ACTA 12/01

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 8 DE NOVEMBRO DE 2001.

ORDE DO DÍA:

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA ANTERIOR.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE

DETALLE

EN AVDA. MENDEZ NUÑEZ, NUM. 26

4.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE

DETALLE EN CANEXA NÚM. 4

5.-ADOPCIÓN DE ACORDOS S/ EXPROPIACIÓN TERREOS

SANEAMENTO.

6.-ADOPCIÓN DE ACORDOS S/ DECLARACIÓN DE FILLO

ADOPTIVO A D.

DONATO BERNARDEZ SOTELO.

7.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN

TRANSFERENCIA

DE CRÉDITO

8.-DAR CONTA DO AVANCE TRABALLOS REDACCIÓN DO

PXOU DE MOAÑA.

9.-MOCION DO BNG S/ REDE RECOLLIDA AUGAS PLUVIAIS.

10.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ CONSENSO SERVICIOS

COMARCALES.

11.-MOCIÓN DE EdeG-Os Verdes S/ CREACIÓN OPERARIO

MANTEMENTO COLEXIOS.

12.-MOCIÓN DO BNG S/ RECUPERACIÓN DO LITORAL DA

XUNQUEIRA E MEIRA.

13.-MOCIÓN DO PSG-PSOE, S/ LIQUIDACIÓN DEBEDAS

SENTENCIAS XUDICIAIS.

14.-ROGOS E PREGUNTAS.

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Javier Abal Juncal

D. José Manuel Cordeiro Portela

D. Alberto Curràs Piñeiro

Dª Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

Dª María Martín Alonso.

Dª. Carmen Sotelo Pena

Dª. Carmen Entenza Dominguez.

D. Osbaldo Martinez Couso

D. Jose Luis Leite Fraga

D. Julio Martínez Rodriguez

D.Xosé Manuel Millán Otero.

  1. D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D.Sergio Regueira Gomez.

Dª Isabel Lorenzo Martinez.

  1. José E. Santos Leites.

Secretario Acc. D. Jose Rodriguez Veloso

Na casa do Concello de Moaña, ó 8 de novembro de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

No punto 5 ausentase o Sr. Rosendo Moreira.

No punto 11 e a partir das 21,10 ausentase o Sr. Currás Piñeiro por accidente dun familiar.

No punto 13 ausentase o Sr. Regueira por ser parte implicada.

A partir do punto 13 ausentase o Sr. Leite Fraga

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA ANTERIOR.

Dáse conta do borrador da Acta 11/2001 de 27 de setembro,

Interven o concellerio Julio Martinez Rodriguez dicindo que non vai aprobar esta acta toda vez que non se recollen as intenvencións importantes e esto ven sendo reiterativo.

A Corporación en votación ordinaria con 15 votos a favor (Barreiro Tenorio,Currás Piñeiro,Cordeiro Portela, Abal Juncal, Gonzalez Gonzalez,Martin Alonso,Costas Gayo, Sotelo Pena,Entenza Dominguez, Martinez couso, do P.P.) ( Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira Gomez, Lorenzo Martinez, do B.N.G) , ( Santos Leites do EdeG-Os Verdes), e dous votos en contra ( Rodriguez Martinez, Leite Fraga, do P.S.G-P.S.O.E), acorda aprobar a referida acta sin cambeo algún.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

A Corporación dáse por enterada

3.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN AVDA. MENDEZ NUÑEZ, NUM. 26

O concelleiro delegado de urbanismo, da conta a Corporación Local do trámite seguido en expediente para a aprobación definitiva do Estudio de Detalle na Avda. Mendez Nuñez, 26. Seguidamente dá conta do informe emitido polo Secretario Xeral do Concello que di:

"En cumprimento do disposto polo Sr. Alcalde e conforme determina ó artículo 54 do Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril emítese informe en base e fundamento os seguintes,

ANTECEDENTES:

  1. Tratase de Estudio de Detalle promovido por D. Jose Jesús Rodriguez Nuñez, que actúa en representación de Aréa Viva do Morrazo S.L, cuia aprobación inicial realizouse ó día 2 de agosto de 2001.
  2. Dito acordo informouse públicamente mediante inserción de Edictos no D.O.G.A número 163 de 28 de agosto de 2001 e B.O.P número 168 de 31 de agosto de 2001, non habendo formulado reclamación algunha durante ó periódo de información.
  3. En base en canto antecede esta secretaría emíte ó seguinte.

    INFORME:

    PRIMERO.- Polos antecedentes obrantes no expediente, non existe inconvinte algún en que polo Pleno da Corporación procédase a aprobación definitiva.

    SEGUNDO.- O acordo da aprobación definitiva deberá publicarse no D.O.G.A e B.O.P, conforme determina a Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.

    E canto debo informar no obstante ó Pleno decidirá.

    Moaña, 26 de outubro de 2001.

    O SECRETARIO.

    ASDO: FELIPE FERMOSO VALDÉS."

