Actas dos Plenos


ACTA 1/00

ACTA 1/00

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 27 DE XANEIRO DE 2000.

 

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES.

2.- RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.- SOLICITUDE DIMISIÓN CONCELLEIRO D. CÁNDIDO PENA VIÉITEZ.

4.- CREACIÓN ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL E APROBACIÓN INICIAL DOS SEUS ESTATUTOS.

5.- ESCRITO ASOCIACIÓN DE MULLERES DE MOAÑA S/ SERVICIOS VARIOS.

6.- MOCIÓN DO BNG EN SOLARIDADE CON INSUMISO.

7.- MOCIÓN DO PSOE SOBRE SUPRESIÓN DO PEAXE RANDE.

8.- MOCIÓN ESQUERDA GALICIA SOBRE CONTRATACIÓN PERSOAL.

9.- MOCIÓN DO BNG S/ SECTOR AGRARIO GALEGO.

10.- ROGOS E PREGUNTAS.

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

D. Javier Abal Juncal.

D* Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

D. Osbaldo Martinez Costa.

D* María Martín Alonso.

D*. Carmen Entenza Dominguez.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D*. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D. Candido Pena Vieitez.

D. José Luis Leite Fraga.

D. José E. Santos Leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

Na casa do Concello de Moaña, o 27 de xaneiro de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:20 horas.

INCIDENCIAS:

Os concelleiros D. José M. Cordeiro Portela, D. Javier Abal Juncal, D. José González González, D* Isabel Lorenzo Martínez, D. José L. Leite Fraga e D. José E. Santos Leites, chegaron ás 20:20 horas, con motivo dunha reunión do Padroado Municipal "Beiramar".

A concelleira D* Carmen Sotelo Pena, non asistiu á sesión.

Ás 20:30 horas auséntase do salón de sesión unha vez admitida a súa dimisión o concelleiro D. Cándido Pena Viéitez.

 

1.- APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES:

 

Dáse conta dos borradores das actas 19 e 20/99, correspondente a realizada o día 16 e 23 de decembro de 1999, respectivamente.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que existe un erro na acta 20/99, páxina 18, onde se atribuie intervencións ó Sr. Millán e Sr. Leites, atopándose cambiadas. Solicita que o punto "8.- Plan de saneamento económico-financieiro do Concello" transcrito en castelán, debe transcribirse en galego.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda-la aproba-las actas sinalas, coas rectificacións realizadas polo voceiro Sr. Millán Otero.

2.- RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA:

Dáse conta das resolucións da Alcaldía dende a sesión ordinaria do día 27 de decembro de 1999.

Intervén o concelleiro Sr. Moreira Piñeiro do Grupo Municipal do BNG, observa que as resolucións de contratacións de persoal estanse a facer "a dedo", unha práctica que debe correxirse.

A Corporación queda o corrente.

3.- SOLICITUDE DIMISIÓN CONCELLEIRO D. CÁNDIDO PENA VIÉITEZ.

 

Como D. Cándido Pena Viéitez se atopaba entre os membros da Corporación e co obxecto de que este participase nos debates da Orde do Día, o Sr. alcalde, solicitou que se alterase o punto que se ía tratar. Ante isto, o Sr. Pena contestou que se cumprise a orde establecida.

Intervén o alcalde con palabras de agradecimento pola labor realizada polo Sr. Pena, como alcalde e concelleiro do Concello na súa dilatada vida, dedicada á política municipal.

O Sr. Pena, agradece as palabras do alcalde y efectivamente dende o ano 1987, como alcalde ou concelleiro na oposición, foron moitos días de traballo,tratando de realizar unha labor da mellor maneira posible, aínda que recoñece que tuvo erros e acertos na súa xestión.

Presenta a dimisión no cargo ó non poder dedicar o tempo necesario no seu traballo, considera que non é imprescindible e desexa toda clase de sorte á Corporación na súa xestión, pois en definitiva irá en beneficio de Moaña.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda

1:.- Acepta-la demisión do concelleiro D. Cándido Pena Viéitez.

