Actas dos Plenos


ACTA 3/00

ACTA 4/00

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 24 DE FEBREIRO DE 2000.

 

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN, SE É O CASO, ACTA N: 1 E 2/2000.

2.- RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.- TOMA DE POSESIÓN DO CONCELLEIRO D. JULIO MARTÍNEZ.

4.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO (29.03.99) SOBRE PERSOAL.

5.- CONVENIO URBANÍSTICO CON D. EUGENIO BERMUDEZ.

6.- INCLUSIÓN DA COMARCA DO MORRAZO NO PLAN DE DESENROLO COMARCAL DE GALICIA.

7.- PLIEGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DO CONCURSO PARA ADXUDICACIÓN 2* FASE CONSTRUCCIÓN CASA DO CONCELLO.

8.- MOCIÓN DO BNG SOBRE "REGULAMENTACIÓN DA INSTALACIÓN DOS POSTES DE TELEFONÍA MÓVIL".

9.- MOCIÓN DO BNG RELATIVA Ó "8 DE MARZO SOBRE A PROBLEMÁTICA DAS MULLERES".

10.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE "AREA METROPOLITANA".

11.- MOCIÓN DE E.G. SOBRE "INTERVENCIÓNS ATERRADO EN SAN BARTOLAMEU".

12.- ROGOS E PREGUNTAS.

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

D. Javier Abal Juncal.

D* Maria C. Costas Gayo.

D* Carmen Sotelo Pena.

D. José González González.

D. Osbaldo Martinez Costa.

D* María Martín Alonso.

D*. Carmen Entenza Dominguez.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D*. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D. Julio Martínez Rodríguez.

D. José Luis Leite Fraga.

D. José E. Santos Leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

Na casa do Concello de Moaña, o 24 de febreiro de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:20 horas.

INCIDENCIAS:

Ás 21:50 horas auséntase do salón de sesión o concelleiro D. Osvaldo Martínez Costa.

 

 

1.- APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES:

Dáse conta dos borradores das actas 1 e 2/2000, correspondente a realizada o día 27 de xaneiro e 14 de febreiro de 2000, respectivamente.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda-la aproba-las actas sinalas, sen facer ningún reparo.

2.- RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA:

Dáse conta das resolucións da Alcaldía dende a sesión ordinaria do día 27 de xaneiro de 2000.

A Corporación queda o corrente.

 

3.- TOMA DE POSESIÓN DO CONCELLEIRO D. JULIO MARTÍNEZ.

O alcalde dá conta do escrito da Xunta Electoral Central que transcrito, di:

"Credencial de concelleiro.

D. Juan Antonio Xiol Ríos, presidente da Xunta Electoral, expido a presente credencial expresiva de que foi desginado concelleiro do Concello de Moaña (Pontevedra)

D. Julio Martínez Rodríguez.

Por estar incluído na lista de candidatos presentada por PsdeG-PSOE ás eleccións locais do 13 de xuño de 1999, en substitución, por renuncia, de D. Cándido Pena Viéitez."

Seguidamente o alcalde pregunta a D. Julio Martínez Rodríguez si acepta o cargo para o que foi nomeado e ante a resposta afirmativa manifestalle que ha de xurar ou prometer como fase previa a súa toma de posesión.

D. Julio Martínez Rodríguez le a proposta de promesa ante a Corporación, toma posesión do seu cargo para o que foi nomeado, incorporándose ó escaño que ten asignado no salón de plenos do concello.

4.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO (29.03.99) SOBRE PERSOAL.

O alcalde dá conta do acordo da Comisión de Goberno n: 13/99, realizada o día 29.03.99 e que, transcrito, di:

"I) COMPLEMENTO SALARIAL TRABALLADOR:

Dáse conta do escrito achegado pola xestoria "La Social, SL", solicitando aclaración das dúbidas de acordo plenario  punto 9 da Orde do Día- realizado o día 25.02.99-, dos seguintes puntos:

  • Datas nas cales o Sr. Rocha Rúa substituie por vacación ó Sr. Jesús Boubeta ou clarexamento de si estas retribucións serían definitivas, posto que pola interpretación do transcrito en ningún lugar do mesmo o di.
  • Retribución clara e concisa do que se pretende pagar, expresada en salario bruto, xa que motivada polos continuos cambios de bases de cotización, IRPF, etc. Sería moi complicado controla-las continuas fluctuacións que se producirían no mesmo.

A Comisión de Goberno, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :

1:.- Comunicarlle que as retribucións do traballador son definitivas e en canto o ás retribucións en salario bruto serían 26.605 ptas mensuais.

2:.- Ratifica-lo acordo na próxima sesión plenaria que se celebre."

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda ratifica-lo acordo transcrito, nos seus propios termos.

 

 

5.- CONVENIO URBANÍSTICO CON D. EUGENIO BERMUDEZ.

Dáse conta do convenio, informe do secretario e do arquitecto municipal, que transcritos din:

"INFORME DE SECRETARÍA

ASUNTO: APROBACIÓN CONVENIO URBANÍSTICO

O Concelleiro delegado de urbanismo D. Javier Abal Juncal, solicítame informe en relación co convenio urbanístico redactado, a suscribir entre o Concello de Moaña e D. Jorge Bermudez García, representante da entidade Eugenion Bermudez e Hijos, S.L. todo elo en base os seguintes

A N T E C E D E N T E S:

1.-A entidade señalada é propietaria dun terreo de 2.000 metros cuadrados no lugar das Pagonas, cuios límites quedan especificados no Convenio. Esta entidade mercantil cede o Concello de Moaña dita parcela con destino a usos ocupacionais, acceso a edificios públicos e outros . O Concello comprometese a modificar a Norma no término máximo de tres anos, en caso contrario o propietario do terreo verase indemnizado na cantidade negociada.

Por canto antecede, esta Secretaria Xeral, emite o seguinte

I N F O R M E:

Primeiro.- Lexislación aplicable art. 303 da Lei 1/92 do 26 de xuño é disposición adicional primeira da Lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia.

Segundo.- Existe informe técnico emitido polo Sr. Arquitecto Municipal sobre a viabilidade e convenencia do convenio, asi como, a valoración da indemnización ó titular en caso de non cumprir o Concello o compromiso de modificación das normas.

Terceiro.- Por canto as clausulas que compoñen o documento, estimo se axustan a Lei e unicamente será o propio Pleno da Corporación o que as valores e decida.

E, canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá."

Moaña, vintecatro de febreiro de dous mil

O SECRETARIO,

"Visto o borrador de convenio urbanístico para a consecución de terreos destinados a zona de maniobra de autobuses no centro de FP e analizando o seu contido, estimase necesario a súa modificación e matización no seguinte sentido:

1:.- Na cláusula primeira no que se deberá facer mención á clasificación e calificación urbanística do solo, xa que en última instancia será a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a que, mediante informe preceptivo e vinculante, decidirá sobre a clasificación e resolución de ámbito en cuestión.

2:.- Na cláusula octava non se deberá facer mención á cantidade algunha de indemnización, propoñéndose que se estableza unha indemnización polo xustiprezo da parcela en cuestión, calculado á dato do pagamento."

