Actas dos Plenos


ACTA 7/00 PLENO 7/2000

ACTA 7/00

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 25 DE MAIO DE 2000.

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN, SE É O CASO, ACTA N: 6/2000.

2.- RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.- RECTIFICACIÓN ACORDO LIQUIDACIÓN HABERES DUNHA

FUNCIONARIA.

4.- AMPLIACIÓN ACORDO COA DEPUTACIÓN S/ "PLUSVALIA".

5.- ESTUDIO DE DETALLE EN JOSÉ COSTA ALONSO, 78

6.- MOCIÓN DO EdeG-OV S/ "CASA DA XUVENTUDE"

7.- MOCIÓN DO BNG S/ MEDIDAS DA PROMOCIÓN DO USO DO GALEGO.

8.- MOCION DO BNG S/ ACTUACIÓNS ESTRADA P. CEGO-COIRO

9.- MOCIÓN DE PSG-PSOE S/ AREA METROPOLITANA DE VIGO

10.-ROGOS E PREGUNTAS.

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

D. Javier Abal Juncal.

D* Maria C. Costas Gayo.

D* Carmen Sotelo Pena.

D. José González González.

D. Osbaldo Martinez Costa.

D* María Martín Alonso.

D*. Carmen Entenza Dominguez.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D*. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D. Julio Martínez Rodríguez.

D. José Luis Leite Fraga.

  1. José E. Santos Leites.

 

Secretario : D. Felipe Fermoso Valdes.

 

 

 

 

Na casa do Concello de Moaña, o 25 de maio de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

 

1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR:

Dáse conta do borrador da acta 6/2000, correspondente a realizada o día 3 de maio do ano que andamos, que se aproba por unanimidade sin modificacións. Non obstante á petición do portavoz do PSOE, Sr. Leite Fraga, solicíta a inclusión da "Compra de terreos parque infantil A Guía", e a execución da "2* Fase río da Fraga" no punto 6 sobre compromisios aceptados polo grupo de Goberno que se incluie no presuposto xeral do 2000.

2.- RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA:

Dáse conta das resolucións da Alcaldía dende a sesión ordinaria do día 3 de maio ata o 25 de maio de 2000.

A Corporación queda o corrente.

3.- RECTIFICACIÓN ACORDO LIQUIDACIÓN DE HABERES DUNHA FUNCIONARIA.

O Sr. Alcalde expón a Corporación do error detectado en acordo adoptado polo Pleno da Corporación en sesión realizada o día 11 de abril de 2000. Que se refiere a liquidación de haberes devengados pola funcionaria Ana Maria Costa Gándara, quedando redactado na forma literal que sigue:

"O alcalde dá conta de tódolos antecedentes existentes no punto n: 6 da Orde do Día, que sirviron de base para adopta-lo acordo da Comisión de Goberno, realizada o día 06.09.99, e que, transcrito di:

"2.C) ADOPCIÓN ACORDOS, S/ RECURSO DE REPOSICIÓN:

Dáse conta do recurso de reposición, presentado por D* Ana M* Costa Gándara, en relación o acordo adoptado pola Comisión de Goberno n: 16/99, realizada o día 19 de abril de 1999 "S/ de aboamento de atrasos", solicitando que reconsideren a petición e se tome acordo nos seguintes extremos:

 

 

 

 

 

 

 

1:.- Aboamento dos atrasos das retribución aprobadas para o exercicio de 1998.

2:.- Que se aboen as substitucións que realicei a partir do 6 de agosto de 1998.

Vistos tódolos antecedentes  acordos anteriores de Comisión de Goberno favorables de retroactividade das retribucións aprobadas cos presupostos municipais e informe favorable da Secretaría Municipal a Comisión de Goberno, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :

1:.- Aproba-la solicitude de aboamento dos atrasos das retribucións aprobadas cos presupostos municipais do 1998 á funcionaria D* Ana M* Costa Gándara, por "desempeñar traballos de especial dedicación e responsabilidade  dende o 1 de xaneiro de 1998, atá o 5 de agosto de 1998, motivado a que xa entón realizaba os traballos, debendo descontarlle da cantidade as substitucións do secretario realizadas durante o citado periodo, é dicir, 01.01.98. ó 05.08.98."

O portavoz do BNG, Sr. Millán Otero quere facer constar se manteña o sentido do voto do seu grupo no acordo que se rectifica.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a rectificación plasmada no presente acordo.

