ACTA 10/2000
SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO, REALIZADA O DÍA 27 DE XULLO DE 2000.
ORDE DO DÍA:
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, BORRADOR ACTA 9/2000.
2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
3.- APROBACIÓN, SE É O CASO, SOBRE ADXUDICACIÓN PARCELA PROTECCIÓN OFICIAL.
4.- APROBACIÓN, SE É O CASO, SOBRE REVOCACIÓN ACORDO XESTIÓN CATASTRAL.
5.- APROBACIÓN, SE É O CASO, CONVENIO XESTIÓN CATASTRAL.
6.-APROBACIÓN, SE É O CASO, DO PROXECTO BÁSICO AMPLIACIÓN CIMITERIO.
7.- APROBACIÓN, SE É O CASO, DE SOLICITUD DE SUBVENCIÓN Ó IGVS.
8.- PROPOSTA DO GRUPO DE GOBERNO SOBRE A DEFENSA DO PEQUENO COMERCIO.
9.-MOCIÓN DO BNG SOBRE LIBERALIZACIÓN HORARIOS COMERCIAIS.
10.- MOCIÓN DE EdeG-Os Verdes SOBRE LIBERALIZACIÓN HORARIOS COMERCIAIS.
11.- MOCIÓN DO BNG SOBRE DEMANDAS EN MATERIA SANITARIA.
12.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE SINALIZACIÓN CAMIÑOS PÚBLICOS.
13.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE DESENVOLVEMENTOS URBANÍSTICO.
14.- ROGOS E PREGUNTAS.
ASISTENTES:
Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio.
CONCELLEIROS:
D. Alberto Currás Piñeiro.
D. José Manuel Cordeiro Portela.
D. Javier Abal Juncal.
Dna. Carmen Sotelo Pena.
D. José González González.
Dna. María Martín Alonso.
Dna. Carmen Entenza Domínguez.
D. Xosé Manuel Millán Otero.
D. Rosendo Moreira Piñeiro.
D. Alberto Miranda Cancelas.
D* Isabel Lorenzo Martínez.
D. Julio Martínez Rodríguez.
D. José Luis Leite Fraga.
D. José E. Santos Leites.
Secretara Acctal : D* Ana M* Costa Gándara.
Na casa do Concello de Moaña, o 27 de xullo de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, a secretaria accidental coa finalidade de realiza-lo Pleno ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.
A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.
INCIDENCIAS:
Non asistiron a concelleira D*. Maria C. Costas Gayo e D. Osbaldo Martínez Couso.
O concelleiro Sr. Leite Fraga, abandonou o salón de plenos ás 22:05.
A proposta do voceiro do Grupo Municipal do BNG, os puntos 8, 9 e 10 da Orde do día, acordouse realiza-la deliberación conxuntamente.
O alcalde concédelle a palabra o Sr. Xoan Cancelas Collazo, representante do Morrazo na Cámara de Comercio e a un membro Sr. Gil, da Asociación de Comercio de Cangas.
Ás 11:00 o alcalde suspende a sesión.
1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR:
Dáse conta do borrador da acta 9/2000, correspondente a realizada o día 29 de xuño do ano que andamos.
O Sr. Santos Leites, do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes- di que na súa Intervención do punto 3 da Orde do Día, paragrafo 3: figura ". Debe concebirse como gasto non como inversión .. " cando debe dicir :
". que debe concebirse como inversión de futuro e non como mero gasto."
No punto 7 da Orde do Día, na votación de acordo figura que se abstuvo, cando en realidade votou a favor, xa que na súa intervención xa adiantará que votaría a favor.
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acordou aproba-la acta sinalada coas rectificacións sinaladas.
2.- RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA:
Dáse conta das resolucións da Alcaldía dende a sesión ordinaria do día 26 de xuño ata o 26 de xullo de 2000.
O Sr. Santos Leites, manifesta que nunha sesión da Comisión Informativa de Persoal, solicitou o Delegado de Persoal, Sr. Currás Piñeiro, cales eran os criterios que se estaban utilizando para as contratacións de persoal : Brigada contra incendios, conductor para 6 meses, operario etc, este último nin figura na lista confeccionada polo Concello, o conductor ocupa o último posto na lista etc..
Respóstalle o Alcalde, que son competencia do alcalde e que na selección destas persoas búscase un perfil das persoas máis adecuadas para o traballo a desenrolar. Infórmalle que as listas aínda non están en vigor.
O Sr. Santos Leites, recórdalle o Sr. Alcalde que as resolucións teñen que estar motivadas e que si hai indicios de irregularidades a responsabilidade última e de quen as toma, remítese á Lei 7/85.
Solicita a dimisión do delegado de persoal por incumplimento de acordos plenarios.
O Sr. Millán Otero, voceiro do Grupo Municipal do BNG, pregunta ó alcalde en se basea para ter o Libro de Resolución escondido dende o mes de xuño.
O alcalde, respóstalle que faltou que houbera denuncias.
O Sr. Millán Otero, cal é o motivo de que o día 06.06.00 houbera 25 requirimentos de licencias de apertura de establecimento correspondente a zona do Real; posteriormente hai 6 resolución de clausura.
Respóstalle o Sr. Cordeiro Portela, que o Goberno municipal está realizando unha revisión de licencias de apertura que se empezou polo Real-Tirán na elaboración da lista; requiríndose para que legalizaran a súa situación.
Posteriormente hai aviso de clausura de algún local, que seguirá o seu trámite legal, motivado a que estas persoas non realizaron ningunha actuación. É unha cuestión de "xustiza tributaria".
A Corporación, quedou enterada.
3.- APROBACIÓN, SE É O CASO, SOBRE ADXUDICACIÓN PARCELA PROTECCIÓN OFICIAL.
O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta da Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 18.07.00 e que, transcrita, di:
"O delegado dá conta a comisión da Constitución da Mesa de Contratación para a apertura de plicas para a adxudicación mediante concurso dunha parcela pertenecente o Patrimonio Municipal, realizada o día 10 de xullo de 2000, e que transcrita di:
"CONSTITUCIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN
En Moaña a catorce de xullo de dous mil, reúnese a mesa de contratación constituida polos seguinte señores, D. Javier Abal Juncal, D. Alfonso Lage Pérez, D. José Manuel Carballo Moldes, D. Ramiro Paredes Molanes e actuando como Secretario D. Felipe Fermoso Valdés, o obxeto de propoñer ó organo contratante, neste caso o Pleno da Corporación á adxudicación previo concurso dun ben de carácter patrimonial que se pretende enaxenar.
