ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 2 DE AGOSTO DE 2001.
ORDE DO DÍA:
1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 8/2001 DE DATA 5 DE XULLO.
2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
3.-TOMA DE POSESIÓN COMO CONCELLEIRO DE SERGIO REGUEIRA
GÓMEZ
4.-APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN
AVDA. MENDEZ NUÑEZ. 26
5.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE
EN RIBEIRA-MEIRA.
6.-APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN
CANEXA NÚMERO 4
7.-MOCIÓN DE EdG-OV S/. "AXUDAS DE ASISTENCIA DOMICILIARIA".
8.-MOCIÓN DO B.N.G S/ "SITUACIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DO
LIXO".
9.-MOCIÓN DO P.S.G - P.S.O.E S/ "DECLARACIÓN DE EXCELENCIA
TURÍSTICA".
10.-MOCIÓN DO BNG S/ "INCREMENTO AXUDAS POLOS DANOS DOS
TEMPORAIS".
11.-ROGOS E PREGUNTAS.
ASISTENTES:
Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO
CONCELLEIROS:
D. Javier Abal Juncal
D. José Manuel Cordeiro Portela
Dª Maria C. Costas Gayo.
D. José González González.
Dª María Martín Alonso.
D. Osbaldo Martinez Couso
Dª. Carmen Sotelo Pena
D. Julio Martínez Rodriguez
D.Xosé Manuel Millán Otero.
D.Sergio Regueira Gomez.
Dña. Carmen Entenza Dominguez
Dña. Isabel Lorenzo Martinez
Secretario Actal: José Rodriguez Veloso.
Na casa do Concello de Moaña, ó 2 de agosto de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.
A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.
INCIDENCIAS:
No asisten o acto o concelleiro Jose Luis Leite Fraga, por atoparse de baixa por enfermedade, e Alberto Curras Piñeiro, por atoparse de vacacións.
1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 8/2001 DE DATA 5 DE XULLO.
Dáse conta do borrador da acta 8/2001 correspondente a realizada o día 5 de xullo do ano oque andamos e o Sr. Alcalde indica que no punto 4 desta sesión ADOPCION ACORDO "ALEGACION CAMBIO CUALIFICACIÓN XURIDICA DA UNIDADE DE PREESCOLAR NA FANEQUEIRA", por error involuntario a votación está recollida no sentido de seis votos a favor e nove en contra, cando en realidade son seis votos en contra e nove a favor; quedando a parte dispositiva do acordo adoptado nos seus tres puntos de forma inamovible.
O Pleno da Corporación aproba por unanimidade.
2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
Queda enterada a Corporación.
3.-TOMA DE POSESIÓN COMO CONCELLEIRO DE SERGIO REGUEIRA
GÓMEZ
O Alcalde dá conta do escrito da Xunta Electoral Central que, transcrito di:
"Credencial de Concejal.- D. Enrique Cancer Lalanne, Presidente da Xunta Electoral Central, expido a presente CREDENCIAL expresiva de que foi designado CONCELLEIRO do concello de Moaña (Pontevedra)
D. SERGIO REGUEIRA GÓMEZ
Por estar incluído na lista dea candidatos presentada polo Bloque Nacionalista Galego ás eleccións locais do 13 de xuño de 1999, en sustitución , por renuncia de D. Alberto Miranda Cancelas."
Seguidamente o Alcalde pregunta a D. Sergio Regueira Gómez, si acepta o cargo para o que foi nomeado e ante a resposta afirmativa manifestalle que ha de xurar ou prometer como fase previa a súa toma de posesión.
O Sr. Sergio Regueira, lee a proposta de promesa ante a Corporación, toma posesión do seu cargo para o que foi nomeado, incorporándose ó escaño que ten asignado no salón de plenos do Concello.
4.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN AVDA. MENDEZ NUÑEZ, 26
O Alcalde, informa a Corporación dos trámites seguidos para a aprobación inicial do Estudio de Detalle promovido por D. José Jesús Rodriguez Nuñez, en nome e representación de AREA VIVA DO MORRAZO, S.L, na rúa Mendez Nuñez, 26 con arreglo o proxecto redactado polo Arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.
Igualmente dáse conta de informe emitido polo Arquitecto Municipal. Sr. Garrido García de data 17 de xullo de 2001 que dice:
"Peticionario: Area Viva do Morrazo,S.L; Asunto.- Estudio de Detalle.
