenzo Martinez e Miranda Cancelas do BNG; Sr. Martínez Rodriguez do PSG-PSOE; e Sr. Santos Leites de EdeG-OV) acordan:

1.- Adxudicar definitivamente o concurso a empresa CORDEIRO, S.L. nos términos descritos na proposta do informe técnico municipal, na súa consecuencia enaxénase a parcela num. 19 situada no Plan Parcial Rosal Sur á empresa CORDEIRO, S.L nos seguintes términos:

  1. entregar en propiedade sen ningún coste, libre de cargas e gravámenes, impostos e demáis exaccións ó Concello de Moaña, un local situado na planta baixa do edificio

 

 

 

 

 

con unha superficie de 612, 03 m2, totalmente rematado e en perfectas condicións de uso e habitabilidade.

b) Un local situado na planta primeira con unha superficie de 215,92 m2. Que se entregará sen acondicionar.De acordo co disposno no pliego de condicións económico administrativas e técnicas

2.- Notificar á empresa Cordeiro S.L, para que nun prazo de quince días, constituia fianza definitiva, e ingrese o preste aval bancario a favor do Concello que teña carácter executivo e con renuncia da entidade avalista a calesquera beneficios e expresamente os de orden, división e exclusión de bens do avalado, o 50% do valor da parcela según a valoración do tecnico municipal da convocatoria, nun prazo non superior a trinta días, presente a seguinte documentación:

a) duplicado do proxecto básico seleccionado no que conste o correspondente visado do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

b) Cédula de clasificación provisional para execución do proxecto.

c) Xustificante de pago do anuncio do pliego e licitación.

d) Xustificante de haber ingresado depósito previo, taxas expedición de licencia e imposto de construccións e outros impostos que graven as actividades deste concurso

3.- Notificar o presente acordo ó adxudicatario para posteriores actuaciones, presvistas no pliego de condicións.

11.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/. AMPLIACIÓN DO CEMITERIO.

 

Dá lectura da moción o Sr. Martínez Rodriguez, cuio texto literal dí como segue:

"Jose Luis Leite Fraga, en calidade de portavoz do Grupo Municipal do PSG-PSOE no Concello de Moaña presenta a consideraciòn do Pleno a seguinte,

MOCIÒN

Proximamente vaise levar a cabo a ampliaciòn do Cemiterio Municipal de Moaña coa construcciòn de 1.832 novos nichos por un importe de 153 millòns de pesetas .

Dende hai algùns meses xa se està procedendo a iniciar os tramites de venta ou concesiòn de nichos a perpetuidade a un precio de 408.000 pts por cada

 

 

grupo de catro, segùn contempla a actual Ordenanza Reguladora da Taxa de Cemiterios Municipais vixente no concello de Moaña dende Marzo de 1.998. Os socialistas creemos que o concello deberìa reservarse para a sùa propiedade unha certa cantidade de nichos para poñelos a disposiciòn de enterramentos de persoas sen recursos ou enterramentos ordenados pola Autoridade Xudicial. Do mesmo xeito creemos que tamèn se poderìa contemplar na Ordenanza Fiscal a figura da concesiòn de nichos por arrendamento, tal e como se contempla en Ordenanzas similares doutros concellos. Incluso pensamos que xa se vai facendo necesario a elaboraciòn dunha Ordenanza Reguladora de Actividades Funerarias e Outros Servicios Mortuorios.

Por tòdolo anteriormente exposto, propoño ò Pleno a adopciòn do seguinte ACORDO:

  1. Que o Concello se reserve en propiedade alomenos 100 nichos da ampliaciòn do Cemiterio Municipal para poñelos a disposiciòn de persoas sen recursos ou de enterramentos ordenados pola Autoridade Xudicial.
  2. Que o Concello modifique a actual Ordenanza Reguladora da Taxa de Cemiterios Municipais vixente dende Marzo de 1.998. para introducir a figura da concesiòn de nichos por arrendamento, para o cal se reservaràn alomenos o 10% do total de nichos da pròxima ampliaciòn.