4.- AMPLIACIÓN ACORDO COA DEPUTACIÓN S/ PLUSVALIA

 

O Sr. Alcalde expón a Corporación que o acordo adoptado en sesión do día 24 de febreiro de 2000, sobre delegación no Organismo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra la Recadación Executiva do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de naturaleza urbana (plusvalia) debe ampliarse xa que a propia deputación no seu escrito de 16 de maio pasado recoñere o erro cometido na información remitida a este Concello sobre delegación da facultade de recadación voluntaria e executiva cando deberían ser delegadas ademáis as facultades de xestión e liquidación. Na sua consecuencia o acordo se redacta na forma literal seguinte:

 

  1. DELEGACIÓN NO ORGANISMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A RECADACIÓN EXECUTIVA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA (PLUSVALÍA):

O alcalde ó amparo do disposto no art. 79 ROF, solicita á Corporación a declaración de urxencia e sometida esta a votación, con dez votos a favor (Os dos Sres, Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Martinez Couso, Sra. Martín Alonso, Sra. Entenza Dominguez, ) e sete abstencións ( Sr. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda

 

 

 

 

Cancelas e Sra, Lorenzo Martínez, Leite Fraga e Martínez Rodríguez) acorda declarar de urxencia o asunto epigrafado.

"O delegado de Facenda, Sr. Cordeiro Portela, da lectura á proposta que transcrita, di:

"Proponse ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

1.- Delegar no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) a partires do 1 de xaneiro de 2000 e de acordo co disposto no art. 7 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, no artigo 106.3 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e no art. 6 do Real Decreto 1.684/19990, do 20 de decembro, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación, a facultade de recadación voluntaria e executiva, asi como as facultades de xestión e liquidación do seguinte tributo:

  • Imposto sobre o Incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía).

2.- A delegación sométese as condicións establecidas nas Bases para a prestación do servicio aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data do 20.07.92 e na Ordenanza reguladora da taxa por prestación de servicios polo ORAL aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión de data do 29.11.96.

3.- Facultad o Sr. Alcalde-presidente para que, en nome e representación do Concello, formalice o preceptivo contrato coa Deputación Provincial asi como os demáis documentos que procedan."

Introducido no punto primeiro da parte dispositiva deste acordo as facultades de xestión e liquidación de plusvalia .

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la ampliación da proposta do presente acordo.

5.- ESTUDIO DE DETALLE DE JOSÉ COSTA ALONSO, 78

Dáse conta da seguinte proposta favorable da comisión informativa de urbanismo, realizada o día 24 de maio de 2000, relativa o expediente de Estudio de Detalle promovido por D*. Maria Pilar Rodriguez Pena, a situar na rúa José Costa Alonso, 78, segundo proxecto redactado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.

Tamén do informe favorable da Secretaría, realizado o día 22 de maio de 2000 e que transcrito di:

"Conforme o dispón o artigo 54 do TRRL, aprobado por RD, 781/86 do 18 de abril, emítese informe en base ós seguintes:

 

 

 

 

 

 

ANTECEDENTES:

1.- Trátase de estudio de detalle para levar a cabo a adición dunha segunda planta en edificio situado na Avda. José Costa Alonso, 78, afectado pola linea interior da ribeira do mar, que presenta D*. Maria del Pilar Rodriguez Pena, segundo proxecto técnico autorizado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.

2.- Dito proxecto de estudio de detalle reúne os condicionamentos do art. 30 da Lei 1/97 do 24 de marzo e atópase informado favorablemente polos servicios técnicos municipais.

Corresponde a esta Secretaría informar sobre a legalidade aplicable e en base a canto antecede, emite o seguinte.

INFORME:

1.- Lixislación aplicable: é de aplicación os art. 30, 44.3) e 46.1.2) da Lei 1/97 do 24 de marzo e art. 65 e 66 do Regulamento de Planeamento, así como aqueles preceptos que con carácter supletorio non se atopan afectados pola sentencia 61/97 do 23 de marzo do Tribunal Supremo.

2.- Aprobado inicialmente o estudio de detalle, haberá de ser informado por termo dun mes mediante edicto comunicado no DOG, do seu resultado procede, aprobarase definitivamente coas modificacións por alegacións admitidas.

3.- Non deaberá transcorrir tres meses para a aprobación inicial do presente proxecto de estudio de detalle dende a presentación dos seus documentos, sempre que estes foran completos, non debendo transcorrir outros tres meses para a aprobación definitiva dende o acto da aprobación inicial.

E canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 22 de maio de 2000.

O SECRETARIO"

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar inicialmente o Estudio de Detalle presentado por D*. MARIA DEL PILAR RODRIGUEZ PENA, na rúa José Costa Alonso, 78, segundo proxecto redactado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

6.- MOCIÓN DE EdeG-OV S/ CASA DA XUVENTUDE.

Previa lectura da moción que presenta o portavoz de EdeG-os Verdes, Sr. Santos Leites, expón a Corporación que lle animou presentar a mesma pola deizadez demostrada polo grupo de goberno en temas de xuventude. Despois de dar lectura integra a moción a cal desenvolve de forma verbal o texto que literalmente dí como sigue:

"Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia propón para o seu debate polo pleno da Corporación de Moaña a seguinte, que trascrita di:

"Os rapaces e xóvenes teñen unha serie de necesidades e inquietudes propias e específicas de cada tramo de edade. Moitas delas teñen que ver coa organización do seu ocio e xogo fora dos horarios escolares. Un tempo fundamental para eles, e que contribúe de xeito importantísimo á formación integral do xoven como persoa interrelacionada a nivel social, a través do contacto e convivencia con outros que teñen similares problemas, aficións, preocupacións Polo tanto necesitan espacios para o encontro, para a autoorganización das súas actividades, e para desenvolver aquelas iniciativas que xurdan das suas inquietudes, ou simplemente -e non menos importante- un lugar para xogar.

Como cidadáns que son, as Admons están obrigadas a atender a súa formación, posibilitándolles alternativas de ocio e facilitándolles a consecución deses espacios.

No concello de Moaña son poucas ou ningunha as ofertas que os rapaces teñen para conseguir os obxectivos anteriores, máis alá dos clubes deportivos ou os bares e discotecas (escasa tamén). Polo tanto existe un déficit evidente deste tipo de instalacilóns, sitios cunha serie de servicios mínimos para desenvolver as inquietudes antes mencionadas, como: ludoteca, lugar de reunión, obradoiros, aula de lectura e xogos

Ao mesmo tempo o Concello posúe en propiedade unha casa no barrio do Real, que nestes momentos está infrautilizada por non estar suficientemente habilitada, e que con unha reforma podería ser o centro ou CASA DA XUVENTUDE, donde se ubicarían os servicios anteriores, baixo a dirección do departamento de xuventude municipal.

Non debemos esquecer ademáis que o citado barrio, é un dos máis populosos do concello, e que ten a maior porcentaxe de poboación en edade infantil e xuvenil, e pola contra é o lugar con menos dotacións de tipo deportivo e social de todo o municipio, como moitas veces se ten posto de manifesto pola asociación de veciños, polo que dita

instalación contribuiría a paliar este déficit e dar unha alternativa ás necesidades dos rapaces do barrio e de todo o concello.

 

 

 

 

 

 

Polas razóns expostas, proponse ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1:.- Que por parte dos servicios técnicos municipais de xuventude e urbanismo se elabore un estudio e o proxecto de reforma pertinente e dotacións necesarias para ubicar na casa do Real a CASA DA XUVENTUDE cos servicios precisos.

2:.- Que para a consecución de tal finalidade se demande a colaboración económica e de todo tipo doutras Institucións como pode ser o departamento de Xuventude da Xunta de Galicia."

INTERVENCIÓNS:

O Concelleiro delegado de urbanismo, Sr. Abal Juncal quen manifesta que o contido da moción e a sua idea a boa para a xuventude de Moaña, pero o edificio que se propón non cumple os requisitos mínimos de seguridade e habitabilidade. Non obstante re recadarán os informes técnicos necesarios e unha vez se posean, si estos, son favorables, levaranse a efecto o solicitado na moción.

Seguidamente inteven o portavoz do PSOE, Sr. Leite Fraga quen adiante que votará a favor da moción. Quere recordar o grupo de goberno que o persoal que tivo o pasado ano non o empleou a fondo para este fin precisamente, despois de dispor do mesmo durante catro meses .

Por último o Alcalde replica ó Sr. Leite Fraga para decirlle que o persoal a que se refiere non estaba subvencionado na súa totalidade nin os fins eran para os que foi exposto.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporción, en votación ordinaria e por unanimidade dos señores asistentes, acorda aproba-la a moción presentada nos seus propios termos.

 

7.-MOCIÓN DO BNG SOBRE MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO USO DO GALEGO E IMPULSO DA NORMALIZACIÓN LUNGÜÍSTICA.