Informe.- Procede aprobación inicial, previos os trámites oportunos o estudio de detalle que ten por obxeto a prolongación de planta baixa do interior do espacio libre edificable do patio de cuarteiron de ordenanza 4".
Informe do Secretario do Concello, que dice:
"INFORME DE SECRETARIA SOBRE APROBACION INICIAL
AREA VIVA DO MORRAZO, S.L, representada por JOSE JESUS RODRIGUEZ NUÑEZ, presenta documentación expedida polo arquitecto Jose Diaz de la Iglesia, visada con data 26/6/2001, para a tramitación de estudio de detalle na rua Mendez Nuñez 26.
A documentación reune as esixencias previstas na Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia, constando no expediente informe favorable do aparellador municipal Sr. Garrido Garcia.
En consecuencia ó Secretario emite o seguinte
INFORME:
1.- A lexislación aplicable recóllese no art. 30, 34 e seguintes da Lei 1/97 do 24/3 do Solo de Galicia, 65 e 66 do regulamento de Planeamento.
2.- De non estar afectado por órgano que deba emitir informe previo, a Corporación pode proceder a aprobación inicial do estudio de Detalle, continuando cos trámites previstos no art. 34 da Lei 1/97, coa publicación do BOP e DOGA.
No obstante a Corporación decidirá.
MOAÑA, 30 de Xullo do 2.001
O SECRETARIO"
E, informe da Comisión de Urbanismo de data 31 de xullo de 2001, que dice:
"ASUNTO: APROBACIÓN INICIAL DE ESTUDIO DETALLE NA RUA MENDEZ NUÑEZ, 26 DE AREA VIVA DO MORRAZO, S.L.
PROPOSTA:
O delegado dá conta a comisión do Estudio de Detalle presentado por Area Viva do Morrazo, S.L, para a súa aprobación inicial polo pleno do Concello se procede.
O Aparellador Municipal, informa a comisión sobre o Estudio de Detalle presentado, dándolle o visto bó para a súa aprobación inicial polo pleno.
A Comisión dáse por enterada.
Moaña, 31 de xullo de 2001.
O DELEGADO".
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1.-Aprobar inicialmente o Estudio de Detalle.
2.- Informar publicamente dito acordo mediante edictos a publicar no DOG e BOP.
5.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN RIBEIRA-MEIRA
O Alcalde informa a Comisión dos trámites seguidos para a aprobación definitiva do Estudio de Detalle promovido por D. Jesús Nogueira Paredes, en Ribeira-Meira, con arreglo o proxecto redactado polo Arquitecto D.Rafael Oliveira Souto.
Informe do Secretario do Concello que dí:
"ESTUDIO DE DETALLE INTERESADO POR JESUS NOGUEIRA PAREDES.- En cumplimento do disposto polo Sr. alcalde e conforme dispón o art. 54 do RDL/86 de 18 de abril, emitese informe en base os seguintes
ANTECEDENTES
1.- Trátase de estudio de detalle promovido por Jesus Nogueira Paredes, o cal foi aprobado inicialmente en sesión ordinaria realizada o día 29/12/01.
2.- Dito acordo de aprobación inicial, informase publicamente mediante inserción de edictos no DOG de 20/4/01 e BOP 22/3/01, non habendose formulado alegacións algunha no periodo de información.
En base a canto antecede, esta Secretaria informa:
Primeiro.- A vista dos antecedentes que obran no expediente, procede que polo pleno da corporación se acorde a aprobación definitiva.
Segundo.- O acordo de aprobación definitiva deberá publicarse novamente tanto no DOG como no BOP, conforme o determina a Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.
E canto debo informar, non obstante a Corporación decidirá.
Moaña, 30 de Xullo do 2.001
O SECRETARIO,"
Informe da Comisión de Urbanismo de data 31 de xullo de 2001 que di:
"ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA DE ESTUDIO DE DETALLE EN RIBEIRA-MEIRA, PRESENTADO POR D. JESÚS NOGUEIRA PAREDES.
PROPOSTA:
O delegado dá conta a Comisión do Estudio de Detalle presentado por D. JESUS NOGUEIRA PAREDES, para a súa aprobación definitiva polo pleno do concello, se procede.