3. Estudiar a posibilidade de elaborar unha Ordenanza Reguladora de Actividades

Funerarias e Outros Servicios Mortuorios.

En Moaña 21 de Abril de 2.001

Asd Jose Luis Leite Fraga

Voceiro do PSG-PSOE"

 

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Abal Juncal manifesta que preveese certas ganancias, unha vez, se entreguen os nichos os peticionarios, e que estos beneficios revertirán integramente para melloras no recinto.Tamén informa que calcula se reservará entre oito e dezaseis nichos para necesidades do municipio.

 

 

 

 

 

Polo exposto solicita ó Sr. Martínez Rodriguez, retira a moción presentada, unha vez, recibio a información deste concelleiro; petición que non é aceptada.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación en votación ordinaria e con un voto a favor (Sr. Martinez Rodriguez do PSG-PSOE), nove votos en contra (Srs. Barreiro Tenorio, Abal Juncal Curras Piñeiro, Cordeiro Portela, Costas Gayo, González González, Entenza Dominguez, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP) e catro abstenciós ( Srs.Millán Otero, Lorenzo Martinez e Miranda Cancelas doBNG; e Sr, Santos Leites de EdeG-OV), acordan rechazar a moción presentada.

 

12.-MOCIÓN DO BNG S/. ORDENANZA NORMALIZACIÓN Lingüística

Dá lectura a moción o Sr. Millán Otero, adelantando que non se propón ordenanza algunha e a que se achega, a unha breve referencia que pode ser retocada polo Concello para a súa aprobación e entrada en funcionamento.

Dí a moción como segue.

"Moción do BNG para a adopción dunha ordenanza de Normalización Lingüística.- O art. 5.1 do Estatuto de Autonomía establece que o "galego é a lingua propia de Galiza". O 5.3 desenvolve este precepto e encoméndaselle aos poderes públicos que garantan o uso normal e oficial da lingua galega e potencien o seu emprego en todos os planos da vida publica, cultural e informativa, "e disporán –engade- os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento". En coherencia co texto estatutario, a lexislación autonómica, nomeadamente a Lei de Normalización Lingüistica e a Lei da Administración Local de Galiza, asigna aos Concellos un papel fundamental como axentes normalizadores do idioma.

Os Concellos , como administración máis próxima aos cidadáns son as institucións que perciben de forma máis directa a situación lingüistica do pais, tendo tamen un importante papel como modelo e axente transformador da mesma. Dada a relación frecuente e directa con veciños e veciñas, a lingua empregada pola administración municipal constitúe para eles un referente directo de prestixio lingüistico. Por outra parte, o importante intercambio administrativo que establecen, sitúaos nunha posición privilixiada á hora de promover o uso escrito do idioma en ámbitos privados, comerciais e empresariais.

O Concello de Moaña caracterizouse desde os inicios da democracia pola súa actutude favorable á ampliación dos usos públicos do galego. Ao monolingüismo habitual das anteriores Corporacións uniuse a acción positiva do persoal ao servicos do Concello, o que permitio alcanzar un alto grao de normalización interna e nas relacions orais cos administrados. Sen embargo, este papel positivo baseado en actitudes individuais careceu ata o momento do respaldo e a planifiación que só se pode lograr coa asuncion política polo Pleno da Corporación do papel activo que lle corresponde

 

 

 

xogar ao Concello como institución na restaruración social do idioma. Ese amparo institucional debería ter o seu feflexo na aprobación dunha Ordenanza de Normalización Lingüística.