    Igualmente dá conta do informe emitido pola Comisión Informativa de Urbanismo, que di:

    "URBANISMO 6 DE NOVEMBRO DE 2001.

    ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN AVDA. MENDEZ NUÑEZ, NUM. 26.

    PROPOSTA:

    O delegado dá conta a comisión, do Estudio de Detalle promovido por D. José Jesús Rodriguez Nuñez, que actua en representación de Area Viva do Morrazo, S.L., para que polo Pleno do Concello, se proceda a aprobación definitiva do citado Estudio de Detalle na Avda. Mendez Nuñez, 26.

    A Comisión dase por enterada.

    Moaña, 6 de novembro de 2001.

    O DELEGADO,"

    O Pleno da Corporación en votación ordinaria e por uanimidade dos membros asistentes acorda aprobar definitivamente o estudio de detalle en Avda. Mendez Nuñez, num. 26, a nome de Aréa Viva do Morrazo S.L e proceder a sua publicación no DOGA e BOP.

    4.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE EN CANEXA NÚM. 4

    O Concelleiro delegado de urbanismo, da conta a Corporación Local do trámite seguido en expediente para a aprobación definitiva do Estudio de Detalle na Canexa, 4. Seguidamente dá conta do informe emitido polo Secretario Xeral do Concello que di:

    "ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA DE ESTUDIO DE DETALLE

    En cumprimento do disposto polo Sr. Alcalde e conforme determina ó artículo 54 do Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril emítese informe en base e fundamento os seguintes,

    ANTECEDENTES:

  4. Tratase de Estudio de Detalle promovido por D. Jesús Costa García e Sira Chapela Currás, cuia aprobación inicial realizouse ó día 2 de agosto de 2001.
  5. Dito acordo informouse públicamente mediante inserción de Edictos no D.O.G.A número 163 de 28 de agosto de 2001 e B.O.P número 168 de 31 de agosto de 2001, non habendo formulado reclamación algunha durante ó periódo de información.

En base en canto antecede esta secretaría emíte ó seguinte.

INFORME:

PRIMERO.- Polos antecedentes obrantes no expediente, non existe inconvinte algún en que polo Pleno da Corporación procédase a aprobación definitiva.

SEGUNDO.- O acordo da aprobación definitiva deberá publicarse no D.O.G.A e B.O.P, conforme determina a Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.

E canto debo informar no obstante ó Pleno decidirá.

Moaña, 26 de outubro de 2001.

O SECRETARIO.

ASDO: FELIPE FERMOSO VALDÉS."

Igualmente dase conta do informe emitido pola Comisión Informativa de Urbanismo, que di:

"URBANISMO 6 DE NOVEMBRO DE 2001.

ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, ESTUDIO DETALLE EN CANEXA, 4.

PROPOSTA:

O Delegado dá conta a comision do Estudio de Detalle promovido por D. Jesús Costa Garcia e Sira Chapela Currás, para que polo pleno do Concello, se proceda a aprobación definitiva do citado Estudio de Detalle na rúa Canexa, 4 de Moaña.

A Comisión dase por enterada.

Moaña, 6 de novembro de 2001.

O DELEGADO,"

O Pleno da Corporación en votación ordinaria e por uanimidade dos membros asistentes acorda aprobar definitivamente o O Pleno da Corporación en votación ordinaria e por uanimidade dos membros asistentes acorda aprobar definitivamente o estudio de detalle na Canexa, 4,promovido por D. Jesús Costa García e Sira Chapela Currás e proceder a sua publicación no DOGA e BOP.

5.-ADOPCIÓN DE ACORDOS S/ EXPROPIACIÓN TERREOS SANEAMENTO.

Ausentase neste punto o concelleiro Sr. Moreira Piñeiro, por ser familiar

A Alcaldia informa que con data 31/10/01 viuse obligado a adoptar a seguinte

RESOLUCIÓN:

Ante a xestións infructuosas levadas a cabo por esta Alcaldia diante de D. LUIS SOLLA RIOS, propietario da finca ubicada na Botiga, lugar de Verdeal-Domaio, finca pola que a de discurrir a rede xeral da EDAR; negándose sistematicamente a negociación co Concello para establecer unha servidume de paso mediante instalación de tuberia de saneamento.

Dispoño;

Primeiro.- Que polos servicios técnicos municipais redactese memoria con datos necesarios da finca en custión asi como planificación da mesma.

Segundo.- Que polo Secretario Xeral do Concello emítase informe sobre os pasos a seguir no expediente de expropiación de terreos necesarios sobre dita finca.

Moaña, 31 de outubro do 2.001

O ALCALDE DIANTE DE MIN

O SECRETARIO

En consecuencia o Secretario redactou seguinte

INFORME

ASUNTO: EXPROPIACION DE TERREOS

En cumplimento do disposto polo Sr. Alcalde en Decreto do dia de hoxe emitese informe en base os seguintes,

ANTECEDENTES:

Primeiro.- O Concello de Moaña en sesión celebradas polo Pleno da Corporación ten aprobado proxecto técnico da obra denominada EDAR, asi como modificado e separata deste modificado con un presuposto superior os dous mil millóns de pesetas e para a execución da obra consta a cesión de terreos para servidume de paso por fincas de veciños e Entidades afectadas, excepto a de D. Luis Solla Rios en finca "Botiga" ubicada no lugar de Verdeal de Domaio.

