ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 5 DE XULLO DE 2001.

 

ORDE DO DÍA:

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 7/2001 DE DATA 31 DE MAIO.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.-APROBACIÓN INICIAL DE "ESTUDIO DE DETALLE NO MONTE DO CON".

4.-ADOPCIÓN ACORDO "ALEGACIÓN CAMBIO CUALIFICACIÓN XURÍDICA DA UNIDADE DE PREESCOLAR NA FANEQUEIRA".

5.-ACEPTACIÓN CESE E NOMBRAMENTO DO REPRESENTANTE MUNICIPAL NO CONSELLO ESCOLAR DO I.E.S "AS BARXAS".

6.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/. "PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES".

7.-MOCIÓN DE EdeG-OV S/. " CAMINO DE ACCESO Ó CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE BERDUCEDO-PIÑEIRO.

8.- MOCIÓN DO BNG S/. "SITUACIÓN SANITARÍA E ASISTENCIAL".

9.- MOCIÓN DO B.N.G S/ "RENOVACIÓN E CONSERVACIÓN DAS MARQUESIÑAS".

10.- MOCIÓN DO P.S.G-P.S.O.E S/ "ACTOS 19 DE XULLO NO CLUB DE XUBILADOS".

11.- SOLICITUDE DIMISIÓN CONCELLEIRO D. ALBERTO MIRANDA CÁNCELAS.

12.-ROGOS E PREGUNTAS.

 

 

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Javier Abal Juncal

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

Dª Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

Dª María Martín Alonso.

D. Osbaldo Martinez Couso

Dª. Carmen Sotelo Pena

D. Julio Martínez Rodriguez

D. José Luis Leite Fraga

  1. Xosé Manuel Millán Otero.
  2. D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D. Alberto Miranda Cancelas.

  1. José E. Santos Leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

 

Na casa do Concello de Moaña, ó 5 de xullo de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

 

INCIDENCIAS:

No asisten o acto a concelleira do grupo popular, Dª. Carmen Entenza Dominguez e a concelleira do BNG, Dª. Isabel Lorenzo Martínez

Debatido o punto sete da orde do día retírase do salon de sesións, sendo as 22:10 horas o concelleiro D. Julio Martínez Rodriguez, e posteriormente as 22:25 horas debadito o punto oito, abandona o salon de sesións, D.José Luis Leite Fraga.

Momentos antes de iniciar a sesión, o Sr. Millán Otero solicita se repruduza en acta o informe emitido polo técnico municipal ó pasado mes de abril, no que aconsellaba o acceso o Salon de Sesión dun número determinado de persoas, paradóxica mente hoxe, o aforo vese desbordado non respetando os consellos daquel informe.

Dito informe decía como segue:

 

" D. ARTURO GARRIDO GARCIA, ARQUITECTO TÉCNICO, Aparellador Municipal do Concello de Moaña, a requerimento do Sr. Alcalde emito o presente

I N F O R M E

Que por razóns de seguridade, por sobrecarga estructural, mais fundamentalmente pola necesidade de manter operativas as vias de evacuación do persoal que permanece no salón de plenos da Casa Consistorial, se estima que os pasillos que comunican o Salon coa vía publica, deben estar suficientemente despexados para cumprir esta finalidade.

Recoméndase, por tanto, manter no Salon un aforo sensiblemente igual o numero de asientos existentes, asi como, tomar as medias tendentes a dispoñer de fluidez suficiente nos pasillos e escaleiras de acceso evitando aglomeracións."

 

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 7/2001 DE DATA 31 DE MAIO.

Dáse conta do borrador da acta 7/2001, correspondente a realizada o día 31 de maio do ano que andamos.

A Corporación, en votación ordinaria e or unanimidade dos asistentes, acordou aproba-la acta sinalada sin modificación ningunha.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

 

O Sr. Santos Leites, solicita do delegado de persoal explicación sobre a contratación de persoal mediante resolución da Alcaldía, sen respetar a lista de espera, danse casos de persoal contratado donde non se respetan esas listas e outros sen atoparse incluidos nas mesmas.

Manifesta o delegado de persoal, Sr. Currás Piñeiro, que as contratacións veñense facendo a traves de consulta nas listas de espera, ocurre que pola urxencia de algunha contratación, tense máis en conta o informe dos xefes dos servicios respectivos.

Queda enterada a Corporación.

 

3.-APROBACIÓN INICIAL DE "ESTUDIO DE DETALLE NO MONTE DO CON".