Dáse lectura das actas realizadas os dias 6 e 10 dos corrientes, referidas a admisión de licitadores coa apertura dos sobres B) e C) e da apertura do sobre A) sobre condicións administrativas e técnicas e condicións económicas e técnicas respectivamente, foron admitidos os dous licitadores presentados.
Emitido o preceptivo informe polo equipo técnico donde se recolle de forma motivada unha clasificación das propostas presentadas de maior a menor que dá o seguinte resultado:
Sobre presentado pola empresa CORDEIRO S.L., cuio resultado é como segue:
Aportación proposta por D. José Cordeiro Nogueira, representante da empresa Coradeiro, S.L.
-Entregar en propiedade sen ningún coste, libre de cargas e gravámenes, impostos e demáis exaccions ó Concello de Moaña dun local situado na planta baixa do edificio con unha superficie construida de 612,03 m2., totalmente rematado e en perfectas condicións de uso e habitabilidade.
-1: soto con unha supeficie construida de 804, 42 m2., sin acondicionar.
Valoración da proposta de D. José Cordeiro Nogueira 101.650.000.-ptas.
Sobre presentado por D. José Luis Alvarez Souto, cuio resultado é como segue:
Aportación proposta por D. José Luis Alvarez Souto, representante da empresa PROMOCIONES SOUTO Y GONZÁLEZ, S.L.
-Local situado na parte baixa con frente a calle F) dunha superficie total de 660 m2., sin divisións interiores, lóbrigo e cerrado, exteriormente con ladrillo.
-Local dunha superficie total de 110 m2, situado na primeira planta con frente a calle de servicio e o porche totalmente rematado.
Valoración da proposta de D. José Luis Alvarez Souto 59.000.000.-ptas.
A vista da proposta realizada polo equipo técnico, a mesa de contratación conforme dispón o art. 14 do pliego de condicións, formula proposta de adxudicación ó Pleno da Corporación dunha parcela pertenecente ó patrimonio municipal, cuias carácterísticas constan no expediente de enaxenación a favor da empresa CORDEIRO, S.L., nas condicións técnicas e de valoración expresadas; por ser o mellor postor e axustarse a mesma o pliego de condicións técnico-económicas que servio de base para o concurso de enaxenación do referido ben.
Non sendo outro o asunto a tratar, dáse por finalizado o acto, firmando a presente os asistentes, como Secretario certifico."
Seguidamente o Delegado dá lectura do informe do Secretario, realizado o día 17 de xullo de 2000 e, que transcrito di:
"INFORME DE SECRETARÍA
ASUNTO: ADXUDICACIÓN POLOPLENO DO BEN PATRIMONIAL.
O Concelleiro-delegado de urbanismo, solicítame informe sobre o procedimento a seguir para a adxudicación dun ben patrimonial, previa celebración de concurso con procedimento aberto e en cumplimento do interesado, emítese informe en base os seguintes
A N T E C E D EN T E S:
1.-O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 11 de abril de 2000, cos informes emitidos polo Secretario Xeral, Asesor Xurídico, Interventor e Comisión Informativa, adopta o acordo de enaxenar unha parcela pertenecente o patrimonio municipal, resultante de cesión obligatoria do Plan Parcial O Rosal Sur. Igualmente aprobouse o plego de condicións e a licitación.
2.- Publicada a licitación presentan proposicions as empresas "Cordeiro, S.L," e "José Luis Alvarez Souto", as cales son admitidas pola mesa de contratación no trámite de apertura dos sobres B e C. Verificada a apertura do sobre A de "PROPOSICIÓNS TÉCNICAS e ECONÓMICAS", as mesmas quedan pendentes de información polo servicio de urbanismo.
3.- Constituida a mesa de contratación e emitido informe técnico sobre proposta técnica e económica, a mesma propón o pleno da Corporación a adxudicación do ben patrimonial a enaxenar mediante o presente concurso.
Por canto antecede, esta Secretaría Xeral emite o seguinte
I N F O R M E:
1.- No presente concurso deuse cumplimento o disposto no pliego de condicións administrativas técnicas e económicas que servio de base no concurso para a adxudicación do ben patrimonial enaxenado.
2.- Procede por tanto pola Comisión Informativa correspondente, a vista dos antecentes que obran en acta da mesa de contratación, propoña o Pleno da Corporación, organo competente a adxudicación definitva ó licitador que presente mellores condicións para os intereses do Concello.
É canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá."
A comisión acorda propoñerlle ó Pleno do Concello, adxudicar a empresa CORDEIRO, S.L o ben patrimonial descrito.
O BNG, PSOE e EdeG, unha vez estudiado o expediente, pronunciaranse no Pleno."
Moaña, 18 de xullo de 2000.
O SECRETARIO DE COMISIÓNS,
Tamén do informe da Intervención Municipal, realizado o día 26.07.00 e que, transcrito, di :
"De conformidade co interesado, esta Intervención informa:
Que a cantidade de 101.650.000 ptas, representa a porcentaxe do 12,259 % sobre os recursos por operacións correntes do presuposto do exercicio 2000."
INTERVENCIÓNS:
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que o seu grupo vai absterse, xa que en abril non participamos no debate de adopción acordos de enaxenación do ben patrimonial, prego de condición e licitación.
Perdeuse unha gran oportunidade de realizar vivendas de protección oficial para as familias máis necesitadas do Concello. Pódese dicir que a ganancia que vai obter o Concello a costa dos/as veciños/as de Moaña é unha "triste ganancia".
Dado que o informe da Intervención di que a cantidade de 101.650.000 ptas, representa 12,259 % sobre os recursos por operacións correntes do Presuposto do exercicio 2000, solicita informe de si é necesario pedir autorización previa á Xunta para enaxenar un ben patrimonial, xa que supera o 10 % dos recursos por operacións correntes e a lei di que o sobrepasar o 10 % require autorización da Xunta.
O Delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, di que o seu grupo comprométese a buscar terreos para facer vivendas sociais.
O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, di que o seu grupo sempre se opuxo á enaxenar o ben patrimonial, dado que podía destinarse á construcción de vivendas sociais.
Por outra banda di que é lamentable que estos baixos se destinen para pasar as oficinas de urbanismo e biblioteca.