2:.- Comunicar á Xunta electoral Central, co obxecto de que proceda ó nomeamento da persoa que legalmente corresponda.

O Sr. Pena despidese persoalmente de toda a Corporación e asistentes, estes despideno con aplausos.

 

4.- CREACIÓN ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL E APROBACIÓN INICIAL DOS SEUS ESTATUTOS:

O voceiro do Grupo Municipal do PP e Delegado de Cultura, Sr. Currás Piñeiro, solicita a retirada do punto da Orde do Día.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda a retirada do punto da Orde do Día.

 

5.- ESCRITO DA ASOCIACIÓN DE MULLERES DE MOAÑA S/ SERVICIOS VARIOS:

Ó amparo do disposto no ROM, o Sr. alcalde concede a palabra ás persoas que teñen interesado a súa intervención:

  • D* Elvira Durán Collazo.
  • D* Maria Boubeta Pena.
  • María Fervenza Costa.
  • D. Sergio Regueira Gómez.

Seguidamente o alcalde, da lectura ó escrito formulado pola Asociación de Mulleres e que, transcrito, di:

"A asamblea de colectivos sociais e políticos reunida no día de hoxe na Casa do Mar de Moaña, en relación coa situación dos servicios sanitarios no noso Concello, propón ó Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes acordos:

1:.- Construcción dun centro de saúde que cubra as necesidades sanitarias primarias dos/as veciños/as de Moaña.

2:.- Que o Goberno Municipal propoña á Consellería de Sanidade a adecuación provisional do actual ambulatorio en centro de saúde, atendendo fundamentalmente ós seguintes extremos:

  • entrada de ambulancias.
  • Dotar a este centro dun ascensor.
  • Eliminar as barreiras arquitectónicas.
  • Dotación de vehículo para traslado de persoal sanitario para asistencia domiciliaria.
  • Convesión do servicio de urxencias en punto de atención continuada (PAC).
  • Dotación dunha ambulancia do 061 para os traslados urxentes en Moaña.
  • Creación dun sercio de rehabilitación e fisioterapia; solicitar da Xerencia de Atención Primaria que non se desvíe a ningún veciño de Moaña a outros lugares para a prestación deste servicio.
  • Dotación de dentista e hixienista dental.
  • Dotación de radioloxía.

3:.- Que o Goberno Municipal, de forma inmediata, xestione diante da Consellería correspondente un local onde poder poñer en práctica os cursos de preparación pre-parto.

4.- Que o Goberno Municipal comence as xestións necesarias para a construcción dunha piscina climatizada municipal no noso concello que poida atende-las demandas de saúde, deportes e lecer dos nosos/as veciños/as.

5.- Creación do Consello Municipal de Saúde paa a cal aprobase a constitución dunha Xunta Xestora que no prazo dun mes presentará ó Pleno da Corporación, para a súa aprobación unha proposta de estatutos. Quedará composto por:

  • un representante da Federación de AAVV.
  • Un representante pola Federación de APAS.
  • Un representante pola Asociación de Mulleres.
  • Un representante da Asociación de mariscadores.
  • Un representante polas asociacions culturais e deportivas.
  • Un representante por cada grupo político.
  • Un representante dos profesionais da sanidade.
  • Un representante do Goberno Municipal.
  • Un representante ddas comunidades de montes.

6.- Todos estes servicios deberán estar integrados dentro da rede pública e non por entidades privadas.

Moaña, 20 de novembro de 1999.

Apa de Reibón

AAVV A Xunqueira

AAVV San Martiño

AVV Monte Faro de Domaio

AAVV de Redondo

AAVV de Bronlle

AAVV de Berducedo

AAVV do Real

Asociación de Mariscadoras

Asociación Cultural Meiramar-Axóuxeres

Comunidade de Montes de Meira.