Moaña, 24 de febreiro de 2000.

O Alcalde fai un chamamento a D. J. Tomé Cruz, que ten interesada unha intervención no punto a tratar, quen fai unha exposición de denuncia por apropiación indebida, tanto de terreos como dun delito ecolóxico.

O alcalde unha vez que a Corporación lle confirma que coñece o convenio, asi como informe do técnico municipal, dá lectura ó informe emitido polo secretario xeral do concello.

INTERVENCIÓNS:

O delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, pide o voto favorable para dar curso ó mesmo, é necesario e urxente a súa firma; o teñen interesado APAS e outros colectivos.

O voceiro do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes, Sr. Santos Leites, di que valora positivamente o esforzo do concelleiro de Urbanismo ó lograr unha rebaixa nos prezos; nembargantes votará en contra da súa firma, polas razóns seguintes:

1:.- Non negamos a importancia de que se faga a obra da rotonda para mellora-lo acceso ós institutos, pero neste caso, este non é o fondo da cuestión, o que se debate son os procedimentos urbanísticos utilizados, que constituien un grave menoscabo da capacidade e competencia dun concello para ordear o seu territorio.

2:.- A situación de partida é a seguinte:

A empresa Eugenio Bermúdez SL, é propietaria de dous terreos, un deles dentro do plan parcial de carácter industrial "As Paxonas" A-11 e outro calificado como dotacional DFP1 na 1* das fincas existen as seguintes ilegalidades, o non terse desenvolto o plan parcial:

  • construcción de nave para garaxe e reparación de autobuses.
  • Construcción de vivenda unifamiliar.
  • Canalización e desvio dos rios Arroaz e Inferno (das cales existe denuncia ante Augas de Galicia.

3:.- O Concello pretende a cesión de 2.000 m2 da finca para termina-lo acceso e rotonda os institutos. O represenante da empresa propón cedelos a cambio dunha modificación urbanística, eliminando o plan parcial A-11 e clasificando a finca como chan urbano consolidado, regulado pola ordenanza 5. Con este cambio estaría exento de desenvolver o plan parcial, das cesións obrigatorias ó concello (10 % segundo a Lei do Solo) e aumentaría o aproveitamento que pasaría de 0,5 m2/m2 atá unha ocupación do 70% ou maiores. É dicir, existe unha ganancia en termos económicos para a empresa que é evidente (olvidándonos xa das infraccións).

Pero ademáis a empresa establece que de non levarse a cabo a modificación da norma se lle abonará a razón do xustiprezo que se estableza; polos terreos cedidos. Amén doutras clausulas abusivas.

4:.- En conclusión pasouse de estar o Concello nunha posición dominante nunha negociación na cal ten "a sartén polo mango" a unha situación de debilidade, na cal a outra parte impón os seus criterios, obrigando ó Concello a facer urbanismo ó dictado, dos intereses dun particular, sentando un grave precedente e agravios comparativos.

5:.- Este convenio de aprobarse, supón deixar baleiro de contido a competencia municipal en materia de urbanismo, sin capacidade de decidir sobre a ordenación do seu territorio, convertindo na Lei da selva, onde cada un fai o que quere e despois xa se arreglará. Supón ademais institucionalizar dous urbanismos distintos:

  • os que cumplen e son castigados.
  • Os que incumplen e son premiados.

6:.- Existen alternativas para facerse co terreo sin sentar ese precedente: o desenvolvimento do plan parcial, ou a via da expropiación urxente, polo interés público da obra.

Diante dos feitos o que habería que decidir hoxe, e así quero que se recolla en acta, é a apertura dun expediente por infracción urbanística.

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que o convenio naceu coa Corporación anterior, para logar accesos ós institutos, intentouse a fórmula de expropiación, pagando 2 millóns si non se modificaba a norma, optouse finalmente por pagar 1.000 m2. Hai que dar solución ó problema; votará a favor da firma do convenio.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que non lle satisface o presente convenio, quere recordar que a anterior Corporación realizou propostas dando solución ós graves problemas existentes, pensando sempre no interese público e non do interese privado que neste caso é a empresa Bermudez. Na propiedade existen infraccións graves, desconfia do resultado positivo do trámite de modificación puntual da Norma. O lóxico sería o desenvolvemento dun plan parcial. Nembargantes, votaremos a favor do convenio para asi intentar axilizar a construcción da rotonda e esperando que sexa un primeiro paso para restablecer a legalidade.

O delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, di que o tema que nos ocupa ten moita antigüidade, o prezo de ocupación de terreos oscilaría entre 1.000 e 2000 ptas/m2.

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, pregunta ó concelleiro de Urbanismo polo informe a remitir á COPTOPeV, para que a partir da firma do convenio se faga cargo dos terreos.

O voceiro do Grupo Municipal EdeG-Os Verdes, Sr. Leites Santos, recoñece que é un tema antigüo, ninguen está en contra da creación de industrias que xeneren postos de traballo pero non se pode consentir sexa a través de infraccións, debe respetarse a Norma, nunca legalizar infraccións, se sentaría un mal precedente. Votará en contra.

VOTACIÓN E ACORDO:

 

A Corporación, en votación ordinaria e por dezaseis votos a favor (Os dos Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Martínez Couso, Sra. Martín Alonso, Sra Entenza Domínguez, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra. Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez, Leite Fraga) e un en contra (O Sr. Santos Leites) acorda:

1:.- Aproba-los informes epigrafados, nos seus propios termos.

2:.- Facultar o alcalde para a asinatura do convenio urbanístico

6.- INCLUSIÓN DA COMARCA DO MORRAZO NO PLAN DE DESENROLO COMARCAL DE GALICIA.

O voceiro do grupo Municipal do PP, Sr. Currás Piñeiro, dá conta da proposta de inclusión da comarca do Morrazo no plan de desenvolvemento comarcal de Galicia e que, transcrita, di:

"Unha definición de comarca podería ser aquela que a define como un ámbito territorial formado por un conxunto de concellos contiguos que teñen entre eles unha forte cohesión interna, baseada en feitos naturais, históricos, económicos ou funcionais.

Para impulsar, estimular e dinaminza-las comarcas, realizouse o Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia, que ten como obxectivo primordial acada-lo equilibrio territorial, mediante a implantaciún dun modelo sostido de desenvolvemento integrado, potenciando os recursos endóxenos, coa finalidade de fixa-la poboación, principalmente ós mozos. Por todo iso, faise preciso crear actividades alternativas e emprego, e introduci-la cultura de planificación por medio da coordinación, dando lugar a unha mellor racionalización das decisións dentro dun programa rexional único de desenvolvemento local.

A aplicación das estratexias definidas no Plan de desenvolvemento comarcal vai traer mellores condicións de progreso e emprego para o Morrazo en xeral e para Moaña en particular, mediante a aplicación de políticas de cooperación das iniciativas públicas e privadas, apoios ás PIMES, difusións das novas tecnoloxías, etc.

Estes traballos de coordinación e dinamización faranse por medio dunha fundación comarcal que terá un padroado como órgano para o seu goberno.