Adianta que o seu grupo votará en contra.
Respóstalle o Sr. Abal Juncal que a proposta é clara e que parte do baixo será destinado para a Asociación de veciños/as do Redondo.
O voceiro do Grupo Municipal de EdeG- Os Verdes-, manifesta a disconformidade no referente o procedimento seguido na enaxenación da parcela, tendo en conta que na mesa de contratación non estive.
Fixa o posicionamento do seu grupo, dicindo que non estamos de acordo que o chan que lle corresponde o Concello se enaxene principio xeral é que debe de destinarse a outro tipo de cousa, - cede-lo I.G.V S para destinalo a construcción de vivenda sociais; Moaña é o unico dos Concellos que nunca se puxo un terreo para este fin.
Ten a convicción íntima que isto se fixo, non polos argumentos que expón o Concello de estar necesitado de locais sinon pola presión dos constructores implicados, dado que a construccións de vivendas sociais na "xoia da Corona" devaluaría a inversión que ali tiñan feito.
Adianta que o seu grupo vai absterse.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación en votación ordinaria e por oito votos a favor (Os/as dos/as Sres/as: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sra Sotelo Pena, Sra Martín Alonso, Sra Entenza Domínguez) 5 abstencións (Os Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas e Santos Leites) e 2 en contra (os Sres Leite Fraga e Martínez Rodríguez) acorda:
1:.- Aproba-la proposta transcrita, nos seus propios termos, na súa consecuencia enaxena-la parcela n: 19, situada no Plan Parcial "Rosal Sur" á empresa Cordeiro SL, segundo a proposta presentada de:
E de acordo co prego de condicións económico administrativa e técnicas que regulou a enaxenación mediante concurso dunha parcela pertenecente ó patrimonio municipal, aprobadas polo Pleno en sesión realizada o día 11 de abril de 2000.
2:.- Notifica-lo acordo á empresa Cordeiro SL, para que no prazo de quince días constituía fianza definitiva e ingrese ou preste aval bancario a favor do Concello que teña carácter executivo e con renuncia da entidade avalista a calesqueira beneficios e, expresamente, os de orde, división e exclusión de bens do avalado- o 50 % do valor da parcela segundo a valoración do técnico municipal da convocatoria, nun prazo non superior a 30 días presente a documentación seguinte:
Xustificante de haber ingresado depósito previo, taxa expedición licencia e imposto de construccións e outros impostos que graven as actividades deste concurso."
4.- APROBACIÓN, SE É O CASO, SOBRE REVOCACIÓN ACORDO XESTIÓN CATASTRAL.
O concelleiro-delegado de Facenda, Sr. Cordeiro Portela, expón da necesidade de actualización dos padróns municipais, que debido a elo fai dous meses adoptouse o pola vía de urxencia acordo de adherirse ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Secretaría do Estado de Facenda e a Deputación Provincial de Pontevedra, polos beneficios que aportaría ós intereses do concello.
Paralelamente adxudicaronse os traballos de asistencia técnica para estos traballos de actualización e mantenemento a empresa Longo Ansa y Asociados SL
Despois das xestións realizadas coa Xerencia Territorial do Catastro, chegouse a conclusión da conveniencia de que o Concello asine un Convenio directamente coa Xerencia Territorial e hai que asina-lo agora, co obxecto de actualizar estos datos antes do 31.12.00, para evita-la prescripción de algún recibos.
O Sr. Santos Leites, voceiro do Grupo Municipal EdeG-Os Verdes, di que o Sr. Delegado de Facenda ven utilizando os mesmos argumentos para xustificar este acordo de revocación ó igoal que o fixo para a adopción do acordo de adhesión o Convenio de colaboración da Deputación e a Secretaría do Estado de Facenda.
O seu grupo esta de acordo que é necesario contar cos recursos suficientes.
O Sr. Millán Otero, voceiro do Grupo Municipal do BNG, di que a veces indo amodo chégase antes. O delegado de Facenda non é capaz de darnos as contas do ano pasado.
Tamén di que no ano 97, coincidindo coa revisión do padrón de habitantes realizada pola empresa Otinca, fixose un revisión catastral.
O Sr. Leite Fraga, voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, di que os Gobernos anteriores fixeron o seu traballo e vostedes ainda non fixeron nada.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por 13 votos a favor (os dos Sres.: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Sotelo Pena, González González, Sra Martín Alonso e Entenza Domínguez, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Sra Lorenzo Martínez e Santos Leites) e 2 abstencións (os Sres: Martínez Rodríguez e Leite Fraga), acorda :
1:.- Revoca-lo acordo adoptado polo Pleno da Corporación o día 3 de maio do ano que andamos, en relación á adhesión ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Secretaría do Estado de Facenda e a Deputación Provincial de Pontevedra.
2:.- Comunica-lo acordo á Deputación Provincial e á Dirección Xeral do Catastro.
5.- APROBACIÓN, SE É O CASO, CONVENIO XESTIÓN CATASTRAL.
O delegado de Facenda, Sr. Cordeiro Portela, manifesta a necesidade de aproba-lo Convenio de Colaboración en materia de xestión catastral, a realizar directamente coa Xerencia Territorial do Catastro Delegación Provincial de Economía e Facenda de Pontevedra- co obxecto de actualiza-lo catastro e que no caso de non realizarse antes do 31 de decembro, o Concello deixaría de recadar entre 25 millóns de pesetas.
"Reunidos o de de dous mil.
Dunha parte, D. Delegado de Economía e Facenda de no exercicio das competencias que ten delegadas por resolución do 24 de setembro de 1998, da Secretaría de Estado de Facenda, pola que se delegan determinadas facultades nos delegados de Economía e Facenda (Boletín Oficial do Estado" núm.).
Doutra aparte D. Alcalde-Presidente do Concello de no uso das facultades que lle confire o artículo 21 da Ley 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (BOE número 80, do 3 de abril).
EXPÓN:
Primeiro.- A lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, no seu artigo 78.1 e disposicións adicionais cuarta, 2 establece que a formación, conservación, renovación e revisión do Catastro son competencia do Estado e se exercerán pola Direción Xeral do Catastro, directamente ou a través dos convenios de colaboración que se celebren coas entidades locais.
