ACTA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 24 DE SETEMBRO DE 2001.

 

ORDE DO DÍA:

1.- PUNTO UNICO.-DESIGNACIÓN POR SORTEO DE PRESIDENTES, VOCAIS E SEUS RESPECTIVOS SUPLENTES NAS DISTINTAS MESAS ELECTORAIS COMO CONSECUENCIA DAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS O PARLAMENTO AUTONÓMICO DO DÍA 21 DE OUTUBRO DE 2001 (art. 26 da Lei 5/85 do 19 de xuño do Réxime Electoral Xeral.)

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. Javier Abal Juncal.

Dª Maria C. Costas Gayo.

Dª. Carmen Entenza Dominguez.

Dª. Maria Martín Alonso

Dª. Carmen Sotelo Pena.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Serxio Regueira Gómez

D. Julio Martíenz Rodriguez

D. José E. Santos leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

Na casa do Concello de Moaña, o 24 de setembro de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Extraordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 13:30 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 13:30 horas.

 

INCIDENCIAS:

Non asistiron D. José Manuel Cordeiro Portela, D. Osbaldo Martínez Couso, D. José González González, D. Rosendo Moireira Piñeiro, Dª.Isabel Lorenzo Martínez e D.José L. Leite Fraga.

1.- PUNTO UNICO.-DESIGNACIÓN POR SORTEO DE PRESIDENTES, VOCAIS E SEUS RESPECTIVOS SUPLENTES NAS DISTINTAS MESAS ELECTORAIS COMO CONSECUENCIA DAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS O PARLAMENTO AUTONÓMICO DO DÍA 21 DE OUTUBRO DE 2001 (art. 26 da Lei 5/85 do 19 de xuño do Réxime Electoral Xeral.)

 

Aberto o acto pola presidencia procédese a dar cumplimento o disposto no art. 26 da Lei 5/85 do 19 de xuño, modificada por distintas leis orgánicas e efectuado o correspondente sorteo, asignanse os cargos de Presidentes, Vocais e seus respectivos suplentes, para cada unha das 25 mesas electorais existentes no término municipal.

A tal efecto tomarase como referencia para toda-las e cada unha delas, a folla número 19 das listas, e o número 8 de orden de cada folla. Adxudicando os respectivos cargos tendo en conta os requisitos esixibles para cada un deles.

 

E, non sendo outro o obxeto, a presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 13:45 horas , do día fixado no encabezamento, de todo o que, como Secretario DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,