Comuniade de Montes de Moaña

Clube Deportivo de Moaña

Asociación para a Defensa da Ría

Asociación de Amizade

PSOE (Partido Socialista Obrero Español)

EG (Esquerda de Galicia)

BNG (Bloque Nacionalista Galego)

Asociación de Mulleres de Moaña."

 

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Millán Otero dí que a peticion recollida en escrito ten o apoio do seu grupo e por tanto o voto favorable, despois de coñecer o escrito da Asociación de Mulleres e cun estudio técnico das súas peticións habrá problemas,pero o que non cabe duda é que hai que dar respostas. Antes de debatir o asunto prefiere se pronuncie o grupo municipal do partido popular.

O Sr. Santos Leites di que merece o recoñecemento público o feito de que as mulleres se atopen de acordo para cursar as xustas peticións o Concello e entrará no debate unha vez coñeza a opinión do Grupo de Goberno. Lamenta que o asunto teña un retraso de dous meses para coñocelo ó Pleno, pois unha vez que foi plantexado ó Concello era momento optico, é decir, antes de confeccionar os presupostos á Xunta, tendo en conta que as peticiones esixen un esfuerzo inversor

Se debe admitir que existe cierto défict sanitario, o Centro de Saúde de Moaña é tercermundista, dotándono en condicións non se fai máis que cumplir coa lei. Como a participación é boa, interesa se crea o Consello Municipal da Saude. Debatirá o asunto unha vez coñeza a opinión do grupo de goberno.

O Sr. Leite Fraga apoia a solicitude da Asociación de Mulleres e por tanto terá seu voto favorable, desea coñecer a opinión do grupo de goberno antes de entrar en debate.

O Sr. Alcalde manifesta que a problemática da sanidade en Moaña é de todos coñecida, por tanto debemos tratar o tema e adelanta que o grupo de goberno apoiará todos os puntos del escrito, excepto o contenido do punto quinto.

Estas cuestions foronlle plantexadas ó Conselleiro de Sanidade, remitiuse escrito á directora do Sergas e na próxima semana faremos unha reunión para dar solucións.

O grupo de goberno apoia todos os puntos reseñadas no escrito da Asociación de Mulleres, excepto o 5: referido á creación do Consello Municipal de Saude, pois se estima existen suficientes concellalías para aglutinar os traballos. A Concellala da área dará normas para traballar e dar solucións os problemas que plantexan.

O Sr. Millán Otero o PP ten un concepto negativo do que é a participación ciudadana nas institucións, pois o Consello de Saúde, é un organo de participación prevista na Lei de Saúde Galega, que o carecer de competencia municipal sobre a materia é necesaria a súa creación como de feito existe en outros municipios galegos (Santiago de Compostela, Carballido, etc); Hai que intentalo ainda que as dificultades surxirán posteriormente coas Autoridades Sanitarias.

Sr. Santos Leites pensaba en principio que o grupo de goberno estaba sumido no seu propio error, ahora ratificaseme este pensamento. Non se trata de quitar competencias á concellalía de turno, pois constitúe o Consello Municipal de Saúde é un dereito, e como tal hai que conseguilo con moitas trabas que poñan as autoridades sanitarias.

O Sr. Leite Fraga descoñece as causas pola que o Equipo de Goberno teme a creación do Consello Municipal de Saúde, cando se están creando outros órganos representados por distintos colectivos.

O Sr. Alcalde dí que considerando suficientemente debatido o asunto, e someteno a votación, propoñendo se vote por separado os seis puntos que conten á proposta.