Pola súa parte, o Real Decreto 1884/1996, do 2 de agosto, polo que se desarrolla a estructura orgánica do Ministerio de Economía e Facenda establece que a Dirección Xeral do Catastro exercerá as funcións relativas á formación, conservación, revisión e demáis actuacións inherentes ós catastros inmobiliarios.
Segundo.- O Real Decreto 1390/1990, do 2 de novembro, sobre colaboración das Administracións Públicas en materia de xestión catastral e tributaria e inspección catastral, desarrolla, entre outras cuestións, a colaboración na xestión do Catastro entre a Administración do Estado e as entidades locais, fixando o marco ó que deben suxeitarse os convenios que, sobre esta materia, se suscriben, así como o réxime xurídico específico dos mesmos.
Terceiro.- O Real Decreto 1448/89, do 1 de decembro, polo que se desarrolla o artigo 77 da Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, delimita os diversos supostos de alteracións catastrais de orden físico, xurídico e económico, concernentes ós bens inmobles, de natureza rústica e urbana.
Cuarto.- O Concello de na data , solicitou a través da Xerencia Territorial de , a Dirección Xeral do Catastro, a formalización do presente Convenio de colaboración.
Quinto.- O Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaría de na sesión realizada o , informou favorablemente a suscripción do presente convenio, en virtude do establecido no art. 7 do Real Decreto 1390/90, do 2 de novembro.
Sexto.- A Dirección Xeral do Catastro estimou a conveniencia da suscripción do presente Convenio, en data , de acordo ó previsto no art. 7, párrafo segundo, do Real Decreto 1390/90, do 2 de novembro.
En consecuencia, as administracións intervenintes proceden á formalización do presente Convenio de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS:
Primeira: Obxecto do Convenio.
É obxecto do presente Convenio a colaboración entre a Dirección Xeral do Catastro, a través da Xerencia Territorial do Catastro de (en adiante Xerencia Territorial), e o Concello de para o exercicio das funcións de xestión catastral co contido e réximen xurídico que figuran especificados nas cláusulas seguintes, sen perxuizo da titularidade das competencias que, na materia obxecto do Convenio, corresponden á Dirección Xeral do Catastro.
Segunda.- Colaboración en materia de mantenimento catastral relativa á alteración de orden físico e económico e tramitación dos expedientes (902).
En réxime de prestación de servicios regulado no art. 8 do Real Decreto 1390/90, do 2 de novembro, se encomenda ó Concello as funcións de tramitación dos expedientes de alteracións de orden físico e económico que se formalicen nos Modelos 902 e 902 S, aprobados por Resolución da Dirección Xeral do Catastro, de data 18 de decembro de 1995, o nos modelos que se poideran establecer na súa substitución por dita Dirección Xeral.
Dita colaboración comprenderá as seguintes actuacións:
Datos fisícos, xurídicos e económicos dos bens inmobles declarados, con realización de traballos de campo no seu caso.
Comprobación e verificación do aboamento da taxa de inscripción catastral e da existencia de xustificante de pagamento da mesma.
Elaboración e entrega da documentación relativa ós danos físicos, económicos e xurídicos dos bens inmobles para que a Xerencia Territorial poida efectua-la valoración dos mesmos tanto no caso de novas incorporacións (altas ou omisións) como de modificacións nos xa existentes (reformas, segregacións, agrupacións).
A documentación gráfica consistirá en:
Plano de localización e situación, preferiblemente sobre cartografía catastral.
Plano de parcela ou solar acotado e superficiado e a escala expresamente indicada.
Cuando existan construccións, plano de distribución de cada unha das distintas plantas de inmobles acotado e a escala expresamente indicada. No caso de vivendas unifamiliares, considerarase suficiente un plano de planta xeral acotado e a escala.
Acompañarase o cadro de superficies construidas e útiles diferenciando usos e elementos comúns no caso de inmobles con división horizontal.
Comprobación e toma de datos a nives de campo sobre elementos físicos, económicos e xurídicos solicitados pola Dirección Xeral do Catastro.
Remisión á Xerencia Territorial dos datos e documentación necesarios relativos ó planeamento urbanístico municipal.
Colaboración na obtención de valores do mercado inmobiliario nas zonas e tipos de inmobles solicitado pola Dirección Xeral do Catastro.
Terceira. Certificación de datos do padrón.
O concello podrá certificar, a instancia dos interesados, os datos obrantes no Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles, facendo constar, en todo caso, o orixe ou fonte da información que se facilita.
No obstante o disposto no párrafo anterior, a competencia para a expedición dos certificados acreditativos da referencia catastral corresponde ó Xerente Territorial. Ós efectos previstos na Lei 13/96, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e do Orden Social e na relación ós bens inmobles de natureza urbana, o Concello podrá emiti-la certificación das referencias catastrais cando haxa aceptado a delegación de competencias efectuada polo Xerente Territorial, de conformidade co establecido no art. 50.3 da Lei 13/96 e nos arts 27.3 e 37.3 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
Cuarta. Colaboración na recepción de documentación.
Na relación coas declaracións de alteracións catastrais que se presenten no concello, en virtude do establecido no Real Decreto 1448/89, do 1 de decembro, dito Concello comprométese a colaborar nas seguintes actuacións:
Quinta. Alcance da colaboración.
De igoal maneira, non se considerarán incluidos no Convenio o resto de alteracións catastrais comprendidas no Real Decreto 1448/89, do 1 de decembro, sen perxuizo do disposto na cláusula cuarta.
Sexta. Actuacións de procedimento.
En todo caso, cando o Concello decida contratar con algunha empresa especializada as actuacións derivadas do presente Convenio, deberá utiliza-los pregos de prescripcións técnicas que, para os distintos traballos catastrais, teña aprobados a Dirección Xeral do Catastro.
Sétima. Réxime xurídico.
Sin perxuizo do previsto na cláusula séptima deste Convenio, para resolve-los litixios que puideran surxir sobre a súa interpretación, cumprimento, extinción, resolución e efectos serán competentes os Tribunais de orden xurisdiccional contencioso-administrativo.
Oitava. Comisión de Seguimento.
Constituirase unha Comisión de Seguimento que, formada por dous membros de cada parte, será presidida polo Xerente Territorial ou o funcionario en quen delegue e que, con independencia das funcións concretas que lle asignen as demáis cláusulas deste Convenio, velará polo cumprimento das obrigacións de ambas partes e adoptará cantas medidas e especificacións técnicas sexan precisas en orden a garantizar que as competencias exercidas en rexime de prestación de servicios se exerzan de forma coordinada.