O Aparellador Municipal informa a comisión sobre o estudio de detalle presentado, dándolle o visto bó para a súa aprobación definitiva polo pleno.
A Comisión dáse por enterada.
Moaña, 31 de xullo de 2001.
O DELEGADO,"
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1.- Aprobar definitivamente o Estudio de Detalle.
2.- Informar publicamente dito acordo mediante edictos a publicar no DOG e BOP
6.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN CANEXA, 4
O Alcalde dá informa a Corporación dos trámites seguidos para a aprobación inicial do Estudio de Detalle promovido por D. Jesús Costa Giraldez e Sira Chapela Currás, en Canexa 4 con arreglo o proxecto presentado redactado polo Arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.
Igualmente dáse conta de informe emitido polo Arquitecto Municipal Sr. Garrido García de data 30 de xullo de 2001 e, que dice.
"Peticionario: Jesús Costa García e Sira Chapela Curras, Asunto: Estudio de Detalle.
Informe: Procede a aprobación inicial do Estudio de Detalle. Aos efectos de dilucidar a ampliación de planta baixa sobre o espacio libre edificable en patio de cuarteirón".
Informe do Secretario do Concello que di:
"ESTUDIO DE DETALLE INTERESADO POR SIRA CHAPELA CURRAS/JOSE COSTA GIRALDEZ S/ APROBACION INICIAL
SIRA CHAPELA CURRAS/JOSE COSTA GIRALDEZ. presentan documentación expedida polo arquitecto Jose Diaz de la Iglesia, visada con data 13/7/2001, para a tramitación de estudio de detalle en Canexa 4.
A documentación reune as esixencias previstas na Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia, constando no expediente informe favorable do aparellador municipal Sr. Garrido Garcia.
En consecuencia ó Secretario emite o seguinte
INFORME:
1.- A lexislación aplicable recóllese no art. 30, 34 e seguintes da Lei 1/97 do 24/3 do Solo de Galicia, 65 e 66 do regulamento de Planeamento.
2.- De non estar afectado por órgano que deba emitir informe previo, a Corporación pode proceder a aprobación inicial do estudio de Detalle, continuando cos trámites previstos no art. 34 da Lei 1/97, coa publicación do BOP e DOGA.
Non obstante a Corporación decidirá.
MOAÑA, 30 de Xullo do 2.001
O SECRETARIO"
E, informe da Comisión de Urbanismo de data 31 de xullo de 2001 e que, transcrita di:
"ASUNTO: APROBACIÓN INICIAL DE ESTUDIO DE DETALLE NA RÚA CANEXA, 4 DE JESUS COSTA GIRALDEZ E SIRA CHAPELA CURRÁS
PROPOSTA:
O Delegado dá conta a comisión do Estudio de Detalle presentado por D. Jesús Costa Giraldez e Sira Chapela Currás, para a súa aprobación inicial polo pleno do Concello, se procede.
O Aparellador Municipal informa a comisión sobre o estudio de detalle presentado, dándolle o visto bó para a súa aprobación inicial polo pleno.
A Comisión dáse por enterada.
Moaña, 31 de xullo de 2001.
O DELEGADO,"
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda:
1.- Aprobar inicialmente o Estudio de Detalle
2.- Informar publicamente dito acordo mediante edictos a publicar no DOG e BOP
7.- MOCIÓN DE EdG-OV S/ AXUDAS DE ASISTENCIA DOMICILIARIA
Da conta da lectura da moción Sr. Santos Leites, cuio texto literal , di como segue:
"Esquerda de Galicia Moaña
Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia- Os Verdes, propón para o seu debate polo Pleno da Corporación a seguinte
MOCIÓN:
O programa de asistencia domiciliaria ou de axuda no fogar ten por obxecto prestar atención na súa casa os cidadáns naquelas situacións nas que teñen limitada asúa autonomía ou nos casos de desintegración familiar: persoas con disfuncións graves, persoas maiores con escasos recursos, discapacitados ou colectivos específicos nunha situación de risco de exclusión social.