Dá lectura da moción o portavoz do BNG, Sr. Millán Otero, que literalmente dí como segue:

"De acordo coa Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, así como a Lei 3/1997 de Administración Local de Galicia, as entidades locais deben xogar un papel relevante da promoción do uso social do idioma galego. Historicamente, o Concello de Moaña caracterizouse pola súa defensa activa do idioma, situándose entre os pioneiros danormalización lingüística no noso país. É intención da actual Corporación intensificar esa liña de actuación, adoptando medidas que amplíen os espacios de uso, contribúan á

 

 

 

valoración positiva da língua e rescaten o patrimonio lingüistico en perigo de desaparición.

Con estes obxectivos, o Pleno do Concello de Moaña adopta os seguintes

ACORDOS

  1. Ratificar e observar na práctica ó disposto no Regulamento Orgánico Municipal, que establece o idioma galego como lingua vehicular do Concello de Moaña, tanto a nivel interno como na comunicación cos cidadáns/ás. As actas, dictames, informes, convenios, contratos e en xeral toda a documentación emanada do Concello estará redactada en galego, sen prexuízo de que aqueles documentos que teñan como destinatarios administracións ou particulares non radicados en Galiza poidan ser acompañados pola súa correspondente versión en castelán.
  2. Establecer nas bases deconcesión da radio municipal que a língua propia da mesma será o galego, priorizando nos seus seus contidos a divulgación da realidade social e cultural de Galiza. De igual modo, adoptaranse os incentivos necesarios para que a publicidade comercial emitida pola radio local se realice no noso idioma.
  3. Contemplar nos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal a confección dun nomenclátor exhaustivo da toponimia menor do noso concello, de cara a precisar a localización nos mapas de planeamento e fixar esta área do noso patrimonio cultural e lingüístico en perigo de desaparición. Unha vez fixado o nomenclátor, o Concello procederá a sinalizar convenientemente as entidades menores de poboación como barrios, lugares, rueiros, etc.
  4. Fomentar o uso do galego no comercio local mediante a sinatura dun convenio coa Asociación de Comerciantes e Industrias de Moaña (ACIMO), así como outras asociacións empresariais, para a promoción do idioma nas rotulacións, publicidade, etiquetado, facturas, etc., contando coas axudas econnómicas que para estes fins determina a Dirección Xeral de Política Lingüística e o asesoramento técnico municipal.
  5. Fixar como condición necesaria para a obtención de subvencións, patrocinio ou colaboración do Concello de Moaña en todo tipo de actos culturais, deportivos, veciñais, etc., que a súa publicidade se realice en galego"

 

Quen unha vez finaliza a mesma a desenvolve e profundiza punto por punto.

1.- O sentido da moción é reafirmarse en actividades que de unha o outra forma caracterizan ás Corporación Locais. Póñanse de inmediato medidas oportunas para que a documentación interna e externa, redactense en galego, en colaboración co

 

 

 

funcionariado municipal, debendo vixiar os políticos que estas medidas se cumpran, tanto en actas do pleno como da comisión de goberno.

2.- Instar o delegado de cultura que as emisións en Radio Moaña se vocalizen en galego

3.- Que unha vez se posean planos precisos do Plan Xeral de Ordenación Urbana e se recoñezan unidades de territorio, ter en conta a toponimia e se contemple nomenclator exhaustivo por persoa especializada.

4.- En relación co punto dous da moción, solicitar subvencións para a publicidade estática en galego.

5.- Realizar publicidade en galego con subvencións do propio concello.

Interven o concelleiro do PSOE, Sr. Julio Martinez manifestando que non está totalmente de acordo coa moción presentada , pois existe unha premisa básica de utilización de galego en acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión do día 29 de marzo de 1999. O solicitado sobre publicidade en galego e puro intervencionismo, debe existir plena libertade para quen anuncie, doutra forma as subvencións que se concedan poden conlevar a exclusións. Anticipa que se vai a abster.

Interven o concelleiro do PP, Sr. Currás Piñeiro manifestando queda claro que moito do solicitado na moción estase realizando cumprindo coa normativa do ROM. O servicio de normalización lingüística ven desenvolvendo de forma normal seus traballos, aparte de que se prime a confección de pasquines en galego.

Non está de acordo coa totalidade da moción, pois o bilingüismo debe de existir, non se pode intervir a Radio Municipal impoñendo un idioma , xa que co sector privado debemos ser moi respectuosos.