Especialmente, deberá informar previamente as condicións da contratación con empresas que poida realizar o Concello de conformidade coa sinalado no apartado a) da cláusula sexta.
A Comisión de Seguimento deberá constituirse formalmente no plazo máximo de un mes desde a formalización do presente Convenio. Dita Comisión celebrará cantas sesións ordinarias e extraordinarias sexan necesarias para o cumprimento dos seus fins, previa convocatoria ó efecto do seu Presidente, de propia iniciativa ou tendo en conta as peticións dos demáis membros. En todo caso, a Comisión de Seguimento reunirase ó menos con carácter semestral, a fin de verificar e comprobar o resultado das obrigacións contraídas establecendo as directrices e instruccións que considere oportunas.
Esta Comisión axustara a súa actuación ás disposicións contidas no capítulo II do Título II da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das administracións públicas e do Procedimento Administrativo Común.
Novena: Entrada en vigor e prazo de vixencia.
O presente Convenio entrará en vigor o día da súa firma, extendéndose a súa vixencia inicial ata o 31 de decembro de e prorrogándose tácitamente por sucesivos períodos anuais, mentras non sexa denunciado.
A denuncia do mesmo por algunha das partes deberá realizarse con unha antelación mínima de un mes antes de finaliza-lo período de vixencia.
Cláusula adicionaL.
Con carácter complementario ás obligacións establecidas no presente Convenio, o Concello comprométese a entragar á Xerencia Territorial, a efectos estatísticos, os datos resultantes da xestión tributaria do Imposto sobre Bens Inmobles correspondentes o seu término municipal.
E, en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en duplicado exemplar no lugar e data anteriormente indicados.
O Delegado de Economía O Alcalde-Presidente do
e Facenda, Concello de Moaña.
ASDO: ASDO:
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación en votación ordinaria e por 13 votos a favor (Os/as dos/as Sres/as: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sra Sotelo Pena, Sra Martín Alonso, Sra Entenza Domínguez, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas e Santos Leites) e dúas abstencións (os Sres Leite Fraga e Martínez Rodríguez) acorda:
1:.- Aproba-lo Convenio epigrafado, nos seus propios termos.
2:.- Facultar ó alcalde para a sinatura do Convenio.
6.-APROBACIÓN, SE É O CASO, DO PROXECTO BÁSICO AMPLIACIÓN CIMITERIO.
Por unanimidade da Corporación Municipal e a proposta do equipo de Goberno retírase da Orde do Día o punto, motivado a que é convinte aproba-lo prego de condicións para a licitación da obra.
7.- APROBACIÓN, SE É O CASO, DE SOLICITUD DE SUBVENCIÓN Ó IGVS.
O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 18.07.00 e que, transcrito, di:
"De acordo coa solicitude de axudas ós Concellos para a infravivenda rural, encargouse ó Departamento de Benestar Social os informes pertinentes para poder acollerse á citada axuda (DOG, N: 74, do 14 de abril de 2000).
A Comisión por unanimidade propón ó Pleno da Corporación á aprobacións dos seguintes puntos:
1:.- Aprobación dos informes e memorias elaborados polos Servicios Técnicos Municipais.
2:.- Solicitude de subvención ó Instituto Galego da Vivenda e Solo da cantidade de 3.259.871 ptas para a reparación e conservación de vivenda unifamiliar de M* del Carmen Verdeal González.
3:.- Aceptación de tódolos temos da presente subvención de conformidade coa memoria, presuposto e prazo de acordo coa solicitude de axuda.
4:.- Facultar ó Alcalde para a aceptación da suvención e firma de cantos documentos sexan necesarios. "
Moaña, 18 de xullo de 2000.
DELIBERACIÓN:
O Sr Santos Leites, voceiro do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes, di que no presuposto municipal, non existe cantidade consignada para a mellora da vivenda, xa que o Concello ten que aportar ó 20 % do total da subvención, cuestión que xa advertiu cando se aprobou o presusposto municipal.
O concelleiro Sr. Moreira Piñeiro, expresase no mesmo termos.
O alcalde, respóndelle que se trata de solicitar a subvención, que unha vez sexa confirmada será necesario realizar un expediente de modificación de créditos.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes (Sres/as Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sra Sotelo Pena, Sra. Martín Alonso, Sra Entenza Domínguez, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez, Leite Fraga e Santos Leites), acordan aproba-la proposta transcrita, nos seus propios termos.
8.- PROPOSTA DO GRUPO DE GOBERNO SOBRE A DEFENSA DO PEQUENO COMERCIO.
Por unanimidade dos asistentes, a Corporación acorda realiza-lo debate dos puntos 8, 9 e 10 da Orden do Día, por tratarse de mocións que están relacionadas coa publicación do Real Decreto Lei 6/2000.
A continuación os voceiros dos Grupos Municipais PP, BNG e EdeG-Os Verdes dan lectura as mocións que presenta para o seu estudio e votación no Pleno.
O voceiro do Grupo Municipal do PP, Sr. Currás Piñeiro fai unha exposición pormenorizada da moción presentada e manifesta o seguinte:
"No desenrolo do establecido no programa electoral co que o Partido Popular presentouse ante a cidadanía nas últimas eleccións xerais, o Goberno aprobou o pasado 23 de xuño un amplo plan de medidas para consolidar o crecemento e conseguir o pleno emprego.
Alcanza-los obxetivos da política económica esixe manter un entorno estable de crecemento, con finanzas públicas saneadas, prezos estables e tipos de interés reducidos que propicien a inversión.
Pero ademais, para facilitar que este crecemento poida traducirse en emprego, e necesario profundizar no proceso de reformas estructurais e políticas de liberalización, que doten de mais competencia a sectores estratéxicos da nosa economía, o que contribuirá a facilitar un marco de maior crecemento económico.
O mantemento do alto nivel de crecemento só é posible, nun entorno económico globalizado como o actual, a traveso da mellora da competitividade da nosa economía e dos distintos sectores económicos.
O Plan de medidas liberalizadoras aprobadas polo Goberno obedecen, en primeiro lugar, a demanda dos cidadans e da sociedade española de garantir a continuación da política económica iniciada fai catro anos. Pero tamén aseguran que ao longo desta lexislatura España teña as mellores oportunidades de avanzar no crecemento intenso do emprego, superior a media europea, que nos permita modernizar a nosa economía ao ritmo que o estamos facendo nestes momentos e alcanzar o gran desafío que temos plantexado, conseguindo a converxencia real con Europa.
