ACTA 14/2000

 

SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO, REALIZADA O DÍA 30 DE NOVEMBRO DE 2000.

ORDE DO DÍA:

 

  1. Dar conta das Resolucións da Alcaldía.
  2. Aprobación, se procede, do escrito da Asemblea de Mariñeiros do Morrazo.
  3. Dar conta da Resolución de aprobación da Liquidación do Orzamento Municipal de 1999.
  4. Aprobación definitiva, se procede, de Bases e Estatutos de Actuación dos Polígonos 2 e 4 do Plan Parcial do Rosal Sur.
  5. Aprobación definitiva, se procede de Estatutos de Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Morrazo.
  6. Aprobación, se procede, de delegación na Mancomunidade do Morrazo en matería de envases lixeiros como parte de convenio con Ecoembes.
  7. 6.Bis) Nomeamento de representante municipal no Consello Escolar I.E.S Paralaia

  8. Moción do P.S.G-P.S.O.E, sobre discriminación da Xunta en Moaña.
  9. Moción de EdeG-Os Verdes sobre a lei de extransería.
  10. Moción do B.N.G sobre adptación dos parques infantís do Concello.
  11. Moción do do P.S.G-P.S.O.E sobre creación sala de exposicións.
  12. Moción do EdeG-Os Verdes sobre pensións non contributivas.
  13. Moción do B.N.G sobre compensación económica pola construcción de entradas de peaxe.
  14. Rogos e preguntas.

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio.

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela.

D. Javier Abal Juncal.

Dna. M* Carmen Costas Gayo.

D. Osbaldo Martinez Couso.

Dna. Carmen Sotelo Pena.

D. José González González.

Dna. María Martín Alonso.

Dna. Carmen Entenza Domínguez.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D. Alberto Miranda Cancelas.

Dña. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Jose Luis Leite Fraga.

D. Julio Martínez Rodríguez.

D. José E. Santos Leites.

Secretario: D. Felipe Fermoso Valdés.

No salón de actos da Casa do Concello a 30 de novembro de 2000, reunense os referidos Sres. baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, a secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

Retirase do Salón de Sesións unha vez debatido o punto 4 do Orden do Día, a Concelleira Dña María Martin Alonso, incorporandose ó inicio do debate do punto 6.

Retiranse o comenzo do debate do punto 6 os Concelleiros don Jose Luis Leite Fraga e dos Osbaldo Martinez Couso, sin incorporarse posteriormente.

Declarase de urxencia o nomeamento de representante municipal no Consello Escolar, incluíndo este punto no 6 bis) do Orden do Día.

  1. DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
  2. Solícita a palabra o Portavoz de EdeG-Os Verdes Sr. Santos Leites e pregunta como se contratou para o Transporte de nenos de 3 anos a persoa distinta a concertada anteriormente, dixose sería unha funcionaria de Bienestar Social.

    Replica o Concelleiro Delegado de Persoal Sr. Currás Piñeiro que a persoa prevista en principio sustituiría a outra traballadora, como esta ó incorporarse o traballo disfrutaba de xornada de traballo por maternidade, non se pudo obrígala a realizar esta función.

    En canto a Contratación dunha Auxiliar Administrativo que se encontraba en lista de espera n: 23, fisoxe porque dita traballadora contaba con debida experiencia e a xornada de traballo era simplemente de 2 horas.

     

  3. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESCRITO DA ASEMBLEA DE MARIÑEIROS DO MORRAZO.
  4. Dá lectura o escrito do Sr. Alcalde e adelanta a Corporación, que asistiu a roda de prensa que se recolle no punto 3. Que o seu Grupo apoia o punto n: 1, votando en contra do contenido no punto 2.

    Dito escrito dice literalmente como sigue:

    "XOSÉ ANTONIO TORRES CHAPELA, con D.N.I. n: 35.277.786 e enderezo a efectos de notificación en Cangas do Morrazo (Pontevedra), Rúa Antonio Garelly, 28 en nome e representación da Asemblea do Morrazo;

    DI:

    Que o vindeiro día 2 de decembro (sábado), ás 17 horas esta Asemblea ten convocada unha nova manifestación en Bueu, co lema "OS MARIÑEIROS LEVAMOS UN ANO ESIXINDO SOLUCIÓNS". Despoís dun ano de paralización da flota que faenou ata o pasado 30 de novembro de 1999, no caladoiro do Banco canario-sahariano, sobra argumentar cales son os motivos de dita convocatoria.