 

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade apròbanse os puntos 1,2,3,4 e 6. Ó punto 5 recházase con nove votos a favor (os dos Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martinez Couso e as Sras. Costas Gayo, Martín Alonso e Entenza Dominguez ) e seis en contra (os Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Leite Fraga, Santos Leites e Sra. Lorenzo Martinez)

 

 

6.- MOCIÓN DO BNG EN SOLIDARIDADE CON INSUMISO:

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, dá lectura a moción epigrafada e que, transcrita, di:

" O vindeiro 3 de febreiro de 2000 vai ser xulgado en Vigo o profesor de ensino secundario D. Emilio Romero Lorenzo, acusado do chamado "delicto de insubmisión", polo que pode ser condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión e inhabilitado para a función docente, podendo ser privado con carácter definitivo do seu posto de traballo.

Emilio Romero "Milucho" (para os seus alumnos e coñecidos) desempeñou o seu labor durante varios anos no IES "As Barxas", o que o vincula persoalmente de forma especial o noso concello. Entre os seus alumnos e alumnas deixou memoria da súa dedicación, incluso máis alá das seus estrictos labores docentes. Solidario, entregado na defensa dos seus ideais, o seu traballo desinteresado na cultura, a defensa da natureza, o asociacionismo xuvenil e profesional, foron más alá de calquera "prestación social substitutoria".

Precisamente, por defender estes ideais atá as últimas consecuencias, Emilio Romero Lorenzo exponse nestes momentos a unha condena inxusta e anacrónica. Inxusta, por canto representa condenar a unha persoa polo exercicio dun dereito democrático como é a obxección de conciencia, o pacifismo e o antimilitarismo. Anacrónica, posto que nun horizonte próximo está contemplada a desaparición do servicio militar obrigatorio e son xa miles os mozos que non serán chamados a filas nin farán ningún tipo de prestación substitutoria. De ser condenado, daríase a paradoxa de que, abolido o servicio militar, habería unha pesoa encarcerada e privada do seu traballo por opoñerse a el.

Ante estas circunstancias, o Pleno do Concello de Moaña.

A C O R D A:

  1. Dirixirse ó Xulgado do Penal n: 2 de Vigo e á Fiscalía dos Xulgados de Vigo para solicitar a liberdade de Emilio Romero Lorenzo sen ningún tipo de cargos.
  2. Reclamar publicamente a despenalización total da insubmisión e polo tanto que cesen os xuizos ós mozos que por razóns de conciencia deciden non incorporarse ó exército.

Moaña, 10 de xaneiro de 2000.

INTERVENCIÓNS

O portavoz do grupo de Municipal do PP manifesta que non está de acordo co contido da moción e enconsecuencia xustifica a súa postura coa lectura do seguinte escrito.

"1:.- Este Grupo Municipal quere manifestar o seu máis profundo respeto e acatamento á legalidade vixente no estado español, na que a norma suprema é a Constitución de 1978. Dita norma establece no seu artigo 1: que España constituese nun estado social e democrático de Dereito. Tal e como todos sabemos, un Estado de Dereito apoiase nunha serie de principios fundamentais, un dos cales é o principio de legalidade, que ten entre os seus significados: O sometimento á Lei, e que vincula tanto ós ciudadáns como ós poderes públicos (así se recolle concretamente nos artigos 9.1 da CE e o 103.1 CE da mesma norma) e que rezan o seguinte:

Artigo 9.1 CE: "Os cidadáns e os poderes públicos están suxeitos á Constitución e ó resto do ordenamento xurídico".

Artigo 103.1 CE: "A Administración Pública serve con obxectividade os interes xerais e actua de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e ó Dereito".

A legalidade a respetar neste caso é que no artigo 30 da Constitución se regula a posibilidade de opción entre facer o servicio militar ou en caso de exerce-lo dereito á obxeción de conciencia a realizar dito servicio militar se articula o poder cumprir con esa obriga a través da prestación social sustitutoria. Na actualidade este o é o marco legal que debe respetar todo cidadán e todo organismo público e privado. É más sería ilóxico e contraproducente que este Concello, que é unha administración e que ten ó seu cargo obxectores de concienciaxustificara ou amparara unha actitude persoal que vai en contra da lei, e que o Concello como ente público non pode tolerar, xa que como dixemos está sometido ó principio de legalidade que xustifica calquer estado democrático, e que conleva non só dereitos senón tamén obrigas.