As medidas recollidas nos Reais Decretos-Lei incrementan o grao de competencia e de flexibilidade da economía, con actuacións en sectores claves como a electricidade, os hidrocarburos e a telefonía, así como en outras areas que benefician directamente aos consumidores e ao emprego: solo urbanizable, sanidade, actividades profesionais, comercio interior, defensa da competencia, participacións empresariais e fiscalidade do aforro.
Mais alá dos efectos coxunturais e inmediatos, as reformas aprobadas supoñen, de feito, o establecemento dun novo mapa económico que pecha definitivamente o proceso de desaparición dos monopolios e da falta de competencia plena en determinados sectores da economía española. Daí que incidan sobre as políticas de oferta como formula para ampliar as posibilidades de crecemento e de creación de emprego.
As Pequenas e Medianas Empresas foron sempre una preocupación permanente do Goberno dende 1996. Precisamente por iso a aprobación do mencionado paquete de medidas ofrece ventaxas adicionais as pequenas empresas tradicionais, o que lles vaia a permitir seguir consolidando a súa posición actual no mercado. Tratase, polo tanto, de discriminar positivamente as pequenas e medianas empresas, ofrecéndolles novas oportunidades para mellora-la súa posición competitiva.
E certo que no capitulo V deste Real Decreto Lei 6/2000, "comercio interior, artigo 43, horarios comerciais", cando menos prodúcese una incerteza no pequeno comercio. Diante desta lóxica preocupación, os Grupos Municipais do Partido Popular nos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña, facemos una serie de propostas froito do análise minucioso do citado Real Decreto e tendo en conta as peculiaridades do pequeno comercio da nosa Comarca, sen renunciar aos posibles beneficios destas medidas que cunha serie de matizacións, entendemos que alcanzarían ao conxunto da sociedade.
Polo esposto, propoñemos que os Plenos das Corporacións tomen o seguinte acordo:
O Pleno da Corporación do Concello de Moaña INSTA A XUNTA DE GALICIA A QUE, NA DEFENSA DO PEQUENO COMERCIO DA NOSA COMUNIDADE, ADOPTE OS SEGUINTES ACORDOS:
1: Que se cree unha Comisión interdisciplinar entre a Consellería de Industria e os representantes dos comerciantes, onde se analice a repercusión deste Decreto e as posibles medidas que se tomen para minorar a repercusión sobre o pequeno comercio.
2: Que neste Decreto se substituía o termo MINIMO polo termo MAXIMO. Así, cando se fala de horario global, días laborais mínimo 90 horas semanais, se diga como MAXIMO
Domingos e festivos que permanecerán abertos os comercios, como mínimo: 9 no 2001, 10 no 2002, 11 no 2003, e 12 no 2004, se diga como MAXIMO.
3: Que se estableza una moratoria como mínimo de catro anos, que impida a implantación de grandes áreas comerciais na nosa Comunidade Autónoma.
4: Que para unha progresiva adaptación no pequeno comercio ás novas tendencias comerciais, a Xunta de Galicia incluía nos orzamentos do 2001 una partida especifica co obxeto de crear liñas de axuda o pequeno comercio, que como mínimo contemplen os seguintes aspectos:
Moaña, 24 de xullo de 2000
PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR
Asdo.: Alberto Currás Piñeiro
9.-MOCIÓN DO BNG SOBRE LIBERALIZACIÓN HORARIOS COMERCIAIS.
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, dá conta da moción que, transcrita, di:
"O Goberno do Estado, vén de modificar unilateralmente a regulación do comercio minorista coa aprobación do Real Decreto Lei 6/2000, do 23 de xuño, posteriormente convalidado polo Pleno do Congreso dos Deputados, na sesión do 29 de xuño de 2000.
O Real Decreto plantexa serios problemas de constitucionalidade, tanto dende unha óptica forma como competencial.
Desde unha perspectiva formal, estase a usar fraudulentamente un instrumento lexislativo extraordinario, que só debe ser empregado en casos de extraordinaria e urxente necesidade debidamente xustificada para modificar estipulacións recollida nunha Lei Orgánica con rango superior ó Real Decreto Lei.
Desde o punto de vista competencial o Goberno arrógase unilateralmente a potestade de fixación de horarios comerciais (art. 43 do Real Decreto) atribuida de maneira conxunta ás comunidades autónomas, por medio da Lei Orgánica 2/96. Esta actuación constitúe unha vulneración das competencias exclusivas da Xunta de Galicia en materia de comercio interior, polo que, ó noso entender o Goberno Galego ten a obriga de defender o seu ámbito competencial, á marxe de calquera posicionamento político sobre as medidas acordadas polo Goberno Central.
Estes son precisamente os argumentos que outras Comunidades Autónomas como Andalucía, Extremadura e Cataluña utilizan para recorren ó Real Decreto. O Goberno da Generalitat mostrou a súa oposición á liberalización de horarios e anunciou que en Cataluña non se levaría a cabo.
A parte de todos estes formalismos legais, que afectan sin dúbida á nosa dignidade como país, está a dignidade de 115.000 traballadores galegos neste sector e a defensa dos sectores económicos do noso país. A liberalización de horarios comerciais vai supoñer o peche dun 30 % de pequenos establecementos e vai ter graves repercusións nos sectores productivos, na precarización de postos de traballo e na desertización dos cascos urbanos de vilas e cidades. Exemplos hai dabondo onde a proliferación de grandes áreas provocou o peche masivo de locais nos cascos históricos.
Que esta situación vai ter fondas repercusións para o comercio é recoñecido mesmo pola Xunta de Galicia, que promete buscar compensacións banais para os comerciantes en lugar de utilizar os resortes legais para opoñerse á aplicación do Real Decreto no noso País, ou de comprometerse politicamente co sector impedindo o seu paulatino desmantelamento.
Debemos ser conscientes, ademais, de que o desmantelamento do pequeño comercio supora a desaparición de boa parte da actividade cultural e deportiva dos nosos concellos que dependen en gran medida da colaboración deste sector. Non digamos xa da súa indispensable aportación para o mantenemento dos servicios e das propias institucións públicas.