O Concelleiro delegado de urbanismo, Sr. Abal Juncal informa a Corporación dos trámites seguidos para a aprobación inicial do Estudio de Detalle promovido por D. José Luis Alvarez Souto en nome e representación de "Monte do Con Promotora, S.L", en parcela Z-zona catro do Plan Plarcial Monte do Con, sito no barrio do Con, con arreglo o proxecto redactado polo Arquitecto D. José Díaz de la Iglesias.

Igualmente dáse conta de informe emitido polo Arquitecto Municipal que, dice:

"Número de Expediente: 89/2001-06-19

Departamento : Servicio de Urbanismo.

Asunto: Estudio de Detalle da parcela "Z" zona 4 do Plan Parcial Monte do Con

Emplazamento: Plan Parcial Monte do Con.

Promotor: Monte do Con Promotora, S.L

Informe:

Se informa favorablemente el expediente en cuestión por ajustarse a las determinaciones establecidas al respecto en las Normas Subsidiarias de Planeamento del Municipio de Moaña, asi como con las establecidas en el Plan Parcial Monte do Con.

El Estudio de Detalle cumple igualmente con el contenido del arat. 30 de la Ley 1/97 de 24 de marzo del suelo de galicia, asi como con los arat. 65 y 66 del Reglamento del Planeamento.

Se deberán recabar los informes sectoriales correspondientes: Costas el Estado y Costas de la Xunta de Galica."

 

Informe do Secretario Xeral do Concello que, dice:

 

"ASUNTO: APROBACIÓN INICIAL ESTUDIO DE DETALLE.

Antecedentes:

D. JOSÉ LUIS ALVAREZ SOUTO, en representación MONTE DO CON PROMOTORA, S.L., domiciliado en Ramón Cabanillas, 183-baixo de Moaña presenta documentación técnica para a tramitación de Estudio de Detalle en Parcela Z- Zona 4 do Plan Parcial Monte do Con, con arreglo o proxecto redactado polo Arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.

 

A documentación presentada reune as esixencias prevista na Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia, e igualmente consta informe emitido polo Arquitecto Municipal no sentido favorable.

Corresponde ó Secretario informar sobre a legalidade aplicable, e en cumplimento no disposto, emite o seguinte

I N F O R M E:

1.- Lexislación aplicable: Art. 30 e 34 e seguintes da Lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia. 65 e 66 do Reglamento de Planeamento

2.- Deberase recabar informes sectoriais correspondentes a organismo de Costas do Estado e Costas de Galicia.

3.- De seguir os trámites establecidos, la Corporación pode proceder a aprobación inicial do Estudio de Detalle, continuando os trámites previstos no art. 34 da Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.

Non obstante a Corporación decidirá.

Moaña, 4 de xuño de 2001"

E informe da Comisión de Urbanismo que, dice:

"ASUNTO.- Estudio de Detalle da Parcela Z – Zona 4 do Plan Parcial do Monte do Con.- O delegado dá conta a comisión do expediente tramitado por Monto do Con Promotora, S.L, sobre Estudio de Detalle da paracela Z zona 4 do Plan Parcial Monte do Con.

A Comisión dáse por enterada, pronunciaranse en todo caso no Pleno próximo. "

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Aprobar Inicialmente Estudio de Detalle.

2.- Solicitar Informe Sectorial a Costas del Estado e Costas da Xunta de Galicia, previo aprobación definitiva de Estudio de Detalle.

3.- Informar publicamente dito acordo mediante edictos a publicar no DOG e BOP.

 

4.-ADOPCIÓN ACORDO "ALEGACIÓN CAMBIO CUALIFICACIÓN XURÍDICA DA UNIDADE DE PREESCOLAR NA FANEQUEIRA".

 

O Alcalde informe a Corporación dos trámites seguidos en expediente de desafectación do edificio destinado a Unidade de Preescolar na Fanequeira-Meira, deste Concello, da propiedade municipal afectado ó servicio público da enseñanza, para seu posterior incorporación os bens do Concello, conforme o determina o art.- 81 da Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local.

Igualmente dá conta dos informes emitidos a tal respeto polo Secretario Xeral do Concello, o cal dí:

 

"ASUNTO: ALEGACIÓNS A EXPEDIENTE CAMBIO CALIFICACIÓN XURÍDICA.

En cumplimento no art. 54 do TRRL e a petición do Sr. Alcalde, emítese informe en base os seguintes

A N T E C E D E N T E S

1.-O Pleno da Corporación Local, en sesión realizada o dia 28 de febreiro de 2001, acorda desafectar do uso público, servicio pública e a súa incorporación ó inventario de bens, como ben patrimonial o edificio Unidade Preescolar Fanequeira. Dito acordo someteuse a información pública por término dun mes, mediante publicación de edicto no BOP num.. 65 do 2 de abril.