    Un ano esixindo solucións da administración que non chegan por ningún lado. Solucións que como temos dito en centos de ocasións van máis alá da renegociación do Acordo Pesqueiro U.E-Marrocos. Máis despois deste longo camiñar, non se atisba unha sola medida.

    Por todo o exposto á Corporación Municipal dese Concello;

    SOLICITA:

    PRIMEIRO: Que esa Corporación adopte en Pleno e no seu defecto na Comisión de Goberno. Apoiar a convocatoría da manifestación o dia 2 de decembro as 17 horas en Bueu, con saída da explanada da Casa do Mar (I.S.M).

    SEGUNDO: Facer un chamamento a través de Bando ou da Prensa a toda poboación dese Concello, para que acuda a manifestación.

    TERCEIRO: Asistir a Roda de Prensa que via ter lugar o XOVES día 30/11/2000 ás 12 da mañán no Salón de Actos do Concello de Bueu. Roda de Prensa que é aberta a todos os colectivos; Alcaldes, grupos políticos, asociacións,.

    INTERVENCIÓNS

    O Portavoz do B.N.G Sr. Millán Otero, manifesta que votará a favor do escrito e añade que se produce un trato paradóxico do Grupo de Goberno para con outros coléctivos, chamese Armadores e suxire se de un trato igual a todas ás iniciativas que se presenten.

    O Alcalde explica no recíbiu ningunha convocatoría de Marin, chamarome para unha entrevista, pero a súa axenda de traballo non llo permítia, en todo caso pronunciouse apoiando a manifestación.

    O Portavoz de EdeG- Os Verdes, Sr. Santos Leites manifesta aunque non mediara escrito e certo que se pediu entrevista, o Alcalde pudo asístir a Mesa do Séctor Pesqueiro de Marin. Entende que existe discriminación no trato con certos coléctivos e esto e un grave problema, fai un chamamento a unidade.

    O Portavoz do P.S.G-PSOE di que é certo que ó Alcalde estuvo na roda de Prensa.

    O Alcalde feita a salvedade de que asisitiu a roda de prensa, petición que se formula no punto 3, que ó seu (Grupo apoia o recollido no punto 1 pero que votará en contra do solicitado no punto 2 do escrito somete o asunto a votación.

    VOTACIÓN E ACORDO

    A Corporación en votacion ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda apoiar ás reinvindicacións exigidas no punto 1 e 3 do escrito presentado, rechazando a petición formulada no apartado 2 do escrito presentado.

  5. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO MUNICIPAL DE 1999.

O Alcalde dá lectura os datos recollidos na súa resolución que aproba a liquidación do presuposto municipal ordonarío de 1999, materializando así o trámite de dar conta a Corporación.

INTERVENCIÓNS

Faino en primeiro lugar o Portavoz de EdeG-Os Verdes Sr. Santos Leites, quen vota de menos a liquidación do Patronato Beiramar, entende e preceptiva a súa presentación simultanea coa do Concello.

Faino seguidamente o Portavoz do B.N.G Sr. Millán Otero e manifesta que este trámite que presenta o Grupo de Goberno realizase con 6 meses de retraso sobre o establecido, debeu realizarse no mes de marzo. Como tampouco se cumpren os prazos para remitir a conta xeral de 1999 o Tribunal de Contas. Que sepa o Grupo de Goberno que os problemas informáticos existentes en intervención non xustifica disculpa algunha, a aprobación da conta e a súa información pública e imposible de cumprir.

O Alcalde replica o Sr. Millán Otero que o B.N.G responsable do Grupo de Goberno na anterior lexislatura e outras, jamás compliu os prazos previstos na Lei.

O Sr. Santos Leites contesta ó Alcalde, que si ben os anteriores responsables do Goberno Municipal faciano mal, resulta que Vdes. O fan peor, a vez pregunta sobre a xestión e política de austeridade levada a cabo en esta lexislatura e se autocontesta en forma de nulidade.

O Sr. Martinez Rodriguez, solícita do Alcalde que en temas económicos a tratar nos Plenos debe de asistir indefetiblemente o interventor municipal.

O Sr. Millán Otero, despoís de incidir en que non se cumprirón os prazos legais, tampouco se tivo en conta en dito documento ás recomendacións feitas pola Auditoría.

 

4. APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DE BASES E ESTATUTOS DE ACTUACIÓN DOS POLÍGONOS 2 E 4 DO PLAN PARCIAL DO ROSAL SUR.