Por canto o plan xeral de acordo coa toponimia actual contemplarase o nomenclator en galego, confeccionado por persoa especializada.

Por último as subvencións se concederan a calquera asociación, sempre que cumpra os requisitos esixidos, nunca vaise impoñer o idioma galego, pois esta medida seria inconstitucional. Si se poñera condicións, ben poidera derivar en que os comerciantes publiciten en outro lugar. En resumen, poñer condicións no, primar si.

Intervén o concelleiro Sr. Santos Leites quen di que a asepsia está ben ata certo extremo, pero si esta é excisiva, conducirá a condicións límite, asi non debe utilizarse o idioma como arma arroxadiza, ainda que haia que recoñecer que existe un certo retroceso na utilización do idioma galego. As empresas non deben determinar, tamen deben tomarse medidas polas institucions pero nunca impoñendo, si non fomentando.

O Sr. Millán Otero replica e deixa claro que non é a súa intención debatir sobre o galego, si non exclusivamente a moción. Pide o pleno que cada un dos seus membros

 

 

 

aporte o mellor, pois parece que estamos de acordo todos. No que respecta o punto dous, non impón nada a nadie; tratase de fomentar o galego, no eliminar o castelan, debendo favorecer o uso do galego e coincidindo co portavoz do PP, primando o seu uso.

O Sr. Martinez Rodriguez dí que rectificado o punto dous da moción que se debate no sentido de aceptar non poñer condicións a comerciantes, industriais e outros, votará a favor da moción.

O Sr. Alcalde quere resaltar que o uso do galego polo Concello de Moaña, atópase debidamente reglamentado , mirar art. 35 e 36 do ROM, por exemplo os debates, correspondencia e outros se realizan en galego.

O Sr. Millán Otero di que non se aplica por ter mala idea.

O Sr. Alcalde entende a idea que se plasma na moción

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción presentada polo BNG.

8.-MOCIÓN DO BNG SOBRE ACTUACIÓNS NA ESTRADA PORTA DO CEGO-COIRO.

Dá lectura da moción o concelleiro do BNG, Sr. Miranda Cancelas que, literalmente di como segue:

"A estrada que une Moaña con Cangas a través de San Martiño e A Ameixoada converteuse nos últimos anos nunha alternativa á C-550, cada vez máis usada, especialmente durante a época estival. Se temos en conta que esta estrada discorre por dous núcleos de poboación moi densa; que nas súas beiras sitúanse un colexio, o cemiterio municipal e varios eestablecementos comercias; na maior parte do seu percorrido carece de beirarúas e o ancho da calzada non se corresponde coas necesidades actuais do tráfico rodado, encontrámonos cun dos tramos potencialmente máis conflictivos e perigosos da rede viaria de Moaña.

A intensidade do tráfico verase seguramente incrementada, unha vez que a Deputación Provincial procedeu ao acondicionamento do firme e o Concello de Cangas ten manifestado repetidas veces a súa intención de promover ó uso deste vial como acceso alternativo ás praias para evitar os atascos no seu casco urbano.

As obras até agora realizadas pola Deputación contribúen a mellorar a circulación, pero non a seguridade dos numerosos peóns que usan a estrada, existindo puntos da mesma onde non existe arcén, tendo que camiñar os veciños e veciñas polo

 

 

 

 

carril de vehículos. Así mesmo a falla de sinalización vertical e horizontal axuda a incrementar a inseguirdade.

Por todo o antes exposto, o grupo municipal do BNG no Concello de Moaña ven a propoñera ao Pleno da Corporación Municipal a toma dos seguintes acordos:

1.- A realización por parte da Policía Local dun informe sobre o tráfico e seguridade na estrada provincial Moaña-Coiro.

2.- Sobre a base deste informe, solicitar da Deputación Provincial a realización e execución urxente dun proxecto de seguridade da estrada que inclúa sinalización e límites de velocidade.

3.- Redacción dun proxecto de ensanche e urbanización, naquelas zonas susceptibles, de cara a dotar a mesma de beirarúas e zonas de aparcamento, nas mesmas condicións que se levou a cabo pola naterior Corporación no tramo Porta do Cego- A Feira."

O Alcalde contesta a moción manifestando que a Deputación Provincial procederá de inmediato ó asfaltado ata Cangas o Coiro, esta obra atópase pendente de adxudicar e o solictado no punto tres da moción o executará o Concello de Moaña en colaboración coa Deputación Provincial.

INTERVENCIÓNS.