2.- Dentro do termino de información pública, formulase a alegación de D. Valentin Piñeiro González, Presidente da Comunidade de Montes de Meira, no sentido de que a parcela donde ubicouse a unidade de preescolar, é da comunidade de montes. Non se opón a desafectación, pero si, o cambio de calificación xurídica.

Por canto antecede, esta Secretaría emite o seguinte

 

I N F O R M E:

 

Primeiro.- Lexislación aplicable: Art. 22 e 81 da lei 7/85 de 2 de abril, e art. 78 do Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril.

Segundo.- Acreditouse suficientemente no seu día a calificación xurídica da parcela cedida ó Ministerio de Educación e Ciencia, como ben patrimonial de propios, polo que unha vez desafectada o uso público da Unidade de Preescolar da Fanequeira, esta se incorporará ó inventario de bens coa condición de ben de propios.

Terceiro.- Polo informado, deben desestimarse as alegaciones presentadas por D. Valentin Piñeiro González.

E, canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 25 de xuño de 2001."

E informe do Asesor Xurídico do Concello que dí:

" Informe: 4 de julio de 2.001.- ASUNTO.- En relación con la posibilidad de incorporar al inventario de bienes del Concello de Moaña, como bien patrimonial o de propios, el edificio de la Unidad Preescolar Fanequeira ubicado en la parcela del mnte denominado Fanequeira, sito en la parroquia de Meira, en cuya parcela de 3.200 m2 segregada del citado monte, se encuentra ubicado el citado complejo educativo ESCOLAR PREESCOLAR, suprimido por Orden de 23 de octubre de 2.000, dictada por el Conselleiro de Educación y Ordenciaón Universitaria de la Xunta de Galicia.

I N F O RM E

I.- LEXISLACIÓN APLICABLE.

Arts. 8 y111 del Reglamento de Bienes de las Entidades Locales, apraobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de junio.

II.- Prevé el citado artículo 8 el procedimiento administrativo a seguir para al alteración de la calificación jurídica de los bienes de las Entidades Locales, requiriéndose expediente administrativo, en el que se acrediten su oportunidad y legalidad.

Tambien el art. 111 del referido reglamento establece las concecuencias jurídicas que se pruducen cuando, como en el presente caso, se produce el cese del destino de los bienes cedidos al uso par ael cual fueron cedidos. Como es sabido, por Orden de 23 de octubre de 2.000 de la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, publicada en el Diario Oficial de Galicia num. 214, de 6 de noviembre de 2000, el uso del Centro de Preescolar como centro de enseñanza se ha suprimido.

En consecuencia, el art. 111.3 prevé la reversión del bien cedido al patrimonio de la Entidad cedente, con todas sus pertenencias y accesiones (entendiéndose por estas últimas los bienes inmuebles incorporadas al terreno.)

Teniendo en cuenta, además que:

A) El citado MONTE FANEQUEIRA figura inscrito en el Inventario de Bienes del Concello (entonces con el epígrafe num. 38) como patrimonial de propios del Concello de Moaña.

B) Figura incluida en el catálogo num. 293-11 como de los de utilidade pública.

C) Se encuentra inmatriculado en el Rexistro de la Provincia de Pontevedra a nombre del Concello, en el Tomo 2º del distrito de Meira, al folio 152, finca num. 163, llevada a cabo en Pontevedra el día 22 de marzo de 1866.

D) Se encuentra clasificado dicho bien como patrimonial de propios.

E) El citado uso de la ESCOLA PREESCOLAR de los idificios construidos se ha extinguido por Orden de 23 de octubre de 2.000 de la Conselleria de Educación y Ordenación Universitaria, publicada en el DIARIO OFICIAL DE GALICIA num. 214, de 6 de noviembro de 2000 , que se acompaña.

Procede en consecuencia la incorporación del bien al inventario del Concello como bien de propios o patrimonial, de acuerdo con el procedimiento administrativo previsto en el art. 8 del Reglamento de Bienes de las Corporacións Locales."

INTERVENCIÓNS:

Faino en primeiro lugar D. Jacinto García Piñeiro, en calidade de Secretario da Comunidade de Montes de Meira, defendendo a alegación presentada e opoñendose o expediente tramitado.

Seguidamente intervén o Sr. Millán Otero portavoz do BNG, quen advirte o Sr. Alcalde que se quere ser respetado, debe respetar os seus conveciños. Aconsella que non hai mellor pleito que un mal arreglo, non debe repetirse a acción do tratar de desaloxar a Comunidade de Montes de Meira, dun ben da súa propiedade.