O Concelleiro Delegado de Urbanismo Sr. Abal Juncal informa a Corporación que aprobados inicialmente ás Bases e Estatutos de Actuación nos Polígonos 2 e 4 do Plan Parcial "Rosal Sur" , e informado públicamente dito acordo mediante anunción no D.O.G.A sen que hallan formulado reclamación sobre o mesmo procede a aprobación definitiva de ditas Bases e Estatutos.

INTERVENCIÓNS

O Sr. Martinez Rodriguez, reitera petición de informe técnico sobre estado de execución

de Obras no Polígono 1, solícitado no anterior Pleno e a non telo na súa posesión,

anticipa que o seú grupo se vai a abster na votación.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporaciónn en votación ordinaria e por 15 votos a favor dos Sres. (Barreiro

Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, Martinez Couso,

Sotelo Pena,Gonzalez Gonzalez, Martin Alonso e Entenza Dominguez do P:P.Millán

Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cáncelas,Lorenzo Martinez do B.N.G e Santos Leites

de EdeG- Os Verdes). E 2 abstencións dos Sres. (Leite Fraga e Martinez Rodriguez do

P.S.G-PSOE), acordan:

1.- Aprobar definitivamente ás Bases e Estatutos de Actuación dos Polígonos 2 e

4 do Plan Parcial (Rosal Sur).

2.- Informar públicamente este acordo mediante anunció no D.O.G.A.

  1. APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE DE ESTATUTOS DE CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO.
  2. O Alcalde dá conta a Corporación da tramitación realízada desde á aprobación

    incial dos Estatutos de Consorcio para o servicio contraincendios e salvamento da comarca do Morrazo, sendo este o momento de pronunciarse a Corporación sobre a súa aprobación definitiva.

    INTERVENCIÓNS.

    Faino en primeiro lugar o Portavoz do B.N.G Sr. Millán Otero e di que neste Consorcio non se encontra incluído o Concello de Marin sendo contestado polo Alcalde. A Mancomunidade mostra unha falta total de sensibilidade neste asunto, despoís da reunión mantida non se tuvo en contra a proposta de Marin, que era boa para Moaña en base a reenegociación, desta forma Moaña asumirá máis gastos. A pesar de que se cree bó negocio para Moaña, non e máis que un clavo que a Xunta mete os Concellos. O lóxico e que forán os gastos por conta da Xunta, anuncia a súa abstención.

    O Alcalde acorda o B.N.G que no prazo de información pública do acordo de aprobación inicial o B.N.G non presentou alegación algunha.

    O Sr. Martinez Rodriguez, antícipa o voto en contra do seu Grupo xa que é un servicio que constará uns 5.000.000 pts anuales e á ubicación no e xusta. Recorda o reparto de servicios previsto na Comarca do Morrazo, que non beneficiará máis que a Cangas e Bueu, en canto a instalación da I.T.V en Moaña parece que é unha broma.

    Contestalle o Alcalde e dille que por el o Servicio non se ubicaría en ningún sitio e esa non e unha forma de xestionar.

    Seguidamente o Sr. Santos Leites, matizando que non refiere o Alcalde, pregunta se prepotencia e a mellor forma de Gobernar e conseguir os servicios. Va de acordo en que se cree o servicio pero ás condicións económicas para ó Concello son moi malas, debenser ter en conta a súa situación económica.

    Ademáis no órgano de Goberno os Concellos teñen minoría a favor da maioría que se da a Xunta e Deputación conxuntamente; non existinto capacidade de control por parte da oposición por eso cree que a composición favorable os Concellos debeu recollerse nos estatutos. Anunciá o seu voto en contra.

    O Sr. Leite Fraga anunciá o seu voto en contra da proposta posto que con estos servicios finánciase a Cangas e á súa ubicación beneficia exclusivamente a Cangas e Bueu.

    Finaliza o debate o Sr. Alcalde, repetindo que non se formularón alegacións dentro do periódo de información pública e que sin inversións non se obteñen servicios, como ocurriu en Goberrnos anteriores.

    VOTACIÓN E ACORDO:

    A Corporación en votación Ordinaría e por 9 votos a favor dos Sres. (Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro,Cordeiro Portela,Abal Juncal, Costas Gayo,Martinez Couso, Sotelo Pena, Gonzalez Gonzalez e Entenza Dominguez do P.P.) 3 votos en contra dos Sres(Leite Fraga, e Martinez Rodriguez do P.S.G- PSOE e Santos Leites de EdeG-Os Verdes) e 4 abstencións dos Sres.(Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cáncelas e Lorenzo Martinez do B.N.G), acordan:

    1.- Aprobar definitivamente os Estatutos do Consorcio para ó Servicio Contraincendios da Comarca do Morrazo.