De acordo co expresado, propoño ó Pleno da Corporación que adopte os seguintes acordos:

1:.- Solicita-la inclusión da Comarca do Morrazo no Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 12 da Lei 7/96, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal, facultando ó Sr. Alcalde para que poida asinar tódolos documentos para tal fin.

2:.- Aproba-la incorporación ó Padroado da Fundación para o desenvolvemento da Comarca do Morrazo, facultando ó Sr. Alcalde para que parcitipe no padroado da devandita fundación, segundo se recolle nos estatutos desta.

3:.- Dar traslado dos presentes acordos ás consellerías da Presidencia e Administración Pública, á de Xustiza, Interior e relacións laborais, e ós concellos de Bueu, Cangas e Marín.

Tamén dáse conta do informe, emitido polo secretario xeral do Concello, realizado o día 14.02.00 e que, transcrito, di:

"ASUNTO: CREACIÓN DUNHA ENTIDADE DE ÁMBITO COMARCAL.

O Sr. Alcalde solicítame informe sobre a viabilidade da creación dunha entidade de ámbito territorial (comarca) na Península do Morrazo, comarca natural, que incluiría os municipios de Bueu, Cangas, Marín e Moaña e incluirla no Plan de Desenrolo Comarcal de Galicia, que tralos trámites legais poden propiciar á Consellería de Xustiza, Interior e relacións laborais e a súa aprobación pola Comunidade Autónoma. O fin primordial que fixa esta comarca sería o acceso a fondos europeos e outras instancias con destino o desenrolo da propia comarca sin coste algún por parte dos concellos que se comarcalicen.

Por canto antecede esta Secretaría emite o seguinte INFORME:

1.- Lexislación aplicable: art. 3.2.b; 42 e 47.3 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local; art. 37 do TRRL e art. 141.3 e 142.3 da Constitución Española.

2.- En efecto, tanto o art. 3.2.B da Lei 7/85, do 2 de abril como os arts. 141.3 e 142.3 da propia Constitución española, prevén a creación de entidades de ámbito comarcal que agrupen a varios municipios. O art. 37 do TRRL prevé o réxime económico destas entidades, que necesariamente terán que axustarse á lexislación local vixente.

3.- O art. 42 da Lei 7/85, que ratifica a posibilidade de creación de comarcas polas comunidades autónomas, establece as características, condicións e requisitos que terán que seguirse por parte dos concellos que pretendan comarcalizarse.

4.- Non existe convinte algún por parte desta Secretaría Xeral para que polo Pleno da Corporación co voto previsto no art. 47.3 da Lei 7/85 da maioria absoluta, o concello de Moaña se adhira o resto dos municipios reseñados para que se constitua en comarca e seguir en conxunto os trámites de aprobación de estatutos, etc.

E, canto debo informar, nembargantes o Pleno da Corporación decidirá."

Moaña, 14 de febreiro de 2000.

O SECRETARIO.

DELIBERACIÓN:

O voceiro do grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que está en contra da proposta, existen discrepancias de anos anteriores, o tema non se pode discutir en pleno, a proposta é a creación dun simple chiringuito; a comarca non dá resultados satisfactorios, o PP, trata de impoñerlo por simples ordenes de os seus superiores, debe analizarse o tema de forma obxectiva.

O único que cree neste Servicio é o Sr. Precedo Ledo, ainda que os seus resultados ó longo de 10 anos é nulo, pois a súa dotación de 700 millóns é insuficiente.

O papel atribuido ás fundacións comarcais é de novo adorno, non hai máis que iniciativas nin feitos consumados, non hai máis que reunións entre Deputación e Concellos sin resultado algun; estas institucións están pensados para municipios del Interior de Galicia, onde predomina o cabeceira de maior poboación, no Morrazo non ten razón de ser, aspirase a que Cangas sexa a cabeza visible. Débese reactiva-la mancomunidade.

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, di que a creación da fundación ten por obxecto por en marcha o enunciado no Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia ideado polo Sr. Precedo Ledo. A estratexia global deste plan, tal e como recollen os estatutos da Fundación no punto a)  Reduci-los desequilibrios existentes entre a Galicia urbana e costeira e a Galicia rural ou do interior, e afortunadamente temos a sorte de pertencer á área económica e urbana mais importante de Galicia, como é a Area Metropolitana de Vigo. Aplicando este modelo a nosa comarca e en especial o noso concello, o presunto equilibrio territorial que persigue, lexos de conseguirse, tenderá mais ben a todo o contrario. Nunha ponencia presentada polo Sr. Precedo Ledo en Pontevedra hai dous anos, titulada "El desarrollo comarcal: un modelo complementario para el desarrollo de Galicia" onde teoriza largo e tendido sobre o seu modelo comarcal, o Sr. Precedo Ledo argumenta o seguinte para explicar a filosofía do Plan: "La existencia de déficits en las dotaciones e infraestructuras locales, obliga dentro de un esquema posibilista (referíndose á escasez de recursos políticos), requiere racionalizar y concentrar las inversiones en determinados puntos del territorio". É evidente que eses puntos do territorio son para este modelo de Desenvolvemento Comarcal as teóricas capitales de comarca. Significa esto para Moaña recoñecer formalmente a Cangas como a capital do Morrazo, que será onde se localicen as inversións e dotacións. Preguntámonos ?Onde se localizará a sede da Fundación, onde se ubicar`4a o futuro centro de exposicións comarcais que leva adscrito este Plan, e xa sendo un tanto perspicaz, onde se construirá a famosa piscina do Morrazo? Seguindo as directrices deste modelo, evidentemente non será en Moaña. Coa aplicación deste Plan só se conseguirá profundizar aínda o complexo e marxinación que sentimos os moañeses cando nos comparamos con Cangas.

Os socialistas non aceptamos esta marxinación e creemos firmemente nas potencialidades deste concello en primeira persoa. Propoñemos outro modelo de desenvolvemento que sen dúbida terá máis futuro e será máis beneficioso para Moaña como é a inclusión cos plenos dereitos na Area Metropolitana de Vigo.

O voceiro do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes, Sr. Leites Santos, di que esta comarca para ter éxito, debe ser viable, dotación económica, si non se dan estas circunstancias é para facer algun favor. Este organo non é propio para a comarca do Morrazo, nos seus estatutos debe aparecer de pesca non de agricultura, en definitiva, parece que se crea para colocar a algún gerente.

O voceiro do Grupo Municipal do PP, Sr. Currás Piñeiro, di que se trata de crear organismos que beneficien ó Morrazo, nos estatutos estarán representados os órganos necesarios e convenientes e se recollerán toda clase de suxerencias, pide o apoio á moción.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que o Sr. Precedo quedará decepcionado polos seus traballos, todo se reduce a unha Fundación Comarcal, o Morrazo necesita dotación de estructuras para crear postos de traballo, non para dotar a esta fundación de azafatas, xerente, etc.