Co obxeto de suplir esta carencia e homologar o Concello de Moaña aos concellos punteiros en Galiza no tocante á Normalización Lingüística, o BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:

Instar á Comisión de Goberno para que , previo estudio pola Comisión de Cultura e consulta co Comité de Persoal, no prazo de tres meses propoña á aprobación inicial do Pleno unha Ordenanza de Normalización Lingüística. Dita ordenanza debe recolle:

a)A declación do galego como lingua oficial do Conello de Moaña, e polo tanto a adopción das medidas que de tal declaración se derivan.

b) O compromiso da Corporación de asumir un papel activo na normalización do idioma, tanto a nivel interno como externo.

c) Establecer de forma sistemática e coherente o coñecemento e uso do idioma como condición necesaria para o acceso á función pública no Concello de Moaña, asi como a obriga da Corporación de poñer os medios para a formación continua do persoal ao servicio do Concello.

d) Fixar as normas internas de uso do galego que garantan a continuidade dos niveis de uso actuais (actas, dictames, informes, etc.) e os amplien naqueles casos en que é deficitario (proxectos, escrituras notariais, contratos, soportes informáticos e novas tecnoloxías, etc).

(adxúntase como modelo para a súa toma en consideración a Ordenanza vixente no Concello de Ferrol, aprobada o 30 de maio de 1997 co voto favorable dos grupos municipais Popular, Socialista, Esquerda Unida-Esquerda Galega, Bloque Nacionalista Galego e Independentes por Ferrol.)"

INTERVENCIÓNS

O concelleiro delegado de cultura, Sr. Currás Piñeiro manifesta que votará en contra da moción e que o feito de que haia sido admitida e votada por outros concellos, non quere decir que Moaña teña que responder de aqueles votantes integrados nos grupos municipales do PP.

 

Xustifica que a ordenanza que se pretende implantar vai en contra do principio de cohabitación gallego-castellano e a favor do principio de exclusión conculcando e vulnerando a constitución. Por último recalca a tradición e arraigo do gallego no Concello de Moaña.

 

 

 

 

 

Replicalle o Sr. Millan Otero, advertindo o Sr. Currás que non se atopa a altura das circunstancias e pone como exemplo que Ferrol foi respectuoso cos dereitos lingüisticos e ten establecida a súa ordenanza.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con catros votos a favor ( Sres Millán Otero, Lorenzo Martinez, Miranda Cancelas do BNG, e Sr. Santos Leites de EdeG-OV) nove votos en contra (Srs. Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Tenorio, Cordeiro Portela, Costas Gayo, González González, Entenza Dominguez, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP), e unha abstencions Julio., acordan rechazar a moción presentada.

13.- MOCIÓN DE EdeG-OV S/. SEGURIDADE VIAL E SEÑALIZACIÓN

Da lectura da moción, o Sr. Santos Leites, que literalment dí:´

"Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia, ó aveiro da lexislación vixente, plantexa para o deu debate polo Pleno da Corporación a seguinte

MOCIÓN:

Os accidentes de tráfico son unha das causas importantes de lesións e mortes, equiparables ou superando as producidas por algunhas enfermedades consideradas moi graves.

As variantes destes accidentes son moitas e moi variadas:alcances de peóns, choques, saidas de vía...e as causas abarcan diversidade de campos: falta de educación vial, imprudencia, inadecuación das vías... e polo tanto os campos sobre os que actuar para reducilos son moitos. Pese a todo, sí se poden ir dando pasos para tratar de eliminar aquelas causas máis inmediatas que teñen que ver coa sinalización e as condicións das carreteras, e que están na orixe dalgúns destes siniestros.

 

No noso concello, on percorrido rápido polas vias principias ( C-550, Marín- Moaña, Porta do cego-Coiro...) permítenos constatar a nivel de de sinalización e medidas de protección ó seguinte:

- Ausencia ou inadecuación de sinais verticais: límites de velocidade...

    • Ausencia ou mala ubicación da sinalización horizontal: pasos de peóns, stops..
    • Mala instalación , ausencia ou inadecuación en moitos tramos das vallas protectoras da carretera:Neste caso concreto, estas vallas metálicas constituen mitas veces unha trampa, xa que a mayor parte delas – no sentido da marcha- teñen o seu extremo elevado, e non enterrado, co cal en
    • algúns accidentes constituen un perigo engadido. Ademais como consecuencia de accidentes anteriores moitas atópanse en mal estado.

