ACTA 2/2001
ACTA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA-URXENTE DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 20 DE FEBREIRO DE 2001.
ORDE DO DÍA:
PUNTO ÚNICO: ADOPCIÓN DE ACORDOS S/ A PROBLEMÁTICA DO TRANSPORTE ESCOLAR EN MOAÑA.
ASISTENTES:
Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO
CONCELLEIROS:
D. Alberto Currás Piñeiro.
D. José Manuel Cordeiro Portela
D. Javier Abal Juncal.
D* Maria C. Costas Gayo.
D. José González González.
D. Osbaldo Martinez Couso.
D* María Martín Alonso.
D*. Carmen Entenza Dominguez.
D*. Carmen Sotelo Pena
D. Xosé Manuel Millán Otero.
D. Rosendo Moreira Piñeiro.
D*. Isabel Lorenzo Martinez.
D. Alberto Miranda Cancelas.
D. Julio Martínez Rodriguez.
D. José Luis Leite Fraga.
Secretario : Felipe Fermoso Valdes.
Na casa do Concello de Moaña, ó 20 de febreiro de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno ExtraOrdinario-urxente da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.
A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.
PUNTO ÚNICO: ADOPCIÓN DE ACORDOS S/ A PROBLEMÁTICA DO TRANSPORTE ESCOLAR EN MOAÑA.
O Sr. Alcalde abre o acto coa declaración de urxencia da sesión extraordinaria convocada e solicita seu pronunciamento os membros da Corporación, o amparo no disposto no art. 79 do Reglamento de Organización e Funcionamento, declarando a urxencia solicitada por unanimidade dos asistentes.
Acto seguido da conta do acto da sesión realizada polo Consello Escolar o venres día 16 de febreiro de 2001.
Cede a palabra a D. Estanislao Calvo da Federación de Apas; D. Manuel Rúa da AAVV A Chamusca e D. Emiliano Sotelo, director do colexio de Reibón, quenes interveñen en uso das facultades que lles confire o Reglamento Orgánico Municipal
Todos eles coinciden en que o transporte escolar víñase realizando de forma irregular con anterioridade a folga e que a Xunta é a única responsable de que o problema perdure e de continuar á situación actual, dito organo institucional debe rescindir a concesión do transporte á empresa responsable MOMBUS.
INTERVENCIÓNS
Intervén en primeiro lugar o Sr. Millán Otero, portavoz do BNG, quen agradece a participación dos anteriores intervinientes é Consello Escolar, ainda que tarde, este debate non su houbera celebrado si non é pola actitude firme dos anteriores, debe decir que ó exposto polos mesmos hai pouco que añadir.
Na actualidade os centros escolares atópanse totalmente descontrolados por falta do transporte. A responsabilidade desta situación é do Concello, non lle vale que o Goberno Municipal diga que non ten competencias, pois dá a entender que os responsables do conflicto non son outros que os traballadores da Unión.
O Conselleiro da COTOP Sr. Cuiña, dixo en algún momento que pondría o necesario para solucionar o conflicto creado, ata a data non fixo nada, cando dito responsable ten capacidade e competencias suficientes para unir as partes e dar solucións.
Solicita a dimisión dos delegados de educación e transporte é incluso a do Sr. Concelleiro. A empresa Mombus aparte da subvención multimillonaria que percibio da Xunta, acrecentou os problemas no servicio de transporte; non hai criterios de horarios, paradas, itinerarios, etc.
Esixe a rescisión da concesión do transporte a favor da empresa Mombus, única responsable do conflicto.
O Sr. Martinez Rodriguez, portavoz en funcions do PSG-PSOE, dí que se ven falando non é competencia do Concello á solución do problema plantesado, cando isto non é certo.
Propón a creación do Consorcio Regulador do Transporte Público por carretera.
Os Alcaldes deberían implicarse de forma directa para dar solución o problema plantesado, manifestando que va a secundar a movilización dos afectados encerrándose esta noite no Salón de Plenos.
Por último intervén o Portavoz de EdeG-OV, Sr. Santos Leites, lamentando que este pleno se celebre despois de vinte días de folga; coa situación creada pódese pensar que existe quiebra económica no Morrazo.