Para fixar o nivel de cobertura desta prestación téñense en conta ademais da pertenza a algún dos colectivos anteriores, o umbral de renda da unidade familiar. Segundo sexa a relación desta renda coa Pensión mínima contributiva os usuarios aportan unha contía que varía dende cero pesetas ata o 100% do custo do servicio. Ademais as persoas ou unidades familiares coa situación económica máis precaria poderán quedar exentos do pagamento da couta mínima. Débese recordar que aínda no caso máis grave a prestación soamente se fai durante duas horas diarias. Así mesmo, débese recordar que a parte que non pagan os usuarios, faino o concello a través de subvencións procedentes dos programas asistenciais da Xunta de Galicia.
Na maior parte dos casos, senón fose a través deste sistema non poderían a través dos seus propios medios facer fronte o custo do servicio, co cal e tendo en conta os colectivos os que nos referimos, estariamos abríndolle o camiño cara a exclusión social. Trátase polo tanto dun campo de actuación prioritaria dentro dos programas de intervención social para calquera goberno ou institución.
Actualmente encontrámonos que pese o escaso custo que este programa ten para as arcas municipais, a concesión de novas axudas e incorporacións a este programa (agás as debidas a algunha baixa) está paralizada dende fai máis dun ano, mentres que as peticións crecen, habendo nestes momentos unha lista de espera de máis de vinte casos, e máis que habería si se desenvolvesen dende as instancias políticas as accións axeitadas contemplando os recursos necesarios. Estase incumprindo as bases da ordenanza que establece que as convocatorias son abertas e continuas no tempo e o obxectivo do programa, deixando sen cobertura casos de necesidade.
Por todo o anterior proponse o Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO:
Que por parte do goberno municipal se tomen as medidas administrativas e económicas axeitadas para que se levante a paralización a que está sometida a concesión de novas axudas de asistencia domiciliaria e se cumpra co establecido na ordenanza, garantindo o acceso as persoas que cumpran co baremo establecido.
Moaña a 13 de Xullo de 2001
Asdo. Euloxio S. Leites."
INTERVENCIÓNS:
Concelleira Sra. Costas Gayo, delegada Servicios Sociais informa que os expedientes non se atopan parados, xa se interesou documentación os solicitantes, atenderanse a todos os que se poida.
Sr. Alcalde: Atopamonos dacordo co espiritu da moción farase o posible por atender o máximo de solicitantes, dentro das posibilidades económicas.
VOTACIÓN E ACORDO
Aprobase a moción por unanimidade.
8.-MOCIÓN DO B.N.G S/ "SITUACIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DO
LIXO".
Dá lectura a moción o Sr. Millán Otero, cuio texto literal, di como segue:
"MOCIÓN DO BNG sobre situación do servicio da recollida do lixo en Moaña.- Pasados sete meses desde a privatización da recollida e tratamento RSU, os veciños de Moaña seguen padecendo un servicio deficiente. A pesar do incremento abusivo de taxas que trouxo consigo a privatización e do déficit de máis de 50 millón que vai representar para as arcas municipais, a calidade da recollida malamente chega neste momento aos niveles anteriores á privatización. A empresa concesionaria , URBASER, segue sen cumprir condicións básicas asinadas no contrato de adxudicación e nin a Mancomunidade nin o goberno do Moaña teñen feito o necesario para facerllas cumprir. Entre outras, podemos destacar as seguintes deficiencias e incumprimentos.
1.- Non se está realizando a recollida separada de envases lixeiros, tal como figura no Prego de Cláusulas Técnicas e Administrativas e no convenio asinado no seu momento con ECOEMBES. A empresa aínda non procedeu á instalación da rede de contedores amarelos necesarios, nin parece que o vaia facer a curto prazo.
2.- Segue habendo zonas de Moaña en que non se realiza a recollida pola estreitura dos camiños, aínda de que a empresa se comprometeu a pór en funcionamento vehículos pequenos e extender o servicio á totalidade do Concello.
3.-Non se fixo efectiva a ampliación do servicio a seis dáias por semana. Fora do casco urbano, segue realizándose a recollida tres días por semana, a pesar de que se eliminaron as reduccións de tarifas e os veciños pagan as mesmas taxas ca no centro. Na tempada de verán a recollida debería realizarse sete días por semana, cousa que só sucede no casco urbano: nas demais zonas do concello faise nas mesmas condicións precarias que o resto do ano.
4.- Non se está realizando a limpeza e desinfección periódica de contedores, mentres que a maquinaria adquirida para tal efecto con diñeiro da Mancomunidade está sendo utilizada noutros concellos onde tamén presta servico URBASER.