2:.- No tocante á pena en que pode incurrir polo xuizo aberto, teño que dicir expresar que pola reforma producida pola Lei orgánica do 5 de outubro de 1998 (lei 7/98), que modifica o Código Pena en varios artigos, no artigo 604 de dito código establece que os delitos contra o deber de cumprir o servicio militar terán unha pena de inhabilitación entre 4 e 6 anos, polo tanto esta persoa non irá ó cárcere, senón que como máximo será inhabilitado para a súa labor de funcionario público entre 4 e 6 anos.

3:.- Vista esta situación o que este grupo plantexa neste tema é o seguinte:

  • Solicitar ó BNG o cambio dos acordos que solicita que se adopten polo Pleno e que quedarían se así se estima a petición da seguinte maneira:
  • Aprobación en Pleno de:

  1. Solicitar o indulto para D. Emilio Romero Lorenzo, a través do procedemento establecido na Lei de indultos de 1.870, no caso de que sexa condenado polo delito contra o deber de cumpri-lo servicio militar obrigatorio.
  2. De acordo co artigo 29.1 da Constitución que contempla o dereito de petición, regulado pola Lei 92/60, do 22 de decembro, se remita:

1.- Petición ó "Defensor del Pueblo" que inste a modificación do Código Penal, no senso de despenalizar a actitude da insumisión, por entender que está próxima a desaparición do servicio militar obrigatorio, e que pola función social que cumpre a pena no dereito penal fai que esta actitude non sexa neste momento socialmente rexeitable.

2.- Petición da Corporación Municipal ó Parlamento Español no senso de modifica-lo Código Penal, co mesmo motivo anterior."

Moaña, 27 de xaneiro de 2000."

 

O Sr. Millán Otero dí que oxalá o xuiz teña bo criterio no momento de dictar sentencia, non pode aceptar a forma de pensar que ten mostrada polo portavoz do grupo municipal e entende que o indulto o debe pedir o propio interesado. De non pedir o grupo de goberno a libertade do Sr. Romero Lorenzo, demostra pouca sensibilidade co problema.

O Sr. Santos Leites non comparte os criterios esgrimidos polo portavoz do grupo popular.

Por último o portavoz do grupo municipal do PP, quere facer constar de do que se trata é de cumprir coa lei, non entendendo como a ética a considera demagoxia algunhas persoas.

O Sr. Alcalde manifesta que xa debatio o asunto, e somete a votación a moción.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con seis votos a favor (os Sres.Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Leite Fraga, Santos Leites e Sra. Lorenzo Martínez) e nove abstencións (os Srs. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso e as Sras. Costas Gayo, Martín Alonso e Entenza Dominguez), aproban a moción presentada.

 

 

7.- MOCIÓN DO PSOE SOBRE SUPRESIÓN DO PEAXE DE RANDE:

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, dá lectura á moción epigrafada e que, transcrita, di:

"EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A eliminación das peaxes da autoestrada do Atlántico (A-9), no contorno das áreas urbanas (como o caso do tramo Morrazo Vigo, que afecta directamente a este concello) e a súa rebaixa no resto dos tramos é un dos obxectivos irrenunciables para o interese xeral de Galicia, máxime na actual situación económica e tamén polo que supón de eixo vertebrador das comunicacións entre as grandes áreas urbanas de Galicia.

As previsións anunciadas polo Goberno central ó respecto non poden ser más alarmantes, dado que ademáis de non preve-la eliminación das peaxes en ningún dos tramos da autoestrada, limítase só ó anuncio de rebaixa puntual dalgúns tramos; entre Vigo Morrazo ofrecen unha reducción do 30 % no prezo da peaxe a cambio de amplia-la actual concesión en 25 anos (do 2023 ó 2048), que serían os anos ós que se ampliaría o pagamento das peaxes no conxunto da autoestrada como contrapartida das citadas rebaixas puntuais, e no contexto da súa privatización.

