ACTA 8/2000
SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO, REALIZADA O DÍA 15 DE XUÑO DE 2000.
ORDE DO DÍA:
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO CONVENIO DE ADHESIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA Ó CONVENIO MARCO CON ECOEMBES.
2.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, SOBRE CAMBIOS DE TRAZADO NO "SANEAMENTO INTEGRAL DO CONCELLO DE MOAÑA"
3.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, SOBRE SOLICITUDE DE ANTICIPO A DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA FINANCIAR OBRAS DE COOPERACIÓN.
4.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PRESUPOSTO MUNICIPAL E DO PADROADO "BEIRAMAR" PARA O EXERCICIO DE 2000.
ASISTENTES:
Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio.
CONCELLEIROS:
D. Alberto Currás Piñeiro.
D. José Manuel Cordeiro Portela.
D. Javier Abal Juncal.
Dna. María C. Costas Gayo.
Dna. Carmen Sotelo Pena.
D. José González González.
D. Osbaldo Martínez Costa.
Dna. María Martín Alonso.
Dna. Carmen Entenza Domínguez.
D. Xosé Manuel Millán Otero.
D. Rosendo Moreira Piñeiro.
Dna. Isabel Lorenzo Martínez.
D. Alberto Miranda Cancelas.
D. Julio Martínez Rodríguez.
D. José Luis Leite Fraga.
D. José E. Santos Leites.
Secretario : D. Felipe Fermoso Valdes.
Na casa do Concello de Moaña, o 15 de xuño de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Extraordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:30 horas, en primeira convocatoria.
A presidencia declara aberta a sesión ás 20:30 horas.
1.- APROBACIÓN SE PROCEDE, DO CONVENIO DE ADHESIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA Ó CONVENIO MARCO CON ECOEMBES.
O Sr. Alcalde expón á Corporación as claúsulas do Convenio do cal o texto propón se aprobe pola mesma; así como o estado no que se atopa o servicio de recollida de papel e cartón no municipio, que si ben en determinadas épocas gratificouse á empresa recolectora con certa cantidade na actualidade o Concello non abona importe algún debido ós beneficios que obtén dita empresa no mercado.
INTERVENCIÓNS:
Intervén en primeiro lugar o Portavoz do grupo Municipal BNG D. José Manuel Millán Otero, pedindo o Alcalde que o asunto quede sobre a mesa e pase á Comisión Informativa correspondente. Si se di pasou este trámite, o certo é que non consta informe algún de Comisión nin de Secretaría e Intervención, pois consideran importantes estes informes e imprescindibles para pronunciarse sobre o asunto.
Faise referencia ó Convenio Marco cando este se descoñece.. É de irresponsables aprobar o texto sin coñecer o Convenio Marco, a decisión política estará soportada con fundamentos técnicos.
Compróbase que o Convenio de adhexión tivo entrada no Concello fai uns tres meses, non tomando dende aquela data decisión algunha, por iso considera non debe existir urxencia na decisión, esperar quince días máis non importará, polo tanto reitera quede o asunto pendente ata unha próxima sesión.
Por último intervén o Portavoz de EdeG Sr. Santos Leites quen se suma á petición do Sr. Millán e que podendo estar de acordo co texto do Convenio; este establece itinerarios distintos, existen duas alternativas, en base a iso pide que o asunto se informe pola Comision de Servicios e polo tanto quede pendente ata o próximo Pleno.
O Sr. Alcalde, manifesta que si o asunto pasou por Comisión Informativa é certo que non se tratou a fondo e opta pola retirada da orde do día, ordenando se informe texto pola Comisión correspondente.
O Sr. Millán solicita se conte co Convenio Marco para o debate correspondente tanto en Comisión Informativa como no Pleno.
2.-APROBACIÓN SE PROCEDE, SOBRE CAMBIOS DE TRAZADO NO "SANEAMENTO INTEGRAL DO CONCELLO DE MOAÑA.
O Alcalde propónlle ó Pleno a aprobación da nova separata do proxecto da EDAR, que afecta sustancialmente a Costas, que foi quen pediu este novo trazado e así se fixo. Aprobado o novo trazado se solicitaría informe preceptivo a Costas.