Debe estimarse a alegación presentada, e por tanto non tratar de incorporar o ben que se trata ó inventario de bens do Concello, pois do contrario verase conculcada e vulnerada a propiedade da comunidade, quen os posee dende o ano 1866. Do contrario creará problemas a ambas partes, polo que é aconsellable a vía de dialogo.

Interven seguidamente o Sr. Santos Leites portavoz de EdeG-OV, queixandose dos modos utilizados neste debate. O asunto está suficientemente claro, a Comunidade de Montes de Meira cedeo no seu día un terreno ó Ministerio de Educación e Ciencia para a construcción dunha unidade de preescolar; por falta de alumnos esta desaparece, por tanto o solar coas súas dependencias, debe revertir ó autentico propietario, a Comunidade de Montes, e ese son todos os antecedentes. Ocurre que o Alcalde inicia o expediente de forma envenenada, tratando de enfrentar as partes, existindo suficiente xurisprudencia que favorece a Xunta de Montes, aconsella a via do diálogo e a negociación..

O Sr. Leite Fraga, portavoz do PSG-PSOE, comenza a súa intervención reitirando crítica ó Alcalde por autorizar a asistencia a este acto a mais de duascentas persoas, cando en anteriores ocasions non autorizou o acceso o salon de plenos a máis de trinta persoas por telo aconsellado así en informes técnicos.

Apoia a intervención dos seus anteriores compañeiros e solicita a vía de dialogo e negociación entre partes.

Por último o Alcalde manifesta deben continuar os trámites do expediente incoado ata seu término e negociará coa Comunidade de Montes, prescindindo do resultado, unha vez se resolva o expediente.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con seis votos a favor (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro e Miranda Cancelas do BNG; Leite Fraga e Martínez Rodriguez do PSG-PSOE e Santos Leites de EdeG-OV) e nove votos en contra (Sres. Barreiro Tenorio, Curras Piñeiro, Abal Juncal, Cordeiro Portela, Costas Gayo, González González, Martín Alonso, Martinez Couso e Sotelo Pena do PP), acordan:

1.- Desestimar a alegación presentada por D. Valentín Piñeiro González, quen actua en nome e representación da Comunidade de Montes de Meira.

2.- Solicitar da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autorización para a desafectación do edificio da antigua unidade de preescolar da Fanequeira-Meira, e a sua posterior incorporación ó inventario de bens do Concello.

3.- Notificar o presente acordo á Comunidade de Montes de Meira.

 

5.-ACEPTACIÓN CESE E NOMBRAMENTO DO REPRESENTANTE MUNICIPAL NO CONSELLO ESCOLAR DO I.E.S "AS BARXAS".

 

Informa o Sr. Alcalde que despois da constitución da nova Corporación Local da presente lexislatura e organizado os servicios dependentes do Concello, foi designado respresentante municipal no Consello Escolar do I.E.S, As Barxas, D. Alberto Currás Piñeiro, encadrado no grupo Popular, por razóns de traballo interno dito representante solicita ser relevado en este cargo.

Aceptada que foi súa renuncia pola Alcaldía, esta propón como representante do Consello Escolar do I.E.S. As Barxas, a Dª. Carmen Sotelo Pena, encadrada no grupo Popular.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda designar representante municipal no Consello Escolar I.E.S. As Barxas, a concelleira Dª. Carmen Sotelo Pena.

6.- MOCIÓN DO P.S.G-P.S.O.E S/ "ACTOS 19 DE XULLO NO CLUB DE XUBILADOS".

Previa consulta do Alcalde á Corporación Local no sentido de alterar o orden do día o tratamento da moción a tratar no punto número 10, a Corporación accede a debatir dita moción no punto 6 do orden do día.

Dá lectura a moción o Sr. Julio Martínez Rodriguez quen di:

"José Luis Leite Fraga, en calidade de Portavoz do Grupo Municipal do PSG-PSOE no Concello de Moaña presenta a consideración do pleno a seguinte

M O C I Ó N

Exposción de motivos:

Que a CNT desexa realizar o vindeiro 19 de xullo unha homenaxe ao Sindicato Solidaridad Mariñeira de Moaña, sindicato aderido á CNT e ilegalizado en 1936, a raiz do golpe de estado franquista. Esta homenaxe consistirá na realización dunha charla e na colocación dunha placa de pedra de 40x50 cm con seguinte lema: Este local foi construido entre 1930-33 polo silndicato Solidaridad marinera aderido a CNT. Para que o seu exemplo libertario perdure. CNT-Galicia.