O alcalde, di que co Plan Comarcal ó que pensan adherirse se van a crear 320 empresas con 200 postos de traballo, pide o voto favorable.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por dez votos a favor ( Os Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra Sotelo Pena, Martínez Couso, Martín Alonso, Entenza Domínguez) e sete en contra (Sres Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez, Leite Fraga, Santos Leites) acordan:

1:.- Solicita-la inclusión da Comarca do Morrazo no Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 12 da Lei 7/96, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal, facultando ó Sr. Alcalde para que poida asinar tódolos documentos para tal fin.

2:.- Aproba-la incorporación ó Padroado da Fundación para o desenvolvemento da Comarca do Morrazo, facultando ó Sr. Alcalde para que parcitipe no padroado da devandita fundación, segundo se recolle nos estatutos desta.

 

 

3:.- Dar traslado dos presentes acordos ás consellerías da Presidencia e Administración Pública, á de Xustiza, Interior e relacións laborais, e ós concellos de Bueu, Cangas e Marín.


7.- PLIEGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DO CONCURSO PARA ADXUDICACIÓN 2* FASE CONSTRUCCIÓN CASA DO CONCELLO.

O alcalde dirixese ós membros da Corporación, os cales manifestan que coñecen o prego de condicións, asi como o informe de Secretaría e, que transcritos, din:

"PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS

PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDIMENTO ABERTO,

MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA

"CONSTRUCCIÓN CASA DO CONCELLO DE MOAÑA, 2: FASE".

1:- Objeto de contrato: Constituie ó obxecto do contrato a realización por procedimento aberto das obras de "Construcción da Casa do Concello de Moaña, 2* fase", de conformidade co presuposto técnico redactado por D. Arturo Dapena Barros, arquitecto e aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do día 13 de maio de 1996. O proxecto e as súas condicións técnicas, planos, cadros de prezos xuntamente co presente prego de clausulas administrativas terá carácter contractual.

2:.- Criterios que deben reuni-las propostas para a adxudicación: A proposta de contrata da obra ascende a 147.000.000 ptas. Na oferta dos licitadores entendérase comprendido o importe do IVE, de acordo co establecido no art. 78 L.C.A.P.

Os criterios han de rexir de base, para a adxudicación son os seguintes: prezos, solucións técnicas que melloran o proxecto aprobado, plazo de execución, calidade e características estéticas ou funcionais.

3:.- Financiación das obras: A cargo do Concello que terá consinación suficiente na partida do presuposto xeral vixente, conforme á certificación de existencia de crédito por importe de 147.000.000 ptas, desglosados do seguinte xeito:

Protocolo.. 120.000.000 ptas.

Exercicios anteriores 8.000.000 ptas.

Aportación municipal.. 19.000.000 ptas.

4:.- Duración do contrato e execución das obras: A duración do contrato fíxase entre a data de notificación do acordo de adxudicación definitiva das obras e a devolución da garantía definitiva. O prazo de execución das obras será de 18 meses a partir do seguinte ó da acta de comprobación de recuamento si non houbese reservas ou ó seguinte ó da notificación ó contratista, da resolución autorizando o inicio das obras.

5:.- Acta de comprobación do recuamento.- Dentro dos dez días seguintes ó da data de formalización do contrato (non superior a un mes) terá lugar a comprobación do recuamento, feito previamente nos termos establecidos no art. 121 da L.C.A.P, para comprobar a realidade xeométrica da obra e a disponibilidade dos terreos precisos para

unha normal execución. Esta comprobación a realizarán os tecnicos do Concello en presencia do contratista e extenderá acta do resultado que asinarán os interesados.

6:.- Realización e inspección das obras.- As obras realizaránse con estricta suxeicción ás claúsulas estipuladas no contrato e ó proxecto que sirve de base o mesmo. Incumbe ó Concello exercer dunha maneira continuada e directa a inspección da obra durante a execución a través de persoal técnico. O contratista está obligado non só á execución da obra, senon que responde dos defectos que na construcción poidan advertirse: atá que cumpla o prazo de garantía.

7:.- Pago e liquidación das obras: O contratista ten dereito ó aboamento de conformidade os prezos convidos da obra que realmente execute mediante certificación mensuais que expida o directos da obra. As certificacións da obra coa conformidade ou reparos do contratista, serán aprobadas por resolución da Alcaldía autorizando o pagamento con cargo á partida (Inversións) do presuposto xeral da corporación e virán coa reducción correspondente á baixa, si se houbera producido e os aboamentos ó contratista ten o concepto de pagos a conta suxetos ás rectificacións que se produzan na medición e liquidación final e sin supor en forma algunha aprobación e recepción das obras que comprende.

Dentro do prazo de 18 meses a contar dende a data da acta de recepción deberá acordarse e ser notificada ó contratista a liquidación correspondente e aboar o saldo resultante, no seu caso.

Si se produxera demora no pagamento do saldo de liquidación o contratista terá dereito a percibir o interés legal do mesmo a partir dos seis meses seguintes á recepción.

8.- Risco e ventura.- A execución da obra farase a risco e ventura do contratista e non terá dereito a indemnizacións por causa de pérdida, averias, perxuizos ocasionados nas obras, sinon nos casos de forza maior e sempre que non exista actuación imprudente pola súa parte.

9.- Prazo de garantía.- Feitas as obras o contratista comunicará ó Concello e dentro do mes seguinte terá lugar a recepción provisional, ó que concurrirá un facultativo por parte do Concello, o Interventor, o director da obra, o contratista acompañado dun técnico si o desexa. Si se atopan as obras en bó estado o facultativo representante do Concello dará por recibidas, levantando acta e comenzando o prazo de garantía de un ano. Transcurrido o prazo da garantía sin reparo por parte da Administración quedará extinguida a responsabilidade do contratista. Cando as obras non se atopen en estado de ser recibidas, fárase constar na acta e o director das obras señalará os defectos observados e sinalará as instruccións precisas, fixando o prazo para remedialas. Si transcurrido dito prazo o contratista non as houbera efectuado, podrá concederselle un novo prazo improrrogable ou declarar resolto o contrato.

10.- Responsabilidade por vicios ocultos.- Si a obra se deteriora con posterioridade ó prazo de garantía por vicios ocultos na construcción, debido o incumprimento do contrato, por parte do contratista, responderá este dos danos e perxuizos durante o periodo de 15 anos a contar da recepción.

Transcurrido dito prazo sin que se atopará ningunha manifestación de dano quedaría totalmente extinguida a responsabilidade do contratista.

 

 

11.- Revisión de prezos.- A revisión de prezos terá lugar cando o contrato se houbera executado no 20% do seu importe e houbera transcurrido 6 meses dende a adxudicación.

12.- Garantía provisional e definitiva.- Os licitadores acreditarán a constitución na caixa da Corporación, da garantía provisional do 2% do presuposto establecido como base de licitación. Dita garantía habrá de ser constituida en metálico ou aval bancario. A garantía provisional será devolta ós interesados despois da proposta de adxudicación do contrato, agás ó incluido na proposta. Nos supostos de presunción de temeridade será retida da garantía ós empresarios comprendidos na mesma, asi como ó mellor postor dos que non o estén ata que se dicte acordo de adxudicación. O adxudicatario está obligado a constituir a garantía definitiva do 4% do importe de adxudicación, que habrá de constituirse a favor do Concello, na forma prevista para a garantía provisional.