    2.- Expedir e remítir copía certificada do presente acordo a Comisión Gestora.

     

  3. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE DELEGACIÓN NA MANCOMUNIDADE DO MORRAZO EN MATERÍA DE ENVASES LIXEIROS COMO PARTE DE CONVENIO CON ECOEMBES.
  4.  

    Dá lectura a Corporación da súa proposta o SR. Alcalde a cál literalmente di como sigue: "

    PROPOSTA ALCALDÍA

    Tendo formulado polo Concello de Moaña en fecha 13 de xunio de 2000, autorizo polo Pleno de 29 de xunio. Convenio de Adhesión ó Convenio Marco entra a Comunidade Autonóma de Galicia e Ecoembes a designación de recuperador ou reciclador de papel cartón recollido, esta Alcaldía considerando o expediente de contratación que para a xestión indírecta mediante concesionario dos Servicios Integrales de Residuos Sólidos Urbáns tramita a Mancomunidade de Concellos do Morrazo, propón o Pleno se adopte ó seguinte acordo:

    1.- Dirixirse a Ecoembes, a través da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, co obxecto que se proceda a designar a Mancomunidade de Concellos do Morrazo, como recuperador o reciclador de papel cartón.

    Igualmente dá lectura ó informe emítido polo Secretario Xeral do Concello ó cal literalmente di como sigue:

    "INFORME SECRETARÍA

    ASUNTO: PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE DESIGNACIÓN DE RECUPERADOR DE PAPEL CARTÓN.

    O Sr. Alcalde solícitame informe sobre ó contenido da súa proposta de 27 de novembro de 2000 que dírixe o Pleno da Corporación para que dito órgano desígne ó recuperador ou reciclador de papel cartón, según compromiso aodptado en Convenio de Adhesión deste Concello ó Convenio Marco suscrito entre a Comunidade Autonóma Galega e Ecoenvest.

    Por canto antecede debo informar que no punto 1.3) dos compromisos aceptados en Convenio de Adhesión, dacordo co previsto no artículo 30 do Convenio Marco o Concello de Moaña optou por designar o recuperador ó reciclador de Papel Cartón.

    Por tanto estímo que o Pleno desta Corporación encontrase suficientemente facultado para decidir sobre a proposta do Sr. Alcalde que é obxecto do presente informe.

    E canto debo informar no obstante o Pleno decidirá."

    INTERVENCIÓNS

    Interven en primeiro lugar o Portavoz do B.N.G Sr. Millán Otero, para decir que á aprobación do Convenio de adhesión ó Convenio de Ecoembes foi precipitada, á actúal proposta debeu ser asumida no seu momento pola Mancomunidade; nembargantes fano ahora debidamente pero a destempo, con Sogama non era coherente e hoxe con Ecoembes perdeuse a posibilidade de negociar: Antícipa que se abstendrá na votación.

    Seguidamente interven o Portavoz de EdeG- Os Verdes e dí que é a segunda vez que se trata ó asunto, no mes de xunio debeuse optar pola Mancomunidade órgano supramunicipal recuperador do papel cartón.

    O Alcalde aclará que a presente proposta non e máis que parte do acordo adoptado no mes de Xunio, se adopta como complemento o anterior.

    VOTACIÓN E ACORDO:

    A Corporación en votación ordinaria e por 10 votos a favor dos Sres (Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, Martinez Couso, Sotelo Pena, Gonzalez Gonzalez, Martín Alonso e Entenza Dominguez do P.P.) 1 voto en contra do Sr. Santos Leites de EdeG-Os Verdes e 6 abstencións dos Sres.(Millán Otero,Moreira Piñeiro, Miranda Cáncelas e Lorenzo Martinez do B.N.G e Sres Leite Fraga e Rodriguez Martinez do P.S.G- PSOE), acordan:

    1.- Aprobar a delegación na Mancomunidade do Morrazo en Materia de Envases Lixeiros como parte do convenio con Ecoembes.

    2.- Expedir e remítir certificado do presente acordo a dita Mancomunidade.

    6.Bis) NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE MUNICIPAL NO CONSELLO ESCOLAR I.E.S PARALAIA.

    O Alcalde dá lectura do escrito formulado por ó I.E.S A Paralaia, requirindo o Concello para a designación do representante municipal no Consello Escolar do I.E.S A Paralaia e propón para dito cargo a Concelleira Dña. María Martín Alonso.

    Solicita a Corporación declaración de urxencia do presente a