Segundo.- A obra xeral adxudicouna a COTOP a Empresa Espina e Delfin, atopandose executada practicamente na sua totalidade, excepto no tramo que comprende o terreo de D. Luis Solla Rios, que se nega a ceder terreos necesarios para establecer a servidume de paso.

Procede a expropiación forzosa do solo en tramo da finca propiedade de D. Luis Solla Rios e en su virtude o Secretario Xeral do Concello, señala a lexislación aplicable e trámites a seguir no presente

INFORME:

1.- Lexislación aplicable: Ven determiñada nos articulos 90, 92 e 94 do R.D.L. 781/86 de 18 de abril; artículo 10 da Lei de Expropiación Forzosa de 16 de decembro do 1.954 e artículos 10 e seguintes dos R.E.F. de 26 de abril de 1.957 e si hubera lugar a elo os artículos 52 e 56 da Ley e o seu Regulamento respectivamente.

2.- A referenciada obra de non atoparse declarada de utilidade pública deberá acordalo a Corporación asi como a necesidade de ocupación. A finca a expropiar en unha superficie de 27 m/2 terase en conta os efectos do articulo 94 do T.R.R.L. e 10 da L.E.F. asi como os datos que se reflexan na memoria do técnico municipal.

3.- A expropiación forzosa para a adquisición de solo que non se obteña mediante aproveitamentos, siguese o procedemento establecido na L.E.F. e T.R.R.L. en cuanto a valoración e xustiprecio. A tal efecto formulará a relación de propietarios con descroipción dos bens e dereitos afectados conforme determiña a L.E.F. sometendo a información pública por térmo de quince días os efectos e coas consecuencias do artículo 17 da Ley.

4.- Transcurrido o trámite de información pública e previo análisis de reclamacións presentadas o Concello aprobará a relación a expropiar, cuio trámite e o que leva a determiñar o xustiprecio, pago e toma de posesión.

5.- O artículo 52 da L.E.F., preve a urxente ocupación para levar a efecto a mesma, esta debe de ser motivada suficientemente e contra a mesma non cave recurso algun, conforme o dispón o artículo 56 do R.E.F.

6.- De seguir este trámite entenderase cumplida a declaración de necesidade de ocupacuión de bens que foran expropiados, evitando outros trámites para a ocupación da finca a expropiar.

E canto debo informar no obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 31 de Outubro do 2.001

Asimesmo dase conta da memoria do técnico municipal na que detalla a obra a realizar e a motivación de ter que proceder a expropiación asi como indica:

Superficie a expropiar: 27 m/2

Características das instalacións: Tuberia de PVC de 315 mm. de diámetro e 1 pozo de resalto situado no extremo Oeste da finca, con tapa de fundición.

Clasificación Urbanística: Ordenanza 2

Valoración do terreo a expropiar: 27 m2x5.000 ptas= 135.000 ptas.

Intervencións:

Sergio: Estamos Dacordo coa expropiación, pois unha vez que o diálogo non surte efecto procede a expropiación. Esto debe ser unha tónica para casos similares, as cousas importantes non poden pararse pola negativa dun veciño.

Julio: Estamos a favor da expropiación sempre que se pague porque hai expropiados que tiveron que denunciar o Concello para intentar cobrar.

A Corporación por uninimidade dos membros asistentes acorda:

a) Declarar de utilidade pública e necesidade de ocupación a superficie afectada que consta no informe técnico.

b) Declarar de urxente ocupación ditos terreos.

c) Notificar o acordo a D. Luis Solla Rios

d) Requerir o mesmo para o acto de ocupación de terreos, levantando acta na sua presencia.

e) Continuar cos trámites aprevistos na Lei e Regulamento de Expropiación Forzosa

6.-ADOPCIÓN DE ACORDOS S/ DECLARACIÓN DE FILLO ADOTIVO A D. DONATO BERNARDEZ SOTELO.

Da conta a Alcaldia que a AAVV do Redondo solicitan da Corporación a adopción de acordo para nomear fillo adoptivo de Moaña e darlle o nome dunha rúa o párroco da D. Donato Bernardez Sotelo da igresa Nosa Sra. do Carmen en base os méritos, cualidades e circunstancias que nel concurren despois de desenpeñar o cargo de de párroco durante mais de cincuenta anos na parroquia Nosa Sra. do Carmen de Moaña. Indica asimesmo o Sr. Alcalde que se conta coa autorización do interesado.