Por todo o anteriomente exposto e coñecendo as consecuencias que a aplicación do Decreto vai a supoñer para o tecido económico do noso país, propoñemos que a Corporación en Pleno tome os seguintes
ACORDOS:
1.- Mostrar o rechazo desta Corporación ó Real Decreto Lei de liberalización de horarios comerciais.
2.- Reclamar ó Goberno do Estado a derogación do anterior Decreto Lei.
3.- Instar á Xunta de Galicia a posicionarse na defensa do pequeño comercio promovendo recurso de insconstitucionalidade contra o Real Decreto Lei.
4.- Encargar a un avogado urbanista un informe sobre posibles medidas a tomar por esta Corporación para limitar a implantación de grandes áreas comerciais no noso concello.
O Morrazo 13 de xullo de 2000.
10.- MOCIÓN DE EdeG-Os Verdes SOBRE LIBERALIZACIÓN HORARIOS COMERCIAIS.
O voceiro do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes, Sr. Santos Leites, manifesta que o texto da moción que presenta foi consensuado de forma conxunta co grupo do PSG-PSOE e que, transcrita, di:
"O pasado día 24 de xuño, o Goberno Central ven de adoptar pola vía do Decreto Lei unha serie de medidas liberalizadoras que afectan a varios sectores: libros de texto, horarios comerciais que constituen no seu conxunto unha das máis profundas e regresivas reformas económicas das levadas a cabo nos últimos anos, no camiño hacia o ultraliberalismo. O procedimento utilizado o decreto- para levar a cabo unha reforma de tal calado, sustraendo o control Parlamentario e a consulta dos axentes sociais e sectoriais, revela ben as claras o talante autoritario do Goberno, e clarifica ó servicio de que intereses se adoptan ditas medidas.
No caso concreto de liberalización de horarios comerciais, o Goberno entra a saco no pequeño comercio, un sector que representa o 16% do PIB, posibilitando o incremento do horario de apertura das 72 ás 90 horas poderán abril as grandes superficies. Esta situación pode levar ó peche dun gran n: de establecimentos en beneficio das grandes áreas comerciais debido a perda de ventas (30%) e o incremento de costos e polo tanto a destrucción de emprego ou a substitución de emprego de calidade por emprego en precario. En definitiva, acabando co noso tecido industrial e comercial. Asi mesmo, supón un retroceso nas condicións de vida e traballo do sector a xornadas e relacións propias do século pasado e que atentan contra os logros laborais de moitos anos.
Tamén se presenta ésta, como unha medida que anima a competencia e polo tanto beneficia ós consumidores; nada máis lonxe da realidade de parar estas medidas, non aplicandoas e plantexando ó mesmo tempo un conflicto por invasión de competencias propias da Comunidade Autónoma co Goberno central, como xa fixeron outras Autonomías. En lugar desto e facendo unha deixación de responsabilidades, e supeditando os intereses do Pais ós do partido Popular, o Sr Fraga anuncia o acatamento de ditas medidas, renunciando incluso a posicións anteriores do PP, amparándose para elo en organizacións fantasmas que como demostrou o propio sector, non representan a nadie.
Por todalas razóns anteriores, é polo que dende Esquerda de Galicia, plantexamos ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:
1:.- Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia a non aplicación en Galicia dos citados decretos de medidas liberalizadoras.
2:.- Instar o Presidente da Xunta de Galicia a interpoñer un recurso de Inconstitucionalidade contra o decreto de liberalización de horarios comerciais, en base a defensa do tecido comercial e industrial de Galicia.
3:.- Instar a Xunta a que modifique e democratice os sistemas de representación e intelocución do sector, regulando un sistema que garantice a participación real dos titulares do pequeño e mediano comercio."
Moaña 18 de xullo de 2000.
DELIBERACIÓN:
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que o consenso hai que establecelo equi. Aspiramos que se poida levar a cabo o que pasou en Ourense ou a Estrada onde os Grupos PSG-PSOE, BNG e PP votaron un único texto consensuado. Á vista do texto da moción que presenta o PP en Moaña, que o mismo da moción de Cangas e Buen apreciase que seguen as instrucción automáticas que manda Santiago, presentan un texto que da vengonza; o agresor ponse no papel de defensor; asuman con todo ese papel, no lle cabe duda que o texto estaría feito por xurídicos que entenden máis.
Habría que presentar o recurso de inconstitucionalidad, en base a que se están invadindo as competencias exclusivas que ten o Estatuto de Autonomía de Galicia, mentres non se cheguen a unhas medidas pactadas.
Existin estudios moi nitidos que mostran as consecuencias que poden ter a liberalización, a supresión de 19.000 postos de trabajo; destrucción do tecido económico de Galicia.
O voceiro do Grupo Municipal de EdeG Os Verdes- Sr. Santos Leites, di que o Grupo do PP en Moaña, Cangas, Bueu, mostra un total descoñecemento da situación dicirlle que a "Comisión interdisciplinar", xa está creada desde que se sentou o Sr. Fraga cos catro presidente provinciais; olvidan a reivindicación do movimento obreiro" coas 8 horas de traballo, 8 de lecer e 8 de descanso, con este decreto lei o goberno central conduce ós traballadores á situación do século pasado. Ainda que o goberno do PP en Galicia non estivera de acordo co contido do Decreto; o Sr. Fraga está obrigado a interpoñer un recurso de inconstitucionalidad.
Por outra banda, dado que son tan dados a estudios, dicirlles que o "Centro de Investigacións Sociológicas" , nun estudio realizado recentemente di que só un 10% dos encuestados estarían a favor das medidas e de que de esos o 3% estarian dispostos a mercar en domingo.
Recapaciten e cumpran cos compromisos que teñen co tecido comercial.
O voceiro do Grupo Municipal do PP, Sr. Currás Piñeiro, di que non hai inconstitucionalidade de ningún tipo. O grupo de Goberno segue apoiando a moción presentada.
O Sr Santos Leites, di que non poden esconderse en posicións erróneas, cuestións estilistas, medidas paliativas, non vou a extenderme en máis argumentos.
A concelleira do Grupo Municipal do PP, Sr. Entenza Domínguez, di que non está de acordo co Real Decreto, por motivos personais e de que non é xusto que os traballadores que están neste sector económico traballen tantas horas.
A continuación o Alcalde concede a palabra o Sr. Cancelas Collazo que é representante dos comerciantes de Moaña na Cámara de Comercio.