5.-Non se emprendeu tampouco a campaña de información e sensibilización social comprometida no contrado de adxudicación e que neste ano 2001, debería supor un investimento de 5.000.000.-ptas.
A maiores , segue sen resolverse a situacion dos seis tragalladores do concello de Moaña que a empresa se comprometeu a contratar. A solución adoptada para os meses de veran non pasa de ser un mal parche, se non se toman desde a Mancomunidade as medidas oportunas para garantizar que á volta de setembro que os traballadores van ser admitidos pola empresa.
Ante esta situación, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes
A C O R D O S
a) Solicitar do Departamento de Servicios a realización dun informe detallado das condicións de recollida do lixo no noso concello: rutas, frecuencias, limpeza e estado dos contedores, cumprindo das obrigas recollidas nos Pregos de adxudicación , etc. Trasladar este informe á Xunta de Goberno da Mancomunidade.
b) Instar á empresa concesionaria para que de forma inmediata adopte as medidas necesarias para a prestación do servicio nas condicións pactadas. Deseño da campaña de sensibilización, instalación de contedores para a recollida de envases lixeiros, etc.
c) Instar a Xunta de Goberno da Mancomunidade para que proceda á apertura dun segundo expediente sancionador á empresa concesionaria do servicio de recollida de RSU por incumplimento grave das condicións de adxudicación ao continuar a súa negativa a subrogar os contratos dos seis traballadores do Concello de Moaña. "
INTERVENCIÓNS:
Sr. Santos: o Sr. Millán ten toda a razón do mundo na sua moción.
Débeselle rescindir o contrato si non cumplen co establecido no mesmo.
Sr. Alcalde: Estamos dacordo coa moción en casi todos os puntos. Esperamos que en un tempo prudencial o funcionamento do servicio mellore.
VOTACIÓN E ACORDO; Aprobase a moción por unanimidade.
9.-MOCIÓN DO P.S.G - P.S.O.E S/ "DECLARACIÓN DE EXCELENCIA
TURÍSTICA".
Dá lectura da moción o Sr. Martínez Rodriguez, cuio texto literal, dí como segue:
"MOCIÓN.- Exposición de motivos.- Que o turismo estase a configurar como unha importante alternativa económica dentro do sector servicios cun importante nivel de ocupación, superior incluso a outros sectores tradicionais, non é descoñecido. O Morrazo pese a contar cun alto potencial turístico, relativamente comparado con outras zonas podese asegurar que estamos nunha fase incipinte respecto a este tipo de economia. Recentemente foille concedido ao concello de Cangas a declaración de municipio de excelencia turística, polo que se van invertir preto de seiscentos millón procedentes do Estado e da Xunta de Galicia para mellorar a oferta turística. Os socialistas moañeses ao igual que os especialistas do sector, creemos que esta declaración debería terse feito extensiva a toda a comarca do Morrazo, como unidade de oferta turística incluso insertada nun todo superior que podería considerarse a Ría de Vigo. Non nos parece de recibo que por unha parte se traten de impulsar a nivel teorico programas de desenvolvemento comarcal, creando incluso Fundacións para tal fin e logo na práctica seguense aplicando os mesmos criterios, de asignación de subvencións de xeito particular a determinados concellos e pola contra discriminando a outros.
Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte
A C O R D O:
1.- Que o Concello de Moaña se dirixa a Mancomunidade así como a Fundación de Desenvolvemento Comarcal do Morrazo para solicitar a extensión a toda a comarca a declaración de excelencia turística así como a participación de tódolos concellos nos investimentos adicados a tal fin.
2.- Que o Concello de Moaña solicite ao Estado Central e a Xunta de Galicia a extensión a toda a comarca do Morrazo a declaración de excelencia turística e a participación de tódolos concellos nos investimentos adicados a tal fin."
INTERVENCIÓNS:
Sra. Sotelo: Non habia folletos turísticos e este ano fiseronse habendo invitado o Sr. Martinez para diseñar o contido e non asistiu a reunión, non entendo tanta preocupación ahora.
Sr. Alcalde: Basicamente estamos dacordo coa moción, temos que mellorar en custión turística.
VOTACIÓN E ACORDO: Aprobase a moción por unanimidade.
10.-MOCIÓN DO BNG S/ "INCREMENTO AXUDAS POLOS DANOS DOS
TEMPORAIS".