INTERVENCIÓNS:
O Concelleiro do BNG, Sr. Millán Otero, quere facer constar o rexeitamento a tanto trámite burocrático observado nesta obra existe outra modificación aprobada polo Pleno en 19.11.98, para concesión de terreos de dominio público afectados, aínda paralizado dase a entender o pouco interese do Concello na execución da obra e quere facer constar:
É un despilfarro de Augas de Galicia facer proxecto de colectores na Casa do Mar, sabendo a dificultade da autorización por Costas así o cambio costará 90 millóns.
Desminte ó Alcalde e Consellería, ambos non teñen capacidade de convencemento, pléganse a funcionarios para cambiar trazado.
Non contabiliza a subida mencionada para realizar tramos non executados, é un erro deles.
O Sr. Alcalde manifesta que a obra atopabase presupostada en principio en 1.400 millóns; ahora en 1.700 millóns, se prevee un presuposto final de 2.000 millóns. por tanto estos 90 millóns non influirían para nada.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda:
1.- Aprobar o cambio de trazado proposto na separata do Saneamento Integral de Moaña.
2.- Remitir ó Servicio Provincial de Costas de Pontevedra separata de Proxecto e presente acordo ó obxeto de que sexa informado o mesmo.
3.-APROBACIÓN SE PROCEDE SOBRE SOLICITUDE DE ANTICIPO Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA FINANCIAR OBRAS DE COOPERACIÓN.
O Alcalde manifesta que o presente anticipo reintegrable é para financiar obras da Deputación con aportación municipal e coas características propias desta clase de préstamos. En conclusión é unha forma de facer obras ó Concello.
Seguidamente dase conta do informe emitido pola Comisión Informativa de Facenda de data 13 de xuño de 2000 que di:
"O delegado da conta do acordo adoptado pola Comisión de Goberno de data 29 de maio de 2000 e que, transcrito di:
ASUNTOS FORA DA ORDE DO DÍA.
Trala declaración de urxencia, a Comisión de Goberno, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda trata-los seguintes asuntos
A) SOLICITUDE DE ANTICIPO A CAIXA DE ANTICIPOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O Alcalde dá conta a Comisión de Goberno do Concello da obra seleccionada con cargo ó Programa de obras de Saneamento e Abastecemento de Augas 2000, asi como da decisión de elexir as seguintes obras "Pavimentación do Camiño da Rotea, por importe de 4.327.500.-pts; " Pavimentación do camiño da Chousa, por importe de 5.000.000.-ptas."; e "Pavimentación do camiño do Ferreiro, por importe de 4.100.000.-ptas." para incluir no PAM 2000, dado co importe subvencionado deste Plan é inferior ó presuposto das 5 obras que solicitamos.
Asimesmo dase conta da decición de que se realicen con cargo os fondos municipais as seguintes obras, "Asfaltado Camiño Caiagua-Fonte da Tella", con presuposto de 8.000.000.-ptas. e "Pavimentación camiño Cunchal", por importe de 3.588.000.-ptas.
Como o Concello non ten neste momento suficiente liquidez para afronta-lo pago das devanditas actuacións que son de necesaria e urxente execución e polo que se somete a consideración desta Comisión a posiblidade de solicitar un anticipo para a súa execución.
A Comisión de Goberno, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1.- Solicitar un anticipo de 19.403.913.-ptas á Caixa de Anticipos da Deputación Provincial para financiar a aportación municipal das obras seguintes:
"Asfaltado camiño Caiagua-Fonte da Tella", obra a realizar integramente con cargo a fondos municipais, solicítase 8.000.000.-ptas.
"Pavimentación do Camiño do Cunchal", obra a realizar integramente con cargo a fondos municipais, solicítase 3.588.000.-ptas.
"Tubería de Traída de Augas do Depósito da Feira", cun presuposto total de 12.815.913.-ptas.; solicítase o importe da aportación municipal que ascende a 7.815.913.-ptas.