A Corporación en votación ordinaria con 10 votos a favor (Barreiro Tenorio,Currás Piñeiro,Cordeiro Portela, Abal Juncal, Gonzalez Gonzalez,Martin Alonso,Costas Gayo, Sotelo Pena,Entenza Dominguez, Martinez couso, do P.P.) e sete abstencións ( Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira Gomez, Lorenzo Martinez, do B.N.G) , ( Santos Leites do EdeG-Os Verdes), ( Rodriguez Martinez, Leite Fraga, do P.S.G-P.S.O.E), acorda:

1.- Nomear fillo adoptivo de Moaña a D. DONATO BERNARDEZ SOTELO, párroco da parroquia de Nosa Sra. do Carmen.

2.- Darlle o seu nome a rua que vai dende a Praza do Emigrante ata a antiga taberna de Rouco.

3.- Continuar trámite co expediente incoado i en especial ter en conta o disposto no art. 190.1) do ROF, aprobado por Real Decreto 2568/86 do 28 de novembro.

7.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN TRANSFERENCIA DE CRÉDITO

Dase conta do DECRETO DA ALCALDIA: Modificación Orzamentaria núm. 7/2001, por transferencia de créditos.

Como consecuencia da non admisión por Urbaser da contratación de determiñados traballadores deste Concello, que viñan prestando os seus servicios na recolleita domiciliaria do lixo, o Concello de Moaña tivo que manter a contratación transitoria destes operarios, é, simultáneamente, deducir o coste dos salarios destes e da Seguridade Social da cantidade que o Concello tiña que aportar a Mancomunidade para a prestación do servicio mancomunado adxudicado a mencionada Cia. Urbaser.

O pago dos salarios e Seguridade Social dos traballadores estase a facer da correspondiente partida do Capitulo I, que ha de ser engrosada co importe da deducción da partida do Capítulo 4 de transferencias a Mancomunidade.

A necesidade de facer esta transferencia de partida é urxente, ante o agotamento da consignación inicial por mor do maior gasto.

En consecuencia, según o disposto no Art. 160 da Lei Reguladora de Facendas Locales, visto o informe do Interventor Municipal, RESOLVO:

Aprobar a modificación orzamentaria núm. 7/2001, por transferencia de créditos, según detalle:

ESTADO DE GASTOS

Das partidas

9110.463.00 Transferencia a Mancomunidade do Morrazo.. 15.318.172

Suman transferencias .................... 15.318.172

As partidas

5110.131.00 Retribucións personal laboral eventual ......... 15.318.172

Suma igual a anterior ................. 15.318.172

Desta Resolución deberá darse conta e ser ratificada polo Pleno da Corporación.

Moaña, a 3 de Octubre de 2001

O ALCALDE

INFORME DE INTERVENCION

Modificación Orzamentaria núm. 7/2001, por transferencias de crédito.

Examinado o expediente de referencia, entendo que se cumplen os requisitos dos Arts. 158 e 160 da Lei Reguladora das Facendas Locales, polo que informo favorablemente a modificación orzamentaria proposta pola Alcaldia que deberá ser aprobada e ratificada polo Pleno da Corporación.

Moaña, a 03 de Octubre de 2001

O INTERVENTOR

Intervencións: Sr. Leite PSOE: Vamos a votar a favor, pero debe seguir insistindolle a Mancomunidade para que a Empresa contrate a este persoal, si non cumple debe rescindirselle o contrato.

Sr. Leites: Esta é a única forma para colocar a Empresa no seu lugar.

A Corporación por unanimidade de todo-los asistentes acorda ratificar a Modificación Orzamentaria núm. 7/2001, por transferencia de créditos.

8.-DAR CONTA DO AVANCE TRABALLOS REDACCIÓN DO PXOU DE MOAÑA.

A Alcaldia informa que a Empresa adxuticataria do PGOU –Arteplan- presentou o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Moaña, procede expoñelo o público, durante un mes, a efectos de recibir suxerencias ó mesmo .

A corporación por unanimidade dos asistentes acorda:

1.-Informar publicamente o avance presentado á Corporación por término dun mes, mediante publicación de edicto no DOG e periodo de difusión da provincia, o obxeto de oir suxerencias.

2.- Dar traslado das que se presenten o equipo redactor ó obxeto de ter en conta as mesmas, se asi procedera.

9.-MOCION DO BNG S/ REDE RECOLLIDA AUGAS PLUVIAIS.

9.-MOCIÓN DO BNG S/ REDE RECOLLIDA AUGAS PLUVIAIS

Dá lectura a moción o Sr. Regueira, que di:

"MOCIÓN DO BNG SOBRE REDE DE RECOLLIDA DE AUGAS PLUVIAIS

As deficiencias existentes nas redes de saneamento e pluviais do municipio fai practicamente imposible poder establecer un sistema separativo das mesmas, polo que o caudal de auga que se acumulará unha vez entre en funciomaneto da depuradora, fará imposible que as estacións de bombeo e posterior depuración sexa eficaz ao cen por cento. Isto provocará que os aliviadeiros de tormenta estean mandando as augas en depurar directamente á ría, reducindo considerablemente a eficacia e función do saneamento integral.