Faino en primeiro lugar o portavoz do PSOE, Sr. Leite Fraga quen expón que existe unha moción presentada polo seu partido nos mesmos términos e que foi aprobada en sesión plenaria no día 28 de outubro de 1999, polo que interesa se execute o solicitado na moción polo que votará a favor da mesma.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade acorda aproba-la por unanimidade a moción presentada nos seus propios termos.

9.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ ÁREA METROPOLITANA DE VIGO.

O concelleiro D. Julio Martinez Rodriguez anticipa que é unha moción de sobra coñecida polos membros da Corporación, dando seguidamente lectura a mesma:

"D. José Luís Leite Fraga, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal Socialista, presenta a consideración do Pleno do Concello de MOAÑA a seguinte, e que trascrita di:

Exposición de motivos:

"En 1927 a Corporación municipal de Moaña acordaba solicitar ao Goberno do Estado a integración do noso concello no partido xudicial de Vigo, próximo a constituirse nese ano. Argumentaban os corporativos por aquel entón para solicitar a integración de Moaña con Vigo, a dependencia existente entre ámbolos bordes da ría,

pola proximidade e a fácil comunicación. Hoxe casi tres cuartos de século despois aquela inicial dependencia de principios de século continuou incrementándose notablemente por múltiples factores de tipo económico, social e cultural relacionados coa propia dinámica do desenvolvemento urbano, nucleado pola cidade de Vigo. Miles de cidadáns de Moaña cruzan diariamente a ría para ir a traballar, a estudiar á Universidade, acudir a centros sanitarios ou a divertirse. Tamén é frecuente que cada vez máis cidadáns de Vigo elixan a nosa comarca para residir ou para disfrutar do tempo libre.

A próxima constitución da Área Metropolitana de Vigo como un espacio territorial de concellos limítrofes coa cidade de Vigo para a xestión mancomunada de infraestructuras (por exemplo a liberalización da peaxe de Rande), a coordinación de transportes (a posibilidade de utilizar billetes de transferencia entre transporte marítimo e por estrada), a xestión conxunta de servicios como a auga (consorcio de augas), o tratamento do lixo, a promoción do turismo, ou o acceso á financiación europea para proxectos de desenvolvemento económico e social (plans urbán, Interreg-Galicia-Norte de Portugal, etc). Parecenos unha ocasión oportuna para que Moaña se incorpore e se sutúe con plenos dereitos nun espacio territorial ao que históricamente pertence e donde deberá xogar un papel fundamental no futuro, precisamente por aqueles motivos que intelixentemente contemplaron os corporativos deste concello xa no ano 1.927, a proximidade e a fácil comunicación coa cidade de Vigo.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte, ACORDO:

Que o concello de Moaña se integre cos concellos da Área Intermunicipal de Vigo nas xestións cara á creación da Área Metropolitana, para a cal disporá nos seus Orzamentos do 2.000 de unha partida suficiente a tal efecto".

Intervén en primeiro lugar o Alcalde para manifestar que comparte o contido da moción presentada, pero debe excluirse da mesma o compromiso de dotación dunha partida presupostaria no exercicio de 2000, e elo farase cando sea necesario e o compromiso de inclusión no AREA sea efectivo .

O Sr. Leite Fraga acepta a exposición feita polo Sr. Alcalde e a vez dí que o tratamento da moción se pospuso polos contactos que o Alcalde mantivo co seu homólogo de Vigo, e unha vez recabada a información da mancomunidade, a Corporación está invitada a participar nos debates da súa Xunta, previstos para o próximo día 7 de xullo.

O Sr. Millán manifesta que non respaldará o seu grupo a moción presentada ó considera-la inoportuna. Temas tan importante como estes non debe tratarse a través dunha simple moción de grupo; existen xestos políticos suficientes para sobreentender que o asunto interesa a todos. A Corporación non debe pronunciarse en este acto, hai que esperar a coñecer o modelo que confeccione o AREA METROPOLITANA. Pregunta pola dependencia que vai existir coa Mancomunidade do Morrazo e reitera que

 

 

 

non é oportuno debatir a moción, pois considera que debe facerse cando a proposta esté aclarada .

Pregunta ó Sr. Alcalde polos contactos mantidos o día de hoxe en unión dun membro do grupo municipal co xerente da mancomunidade; considera loxico que a esta reunión asistiran a totalidade dos grupos. Votará en contra da moción.