2.-O Concello faculta expresamente á Caixa de Anticipos e a Deputación , a reter e compensa-las débedas do Concello coa Caixa de antaicipos, con calquera cantidade que
o concello deaba percibir da Deputación ou de calquera dos seus Organismos Autónomos por calquera concepto, xa se trate de subvención ou transferencia corrente ou de capital.
3.- O Concello obrígase a consignar nos seus presupostos ordinarios ata o total extinción do anticipo, cantidade bastante para responder do pago da cuota anual de amortización e intereses legais correspondentes.
4.- Dar conta deste acordo ó Pleno Municipal."
A comisión informa farorablemente e acordan propoñerlle ó Pleno da Corporación , ratificar o acordo da Comisión de Goberno, aprobando a solicitude de anticipo en todos seus terminos.
INTERVENCIÓNS:
Faino en primeiro lugar o Portavoz do EdeG, Sr. Santos Leites quen non entende a filosofía do Sr. Cordeiro Portela, ó manifestar estas operacións son anticipos sen interese. Revisando operacións suscritas por el, en data 11 de abril de 2000 apróbase anticipo de 30 millóns, reducido pola Deputación a 15 millóns; igualmente aprobase operación de tesourería de 60 millóns. Totalizando unha deuda de 586 millóns entre todas e que según informe do Interventor o porcentaxe do endeudamento é do 16%.
A filosofía a aplicar polo Sr. Cordeiro, non é outra que, a do que veña detrás que arrée; toda esta clase de operacións non se atopan en consonancia co seu Plan de Saneamento. En resumen todo é pan para hoxe e fame para mañá. Corroborrará máis datos no debate de aprobación definitiva do presuposto, donde moitas inversións figuraban con cargo á Deputación e agora non.
Intervén o Sr. Alcalde, para reseñar que en obras da Deputación podese pedir o 100% do seu importe e no presente anticipo fináncianse tres e duas máis con aportación municipal.
O Concelleiro Delegado de Facenda Sr. Cordeiro Portela, quere facer constar que esta clase de operacións non é exclusiva da actual corporación; se non que víñanse facendo polas anteriores, relacionando varios exemplos.
Intervén seguidamente o Portavoz do PSG-PSOE quen adianta que non vai votar en contra se non que se vai a aster, e dille o Delegado de Facenda que todas aquelas refinanciacións co Banco de Crédito Local eran simples panfletos políticos de propaganda, vai en contra do presentado.
Intervén o Portavoz do BNG, Sr. Millán Otero, que ocurra isto cando un goberno municipal é monocor, con respecto a outras administracións e o mesmo se atopa tan respaldado; decir que viñan a salvar ó Concello é para que a vostedes se lles caia a cara de vergoña.
As operación crediticias hai que expoñelas claras, todas estas operacións carecen de interese bancario pero non olviden que hai que devolve-los principais. Vostedes aproban Plans de Saneamento para os próximos anos e de isto nada de nada, continúan aumentando a deuda. A obra a financiar por este anticipo que non se atopa incluída no presuposto do 2000, califica a operación de ilegal e o Sr. Alcalde debe aclarar de que
obra se trata, pois ten un presuposto de 12 millóns de pesetas e titúlase "Tuberia da Feira".
O Sr. Alcalde en réplica ó Sr. Millán dille que de non estar contemplada no presuposto de 2000, a obra financiada por este anticipo, modificarase este no momento oportuno.
Intervén o Portavoz do EdeG, Sr. Santos Leites, para manifestar que o presente anticipo é totalmente ilegal e que o porcentaxe do endeudamento é do 16%.
Por último o Sr. Leite Fraga fai saber ó Sr. Delegado de Facenda que os anticipos e préstamos a corto prazo deben amortizarse por mes ou trimestres como se viña facendo non a fórmula utilizada por el a largo plazo.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por dez votos a favor (Sr. Barreiro Tenorio, Cordeiro Portela, Currás Piñeiro, Abal Juncal, González González, Martínez Couso, Sra. Martín Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena, e Entenza Domínguez do PP) e sete en contra (Sr. Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSOE; Sr Millán Otero, Moreira Piñeiro e Miranda Cancelas e Sra. Lorenzo Martínez do BNG; e Sr Santos Leites de EdeG), acorda ratificar acordo adoptado pola Comisión de Goberno de 29 de maio de 2000, mediante o que aproba anticipo reintegrable coa Excelentísima Deputación Provincial
EXPLICACIÓN DE VOTO:
O Sr. Millán Otero, quen en principio iba a absterse, vota en contra pola ilegalidade do anticipo ó incluir horas non contempladas no presuposto.