Do mesmo xeito, ou se cabe cunhas repercusións máis graves, a entrada directa dos vertidos de fábricas, talleres e industrias, onde se xeneran ou manipulan graxas, impedirá que a estación depuradora realice o ciclo axeitado que permita a saída final das augas nunhas condicións idóneas de non contaminación. É necesario, pois, adoptar as medidas técnicas e legais adecuadas para que a posta en funcionamento da EDAR sexa unha garantía para as augas que finalmente saian á ría. É polo que solicitamos a adopción dos seguintes

ACORDOS:

a)Dar comezo aos estudios técnicos necesarios así como á confección dos proxectos pertinentes para a instalación dunha rede individual das augas pluviais.

b)Establecer os mecanismos adecuados e realizar as obras necesarias, para que as augas dos regatos, fontes, afloramentos, así como os mananciais dos baixos e sotos das edificacións, sexan conducidos fóra da rede de saneamento.

c)Establecer e facer cumprir a fábricas, talleres e industrias en xeral as Ordenanzas e Normativas sobre vertidos á rede municipal de saneamento.

Moaña, 9 de outubro de 2001.

Serxio Regueira Gómez

(Concelleiro do BNG)"

INTERVENCIÓNS:

Alcalde: Parecenos moi ben, extraordinario, pero tiña que haberse feito esta proposta fai tres anos.

Estou disposto a que os técnicos fagan o oportuno estudio co correspondente importe, pero sigo decindo que é tarde e debe estudiarse con profundidade este tema, propoño sexa retirada a moción.

Regueira: E un problema que está ahi e debe ser tratado, seguramente non pode facerse nun ano pero hai que escomenzalo.

Millán: A responsabilidade non é desta Corporación nin das anteriores senón da Xunta. Non fixeron os estudios precisos nin se deron conta que as augas residuais saturan as depuradoras, non vamos a retirar a moción, debe enviarse a Conselleria para que teñan en conta a nosa peocupación e sexa estudiadas redes separativas.

Leites: Non é custión de cartos pois non vai a ser con cargo os fondos municipais pero hai un problema e debe abordarse. A moción é un primeiro paso.

Leite: A moción vai dirixida a Xunta, o grupo de goberno non se lle pode votar culpa algunha pois ate agora non fixeron obra algunha.

A corporación con 10 votos en contra (Barreiro Tenorio,Currás Piñeiro,Cordeiro Portela, Abal Juncal, Gonzalez Gonzalez,Martin Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena,Entenza Dominguez, Martinez Couso, do P.P.), e 7 a favor ( Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira Gomez, Lorenzo Martinez, do B.N.G) , ( Santos Leites do EdeG-Os Verdes), ( Rodriguez Martinez, Leite Fraga, do P.S.G-P.S.O.E), acorda rechazar a moción.

10.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ CONSENSO SERVICIOS COMARCALES.

Dase conta da moción, que literalmente dí:

Jose Luis Leite Fraga, en calidade de portavoz do Grupo Municipal do PSG-PSOE no Concello de Moaña presenta a consideraciòn do Pleno a seguinte,

MOCIÒN

Exposiciòn de motivos:

Nos ùltimos anos Cangas estase convertindo na capital administrativa e de servicios da comarca do Morrazo, onde se estan a localizar a maior parte das inversións e dotacións: Xulgados, Inem, Oral , Rexistro da propiedade, Especialidades mèdicas, Sede da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal, etc. Nos guste ou non èste è o modelo de vertebraciòn que se està a configurar na comarca. Polo tanto cada dìa carece màis de sentido mostrar unha actitude de competitividade entre os concellos do Morrazo respecto à localizaciòn destes servicios. Os socialistas moañeses propoñèmonos facer unha nova lectura desta realidade e vamos apostar por un novo modelo de desenvolvemento comarcal que tenda hacia a complementariedade a travès da creaciòn de novos servicios que necesariamente deberàn ubicarse en outras localizaciòns alternativas ao concello de Cangas para facilitar unha vertebraciòn màis equitativa da comarca. Deste xeito unha vez asentados os servicios administrativos e de servicios no concello de Cangas, os outros concellos deberian albergar outro tipo de novos servicios distintos dos administrativos. Dende èsta optica os socialistas creemos que o concello de Moaña poderìa apostar por localizar os servicios comarcales de tipo social, asistencial, sanitarios ou deportivo, estàmonos a referir a un hospital comarcal de media estancia, a unha residencia pùblica da terceira edade ou a unha piscina mancomunada. Non se pode esquecer que as novas vìas de comunicaciòn van a tender contribuir acortar as distancias entre os concellos, e a abrir a posibilidades de novas zonas optimamente situadas con criterios distintos à propia centralidade espacial da comarca.

