ACTA 5/2001

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 5 DE ABRIL DE 2001.

 

ORDE DO DÍA:

 

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTAS NUM. 3 e 4/2001.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESCRITO DA ASAMBLEA DOS

MARIÑEIROS.

4.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PRESUPOSTO

MUNICIPAL 2001 e PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR.

5.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PLAN ESPECIAL RÍA

DE VIGO.

6.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE

DO FUXÓN.

7.-ADOPCIÓN ACORDOS S/ RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA A

APROBACIÓN DE BASES E ESTATUTOS DA U.G. 5.

8.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO CONVENIO S/ RECUPERACIÓN DE

ESPACIOS DEGRADADOS.

9.-MOCIÓN DE EdeG-OV S/DOTACIÓN DUNHA U.C.I MOBIL

10-MOCIÓN DO BNG S/ AXUDAS POLOS TEMPORAIS.

11-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/TRANSPORTE DE VIAXEIROS.

12-MOCIÓN DO BNG S/ RECUPERACIÓN DA COSTA DE TIRÁN

13-ROGOS E PREGUNTAS.

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Javier Abal Juncal

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

Dª Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

  1. Osbaldo Martinez Couso.

 

 

 

 

 

Dª María Martín Alonso.

Dª. Carmen Entenza Dominguez.

Dª. Carmen Sotelo Pena

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

Dª. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D. Julio Martínez Rodriguez.

D. José Luis Leite Fraga.

  1. José E. Santos Leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

 

Na casa do Concello de Moaña, ó 5 de abril de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

 

O concelleiro D. Osbaldo Martínez Couso, incorpórase a sesión ás 20:30 horas, durante o debate do escrito da Asamblea de Mariñeiros. Auséntase do salón de sesións durante o debate e votación do punto l2 as concelleiras Maria Martín Alonso e Maria C. Costas Gayo, incorporándose as mesmas no apartado de Rogos e Preguntas.

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTAS NUM. 3 e 4/2001.

 

Se aproban por unanimidade ditos borradores. Non obstante o Sr. Santos Leites desea se añada na súa intervención, punto 6 da sesión 3/2001, a frase "buscando acordo coa Comunidade de Montes de Meira".

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

Queda enterada a Corporación.

 

 

 

 

 

3.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO ESCRITO DA ASAMBLEA DOS

MARIÑEIROS.

O Alcalde dá lectura o escrito formulado por D. José Antonio Torres Chapela, quen actua en representación da Asamblea de Mariñeiros do Morrazo, dito escrito dí como segue:

"José Antonio Torres Chapela, maior de edade, provisto de DNI, 35.457.896 con enderezo a efectgos de notificación en Cangas do Morrazo, rua Antonio Garelly, 28. En nome e representación da Asamblea de Mariñeiros do Morrazo, a ese Concello en Pleno. DI:

Que o vindeiro sábado día 7 de abril as 6 da tarde, vai ter lugar unha nova manifestación en Marin para esixir das administracións SOLUCIÓNS PARA OS MARIÑEIROS, despois de dazaseis meses de paralización da flota que faenou ata o pasado 30 de novembro de 1999, no Banco Canario-Sahariano.

Como vostedes son sabedores, e tendo en conta a "ruptura das negociacións" ven a conformar o que durante este tempo esta asemblea ten predecido, e decir; fame e miseria para os mariñeiros afectados.

Doutra banda, a pesar de levar anos, non meses, esixindo do Goberno MEDIDAS SOCIAIS DE ACOMPAÑAMENTO, despois de dazaseis meses seguimos sen que as administración e "sindicatos máis representativos " se dignen a falar do tema.

Por todo o exposto a esea Concello Pleno; SOLICITA:

1.- Que ese Concello a través do Pleno ou da Comisión de Goberno adopte o acordo de apoiar a manifestación do día 7 de abril en Marin.

2.- Facer un chamamento aos veciños e veciñas dese concello a través da prensa para participar na devandita manifestación.

3.-Facemos un chamamento a todos os grupos políticos desa Corporación municipal a participar na roda de prensa de apoio a manifestación que se vai celebrar o día 5 de abril, as 13 horas no salón de actos do Concello de Marin.

4.- Solicitamos dese concello en pleno o acordo de contratación dun autobús para facilitar a asistencia do veciños do Concello de Moaña a manifestación".