O Sr. Leite Fraga, xustifica o seu voto en contra pola ilegalidade do acordo.
4.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PRESUPOSTO MUNICIPAL E DO PADROADO "BEIRAMAR" PARA O EXERCICIO DE 2000.
Manifesta o Sr. Alcalde que é o momento de proceder á aprobación definitiva do Presuposto Municipal e do Padroado Beiramar para o exercicio 2000. Consta no expediente informe de Comisión Informativa e Intervención, así como alegacións presentadas no período de información pública.
Intervén en primeiro lugar D. Sergio Regueira Piñeiro, autor das alegacións presentadas ó Presuposto, quen solicita inclúanse obras relacionadas.
O Sr. Alcalde, infórmalle que as súas alegacións foron desestimadas previamente pola Comisión Informativa de Facenda.
INTERVENCIÓNS:
Intervén en primeiro lugar o Portavoz de EdeG, D. Euloxio Santos Leites, quen di que se trae a este Pleno un documento totalmente inservible, hai que modificalo de
inmediato segundo a propia manifestación do propio Alcalde ó recoñecer que partidas financiadas pola Deputación Provincial, agora serán polo Concello. Non se contempla a inclusión de alegacións presentadas. Polo momento non profundiza mais nin se pronuncia sobre o documento.
Seguidamente intervén o Portavoz do BNG D. Xosé Manuel Millán Otero, para manifestar que comparte a exposición feita polo seu compañeiro D. Euloxio Santos Leites. Insiste en que non sabe que clase de Presuposto se aproba inicialmente cando non se coñece todavía os datos reais da liquidación do exercicio de 1999. O propio grupo de goberno invalida este Presuposto o non financiar obras incluídas e financiar as non existentes, en conclusión, hai que ser máis serios e interesarse máis pola xestión económica.
Por último e fora do contexto do asunto a debatir hubo intercambio de opinións sobre a implantación do sistema informático que o ser alleas ó tema a debatir, non se recollen na súa extensión pola falta de interese.
Solicítase ó Sr. Alcalde se vote por separado a admisión ou non das alegacións presentadas e a aprobación definitiva do Presuposto 2000.
VOTACIÓN:
A alegacións presentadas:
A Corporación, en votación ordinaria e por cinco votos a favor ( Sr Millán Otero, Moreira Piñeiro e Miranda Cancelas, e Sra. Lorenzo Martínez, do BNG; e Sr Santos Leites de EdeG),dez en contra dos Srs. Barreiro Tenorio, Cordeiro Portela, Currás Piñeiro, Abal Juncal, González González, Martínez Couso, Sra. Martín Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena, e Entenza Domínguez do PP; e duas abstencións de (Sr. Leite Fraga e Martínez Rodríguez do PSOE, acorda desestimar as alegacións formuladas ó Presuposto do 2000 por D. Sergio Regueira Piñeiro.
Á aprobación definitiva do Presuposto Municipal e do Padroado Beiramar para o exercicio 2000:
A Corporación en votación ordinaria e con doce votos a favor (Sr. Barreiro Tenorio, Cordeiro Portela, Currás Piñeiro, Abal Juncal, González González, Martínez Couso, Sra. Martín Alonso, Costas Gayo, Sotelo Pena, e Entenza Domínguez do PP; Leite Fraga e Martinez Rodriguez do PSOE), e cinco en contra Sr.Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas e Sra. Lorenzo Martínez do BNG e Sr. Santos Leites de EdeG, acordan aprobar definitivamente o Presuposto Municipal e do Patronato Beiramar do exercicio 2000 na forma en que se atopa redactado na súa aprobación inicial.
E, non sendo outro o obxeto, a presidencia dá por rematada a sesión sendo
ás 22:10 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como Secretario DOU FE:
O ALCALDE, O SECRETARIO,