A placa será colocada na fachada do inmoble sito na avenida Concepción Arenal, 13, de Moaña. Este acto suporá un recoñecemento aos homes e mullures de Moaña e os afiliados ao sindicato Solidaridad Mariñeira polos sufrimentos pasados e en recordo dos seus esforzos por mellorar a sociedade na que viviron e unha homenaxe aos sobrevivintes que hoxe en día forman parte do club de xubilados que usufructúa o vello local.

Tendo en conta que o devandito local é propiedade, e forma parte do patrimonio da CNT, non parece extempòranea a nosa pretensión,. Por todo isto:

Por todo anteriormente exposto, fago ao Goberno Municipal o seguinte

A C O R D O

Dispoña o necesario e remova os posibles obstáculos para a realización dos actos programados, concedendo o permiso para a colocación da placa-homenaxe na fachada e para a ulización do local para unha charla que recorde aos actuais traballadores e traballadoras de Moaña a historia borrada da sua propia vila. "

 

INTERVENCIÓNS:

Intervén en primeiro lugar o Sr. Leite Fraga portavoz do PSG-PSOE , que recorda e quere conste en acta que o local da terceira idade que disfruta nosos maiores, foi obra da anterior Corporación da que formaba parte e que seu grupo non pretende quitarlle a sede actual.

Por ter solicitada a sua intervenció neste acto, o faino D. Javier Costas en nome e representación do Sindicato CNT e D. Julio Suarez Duran en representación do colectivo da terceira idade "Clube Nosa Sra. Do Carmen"; ambos defenden respectivamente as súas texis que son totalmente opostas.

O Sr. Millán Otero, portavoz do BNG, pide se manteña a calma no presente debate, e fai un breve recordatorio para que se sepa que no ano 1995, o BNG, pedio reintegra o edificio os seus primitivos donos, os mariñeiros de Moaña; sen embargo no ano 1997, unha vez devolto o local, optouse pola súa cesión o colectivo da terceira idade "Club Nosa Sra. Do Carmen".

O Portavoz do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, adelanta non vai entrar en votación a considerar non se fai bens as cousas desta forma. Aclarando que en momento algún se discute a propiedade.

O Alcalde manifesta que de esta forma estase enfrentando as partes, non respetando a memoria dos mariñeiros, propón formula de arranxo entre os xubilados e a CNT, deixando por tanto a última decisión o Club de Xubilados.

Intervén o Sr. Santos Leites para decir que é doloroso o espectáculo que se está dando, nosos mortos non merecen isto. Non é a forma de facer as cousas, pois evidencia certa manipulación. Si foi construido o local polo mariñeiros, deben de chegarse a un acordo entre o Concello, o Sindicato e os Xubilados.

Por último o Sr. Alcalde manifesta que non se discutio xamáis a propiedade do local, a cesión logrouse en anterior lexislatura municipal. Sen o consentimento da directiva dos xubilados, non debemos tomar decisión algunha. Que sean eles quenes decidan.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con dous votos a favor dos (señores Leite Fraga e Martinez Rodriguez, do PSG-PSOE), nove votos en contra (Sres. Barreiro Tenorio, Curras Piñeiro, Abal Juncal, Cordeiro Portela, Costas Gayo, González González, Martín Alonso, Martinez Couso e Sotelo Pena do PP) e catro abstencións, dos (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas do BNG e Santos Leites de EdeG-OV), acordan rechazar a moción presentada pòlo PSG-PSOE.

6.BIS.--MOCIÓN DO PSG-PSOE S/. "PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES".

Dá lectura a moción o Sr. Martínez Rodriguez pedindo a Corporación o voto favorable a mesma, que di:

" José Luis Leite Fraga, en calidade de portavoz do grupo municipal do PSG-PSOE no Concello de Moaña presenta a consideración do pleno a seguinte

M O C I O N

Exposición de motivos:

A punto de rematar o curso escolar é un bo momento para comenzar a planificar o curso seguinte. Neste senso por primeira vez o concello, para promocionar o ensino público, vai editar unha guia cos recursos e servicios que ofertan os distintos colexios do municipio. O grupo socialista nunha decidida aposta por mellorar o ensino público e os recursos que dispoñen os nosos colexios ten a ben presentar esta proposta, xa tratada en reiteradas ocasións no Consello Escolar sobre a posibilidade de que o Concello a traves das concellerías de Educación, Xuventude, Deportes, Cultura, Sanidade, Tráfico, Turismo, etc, trate de ofertar aos colexios a realización dalgunha actividade extraescolar de carácter gratuito. Deste xeito ademais de utilizar recursos públicos (materiales e personales) do concello dun xeito quizais mais eficiente do que se utilizan ata o de agora, contribuiriase a enriquecer o emprego do tempo libre dos veciños mais xovenes co conseguinte beneficio social e cultural que isto conleva.