Despois de observar como si se eliminaron as peaxes en varios tramos urbanos de Cataluña e Valencia o pasado 10 de xaneiro, e tralo anuncio do próximo levantamento da peaxe no tramo Xerez Cádiz, anunciado pola candidata do PP á Xunta de Andalucia, Teofila Martínez, a pesar de contar dito tramo cunha autovía alternativa, non cabe duda de que os/as cidadáns galegos/as e os do Morrazo en particular estamos a ser claramente agraviados por parte do Ministerio de Fomento.

POLO EXPOSTO ANTERIORMENTE O GRUPO SOCIALISTA PROPÓN Ó PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DO SEGUINTE,

A C O R D O:

1.- Demandar do Ministerio de Fomento que suprima a peaxe dos tramos de autoestradas que afecten a tódalas áreas metropolitanas, COMO É O CASO DO TRAMO MORRAZO-VIGO, e a tal efecto, (compensen financieiramente ás sociedades concesionarias a través dun "Fond o" que se nutra cos importes dos impostos pagados por ditas concesionarias, incluidos os impostos sobre sociedades e o IVE.).

2.- Que se supriman as normas que modificaron a Lei 8/72, do 10 de maio, de construcción, conservación e explotación das autoestradas en réximen de concesión, e que permiten a ampliación da duración das concesións."

Moaña, 21 de xaneiro de 2000."

 

INTERVENCIÓNS

Intervén en primeiro lugar o Sr. Sergio Regueira o amparo no disposto no Reglamento de Participación Ciudadana por telo así interesado.

Sr. Millán Otero expón que de entrada non apoia a moción e se abstendrá o seu grupo, pois ten pedido insistentemente a supresión do peaxe de Rande, non admitindo ninguha clase de compensación . Gustaríalle coñecer ter influido no Conselleiro da CPTOPV, Sr. Cuiñas para que o mesmo cambiara de forma tan radical o tema do peaxe de Rande.

Sr. Leite Fraga manifesta que se atopa disposto a retirar da moción a petición de compenscions.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda aprobar o moción presentada polo grupo municipal do PSOE.

 

8.- MOCIÓN ESQUERDA DE GALICIA SOBRE CONTRATACIÓN PERSOAL:

O voceiro do Grupo Municipal E de Galicia, Sr. Santos Leites, dá lectura á moción epigrafada e que, transcrita, di:

"Durante o funcionamento normal do Concello, prodúcense dentro do Departamento de Persoal, circunstancias imprevisibles que obrigan a realizar contratacións de traballadores con certa urxencia e por períodos de tempo xeneralmente non moi longos, como poden ser : baixas laborais por enfermidade ou accidentes, licencias por maternidade e outras, ou aumentos puntuais da carga de traballo en determinados servicios e épocas do ano.

Á necesidade de seguir prestando os servicios afectados, leva a que por deixación, por premura, ou por outras razóns se realicen estas contratacións de xeito arbitrario, conculcando os principios básicos que deben rexir nos procesos de contratación por parte das administracións públicas: Igualdade no acceso para todos/as, publicidade dos postos de traballo que se ofertan e a valoración dos méritos e capacidade dos demandantes de emprego, aíndaque estemos falando xeralmente de postos de traballo eventuais e de corta duración.

Coa intención polo tanto de garantir o dereito de tódolos veciños/as a optar si así o desexan a un destes postos de traballe compatibilizar este dereito coa funcionalidade precisa para que sexa efectivo, propoño a adopción dos seguintes acordos:

1.- Elaboración por parte do servicio de persoal do Concello dos criterios mínimos de titulación esixibles para acceder as distintas categorías de traballo.