13.- Clasificación do contratista.- Para contratar coa Administración no presente concurso, será requisito indispensable que o contratista teña obtivo previamente a seguinte clasificación de máis de 140 millóns,

14.- Cumprimento obrigacións tributarias e S.S: O contratista obrígase a cumprir coas obrigacións tributarias e S.S, quedando o Concello exonerado de responsabilidade por este incumprimento.

15.- Réxime de sancións.- O contratista esta obrigado a cumpri-lo contrato dentro do prazo fixado para a realización do mesmo, asi como os prazos parciais fixados para unha execución sucesiva.

Cando o contratista por causas imputables ó mesmo houbera incurrido na demora respecto ó prazo total, o Concello podrá optar pola resolución do contrato ou imposición de penalidades previstas no art. 96 L.C.A.P.

Si os técnicos municipais observaran deficiencias nos materiais empregados na obra, o comunicarán ó Concello e contratista, sendo obxecto da sanción correspondente o importe dos materiais.

16.-Resolución do contrato.- As causas de resolución do contrato serán as previstas e cos efectos determinados nos arts. 112 e 150 L.C.A.P.

17.- Proposicións e documentación comprementaria:

17.1:.- Os licitadores só podrán presentar unha proposición na Secretaría do Concello nas horas de oficina durante ó prazo de 26 días naturais, contados dende o seguinte da publicación do anuncio no BOP.

17.2:.- A proposición presentárase en sobre pechado no que figurará a inscripción "Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de "Construcción da Casa do Concello de Moaña, 2* fase" polo procedimento aberto, mediante concurso, convocado polo Concello de Moaña.

Dentro deste sobre que contendrá 2 sobre A e B, pechadas coa mesma inscripción referida no apartado anterior e un subtítulo.

No sobre A, subtitulárase : "documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada e conterá a seguinte documentación:

  1. DNI ou fotocopia compulsada.
  2. Escritura de poder si se actúa en representación.
  3. Escritura de constitución de sociedade si é desta natureza.
  4. Os que acrediten condición de contratista, solvencia económica, técnica ou profesional.
  5. Declaración de non estar incurso en prohibicións para contratar (arts. 15 e 20 LCAP).
  6. Resgardo garantía provisional.
  7. Atoparse o corrinte de pago de obligacións tributarias e S.S.
  8. Para o caso de UTE, deberán cumprimenta-lo disposto no art. 24 da LCAP.

No sobre B, subtitularase: "oferta económica e criterios diferentes ó do prezo"

  1. Proposición de conformidade ó seguinte
  2. MODELO:

    D. co enderezo en

    DNI expedido en no nome propio ou representante de

    Como acredito por enterado do expediente de contratación ordinaria e da convocatoria para a adxudicación polo procedimento aberto, mediante a forma de CONCURSO das obras de "construcción casa do concello de Moaña, 2* fase", anunciado no BOP n: do día tomo parte na mesma comprometéndose a realizalas de acordo co proxecto técnico e prego de claúsulas económico-administrativas que acepto íntegramente, no prezo de (letra e número) IVE incluido e as modificacións e melloras, que se especifican en documento adxunto, facendo constar que manteño a oferta durante meses e non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no art. 20 da LCAP.

  3. Memoria cos criterios e as variantes ou alternativas que se ofrecen.

18.- Constitución da mesa e apertura de plicas:

18.1.- Terá lugar no salón de sesións do Concello, ás 12:00 horas do quinto día seguinte ó que termine o prazo sinalado para a presentación de plicas.

A mesa de contratación estará integrada por:

  • Presidente: alcalde ou concelleiro en quen delegue.
  • Vocais designados polo alcalde.
  • Secretario municipal.
  • Interventor municipal.

18.2.- Clasificadas previamente a documentación en tempo e forma, a mesa procederá en acto público á apertura das proposicións presentadas polos licitadores e as elevará co acta e a proposta que estime pertinente, que incluirá en todo caso a ponderación dos criterios indicados neste prego de condicións administrativas particulares ó órgano de contratación que fará a adxudicación do contrato.

18.3.- O órgano de contratación, tralos informes técnicos correspondentes, adxudicará o contrato no prazo de 3 meses a contar da apertura de proposicións.

 

 

19.- Réxime Xurídico.- No non previsto nas presentes claúsulas rexerán as normas da Lei 7/85, do 2 de abril de L.B.R.L e a Lei 13/95 do 18 de marzo de L.C.A.P.

Moaña, "

 

"INFORME DE SECRETARIA.

ASUNTO: PLIEGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE "CONSTRUCCIÓN CASA CONCELLO 2: FASE"

Cumplindo o ordenado polo Sr. Alcalde de data 24 de febreiro de dous mil, en relación co disposto no art. 113.1 do TRRL emítese informe en base os extremos que se deducirán dos seguintes

A N T E C E N T E S

1.- Existe proxecto técnico da obra titulada "CONSTRUCCION DA CASA DO CONCELLO DE MOAÑA", aprobado en pleno da Corporación Local .

2.- Existe executada unha primeira fase da presente obra cuio concurso convocouse con un importe de 50.000.000.-ptas.

3.- Redactado o presente priego de clausulas administrativas , determínase sea expediente ordinario en procedimento aberto e como forma de adxudicación o concurso.

Corresponde a esta Secretaria Xeral conforme o dispon o art. 172 e 173 do ROF, informar expoñendo os antecedentes e disposicións legais, asi como o seu reglamento, dando cumplimento a elo, emítese o seguinte

I N F O R M E

Primeiro.- Lexislación aplicable: Tratándose dun concurso de procedimento aberto, é de aplicación a seguinte normativa; Art. 118.1, 122 e 123 do TRRL. Art 11,68,75,76,80,86 e 91 da Lei 13/95 do 18 de maio de Contratos de Administracions Públicas, e art. 88 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local.

Segundo.- É compotente para contratar a obra o Pleno da Corporación Local, quen ten asumida dita atribución conforme o dispón o art. 22 da Lei 7/85.

Terceiro.- No proxecto de obra que sirvio de adxudicación da 1: Fase e que conclue coa presente adxudicación, figuran os documentos precisos . Por canto a existencia de crédito se recollerá no Presuposto Ordinario do Exercicio 2000, tanto a parte financiada pola Xunta de Galicia como a aportación municipal.

Cuarto.- O presente prego de condicións atópase redactado conforme o determina o art. 50.a) da Lei 13/95 do 18 de maio, adecuandose as esixencias das obras. Dito pliego e licitación poden ser aprobados de forma simultánea, asi como, a súa información pública que se efectuará no BOP ou na da Comunidade Autónoma. De formularse reclamacións contra o pliego de condicións, se interrumpirá o prazo da licitación.

Do exposto cabe concluir que a aprobación do pliego de condicións e licitación polo procedimento aberno na modalidade de concurso da obra "CONSTRUCCIÓN DA CASA DE CONCELLO MOAÑA 2: FASE", adecúa a lexislación vixente nos términos referidos.

Non obstante o Pleno decidirá."