Seguidamente a Corporación somete a votación á proposta do Grupo de Goberno sobre a defensa do pequeno comercio.
A Corporación, en votación ordinaria e por sete votos a favor (os dos Sres: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sras: Sotelo Pena, Martín Alonso) seis votos en contra (Os dos Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra: Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez e Santos Leites) e 1 abstencións (A da Sra. Entenza Dominguez) acorda aproba-la proposta do Grupo de Goberno sobre a defensa do pequeño comercio.
A continuación a Corporación somete a votación a moción do BNG sobre liberalización de horarios comerciais:
A Corporación, en votación ordinaria e por seis votos a favor (Os dos Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez e Santos Leites) sete votos en contra (Sres: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sras: Sotelo Pena e Martínez Alonso) e 1 abstención (A da Sra. Entenza Domínguez) acorda desestima-la moción do BNG sobre liberalización de horarios comerciais.
Por último a Corporación somete a votación a moción do Grupo EdeG-Os Verdes- e PSG-PSOE:
A Corporación, en votación ordinaria e por seis votos a favor (Os dos Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez e Santos Leites) sete votos en contra (Sres: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sras: Sotelo Pena e Martínez Alonso) e 1 abstención (A da Sra. Entenza Domínguez) acorda desestima-la moción de EdeG os Verdes- PSG-PSOE sobre liberalización horarios comerciais.
11.- MOCIÓN DO BNG SOBRE DEMANDAS EN MATERIA SANITARIA.
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, solicita a retira da moción da Orde do Día, co obxecto de que non se prolonge máis a espera dos/as veciños/as e nenos de Sabaceda, Piñeiros, que teñen solicitado a intervención no Pleno.
A Corporación por unanimidade dos asistentes, acorda retira-la moción da Orde do Día, para o seu tratamento nun próximo pleno.
12.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE SINALIZACIÓN CAMIÑOS PÚBLICOS.
O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, dá conta da moción que, transcrita, di:
"Durante o ano 1993 a Corporación Municipal aprobaba en Pleno do Concello o Inventario de Bens Municipais, donde entre outros inmobles no Tomo I aparecen nomeados e catalogados tódolos camiños, vías, carreteras, rúas, prazas, callexóns e travesias existentes no término municipal, nun total superior a catrocentos. Máis desgraciadamente, salvo en determinadas zonas xeralmente do casco urbano, a gran maioria destes camiños e rúas (prácticamente a totalidade das zonas rurais) están sin señalizar e rotular coa conseguinte placa, o cal ademáis de contribuir imnumerables trastornos entre os carteiros, repartidores ou calquera persona foranea que tratan de localizar unha dirección determinada e non está señalizada.
Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte, ACORDO:
Que o concello de Moaña, no máis breve plazo, diseñe un Plan para señalizar e rotular coas conseguintes plcas tódolos camiños, vías e rúas existentes no término municipal."
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.
13.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE DESENVOLVEMENTOS URBANÍSTICO.
Polas mesmas razóns expostas polo voceiro do Grupo Municipal do BNG o concelleiro do PSG-PSOE, solicita a retirada da moción da Orde do día.
A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda retira-la moción da Orde do Día, para o seu tratamento no próximo Pleno que se celebre.
O concelleiro Sr. Moreira Piñeiro, do Grupo Municipal do BNG, solicita que se trate pola vía de urxencia a moción en relación a unha serie de acordos sobre o transporte escolar de Berducedo.
A Corporación, somete a votación a declaración urxencia da moción, e por seis votos a favor (Os dos Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra. Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez e Santos Leites) e sete en contra (Os Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Sras: Sotelo Pena, Martín Alonso e Entenza Domínguez) acorda denega-la petición declaración de urxencia.
14.- ROGOS E PREGUNTAS.
O concellerio Sr, Moreira Piñeiro do BNG, fai o seguinte ROGO:
O acordo tomado no Pleno do pasado mes de xuño sobre a supresión do transporte ó colexio infantil de Berducedo e Piñeiro ten causado unha forte inquietude social, do que é boa mostra o pronunciamento público da práctica totalidad dos colectivos veciñais de Moaña e a numerosa presencia de afectados no Pleno de hoxe.
Ó perxuizo que a medida representa para os nenos e nenas que teñen o seu domicilio a gran distancia da escola, súmase a reducción de alumnado, que vai repercutir na perda de profesorado e servicios, e polo tanto nunha peor calidade de ensino para todos.
Transcorrido un mes desde a adopción desta medida, o goberno municipal non deu ningún paso significativo para eliminar estes perxuizos: a matrícula no preescolar segue sendo baixa, non se fixo ningunha campaña para a captación de alumnado excepto a realizada cos seus propios medios pola comunidade educativa-, e o Concello parece ser que "aínda está estudiando o que pode facer".
Dado que estamos a mes e medio de que empece o novo curso e hai cada vez menos posibilidades de paliar os efectos negativos da eliminación do transporte escolar, o Grupo municipal do BNG propón ó Pleno a adopción por vía de urxencia dos seguintes ROGOS:
O Sr Santos Leites fai o seguinte ROGO, en relación o transporte de nenos de Sabaceda ó preescolar de Berducedo:
1:.- Revocación do acordo plenario.
2:.- Creación dunha Comisión Mixta, Concello-Asociación onde se buscarian solucións os problemas eiqui plantexados.
O concelleiro Sr. Martínez Rodríguez, do Grupo Municipal do PSG-PSOE, fai o seguinte ROGO:
"Dadas as clarísimas deficiencias en canto ó transporte público ó non existir liñas de autobuses adecuadas, que hai nas parroquias e zonas rurais de Moaña, consideramos que éste problema unido a outros como o do transporte público para leva-los rapaces ó preescolar de Berducedo, podría resolverse promovendo un servicio de transporte público mediante microbuses ou calquera outro vehículo colectivo a un prezo razonable, incluso complementado con algunha subvención municipal, para que fose recollendo ós/as veciños/as e os rapaces polos barrios circundantes do Concello e resolve-lo problema do transporte público de viaxeiros nas zonas rurais e interiores."
Moaña, 27 de xullo de 2000.
Seguidamente interven a Presidenta da Asociación de veciños O Cristo, D* M* Jesús Rua.
E, non sendo outro o obxecto, a presidecia dá por rematada a sesión, sendo ás 23:00 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretaria accidental, DOU FE.
O ALCALDE, A SECRETARIA ACCTAL,