Por todo anteriormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte

A C O R D O

Que por parte das distintas concellerías (Educación, Xuventude, Deportes, Cultura, Sanidade, Tráfico, Turismo, etc) se diseñe un Programa de actividades extraescolares para o curso escolar 2.001-02 para que os colexios poidan ofrecerlles aos nenos-as a posiblidade de realizar dun xeito gratuito a realización dalgunha actividade extraescolar deportiva ou cultural."

INTERVENCIÓNS

Interven a Concelleira Sotelo Pena para manifestar que se está estudiando o tema entre concelleiros e directores de colexios, e tratar de buscar solucións, atopándose parte delas totalmente materializadas e no resto traballase na actualidade.

Intervén seguidamente o Sr. Martínez Rodriguez,quen recoñece como certa a disposición feita pola compañeira de Corporación , ainda se ben facendo de forma aislada sen coordinación algunha entre partes, e desta forma dispárase os gastos e os resultados non son tan positivos como deseados.

Replica a Sra. Sotelo Pena no sentido que as actividades levadas a cabo nos colexios, previamente foron informados os directores dos mesmos, por tanto exista unha certa coordinación.

O Sr. Alberto Currás dí que mantivo unha reunión sobre estes temas, entende é dificil levar a efecto o solicitado na moción, todo elo, debido a falta de liquidez presupostaria.

O Alcalde di que a moción atópase fora de lugar, o Concello colabora cos colexios nas súas necesidades dunha forma moi aceptable, por elo o grupo de goberno votará en contra da moción.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con seis votos a favor (Srs. Millan Otero, Moreira Piñeiro, e Miranda Cancelas do BNG; Sr. Leite Fraga e Martínez Rodriguez do PSG-PSOE; Sr. Santos Leites de EdeG-OV) e nove votos en contra (Sres. Barreiro Tenorio, Curras Piñeiro, Abal Juncal, Cordeiro Portela, Costas Gayo, González González, Martín Alonso, Martinez Couso e Sotelo Pena do PP), acordan rechazar a moción presentada.

 

 

7.-MOCIÓN DE EdeG-OV S/. " CAMINO DE ACCESO Ó CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE BERDUCEDO-PIÑEIRO.

 

Dá lectura da Moción Sr. Santos Leites, cuio texto literal, di como segue:

"Esquerda de Galicia

Moaña

Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia, ó abeiro da lexislación vixente, formula para o seu debate polo pleno da Corporación a seguinte

MOCIÓN:

Despois de moitos esforzos, con mobilizacións incluídas, a Comunidade escolar do Colexio de Educación infantil de Verducedo, conquistou o logro do establecemento do transporte escolar para o seu centro, medida importantísima no camiño de mellora-la escola pública pola vía de ofertar a sociedade un servicio fundamental para moitas familias.

Este servicio de transporte realiza o seu percorrido pola estrada de acceso a Verducedo-Piñeiro e finaliza no camiño de entrada ó colexio, tendo o autobús que esperar o tempo necesario para que os escolares (de curta idade)suban ou baixen. Debido a estreiteza desta carretera, esta parada realízase ocupando completamente un carril nunha curva pechada de nula visibilidade(Veiga de Mal), constituindo un perigo potencial tanto para os alumnos e acompañantes, como para os coches que circulan por esta vía xa de por si perigosa.

Limitando co camiño do colexio e coa estrada, existe un terreo baldío, que a través das oportunas xestións podería utilizarse para ampliar este acceso e facer unha zona na cal o autobús puidera entrar, e así permitir as operacións anteriores fora da estrada, sen risco na manobra de aparcar e recoller ós alumnos.

Por estas razóns expostas é polo que propoño o Pleno a adopción do seguinte

ACORDO:

Que por parte do Concello se realicen as xestións e negociacións oportunas para ampliar ó camiño de acceso o Centro de Educación infantil de Verducedo – Piñeiro, adecuando para a entrada, aparcamento e saída do bus escolar en condicións axeitadas de seguridade.

Moaña a 15 de Xuño de 2001

Asdo. Euloxio S. Leites

Concelleiro EdeG-OV"

 

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Abal Juncal manifesta que se lle fixo entrega de escrituras por propietarios con fincas afectadas, asi como, planimetría, proximamente convocará unha reunión entre a AAVV de Berducedo e eses propietarios.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acordase aprobar a moción presentadas nos seus propios términos.

 

8.- MOCIÓN DO BNG S/. "SITUACIÓN SANITARÍA E ASISTENCIAL".