Moaña, vintecatro de febreiro de dous mil

O SECRETARIO,

O alcalde solicita o voto favorable para continua-los trámites administrativos, co obxecto de adxudicar e executa-las obras que se pretende.

DELIBERACIÓN:

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que o goberno municipal trata de encher o Orden do Día, como consecuencia de eleccións convocadas, pide axilidade na xestión, pasou 8 meses sin facer nada. De todas formas ó non ter terreos de ubicación das obras probablemente terán que comenzar de novo, modificando a norma para legalización de terreos. A financiación de obras a 4 anos finaliza o 2003, solicita se reduzan os plazos a 2 anos; duda que se atrava algunha empresa nestas condicións. Votará a favor.

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que votará a favor da proposta e que se inician trámites para convenio e dispoñer dos terreos necesarios de forma legal.

O voceiro do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes, di que votará a favor, consciente de que exista empresa que se comprometa a realiza-las obras sobre terreos que non existen.

O delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, recórdalle ó Sr. Millán cousas atrasadas, di que prefiere leva-los traballos de forma lenta pero segura, fixeronse as cousas mal feitas. O plan non é viable, faremos ben o tema dos terreos da "Casa Concello" e "Campo do Cura"; adianta que habrá sorpresas.

Respostándolle o Sr. Millán Otero que espera que a sorpresa adelantada polo Sr. Abal se cumpla e

O alcalde,di que o tema está suficientemente debatido e somete a votación, sin que preocupe a forma de pago, ben a 2 ou 20 anos, isto non importa.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :

1:.- Aproba-lo prego de condicións e licitación do concurso para adxudicación da obra "Construcción casa do Concello, 2* fase".

 

 

8.- MOCIÓN DO BNG SOBRE "REGULAMENTACIÓN DA INSTALACIÓN DOS POSTES DE TELEFONÍA MÓVIL".

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, dá conta da moción que, transcrita, di:

"Actualmente son tres as empresas de telefonía móbil (Airtel, Moviestar e Amena) que operan con total independencia no Estado á marxe de claquera tipo de lexislación nin galega nin estatal- que estableza os parámetros estéticos e sanitarios polos que se han de rexer no momento de instalar os seus postes para a recepción e emisión de ondas electromagnéticas.

Este baleiro legal xunto coa falta de acordo entre as empresas para utilizar compartidamente as súas instalacións ven provocando a proliferación anárquica de postes que ocasionan un impacto ambiental e paisaxístico nefasto.

Por outra parte, tanto a Organización Mundial da Saúde como a Comisión Europea están a elaborar distintos estudios para verifica-los efectos nocivos destes postes, tanto pla potencial capacidade de atracción de raios no transcurso de tronadas como pola emisión de radiacións non ionizantes que poidan provocar, a longo prazo, tumores e transtornos do sono. A isto cómpre engadi-las molestias que ocasiona o ruído que producen. Neste sentido, o "Defensor del Pueblo" ten encargado unha investigación sobre os posibeis efectos destes postes a raíz das queixas dos/as veciños/as das parroquias de Beade, Valadares, Oia e Saiáns, no concello de Vigo e de Cela, no concello de Bueu.

En moitos concellos son varias as torres de módulos metálicos que se veñen instalando nos últimos anos perto de núcleos de poboación, provocando habitualmente alarma e medo entre os/as veciños/as. A absoluta falta de información coa que se veñen construíndo estas instalacións tanto por parte das empresas como por conta das administracións, pon en cuestión a súa saúde e a súa calidade de vida, ademais de ver ameazadas as cualidades estético-ambientais dos seus barrios.

Visto o exposto e dado que a instalación deste tipo de torretas require, cando menos, de licencia municipal, parece razoábel prohibi-la instalación deste tipo de postes cando se pretendan ubicar nas proximidades de núcleos de poboación e vivendas atá que exista unha lexislación que regulamente con plenas garantías as súas condicións de instalación e obrigue ás empresas a utilizar compartidamente este tipo de infraestructuras, de xeito que se minorice ó máximo o seu impacto estético e os potenciais efectos sobre a saúde das persoas.

Polo que propoñemos a adopción polo Pleno dos seguintes

ACORDOS:

1.- O concello de Moaña non outorgará ningunha licencia para a instalación de postes de telefonía móbil nas imediacións dos núcleos de poboación, en tanto non entre en vigor a lexislación oportuna que garanta con rigor o mantinemento das condicións estético-ambientais da contorno, ausencia de impacto medioambientais, a non agresión paisaxística, os efectos nocivos sobre a saúde, o alonxamento dos núcleos de poboación e o comparti-las instalacións coas restantes empresas de telefonía móbil.

2.- O concello de Moaña aplicará un imposto anual pola instalación e mantimento de antenas para a prestación de servicios de telecomunicación no territorio municipal, coa previa creación da ordenanza fiscal correspondente.

3.- O Pleno da Corporación solicita dos grupos parlamentarios de Galiza que insten á Xunta de Galiza e ó Goberno do Estado a que procedan á reforma dos textos legais oportunos a fin de que a administración obrigue ás empresas que operan no sector a utilizar compartidamente as súas instalacións, construílas lonxe dos núcleos urbano e das vivendas e respectando as condicións estético-ambientais do contorno."

 

Moaña, 20 de febreiro de 2000.

ASDO: D. Xosé M. Millán Otero.

O alcalde di que comparte o espíritu que contén a moción.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.

 

 

9.- MOCIÓN DO BNG RELATIVA Ó "8 DE MARZO SOBRE A PROBLEMÁTICA DAS MULLERES".

O concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Sra. Lorenzo Martínez, dá conta da moción e, que transcrita, di:

"Temos que lembrar, máis dunha vez, que a igualdade legal (teórica) entre mulleres e homes non se ten traducido nunha igualdade real (práctica), sobre todo no que se refire ó mundo laboral e á integración das mulleres nos ámbitos de toma de decisións políticas, económicas e sociais.

Malia térense apresentado, por parte de sucesivos gobernos e instancias, "Planos para a Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres2 o terceiro do Goberno español remata xusto neste ano 2000- non existen obxectivos claros, medidas concretas para a integración das mulleres na sociedade, e mesmo ás veces, o modelo que se nos fai visibel consolida a perpetuación do sistema patriarcal.

Concretamente, no referido ó mundo laboral, é ben coñecido o feito de estaren feminizados tódolos indicadores negativos. No concello de Moaña, a incorporación da muller ó mercado de traballo "mantense estancada ou diminue lixeiramente2, segundo valoración da axente de desenvolvemento local: a taxa de actividade feminina é dun 28,6%, mentres que a masculina alcanza o 62,9%. Invesamente, o paro entre as mulleres sobrepasa o 32% e tende a aumentar, frente ó 21,7% entre os homes. No referido ás condicións laborais, as mulleres seguen tendo menos contratos indefinidos que os homes, seguen cobrando un salario inferior por igual traballo, seguen sendo maioritarias nos traballos eventuais e temporais,..

Para contribuir, na medida do posibel, desde a Corporación Municipal a paliar estas circunstancias, apresentamos para a súa aprobación en Pleno os seguintes ACORDOS:

1.- Realizar campañas para implicar ós homes nas tarefas domésticas e nas cargas familiares.