Por tòdolo anteriormente exposto, propoño ò Pleno a adopciòn do seguinte,

ACORDO:

Que o Concello de Moaña a travès da figura do alcalde aproveite a pròxima presidencia da Mancomunidade do Morrazo para iniciar os contactos cos outros alcaldes asì como coa Xunta de Galicia para consensuar a localizaciòn en Moaña de servicios comarcales de tipo social, asistencial, sanitarios ou deportivo, tales como un hospital comarcal de media estancia, unha residencia pùblica da terceira edade ou a unha piscina mancomunada ou outros, utilizando incluso si fose necesario o argumento referido as necesarias contraprestaciòns en materia de inversiòns a recibir polo concello de Moaña como concello màis afectado e en principio menos beneficiado polo trazado da Vìa de Alta Capacidade do Morrazo.

A Corporación con 10 votos en contra (Barreiro Tenorio,Currás Piñeiro,Cordeiro Portela, Abal Juncal, Gonzalez Gonzalez,Martin Alonso,Costas Gayo, Sotelo Pena,Entenza Dominguez, Martinez Couso, do P.P.) e sete a favor( Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira Gomez, Lorenzo Martinez, do B.N.G) , ( Santos Leites do EdeG-Os Verdes), ( Rodriguez Martinez, Leite Fraga, do P.S.G-P.S.O.E) acorda rechazar a moción.

 

11.- MOCIÓN DE E de G-OV S/ CREACIÓN OPERARIO MANTENEMENTO COLEXIOS.-

O comenzo deste punto e sendo as 21,10 horas ausentase Alberto Curras ( accidente dun familiar)

Dase lectura da moción polo Sr. Leites

"Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia, no uso do meu dereito, formulo para o seu debate polo Pleno da Corporación a seguinte

MOCIÓN:

O concello de Moaña , ten competencias e responsabilidades nunha ampla rede de centros educativos. Fundamentalmente no tema do que se ocupa esta moción – o mantemento dos centros- estas competencias afectan os centros de primaria e infantil, pois no caso dos dous institutos de secundaria, éstes teñen presupostos propios para tales traballos. Case todos estes centros, salvo os de educación infantil de construcción máis recente, teñen unha antigüidade que nalgúns casos supera os vintecinco anos, co cal as avarías e problemas debidos a falta de mantemento axeitado sucédense a miúdo: teitos que filtran augas, instalacións de auga que desprenden óxido, azulexos e baños en precarias condicións, falta de alumeado, peches en mal estado....o cal provoca en moitas ocasións o malestar do conxunto da comunidade educativa polas condicións en que os rapaces están recibindo educación, e polo abandono do ensino público, pois as condicións en que este se imparte tamén ten moito que ver coa calidade.

Esta situación de falta de mantemento prodúcese porque pese a que a concellería de ensino debera ser unha das prioritarias na atención de calquer goberno tendo en conta a quen vai dirixida, segue a ser a "parente pobre" da acción de goberno. Si repasamos a estructura do organigrama municipal darémonos conta que ensino é a única área que non ten persoal propio adscrito, dependendo para os traballos nos colexios do persoal do departamento de servicios. Éste a súa vez é normalmente un departamento desbordado e con necesidades propias de persoal e con outras prioridades que non son as da educación. Isto fai imposible que se poida facer unha planificación propia de intervención nas escolas dende a concellería de ensino, e provoca que as deficiencias se vaian acumulando ata que a situación é insostible. Creemos dende EdeG que o único xeito de atallar esta espiral, é a contratación de persoal especializado en mantemento para traballar nos colexios permanentemente, non é un luxo senón unha necesidade, a de dignificar a educación pública. Por estas razóns expostas demandamos do Pleno a adopción do seguinte

ACORDO:

Incluír nos orzamentos municipais do ano 2002 partida suficiente para a creación e dotación da praza de operario de mantemento coa finalidade de adscribilo a concellería de ensino e con destino nos colexios.

Moaña a 1 de Novembro de 2001

Asdo. Euloxio Santos Leites.

Concelleiro EdeG-OV"

Sr. Alcalde: Pretender que cada servicio teña adscrito os seus operarios é non estar cos pes na terra.

O Departamento de Servicios encargase de todo-los traballos que vaian surxindo e entre eles os dos centros escolares.

Os centros non necesitan un operario senon moitos, para eso está a brigadas de obras.

Non se poden traer o pleno mocións sin fundamento.

Leites: desexaria que opinara a Delegada de Enseñanza

Posteriormente o Sr. Leites lle pediou a palabra o Sr. Alcalde e este non lla concedeu indicandolle que xa leu a moción e fixo as oportunas puntualizacións, procede pasar a votación:

A Corporación con

9 votos en contra (Barreiro Tenorio,Cordeiro Portela, Abal Juncal, Gonzalez Gonzalez,Martin Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena,Entenza Dominguez, Martinez Couso, do P.P.), e sete a favor ( Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira Gomez, Lorenzo Martinez, do B.N.G) , ( Santos Leites do EdeG-Os Verdes), ( Rodriguez Martinez, Leite Fraga, do P.S.G-P.S.O.E), acorda rechazar a moción.