Dá lectura da moción o Sr. Millán Otero que dí:

" Os veciños e veciñas de Moaña veñen solicitando desde anos atrás unha mellora sustancial na prestación dos servicos sanitarios. A Casa do Mar, local que hoxe acolle os servicios de atención primaria, tense demostrado insuficiente para atender o crecemento da poboación e as novas demandas: as súas dependencias son escasas, non existe espacio para o personal sanitario, non é posible habilitar locais adecuados para a preparación ao parto e, por non ter, carece incluso de ascensor e entrada para ambulancias.

Tras repetidas solicitudes por parte da Plataforma pola Mellora da Sanidade de Moaña, a directora provincial do SERGAS ten anunciado hai unhas semanas a disposición da Consellería de Sanidade para investir no noso Concello 150.000.000 de ptas na ampliación da actual Casa do Mar. Dando por bo o compromiso, por canto supon asumir que a solución aos problemas sanitarios de Moaña riquire algo mais que parches, a formula ofrecida non pode ser considerada a máis idónea.

Os terreos onde se relizaría a ampliación forman parte do dominio público marítimo-terrestre, competencia da Administración de Costas do Estado, que ata o momento se ten negado en repetidas ocasións a autorizar a ampliación ou construcción doutros edificios públicos (por exemplo, a Plaza de Abastos ou o novo Concello). Por outra parte, e aínda supoñendo que as xestións desen un resultado positivo, ampliar a Casa do Mar significaria eliminar a área de aparcamento, nunha zona onde existe un grande déficit de prazas.

A solución acaída e definitiva aos problemas pasa pola construcción dun Centro de Saúde, amplo e adptado coa implantación de novas especialidades ás demandas sanitarias dun concello de case 18.000 habitantes. O Concello estaría a curto prazo en condicións de pór a disposición da Consellería de Sanidade dos terreos requiridos, sen depender da autorización pouco problabe doutra Administración. Por outra parte, as dependencias da Casa do Mar poderían acoller outro tipo de servicios asistenciais, como ocorre en concellos veciños como o de Cangas, en especial o Centro de Día tantas veces reclamado polas persoas maiores e os seus familiares.

Para dar resposta a estas demandas, cumpre un compromiso firme por parte do ConceLlo de Moaña e da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. De cara a conseguir ese compromiso, o grupo municipal do BNG propón a adopción do seguinte

A C O R D O:

Instar ao goberno municipal a negociar un Convenio coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de cara a conseguir no prazo de dous anos unha solución realista ás necesidades sanitarias e de atención ás persoas maiores.

O Convenio debería basearse nos seguintes puntos:

a) Cesión por parte do Concello dos terreos necesarios para a construcción dun Centro de Saúde, para o cal disporá dos terreos correspondentes ao aproveitamento municipal nas fases aínda non desenvolvidas do Plan Parcial do Rosal.

b) Compromiso por parte da Consellería de Sanidade para a elaboración urxente dun proxecto de execución e establecemento da consignación presupostaria nos exercicios 2002 e 2003.

c) Compromiso de cesión por parte da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para a adaptación das instalacións e dotación dun Centro de Día no espacio actualmente ocupado polo Centro de Atención Primaria."

 

O Alcalde explica a Corporación dos trámites seguidos polo Concello en orden a adxudicar a construcción dun anexo de 650 m2 , toda vez que despois de constatar co Servicio de Costas, non existe impedimento algun en ocupar os terrenos afectados por dito organismo. Presentou proxecto basico da obra a realizar, e seu grupo considera que é a solución máis idonea ó problema plantexado na actualidade, polo tanto, non apoiará o moción presentada.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e con cinco votos a favor ( Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, e Miranda Cancelas do BNG; Sr. Leite Fraga do PSG-PSOE, e Santos Leites de EdeG-OV) e nove votos en contra (Sres. Barreiro Tenorio, Curras Piñeiro, Abal Juncal, Cordeiro Portela, Costas Gayo, González González, Martín Alonso, Martinez Couso e Sotelo Pena do PP), acordan rechazar a moción presentada.

 

9.- MOCIÓN DO B.N.G S/ "RENOVACIÓN E CONSERVACIÓN DAS MARQUESIÑAS".

Dá lectura a moción o Sr. Moreira Piñeiro, que transcrita di:

"Nos ultimos dous anos os veciños e veciñas asistimos a un deterioro constante do parque de marquesinas do noso concello., Unhas carecen de cuberta; a outras fáltanlles os cristais de protección lateral; outras parece que foron arrolladas por unha excavadora..Esta situación, resulta do abandono das competencias municipais, vén incrementar o descontento cidadán ante o desastroso funcionamento do transporte de viaxeiros por estrada no noso Concello.