2.- Establecer un baremo de méritos que se terán en conta para cada unha das categorías e postos.

3.- Cada certo tempo air un período, coa publicidade necesaria, para que quen así o desexe presente a documentación pertinente, e así elaborar unha lista ordenada segundo os baremos anteriores, para a realización de substitucións.

4.- As contratacións a realizar, faranse de acordo con esta lista, que será pública.

5.- todo este proceso, e outras cuestións a concretar: rotacións dentro da lista.... faranse co control e participación do comité de empresa do Concello."

Moaña, 17 de xaneiro de 2000.

Asdo: Euloxio S. Leites."

 

INTERVENCIÓNS:

Faino en primeiro lugar o portavoz do grupo municipal do Partido Popular, D. Alberto Currás Piñeiro e quere facer constar que ten explicado de forma reiterada en comisións informativas que o problema é a catalogación de postos de traballo de Oferta Pública de Emprego que se levará a efecto coa maior brevedade posible, algo que se aprobará no presuposto do exercicio 2000. Parécelle correcto que se formulen estas peticións na moción presentada.

Sr. Leite Fraga a disculpa que presenta o delegado de persoal a este problema é a de sempre. Contrátase a dedo a diferente persoal sin ofertar empleos e na súa consecuencia realizar exámenes , en concreto non se dan as oportunidades mínimas os aspirantes a postos de traballos no Concello.

Sr. Santos Leites quere facer constar que xamás dixo que se cometa ilegalidades nas contratacións; do que se trata é que de todos os aspirantes a postos de traballo no concello teñan a información a través da publicidade en igualdade de condicións. E o caso da Xunta de Galicia que co seu convenio colectivo modela a forma de contratación.

Sr. Alcalde debe coñecer a actual Corporación, que a anterior elaborou listas de persoal para traballos no Concello e esas listas sirven de base actualmente para seguir co mesmo criterio, por tanto non cabe ningunha expeculación.

Sr. Rosendo Moreira replícalle o Sr. Alcalde no sentido de que o Goberno anterior elaboraba listas para a contratación de persoal pero parece déuselle máis dunha volta as listas e hai que evitar repetición nos contratos.

Por último interven o concelleiro delegado de Servicios, Sr. González Gonzalez quen manifesta non solo ha de terse en conta a elección do traballador por rigoroso orde, sinon que haberá que ter en conta a persoa que de verdade traballe.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a moción presentada por Esquerda de Galicia.

 

9.- MOCIÓN DO BNG S/ SECTOR AGRARIO GALEGO:

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, dá lectura a moción epigrafada e que, transcrita, di:

"Nos últimos dous anos acentuaronse unha serie de feitos e situacións que evidenciaron e fixeron máix apreciabel, se cadra, a situación de que o sector agrario non é prioritario para o Goberno Galego. A modo de exemplos máis relevantes podemos citar: a venda de LEYMA A PULEVA; os baixos prezos que soportaron os productores de porcino, avicultores, vacun de carne, leite, cunícula e pataca; a má negociación realizada polo conselleiro de Agricultura en Madri á hora de reparti-los dereitos de plantación de viñedo, primas de vacun de carne e cota láctea procedentes da reforma da política agraria comunitaria; os incumprimentos dos compromisos adquiridos polo conselleiro cos representantes dos agricultores; a falla de solucións e a negativa sistemática a estudiar saídas ós problemas plantexados,; a ausencia dun marco estabel de negociación e intelocutor estábel; o cobro, por vez primeira, da supertaxa láctea; a represión contra as mobilización dos gandeiros, etc...

Esta realidade confírmase tamén á hora de destinar fondos ó sector agrario no momento de confecciona-los orzamentos da Xunta, o que significa fortes recortes nos programas de inversións, plans de mellora, axudas e subvencións dirixidas ós productores galegos.