O Alcalde explica que no día de hoxe mantivo unha reunión no seu despacho co xerente da mancomunidade, prevista entre ambos, pero que pola importancia do asunto e atopándose na casa do Concello un concelleiro, invitouno a que asistira a mesma, co obxeto de cambiar impresións, recabar datos, en resumen algo sen transcendencia. Reitera que a moción si se aproba, no implica a nada, pois son simple xestións de cara o ingreso do Concello no área metropolitana.

O Sr. Euloxio dí que se atopa preocupado por este tema tan importante e considera que para chegar a un acordo, o mesmo debe ser consensuado polo grupos municipais, unha vez , se recaba a información necesaria e suficiente. E grave que non se invitara os grupos municipais a reunión mantida no día de hoxe con responsables da Area Metropolitana de Vigo. Sen duda, Esquerda Galega houbera asistido a mesma, convencido de que interesa ó Concello a súa integración, pero recabando previamente a información necesaria. Anticipa que vai absterse na votación.

O Sr. Alcalde recoñece que non foi plantexado ben o asunto, pero aproveitou a presencia do xerente para dialogar co mesmo, insistindo en que os temas tratados non teñen a menor transcendencia, o grupo de goberno acepta a moción presentada.

O Sr. Julio Marinez non entende a polémica que se esta creando entre algúns grupos, do tema vense falando dende meses, incluso na prensa; O PSOE seguirá mantendo a moción solicitando o apoio a mesma. Parece que sempre son os mesmose incluso se opuxeron a obras do Paseo Marítimo os que se posicionan en contra da moción, cree que desta forma non se vai a ningún lugar, de todas formas si o PP apoia a moción, nosa proposta seguirá adiante.

O Sr. Leite Fraga pide o voto favorable dos grupos pois considera que o aprobar a moción non implica compromiso algún o Concello, trátase unicamente de participar nas xestións de ingreso da Mancomunidade, por elo solicita a unanimidade no acordo.

O Sr. Millán Otero di que sin intención de replicar o PSOE, cree que este grupo en diversos temas municipais leva o paso cambiado, ainda que hoxe cree que pode rectificar. Sin embargo a postura do BNG en todo momento é moi clara, considera que deben de primar os intereses do municipio de Moaña, como sempre se posicionaron.

Quere mostrar a queixa do Sr. Alcalde, por non haber notificado ó seu grupo a reunión mantaida co xerente da mancomunidade, pregalle ao Sr. Alcalde que en

 

 

reunións que se celebren posteriormente asistan a totalidade dos grupos municipais. Si o PSOE non retira a moción, anticipa que o BNG se abstendrá.

 

 

 

O Sr. Santos Leite solicita o Sr. Martinez Rodriguez tranquilidade e a vez lle reitera que a moción é inoportuna e lle aclara que sin a súa aprobación, pódese participar no proceso aberto dende Vigo.

O Sr. Julio Martínez insiste en que non entende a polémica formada entre o BNG, EdeG e PSOE; considera que hai que intregrarse na área polos beneficios que reportaría ó Concello en materia de transportes, auga e outros moi importantes, os cales non se lograrán coa mancomunidade do Morrazo. Sencillamente porque esta naceo morta.

O Sr. Leite Fraga cree que quen debe de tranquilizarse e o BNG.

O Sr. Millán Otero pide disculpas o PSOE, se en algún momento do debate polas súas palabras pudo ofender .

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por doce votos a favor (Sr. Barreiro Tenorio, Cordeiro Portela, Currás Piñeiro, Abal Juncal, Martinez Couso, González González, Sra. Martín Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena e Entenza Dominguez do PP; Sr. Leite Fraga e Martinez Rodriguez do PSOE), e cinco abstencions (Srs. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas e Sra. Martínez Lorenzo do BNG; e Sr. Santos Leites de EdeG), acordan aproba-la moción nos seus propios terminos.

ASUNTOS FORA DA ORDE DO DÍA.

O Sr. Alcalde solicita a Corporación a declaración de urxencia ó amparo no disposto no art. 79 do ROF, para tratar os seguintes asuntos:

A Corporación, declara á urxencia solicitada polo Sr. Alcalde.

  1. SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN Á XUNTA DE GALICIA.

O Alcalde expón a Corporación local que se tramitou expediente ante a Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais solicitando subvencións para "Mantenemento, realización de programas e investimentos destinados a prestación de servicios sociais polas Corporacións Locais.

Expediente remitido á Delegación Provincial no seu día e que por falta de tempo material non se adxuntou o preceptivo acordo de Pleno, polo que foi requerido para cumplimento de dito requisito.