Dá lectura da moción o Sr. Rosendo Moreira Piñeiro, cuio texto literal, di como segue:
"Moción do BNG para solicitar o incremento das axudas polos danos sufridos nos temporais.- O Real decreto-Lei 6/2001, de 6 de abril, polo que se adoptaron medidas urxentes para reparar os danos causados polas choivas e temporais acaecidos desde os últimos días de outubro de 2000 ata finais do mes de xaneiro de 2001, e a Orde do 6 de xullo de 2001, da Conselleriá de Economia e Facenda, pola que se establece o procedemento para a concesión de subvencións para repararacións de bens municipais danados polas choivas e temporais ata o mes de marzo de 2001, non contemplan todas as cantidades que obxectivamente se cuantificaron por meio de valoracións técnicas axustadas e co informe favorable de todas as forzas políticas.
O noso concello ten sufrido danos nas seguintes instalacións e cos importes que se reseñan:
a) Derrubamento da ponte de madeira e muros de asento no paseo
fluvial do río da Fraga……………………………………………..2.100.000-ptas.
b) Derrube de muro de contención no camiño do Rio Pequeño…… 1.500.000- id
c) Derrube do mirador da Marrua…………………………………. 1.500.000-id
d) Muros de contención do río de Domaio………………………… 3.000.000-id
e) Rotura de 20 marquesinas…………………………………….. 5.000.000-id
f) Danos nos alumeados públicos…………………………………. 400.000-id
g) Danos no firme de diversos viais públicos…..………………….. 9.000.000-id
h) Posto repetidor de TV. En Domaio……………………………. 3.000.000-id
i) Contención do camiño da Masandía…………………………….. 4.000.000-id
TOTAL…………………. 29.500.000-ptas.
Está previsto percibir para financiar estes danos unha cantidade arredor do 20% e sempre e cando se invista ata o 80% restante, que no caso do noso concello, sería de 5.900.000 pesetas, cantidade claramente insuficiente para afrontar a reparación dos bens municipais afectados.
Por isto, solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
A C O R D O
1.- Exixir a conceción de axudas polo total dos danos producidos por mor dos temporais sufridos nos bens municipais do noso concello.
2.- Dirixir este acordo á Presidencia da Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento."
INTERVENCIÓNS: Non hubo
VOTACIÓN E ACORDO: Aprobase a moción por unanimidade.
11.-ROGOS E PREGUNTAS.
Rogos:
Sr. Santos: A hora de agasallar os deportistas do Concello que destacaron en algunha actividade, non podemos esquecernos dos disminuidos físicos.
Contestalle a concelleira de deportes Sra. Martin que xa os teñen en conta
Sr. Santos: Volvo a insistir unha vez mais porque as constratacións últimas non foron feitas tendo en conta as listas confeccionadas o respecto, deberian racharse , deste xeito os veciños darianse conta como se levan a cabo as contratacións.
Sr. Alcalde: Non se atopa presente o Delegado de Persoal para poder aclarar esta custión.
Preguntas:
Sr. Santos: Cando se vai a levar a cabo o convenio coa Asociación de Disminuidos do Morrazo.
Contesta a Delegada de Benestar Social Sra. Gayo que a Asociación pide un aumento da subvención, moi pronto vamos a ter unha reunión para ultimar e firmar.
Sr. Regueira: Observase que por moitas partes do municipio fanse cierres, muros de contención e outras obras sin gardar estética algunha. Por outra banda abrense expedientes de infraccións a veciños e os que estan o lado con infraccións similares non se lle abre.
Contesta o Delegado de Urbanismo Sr. Abal que para ser o primeiro día que se incorpora a Corporación e moito correr nas suas manifestacións. Ten entendido que o Sr. Regueira vai a participar na Comisión de Urbanismo, o que lle satisface; despois de ver como se funciona e hora de facer críticas.
Sr. Regueira: Observanse algunhas praias sin limpar.
Contesta o Delegado de Servicios que a máquina de limpeza non entra en toda-las praias. Limpanse as praias hoxe e mañan xa están en mal estado. As praias limpanse todas ainda que hai que recoñecer que non van o ritmo que un quixera, xa que hai falta de medios, persoal de vacacións etc.
E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 21:10 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario DOU FE.
O Alcalde, O Secretario,