 

 

 

 

 

Por todo o esposto, e polo que se propón ó Pleno a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Instar a CPTOPV e a Deputación, titulares das vías anteriores, a elaboración dun estudio de seguridade vial nas carreteras da súa competencia.

2º.- De xeito inmediato, emprazalos a colocación da sinalización horizontal e vertical axeitada de acordo cos técnicos municipais, así como a reparación e adaptación das vallas de seguridade para que cumplan o seu cometido.

Moaña a 22 de Maio de 2001

Asdo. Euloxio S. Leites,

Concelleiro EdeG-OV"

VOTACIÓN E ACODO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda aprobar a moción nos términos en que se atopa epigrafiada.

14.-MOCIÓN DO BNG S/. PUNTO LIMPO.

Dá lectura a moción o Sr. Millán Otero, que dí textualmente:

"Moción do BNG sobre a creación dun punto limpo en Moaña.- A clausura do vertedeiro municipal a comenzos deste ano 2001 ten provocado un grave problema para a eliminación dos escombros de obras que se constata no incremento de vertidos incontrolados por todos os nosos montes., É previsible que o problema se agudice unha vez que se proceda ao sellado e recuperación do recinto da Fraga, posto que a estas alturas aínda non se puxo en marcha ningunha alternativa para o almacenamento e reciclado destes residuos.

O proxecto de construcción dun punto limpo nas proximidades do Complexo Medioambiental, en Castiñeiras, para dar servicios aos Concellos de Moaña, Cangas e Bueu avanzan con gran lentitude e a propia Consellería de Medioambiente ten informado desfavorablemente a ubicación proposta polo Concello de Cangas, basándose na súa situación e nos perigos de saturación a curto prazo.

Ainda que finalmente chege a construirse nas condicións idóneas de capacidade, o punto limpo da Portela como alternativa única é unha solución desacertada, en especial para o Concello de Moaña. A distancia entre a orixe e o destino dos escombros pode chegar a superar os 15 quilómetros, o que provocará un encarecemento do transporte e, en última instancia, un prexuizo para particulares e pequeños constructores. Non é dificil prever que en moitas ocasions, ante os gastos que o tralado ocasione, os

 

 

 

 

productores de residuos preferirán abandonalos á beira dos camiños e nos cauces dos ríos, aumentando a desfeita ambiental que xa padecemos nestes momentos.

En razón do exposto, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO

Instar á Alcaldía a iniciar as xestións oportunas para a habilitación en Moaña dun punto limpo para o almacenado e tratamento dos residuos de construcción e demolición (RDU), nas condicións esixidas pola normativa vixente: punto de vertido controlado , separación de residuos e posterior reciclaxe e reutilización dos mesmos."

INTERVENCIÓNS

O concelleiro delegado de urbanismo, aconsella o Sr. Millán, deixe pendente a moción para un próximo pleno, pois cree que o tema e problemático; existe a posiblidade de debatir o asunto coa Comunidade de Montes, e incluso seria necesario trata-lo coa mancomunidade.

Replica o Sr. Millán que non retira a moción e polo tanto solicita se vote a mesma.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con catro votos a favor (Srs. Millán Otero, Lorenzo Martinez e Miranda Cancelas do BNG; e Santos Leites deEdeG), nove en contra (Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Curras Piñeiro, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Entenza Dominguez, González González , Martínez Alonso e Sotelo Pena do PP) acorda rechazar a moción presentada.

15.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Non se trata a presente moción, o non atoparse presente responsable algún do grupo que a formula.

16.-ROGOS E PREGUNTAS.

A formulada polo concelleiro Sr. Santos Leites sobre o expediente tramitado para a recuperación do Lavadeiro do Foxo; informando o Secretario que a parte do expediente administrativo incoado e vía xudicial, o Asesor Xurídico mediante informe emitido aconsella recupérese dito ben por vía administrativo.

E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 22:15 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,