ACTA 3/00
ACTA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 24 DE FEBREIRO DE 2000.
ORDE DO DÍA:
PUNTO ÚNICO: REPULSA DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE MOAÑA POLO ATENTADO TERRORISTA EN VITORIA.
ASISTENTES:
Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO
CONCELLEIROS:
D. Alberto Currás Piñeiro.
D. José Manuel Cordeiro Portela
D. Javier Abal Juncal.
D* Maria C. Costas Gayo.
D* Carmen Sotelo Pena.
D. José González González.
D. Osbaldo Martinez Costa.
D* María Martín Alonso.
D*. Carmen Entenza Dominguez.
D. Xosé Manuel Millán Otero.
D. Rosendo Moreira Piñeiro.
D*. Isabel Lorenzo Martinez.
D. Alberto Miranda Cancelas.
D. José Luis Leite Fraga.
D. José E. Santos Leites.
Secretario :
Felipe Fermoso Valdes.Na casa do Concello de Moaña, o 24 de febreiro de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 19:45 horas, en primeira convocatoria.
A presidencia declara aberta a sesión ás 19:45 horas.
DECLARACIÓN DE URXENCIA:
O alcalde ó amparo do disposto no art. 79 do ROF, solicita á Corporación a declaración de urxencia da presente sesión extraordinaria, a que se aproba por unanimidade.
PUNTO UNICO: REPULSA DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE MOAÑA POLO ATENTADO TERRORISTA EN VITORIA:
O alcalde manifesta á Corporación os telegramas de condolencia que no nome da Corproación achegou ó Goberno vasco, PSOE, condenando os feitos.
Seguidamente dá lectura ó seguinte escrito que, transcrito, di:
"REPULSA DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE MOAÑA POLO ATENTADO DE VITORIA.
O pasado martes, a Corporación Municipal de Moaña mandou un telegrama ó lehendakari do Goberno Vasco, D. Juan José Ibarretxe, para transmitirlle a nosa condolencia e solidaridade coas familias do voceiro socialista no parlamento vasco, D. Fernándo Buesa Blanco e do seu escolta, D. Jorge Díez Elorza, tralo brutal asasinato perpetrado nese mesmo día pola banda terrorista ETA.
Asi mesmo, foille entregado ó voceiro municipal do PSG-PSOE de Moaña as condolencias da Corporación por tan lamentable suceso e a súa vez transmitiralle a tódolos seus compañeiros de partido.
Pois ben, con estas mostras de solidaridade, hoxe desgraciadamente estamos novamente unidos diante deste novo asasinato de ETA que ninguén dubida en calificar de brutal, terrorifico e salvaxe, pero que non evitarán a nosa emoción nin mitigarán o noso estupor diante de semellante brutalidade.
Haberá quen interprete o doble crimen do pasado martes como o doloroso peaxe que outros han de pagar a espera de que ETA recapacite pero actitudes desa 44indole non teñen cabida nunha sociedade democrática.
O propio Fernando Buesa, como reproducen estes días tódolos diarios nacionais, había consignado no libro de sesións do Parlamento Vasco o seguintes: "Non hai razón política para a violencia e nos non descartamos o dialogo e a man tendida para consegui-la paz".
A Corporación Municipal comparte plenamente actitudes democráticas como ás expresadas anteriormente, e manifesta o sentimento únanime de rexeitamento destas mortes incomprensibles nunha sociedade que desexa sentirse unida, solidaria e firme frente ós que pretenden impoñer o seu propio dogma a un país que só pode construirse como un país de todos e para todos."
Moaña, 24 de febreiro de 2000.
A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-lo escrito de repulsa, nos seus propios termos.
Seguidamente o voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, manifesta que o PSOE agradece ó alcalde as mostras de solidaridade e repulsa por estos feitos, á vez que fai público que o fará nos casos análogos que espera non se repitan nunca.
E, non sendo outro o obxecto, a presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 19:55 horas, do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.
O ALCALDE, O SECRETARIO,