12.-MOCIÓN DO BNG S/RECUPERACIÓN DO LITORAL DA XUNQUEIRA E MEIRA.

Fai una previa explicación da moción o Sr. Millan e a continuación da leitura da mesma:

"MOCIÓN DO BNG SOBRE RECUPERACIÓN DO LITORAL DA XUNQUEIRA E MEIRA

A comezos deste ano 2001 o alcalde de Moaña anunciou aos medios de comunicación que as súas xestións diante do Departamento de Costas do Estado do Ministerio de Medioambiente tiveran como resultado, entre outros, a aprobación dun presuposto de 500 millóns de ptas. para a execución do proxecto de recuperación da franxa litoral de Moaña entre a praia da Xunqueira e o río de Meira, incluíndo a restauración da Illa de Sanmertolomeu.

Sen embargo, o proxecto de Lei de Presupostos para o ano 2002 que nestes momentos está en trámite parlamentario non recolle en ningunha das súas partidas este investimento, retrasando de novo a posta en marcha dunhas obras acordadas xa en 1996 e que son vitais tanto para a rexeneración da nosa costa como para dotar a Moaña de zonas verdes e espacios de ocio.

Fai una previa explicación da moción o Sr. Millan e a continuación da leitura da mesma:

Ao entender do BNG, a falta de solución ao traslado do Campo de Fútbol Municipal non pode ser obstáculo para aprobar e dotar economicamente un proxecto que afecta a case dous kilómetros de litoral, que por forza deberá executarse en varios exercicios e polo tanto é susceptible de abordarse en distintas fases. Nada impide neste momento, habendo como hai un consenso total entre os distintos grupos políticos da Corporación sobre a necesidade da actuación, que se proceda á redacción do proxecto e á consignación plurianual das cantidades suficientes para levalo a cabo, así como para iniciar a curto prazo as obras na ampla franxa de costa en que non existe ningún impedimento.

Coa intención de que este proxecto non sufra un novo retraso, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno a adopción dos seguintes

ACORDOS:

a)Dirixirse ao Ministerio de Medioambiente para manifestar a disconformidade da Corporación de Moaña pola exclusión do Proxecto de Recuperación do Litoral entre a Xunqueira e o río de Meira dos Presupostos Xerais do Estado para o 2002, solicitando a súa enmenda durante o trámite parlamentario e a consignación con carácter plurianual da cantidade de 500 millóns de ptas. acordada entre o alcalde de Moaña e o Director Xeral de Costas do Estado.

b)Solicitar a inmediata redacción do Proxecto de Execución destas obras, tomando como base o anteproxecto elaborado en 1996 coas adaptacións necesarias para incluír a recuperación da Illa de Sanmertolomeu.

c)Trasladar copia do presente acordo a todos os grupos políticos galegos con representación no Parlamento Español para a súa defensa como enmenda no trámite de aprobación de presupostos.

Moaña, 5 de novembro de 2001.Asdo. Xosé M. Millán Otero

(Portavoz municipal)"

INTERVENCIÓNS:

Sr. Alcalde: Creo que vostedes alegrarianse moito de que non fóramos capaces de lebar a cabo este proxecto pero non vamos a darlles esa alegria pois, para o próximo exercicio vai a ser incluida no pesuposto do Estado suficiente partida para esta obra.

Sr. Millán: No presuposto de inversións do Estado non aparece partida algunha para este fin

A Corporación con

9 votos en contra (Barreiro Tenorio,Cordeiro Portela, Abal Juncal, Gonzalez Gonzalez,Martin Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena,Entenza Dominguez, Martinez Couso, do P.P.), e sete a favor ( Millán Otero, Moreira Piñeiro, Regueira Gomez, Lorenzo Martinez, do B.N.G) , ( Santos Leites do EdeG-Os Verdes), ( Rodriguez Martinez, Leite Fraga, do P.S.G-P.S.O.E), acorda rechazar a moción.

 

13.- MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ LIQUIDACIÓN DEBEDAS SENTENCIAS.-

Ausentase Sr. Sergio Regueira, por ser parte implicada neste asunto.

Julio: Fai unha exposición da moción.

Seguidamente o Sr. Alcalde concedelle a palabra a Maria Belamar e outros interesados asistentes a sesión, por habela solicitado previamente por escrito, en tempo e forma.

A continuación

Sr. Alcalde: Todos somos reens do noso pasado. Que esta proposta a fixera alguén que non tivera algo que ver coas Corporación pasadas pero que a faga un grupo que estivo gobernando 8 anos e compartindo o goberno outros 4 non ten explicación.

Aqui debense mais de trescentos millóns de sentencias e todas moi atrasadas e vostedes que fixeron até agora, nos non temos unha vara máxica.

Estos veciños xa foron recibidos pola Alcaldia e se lles explicou a situación económica do Concello.

Temos unha partida con unha consiñación de 57 millóns para estes fins pero todavia non atopamos unha Entidade Crediticia que nos concedera o correspondente crédito.