2.- Favorecer, na medida das posibilidades, o acceso das mulleres ó mercado de traballo, contribuindo á superación da cotiá discriminación laboral por razón de sexo.

3.- Vixia-lo cumprimento do principio de igualdade salarial nas empresas que, por contrata ou subcontrata, teñan relación co concello.

4.- Reclamar da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o cumprimento do principio de coeducación sobre todo no referido ós aspectos da educación non discriminatoria nin sexista, fomentando desde o concello campañas con este obxectivo."

 

Moaña, 20 de febreiro de 2000.

ASDO: D. Xosé M. Millán Otero.

A concelleira do Grupo Municipal do PP, Sra Entenza Domínguez, agradece a moción presentada; non é para buscar votos en campaña electoral, estase traballando sobre este tema.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción epigrafada, nos seus propios termos.

 

 

10.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE "AREA METROPOLITANA".

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, dá conta da moción que, transcrita, di:

"Exposición de motivos:

En 1927 a Corporación Municipal de Moaña acordaba solciitar ó Goberno do Estado a inclusión do noso concello no partido xudicial de Vigo, próximo a constituirse nese ano. Argumentaban os corporativos por aquel entón para solicita-la anexión de Moaña a Vigo, a dependencia existente entre ámbolos bordes da ría, pola proximidade e a fácil comunicación. Hoxe casi tres cuartos de século despois aquela inicial dependencia de principios de século continuou incrementándose notablemente por múltiples factores de tipo económico, social e cultural relacionados coa propia dinámica do desenvolvemento urbano, nucleado pola cidade de Vigo.

Miles de cidadáns de Moaña cruzan diariamente a ría para ir a traballar, a estudiar á universidade, acudir a centros sanitarios ou a divertirse. Tamén é frecuente que cada vez máis cidadáns de Vigo elixan a nosa comarca para residir ou para disfrutar do tempo libre. E de seguro que esta interdependencia entre ámbalas beiras acentuárase aínda máis no momento en que a ponte de Rande quede libre de peaxe, dando o noso concello unha configuración directamente limítrofe con Vigo ó unirnos a propia ponte fisicamente coa cidade. Entendemos que non ten sentido que o ámbito político esté disociado por máis tempo desta realidade.

A próxima constitución da Area metropolitana de Vigo como un espacio territorial de concellos limítrofes coa cidade de Vigo para a xestión mancomunada de infraestructuras e servicios para os seus cidadáns, como a elaboración dun plan director de infraestructuras coas necesidades futuras do territorio, a coordinación de transportes (por exemplo a posibilidade de utilizar billetes de transferencia entre transporte marítimo e por estrada), a xestión conxunta de servicios como o auga, o tratamento do lixo, a promoción do turismo, ou o acceso a financiación europea para proxectos de desenvolvemento económico e social, etc; parecenos unha ocasión oportuna para que Moaña se incorpore e se sitúe con plenos dereitos nun espacio territorial ó que historicamente pertenece e onde deberá xogar un papel fundamental no futuro, precisamente por aqueles mesmos motivos que intelixentemente contemplaron os

corporativos deste concello xa no ano 1927, a proximidade e a fácil comunicación coa cidade de Vigo.

Por todo anteirormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte, ACORDO:

Que o concello de Moaña se dirixa á Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo solicitando a súa inclusión cara á creación da Area Metropolitana de Vigo."

Moaña, 18 de febreiro de 2000.

ASDO: D. José L. Leite Fraga.

Voceiro do PSG-PSOE.

INTERVENCIÓNS:

O voceiro do Grupo Municipal do PP, Sr. Currás Piñeiro, di que non está de acordo en parte da moción, non existe consignación económica.

O concelleiro do Grupo do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, di que se retire a moción da Orde do Día.

Petición que se somete a votación e que por unanimidade da Corporación é aceptada.

 

 

11.- MOCIÓN DE E.G. SOBRE "INTERVENCIÓNS ATERRADO EN SAN BARTOLAMEU".

O voceiro do Grupo Municipal EdeG-Os Verdes, Sr. Santos Leites, dá conta da moción que, transcrita, di:

"O parque infantil e a zona de arbolado do aterrado da praia de Meira, constituen unha das poucas zonas de esparcimento e xogo para nenos e maiores de toda a parroquia, así como un sitio de paseo habitual para veciños de todo o concello. Este constituie un entorno agradable e seguro por atoparse lexos das principais vías de comunicación, estar cerca da praia, e ter unha importante e variada masa arborada, así como xogos para crios que poder estar alí con relativa seguridade.

Sen embargo dende fai algún tempo lévanse producido distintas agresións a este entorno pola actuación, fundamentalmente de particulares que despreciando e utilizando a propiedade pública e colectiva para o beneficio particular, non dudan en realizar diversas accións como poden ser: o paso de coches e camións polo medio da zona arbolada, o deposito na mesma de restos da actividade industrial que desenvolven, instalación dunha liña eléctrica e caixa de derivación a través do parque infantil. Estas actuacións están contribuindo a deteriorar e ensuciar o medio, colocar nunha situación de falta de seguridade os usuarios do parque, e supón un gasto para o Concello polo que lle supón reparar e limpar o que estes particulares fan.

Por outra parte sobre esta zona costeira está prevista unha intervención da escola taller que contribuirá a valorizar a zona, polo que estimamos que se deben tomar medidas para erradicar estas prácticas.

Por estas razóns propoñémoslle ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1:.- Remate da aceira perimetral que circunda a zona de arborado e parque, con accesos adaptados a persoas discapacidades e persoas maiores con problemas de movilidade.

2:.- Colocación de sinais coa prohibición de acceso para todo tipo de vehículos, así como a instalación de barreiras que impidan o paso a través da zona arbolada a todo tipo de tráfico rodado.

3:.- Delimitar as zonas de actividade industrial e as de lecer e esparcimento, de tal xeito que non interfiran e limitar o tipo de actividades que se poden realizar na zona.

4:.- Eliminar as causas de perigo potencial existente neste momento."

Moaña, 18 de febreiro de 2000.

DELIBERACIÓN:

O concelleiro do Grupo Municipal do PP, Sr. González González, que manifesta que non ten constancia dos danos que produciu un camión no lugar reseñado, dalgún vehículo turismo sí. De todas formas se cursou orden á Policía Local para esclarece-los feitos.

O concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Moreira Piñeiro, se di que os causantes de danos son veciños de Meira, antes de usar esta terminoloxia haberá que averiguar e solicita se identifique ós causantes de danos.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción, nos seus propios termos.

 

 

ASUNTOS FORA DA ORDE DO DÍA:

 

  1. DELEGACIÓN NO ORGANISMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A RECADACIÓN EXECUTIVA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA (PLUSVALÍA):

O alcalde ó amparo do disposto no art. 79 ROF, solicita á Corporación a declaración de urxencia e sometida esta a votación, con dez votos a favor (Os dos Sres, Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Martinez Couso, Sra. Martín Alonso, Sra. Entenza Dominguez, ) e sete abstencións ( Sr. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas e Sra, Lorenzo Martínez, Leite Fraga e Martínez Rodríguez) acorda declarar de urxencia o asunto epigrafado.