Como non lle compete, non desea entrar no tema laboral, pero si no servicio que presta a empresa Mombus; quen crea problemas de forma reiterada donde ten as suás concesións. Non respetando horarios, paradas, itinerarios, etc., previamente fixados. Os usuarios do transporte ó non poder acceder os seus postos de traballos, consultas médicas, etc, se lles está sustraindo un dereito fundamental.
Non comprende como os verdadeiros responsables, chámese Xunta de Galicia, non sean capaces de resolver os problemas plantexados . Finalmente fai unha comparación entre a enseñanza privada e ensañanza pública, concluíndo que ésta última é a pariente pobre polas circunstancias expostas. Hai que ter unha actitude valente e defender os dereitos fundamentais do ciudadano, por parte do Concello.
O Sr. Alcalde dá lectura a declaración asumida polos portavoces dos Grupos Municipais, debendo dar traslado da mesma ó Presidente da Xunta, Mombus, representantes dos traballadores e Dirección Xeral de Transportes, para buscar unha solución ó conflicto, dita declaración proposta dí como segue:
"Ante a grave situación de falta de transporte escolar e de viaxeiros que está padecendo o noso Concello como consecuencia do conflicto laboral entre traballadores e a empresa Mombus que presta os seus servicios dentro do termino municipal, e mirando que despois de moitos días a situación, dende o punto de vista estrictamente de prestación de servicios, segue sen solucionarse, o Pleno da Corporación Muncipal.
A C O R D A
1.- Demandar da Xunta de Galicia unha solución rápida e urxente a este conflicto.
2.- Demandar da Administración Autonómica que de persistir este conflicto, interesar a rescisión da concesión outorgada no seu día a empresa de transporte de viaxeiros Mombus.
3.- Demandar da empresa concesionaria e dos seus traballaadores, un acordo satisfactorio que faga posible a prestación do servicio con total normalidade.
4.- Crear unha comisión que entende da problemática actual e faga un seguimento da situación na que atopa o transporte, tanto escolar como de viaxeiros, no noso Concello.
5.- Apoiar as xustas revindicacións que sobre este problemas están a levar a cabo pacificamente, tanto as Asociación Veciñais como as Agrupacións de Pais de Alumnos de Moaña. "
Intervén seguidamente o portavoz do BNG, Sr. Millán Otero e manifesta atoparse de acorde coa proposta leida polo Sr. Alcalde, pero debe de matizarse a proposta de acordo no punto 1 e 4 no sentido de engadir:
Punto 1.- Instar a Xunta de Galicia a que adopte unha actitude activa para conseguir unha solución negociada que permita a normalización inmediata do servicio.
Punto 4.- Crear unha comisión de seguimento coa participación da Federacións de Apas, AAVV e partidos políticos, de cara a conseguir unha mellora sustancial na prestación de transporte de viaxeiros en xeral e transporte escolar en particular.
O Sr. Alcalde, accede ó solicitado polo Sr. Millán Otero .
A Corporación Municipal, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1.- Demandar da Xunta de Galicia unha solución rápida e urxente a este conflicto. Istar da Xunta de Galicia, a que adopte unha actitude activa para conseguir unha solución negociada que permita a normalización inmediata do servicio.
2.- Demandar da Administración Autonómica que de persistir este conflicto, interesar a rescisión da concesión outorgada no seu día a empresa de transporte de viaxeiros Mombus.
3.- Demandar da empresa concesionaria e dos seus traballaadores, un acordo satisfactorio que faga posible a prestación do servicio con total normalidade.
4.- Crear unha comisión que entende da problemática actual e faga un seguimento da situación na que atopa o transporte, tanto escolar como de viaxeiros, no noso Concello. Crear unha Comisión de Seguimento coa participación da Federación de APAS, AAVV e partidos políticos de cara a conseguir unha mellora sustancial na prestación do servicio de transporte de viaxeiros en xeral e transporte escolar en particular.
5.- Apoiar as xustas revindicacións que sobre este problemas están a levar a cabo pacificamente, tanto as Asociación Veciñais como as Agrupacións de Pais de Alumnos de Moaña.
E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 21:30 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.
O ALCALDE, O SECRETARIO,