Non fixemos os pagos desta e doutras sentencias porque non hai cartos.

Estamos dacordo coa primeira parte da moción pero non coa segunda.

Leite: deben executar o presuposto. Hai un acordo plenario para pagarlle os veciños de Domaio.

Millán: Vostedes fiseronse cargo do Concello a partir do ano 99. Deben sentarse cos estes veciños e ver a forma de poderlles pagar.

Alcalde: En dous anos non podemos pagar toda a mala xestión que fixeron vostedes en vinte anos.

Estamos facendo todo o posible por xestionar un crédito para poder facerlles frente a estas deudas.

Votación:

Primeiro punto da moción: Por unanimidade

Segundo punto: A Corporación con 9 votos en contra (Barreiro Tenorio, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Gonzalez Gonzalez,Martin Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena,Entenza Dominguez, Martinez Couso, do P.P.), e 7 a favor ( Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martinez, do B.N.G) ,

( Santos Leites do EdeG-Os Verdes), ( Rodriguez Martinez, Leite Fraga, do P.S.G-P.S.O.E), acorda rechazar este punto.

Ausentase Sr. Leite e reincorporase Sr. Sergio

14.-ROGOS E PREGUNTAS.

O Sr. Martinez Rodriguez, fai o rogo de que lle sexa enviado o Tribunal de Xusticia de Galicia a documentación interesada no escrito que adxunta, recurso número 02/0005641/1998 T (CPTO).

O Sr. Leites fai as preguntas seguintes:

FESTA DOS XUBILADOS.- Según noticias de prensa, o pasado día 20 de Outubro –xornada de reflexión das pasadas eleccións autonómicas- o Alcalde organizou unha festa de homenaxe os maiores, nunha clara manobra de filibusterismo electoral. Dita festa o parecer realizouse no centro dos mayores de Moaña. O certo é que a organización de dito acto non pasou por ningunha comisión municipal, é o que é máis grave, ningún responsable dos grupos da oposición fomos invitados a tal acto, nunha proba máis do carácter partidista e electoral do mesmo. Por esta razón pregunto:

a.- ¿O acto de homenaxe os mayores foi organizado polo PP ou polo Concello de Moaña?

b.- Si foi organizado polo concello, ¿Por qué non se invitou os concelleiros dos demáis grupos políticos?

c.- ¿Quén vai a pagar a factura de dito acto:O PP ou o concello?

CASA DE CULTURA DE VERDUCEDO PIÑEIRO

1ª.- Dende fai varias semáns, na casa de cultura de Verducedo-Piñeiro un dos locais aparece pechado impedindo o seu uso os veciños, sin que o parecer ningún responsable municipal sepa quen pechou tal departamento nin donde está a chave, e o que é máis grave, non se tomou ningunha medida para rematar tal estado de cousas, consentindo o que parece ser un uso privado dun ben público.Por esta razón se plantexan as seguintes preguntas:

a.- ¿É o Sr. Alcalde consciente destes feitos?

b.- ¿Qué medidas pensa tomar para restaurar o uso público destas dependencias?

.- Despois da inauguración da casa de cultura de Verducedo , fai xa varios meses, nesta desenvólvese unha actividade importante, tanto por parte das asociacións veciñais como dos grupos culturais do barrio. Esta actividade xenera a inevitable suciedade, polo cal se fai necesario a limpeza periódica de dito local público. Sin embargo, este é o único centro cultural público do concello que non conta con limpeza a cargo do persoal municipal, tendo que facelo os veciños. Por esta razón pregunto:

a.- ¿Cál é a razón para que o concello non asuma a limpeza dunha propiedade municipal?

b.- ¿Pensan manter esta situación de discriminación?

.- Dende fai varios anos- dende antes da súa restauración- os gastos de subministro de luz eléctrica da casa de cultura de Verducedo, páganos de xeito incomprensible a Asociación de veciños de Verducedo-Piñeiro, pese a que dita casa é un ben municipal e son máis os grupos veciñais e culturais que a utilizan. Para agravar a situación, nesta última lexislatura, a dita asociación ainda non se lles reembolsou nin unha peseta dos gastos ocasionados por este concepto. Por esta razón pregunto:

a.- ¿Ata cándo ten pensado manter esta atípica situación, polo cal unha asociación financia os gastos dun edificio público?

b ¿Ten pensado iniciar os trámites para poñer o subministro eléctrico a nome do concello como sería o normal?

O Sr. Alcalde indica que se lle contestará por escrito.

O Sr. Sergio Regueira, pregunta que se está atrasando en demasia o trámite da legalización do colector do saneamento en Meira, polo que desexamos coñecer ¿En que situación está o trámite do saneamento?,

Xa son demasiados os aprazamentos da posta en funcionamento da EDAR, a tal efecto facemos a seguinte pregunta ¿En que datas está previsto que entre en funcionamento a EDAR?

O Sr. Alcalde indica que se lle contestará por escrito.

E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 22:15 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO

 

.