O delegado de Facenda, Sr. Cordeiro Portela, da lectura á proposta que transcrita, di:

"Proponse ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

1.- Delegar no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) a partires do 1 de xaneiro de 2000 e de acordo co disposto no art. 7 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, no artigo 106.3 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e no art. 6 do Real Decreto 1.684/19990, do 20 de decembro, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación, a facultade de recadación voluntaria e executiva do seguinte tributo:

  • Imposto sobre o Incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía).

2.- A delegación sométese as condicións establecidas nas Bases para a prestación do servicio aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data do 20.07.92 e na Ordenanza reguladora da taxa por prestación de servicios polo ORAL aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión de data do 29.11.96.

3.- Facultad o Sr. Alcalde-presidente para que, en nome e representación do Concello, formalice o preceptivo contrato coa Deputación Provincial asi como os demáis documentos que procedan.

INTERVENCIÓNS:

Recorda o Sr. Cordeiro que isto é fruto da mala xestión de anteriores corporacións.

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que a anterior Corporación negociou o problema plantexado que se pretende tramitar. Di ó delegado de Facenda que deixe tranquila á anterior Corporación e que traballe.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, manifesta que é un imposto dificil de recaudar e espera que se solucionen os problemas que se planteen

O voceiro do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes, Sr. Santos Leites, di que o concelleiro de Facenda perde de forma reiterada as formas, pensa que este imposto non se cobraba, que non perda as formas e que traballe.

O Sr. Cordeiro Portela, di que como de forma acostumbrada prefiere non perder o tempo en contestar ós que interviñeron anteriormente.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la proposta transcrita, nos seus propios termos.

Explicación de voto do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que nunca estiveron en contra e non pode consentir que o Delegado de Facenda, botalle a culpa os anteriores corporativos.

 

  1. RENOVACIÓN OPERACIÓN DE TESOURERÍA:

O alcalde ó amparo do disposto no art. 79 ROF, solicita á Corporación a declaración de urxencia e sometida esta a votación, con quince votos a favor (Os dos Sres, Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Sra. Martín Alonso, Sra. Entenza Dominguez, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas e Sra, Lorenzo Martínez, Leite Fraga e Martínez Rodríguez ) e unha abstención (Sr. Santos Leites) acorda declarar de urxencia o asunto de renovación operacións de Tesourería.

O delegado de Facenda, Sr. Cordeiro Portela dá conta da proposta realizada pola Comisión Informativa de Fanceda, realizada o día 22.02.00, solicitando o voto favorable da proposta, e que transcrita, di:

" O OPO

" O delegado dá conta do escrito presentado polo banco Bilbao Vizcaya de data 9 de febreiro actual, no que manifesta que para o próximo día 25 de marzo vencen dúas operación de tesorería polos importe de 20.000.000.-ptas. e 7.5000.000.-ptas.

Dá conta tamén do informe do Interventor Municipal que, transcrito di:

"Polo presente, esta Intervención informa:

Que na data 25 de Marzo de 1.999, formalizáronse as operacións de tesoreria números 010.500.110.0 e 010.500.115.5, polos importes de 20.000.000 e 7.500.000 ptas., respectivamente, co Banco Bilbao Vizcaia, que a data de hoxe siguen vivos os importes citados pendientes do seu reembolso, e reflexando o seu vencimento o próximo 25 de Marzo-2000.

Que no caso de non poder cancelarse na data reseñada, lémbrase a opción de poder acordar a súa renovación, si así o Concello o estimase conveniente, por prazo non superior a un ano. Neste caso, procederia adoptar o acordo respectivo polo Pleno da Corporación, toda vez que o importe acumulado das operacións vivas desta naturaleza incluiendo a presente, ainda sin rebasar o límite do 30%, superaria o 15% dos recursos liquidados por operacións corrientes do último exercicio liquidado, de conformidade cos Arts. 52 e 53.2 da Lei 39/88, na súa nova redacción dada pola Lei 50/1998, de 30 de Decembro.

Que o Art. 51 da citada Lei establece que a concertación de calqueira das modalidades de crédito previstas na presente Lei, requerirá que a Corporación ou entidade correspondiente dispoña do Presuposto aprobado para o exercicio en curso, extremo que deberá ser xustificado no momento de suscribir o correspondiente contrato, póliza ou documento mercantil no que se soporte a operación, ante a entidade financeira correspondiente e ante o fedatario público que interveña ou formalice o documento.

Excepcionalmente, cando se produza a situación de prórroga do Presuposto, poderase concertar as siguientes modalidades de operacións de crédito: a) Operacións de tesoreria, dentro dos límites fixados pola Lei, sempre que as concertadas sexan reeembolsadas e se xustifique dito extremo na forma señalada no párrafo primeiro deste artículo.

Neste sentido, estando no exercicio en curso do 2000, non se produciu a aprobación do novo Presuposto, e rixe como prorrogado o de 1.999, que foi aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión da data 28.10.99.

Moaña, a 16 de Febreiro de 2000

O INTERVENTOR"

Ante a imposibilidade actual de cancelar as operacións , este delegado de facenda propón aprobar no próximo pleno a renovación das operacions de tesoreria, uníndoas nunha soa por un importe total de 27.500.000-ptas..

Os grupos do BNG, EdG e PSOE, danse por enterados.."

Moaña, vintedous de febreiro de dous mil.

O SECRETARIO DE COMISIÓNS,

INTERVENCIÓNS:

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, reitera que ten solicitado en comisións informativas de Facenda a amortización da débeda en forma gradual e mensual.

O delegado de Facenda, Sr. Cordeiro Portela, manifesta que tratara de reducir esta débeda, hoxe non é posible de ningunha maneira, posto que son operacións asinadas en 1998 e 1999 e non se fixo nada anteriormente.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por trece votos a favor ( Os dos Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Sra. Martín Alonso, Sra. Entenza Dominguez, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas e as Sra Lorenzo Martínez) tres en contra ( Os Sres. Martínez Rodríguez, Leite Fraga e Santos Leites) acorda aproba-la proposta transcrita, nos seus propios termos.

 

 

ROGOS E PREGUNTAS.

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, pregunta sobre a reanudación e execución de obras na Xunqueira, posto que se di que existen problemas co proveedor da madeira.

Respóstalle que os traballos se reanudarán rapidamente.

Tamén pregunta sobre a obra da Canexa, porque non se realiza con medios modernos.

 

 

Respóstalle o Sr. González González, que os traballos se realizan da mellor forma posible, sen maquinaría, dado que non é posible o acceso, de tódalas formas a obra estará executada dentro do prazo máximo de un mes.

O Sr. Rosendo fai a seguinte pregunta:

?Qué ten interesado do Sr. Alcalde, de forma reiterada a contestación de rogos e preguntas formuladas fai meses.

O alcalde manifesta que non se preocupe, dado que lle serán contestadas, aínda que el esperou anos e aínda non recibiu contestación as feitas na anterior lexislatura.