As marquesinas son utilizadas habitualmente para a pegada de carteis sen que o grupo de goberno se preocupe pala súa limpeza e coidado, a pesar de existir unha Ordenanza de Ornato Público que se ignora ou non se ten intención de facer cumprir. Para maior asombro de todos, o propio concello inaugurou e sosten asiduamente esta nova moda de utilización do mobiliario público: basta recordar o "despregue publicitario" do último Entroido sobre os contedores do lixo, as marquesinas e incluso a fachada da Praza de Abastos. O resultado de tando descoido é unha imaxe penosa do noso concello que transmitimos a veciños e visitantes.

Os Orzamentos Xerais da Xunta para 2001 recollían unha partida de 40.000.000 de ptas destinada á construcción dunha Estación de Autobuses en Moaña. A estas alturas, non se sabe nada dese proxecto, que por outra parte é de dificil execución se temos en conta a grande dispersión dos usuarios do transporte de viaxeiros por estrada e a falta de terreos apropiados no casco urbano para unha obra desas características. Nestas circunstancias, corremos o risco de que este compromiso de investimento un dos poucos que a Xunta destinou a Moaña neste exercicio- acabe por perderse.

Tendo en conta esta situación, a necesidade de renovación do parque de marquesinas e de adoptar unha actitude máis vixiante por parte do goberno municipal no seu coidado e mantemento, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes

 

A C O R D O S

 

a) Instar ao Alcalde a realizar as xestións oportunas para que, coa colaboración económica da CPTOPV e da Deputación, se proceda á substitución das marquesinas deterioradas e á repación urxente das que poidan seguir en uso.

b) Elaborar un proxecto que permita o investimento dos 40.000.000.- ptas previstos nos orzamentos da Xunta na consturcción de apeadeiros fixos no casco urbano e puntos céntricos das parroquias.

c) Esixir da Deputación de Servicios a realización dunha limpeza e mantemento periódicos do parque de marquesinas e demais mobiliario urbano, asi como a plicación da Ordenanza de Limpeza e Ornato "

 

INTEVENCIÓNS:

O Alcalde manifesta que non está de acordo coa moción, as marquesinas rotas atópanse así non por falta de atención; se manteñen as que merecen a pena e se retiren as vellas e inservibles. E certo é que non se cumple na súa totalidade coa ordenanza.

O Sr. González González di que non hai máis posibilidades de mantenemento.

O Sr. Rosendo Moreira, dí que a anterior Corporación levaba a política de mantemento, limpeza e incluso con inversión cuando o servicio ó requería.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar por unanimidade a moción presentada nos seus propios términos.

 

10.- MOCIÓN DO P.S.G-P.S.O.E S/ "ACTOS 19 DE XULLO NO CLUB DE XUBILADOS".

O Alcalde despois da proposta aceptada polo Pleno da Corporación, alterou o orden do día tratando o asunto este punto, unha vez debatido o punto 5 de dito orden.

11.- SOLICITUD DIMISIÓN CONCEJAL D. ALBERTO MIRANDA CANCELAS

 

El Sr. Alcalde dá cuenta a Corporación del escrito renuncia formulado por el concejal integrado en Grupo Municipal del Bloque Nacionalista Gallego, D. Alberto Miranda Cancelas, quien por razones de tipo personal y profesional le impide desempeñar las funciones con la dedicación que el cargo le exige.

Hallandose presente en el acto, el Sr. Alcalde solicita al concejal dimisionario si se afirma y ratifica en el deseo de renunciar al cargo, contestando este afirmativamente.

El Sr. Alcalde le agradece los servicios prestados a la corporación a lo largo de dos años de su dedicación, deseandole toda clase de exitos tanto en su vida privada como en sus funciones profesionales. Seguidamente el Sr. Miranda se despide personalmente de los miembros de la Corporación.

La Corporación, en votación ordinaria y por unanimidad de los asistentes, acuerda:

1.- Aceptar la renuncia presentada por el concejal D. Alberto Miranda Cancelas.

2.- Remitir certificación del presente acuerdo a la Junta Electoral Central para que designe la persona que legalmente le corresponda y con expedición de su credencial, se remita a este Ayuntamiento para su toma de posesión.

 

12.-ROGOS E PREGUNTAS.

 

Se formula un rogo por D. Euloxio Santos Leites, no sentido de que as contratacións por sustitución de persoal se remate coas listas confeccionadas.

Pregunta se teñen pensado amueblara a Casa de Cultura de Berducedo e se lle contesta, a falta de tesoreria municipal, farase a través do Patronato Beiramar.

Pregunta se existen indicios de rematar as obras do paseo marítimo, o Alcalde respóstalle que se fará de inmediato.

E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 22:30 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,