Todo isto producese mália o peso económico e social que segue tendo o sector agrário en Galicia, que ocupa directamente a máis de 153.000 persoas, preto do 17% da poboación ocupada, ó que se engaden os postos de traballo xerados nun amplo abano de actividades e servizos: transformación, distribucións e comercialización de productos, venda e reparación de maquinaría, produción e comercialización de pensos, abonos e productos fitosanitários, construccións, veterinarios, comercio en xeral, etc., co que dinamiza economicamente moitas comarcas de Galicia, e contribue, ademas, á fixación de povoación nas áreas rurais.

Tamén é preciso sinalar que a renda agraria galega segue sendo a metade da española e un tercio da europea, destacando que nela as subvencións só equivalen ó 10%, mentres que na española superan o 25%.

Mentres o actual Goberno galego ten esquecido ó sector agrario, parte dos seus sectores estrat4xicos perden peso día a día, sometidos ás consecuencias da reonversión e reestructuración incontrolada e desordenada á que se ven abocados. Serva de exemplo o sector lácteo, no que abandonaron a activicade máis de 65.000 explotacións nos últmos 9 anos.

Diante desta situación as organizacións profesionais agrarias, Unión Sindical Agaria Galega, Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias, teñen convocada unha manifestación en Santiago de Compostela o día 15 de febreiro para esixir un ambio de actitude do Goberno Galego e compromisos cos temas recollidos na seguinte táboa reivindicativa:

  • Dignificación da profesión de labrego/a.
  • Marco estabel de interlocución coa administración para democratizar o agro.
  • Prezos xustos para garantir rendas dignas e para manter o emprego no meio rural.
  • Reparto equitativo das axudas públicas e dos direitos de produción en base a criterios socioeconómicos.
  • Dotación orzamentaria suficiente para acometer un plano global de desenvolvemento do meio rural e dos sectores productivos.
  • Revogación dos acordos de Madri.
  • Defensa e promoción dos productos das nosas explotacións fronte ó fomento de producións inseguras e industrializadas.
  • Control e prohibición da venda nos mercados de productos alimentarios por baixo dos custos de producción.
  • Ordenación de territorio e dos usos da terra.
  • Indemnización polos danos ocasionados pola fauna salvaxe.
  • Cese da represión sobre as mobilizacións labregas. Anulación das multas e absolución dos procesados na tractorada do ao 1998.

Por todo elo, solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte ACORDO:

Apoiar a táboa reivindicativa exposta e a realización da manifestación que os labregos/as galegos/as teñen previsto realizar en Santiago de Compostela o día 15 de febreiro."

Moaña, 24 de xaneiro de 2000.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG."

 

INTERVENCIÓNS

Non hai.

 

O Alcalde quere facer constar que a única política que se pode practicar por parte da Xunta de Galicia.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con seis votos a favor (os Srs.Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Leite Fraga, Santos Leites e Sra. Lorenzo Martinez ) e nove en contra (os Sr.Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González Gonzalez, Martínez Couso e as Sras. Costas Gayo, Entenza Dominguez e Martín Alonso) rechazan a moción presentada.

 

ROGOS E PREGUNTAS

O Sr. Leite Fraga dá lectura os rogos e preguntas por él formulados. O Sr. Alcalde contestará por escrito a uns e outras.

Por canto as preguntas formuladas polo portavoz do BNG, Sr. Millán Otero, igualmente lle serán constestada por escrito.

En canto a pregunta formulada polo portavoz de Esquerda de Galicia sobre a situación do vertedeiro municipal, que o mesmo se atopa en estado lamentable dende que se rescindiu o contrato a anterior empresa, non existendo horario fixados para verter.

O Alcalde respóstalle que con excepción dos dous días que estivo averiada a máquinaria do mantenimento, ese servicio funciona con total corrección.

 

E, non sendo outro o obxeto, a presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 22:10 horas , do día fixado no encabezamento, de todo o que, como Secretario DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,