Igualmente dá conta do informe emitido polo Servicio Social de Atención Primaria que di:

 

 

 

 

"INFORME DO SERVICIO SOCIAL DE ATENCIÓN PRIMARIA A PLENO.

Con data 1 de marzo de 2000, a Consellería de Sanidade pública a orde, pola que se regulan axudas para mantemento, realización de programas e investimento destinados á prestación de servicios sociais, polas corporacións locais e a accesibilidade e eliminación de barreiras.

Dende este departamento presentouse solicitude de subvención polos conceptos seguintes:

  • Mantemento dos servicios sociais comunitarios: persoal, mantemento, axuda a domicilio, xestión de programas e investimento.

Total..38.833.708.-ptas.

  • Mantemento de servicios sociais especializados: programas para minusválidos, terceira idade e eliminación de barreiras arquitectónicas.

(Total.12.500.000.-ptas.

 

Dentro desta orde establécese como requisito que o Pleno da Corporación acorde acollerse a ésta.

Por motivos de prazos non se pudo pasar a Pleno a memoria da solicitude de subvención.

Conclusións: O Pleno da corporacilón deberá acordar acollerse á Orde do 1 de marzo, pola que se regulan axudas para mentemento, realización de programas e investimentos destinados á prestación de servicios sociais polas corporacións locais, e a accesibilidade e eliminación de barreiras; co obxeto de continuar na prestación dos servicios nas mesmas condicións que o ano anterior."

Proponse ó Pleno da Corporación adopte preceptivo acordo para que o amparo da orden da Conselleria de Sanidade de data 1 de marzo de 2000, solicitar as axudas recollidas no informe emitido polo Servicio Social de Atención Primaria.

A Corporación por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a proposta do Sr. Alcalde, nos seus propios termos.

B).- ESTUDIO DE DETALLE DE RODRIGO PIÑEIRO PENA

Dáse conta da seguinte proposta favorable da comisión informativa de urbanismo, realizada o día 24 de maio de 2000, relativa o expediente de Estudio de Detalle promovido por D. Rodrigo Piñeiro Palmás, a situar no barrio de Palmás, 53, segundo proxecto redactado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.

 

 

 

 

 

Tamén do informe favorable da Secretaría, realizado o día 22 de maio de 2000 e que transcrito di:

"Conforme o dispón o artigo 54 do TRRL, aprobado por RD, 781/86 do 18 de abril, emítese informe en base ós seguintes:

ANTECEDENTES:

1.- Trátase de estudio de detalle en Palmás, 53, presentado por D. Rodrigo Piñeiro Palmás e redactado polo técnico D. José Díaz de la Iglesia, arquitecto, o mesmo conta coas determinacións que se esixen no artigo 30 e seguintes da Lei 1/97, do 24 de marzo do Solo de Galicia.

2.- Dito proxecto de estudio de detalle reúne os condicionamentos do art. 30 da Lei 1/97 do 24 de marzo e atópase informado favorablemente polos servicios técnicos municipais.

Corresponde a esta Secretaría informar sobre a legalidade aplicable e en base a canto antecede, emite o seguinte.

INFORME:

1.- Lixislación aplicable: é de aplicación os art. 30, 44.3) e 46.1.2) da Lei 1/97 do 24 de marzo e art. 65 e 66 do Regulamento de Planeamento, así como aqueles preceptos que con carácter supletorio non se atopan afectados pola sentencia 61/97 do 23 de marzo do Tribunal Supremo.

2.- Aprobado inicialmente o estudio de detalle, haberá de ser informado por termo dun mes mediante edicto comunicado no DOG, do seu resultado procede, aprobarase definitivamente coas modificacións por alegacións admitidas.

3.- Non deaberá transcorrir tres meses para a aprobación inicial do presente proxecto de estudio de detalle dende a presentación dos seus documentos, sempre que estes foran completos, non debendo transcorrir outros tres meses para a aprobación definitiva dende o acto da aprobación inicial.

E canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 22 de maio de 2000.

O SECRETARIO"

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar inicialmente o Estudio de Detalle presentado por D. RODRIGO PIÑEIRO PALMÁS, no barrio de Palmás, 53, segundo proxecto redactado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.

 

 

 

ROGOS E PREGUNTAS

Non houbo.

E,non sendo outro o obxeto , a presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 21:45 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario DOU FE.

 

O ALCALDE, O SECRETARIO