Seguidamente o Alcalde, cede a palabra o representante dos mariñeiros quen pregunta a Corporación como non asistio a roda de prensa a totalidade dos grupos que a compoñen.

Replica o Alcalde que seu grupo non asistio debido a error sufrido sobre o lugar donde hoube de celebrarse dita roda de prensa, non obstante tivo representación na manfestación convocada.

 

 

 

Intervén o Sr. Millán Otero, para decir que o Alcalde representa a Corporación e executou acordo unánime adoptado por tódo-los grupos municipais. O BNG, como grupo non asiste porque non desea contribuir a pantomima que pretenden os mariñeiros, sen embargo esixe o Goberno Municipal, Goberno da Xunta e Goberno da Nación, den resposta contundente á solución do grave problema.

Despois de réplicas e contraréplicas, o representante dos mariñeiro, solicita da presidencia, un añadido a parte dispositiva do acordo solicitado no seu escrito, non accedendo a esta pretensión o Sr. Alcalde.

O Alcalde comprende a problemática que se creou os mariñeiros do morrazo e, a outros do estado español; a súa solución non é competencia do Concello de Moaña nin da Consellería de Pesca. Os concellos fan o que poden asistindo a manifestacións e facendo mirar os veciños que estamos con eles. No admite declaración algunha contra o Conselleiro de Pesca, polo tanto non habrá votación en tal sentido.

INTERVENCIÓNS:

O Sr. Leite Fraga, solicita que na cuantía das indemnizacións os mariñeiros, téñanse en conta o estado civil dos afectados.

O Sr. Millán Otero, comparte cos mariñeiros a manifestación feita contra o Conselleiro de Pesca.

O Sr. Santos Leites, comparte a anterior manifestación solicitando votación interesada e a vez pide a dimisión do Conselleiro de Pesca..

Finaliza a intervención o Sr. Alcalde para decir que continuará co seu apoio particular e institucional hacia as reivindicacións dos mariñeiros.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar nos seus propios términos o escrito presentado.

4.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PRESUPOSTO

MUNICIPAL 2001 e PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR.

O Alcalde dá lectura a súa memoria que queda unida o expediente e dí:

"Proposta de admisión da reclamación o orzamento do grupo municipal PSG-PSOE.- Visto o informe do interventor, procede a aceptación da reclamación formulada polo Concelleiro D. Julio Martínez Rodriguez, e amplia-la partida do Estado de Gastos

 

 

 

do Orzamento 5110.611.17, destinada a cumplimento de sentencias xudiciais, en 37.000.000-ptas. más, quedando o crédito establecido en 57.000.000.-ptas.

Ante a imposibilidade de suprimir obligacións previstas, para financiar esta ampliación do gasto, se incluirá como recurso extraordinario no concepto de ingresos 917.01 un préstamo a longo prazo polo importe de 37.000.000.-ptas.

O incremento do gasto e ingresos dará lugar a modificación dos correspondentes capítulos e montante final equilibrado, según o que figura no anexo a esta memoria. "

Igualmente o concelleiro delegado de persoal dá lectura a súa proposta quedando unida o expediente e dí:

" Pola presente solicitase por parte do delegado de persoal a inclusión nos orzamentos do concello do 2001 da seguinte alegación:

-Respecto da relación de postos de traballo: conversión das seguintes prazas de persoal eventual en prazas de persoal laboral fixo de plantilla, que deberán formar parte da oferta pública de traballo do ano 2001:

-1 praza de Aparellador.

-1 praza de capataz-encargado de vías e obras.

O que así se propón en Moaña a 4 de abril de 2001".

Por último a Corporación dáse por enterada do informe emitido polo interventor municipal, cuio texto literal dí:

"ALEGACIONS O ORZAMENTO DE 2001

INFORME DE INTERVENCION:

Dentro do periodo de exposición ao público, presentáronse as siguientes reclamcións ao Orzamento:

Manuel Rua Chapela, en representación da Asociación de Veciños O Real-Con.

Julio Martinez Rodriguez, en representación do Grupo Municipal do PSG-PSOE.

Gloria Chapela Lemos, en nome do Sindicato de Administracións Públicas de CC.OO.

Manuel Currás Meira, en representación da Confederación Sindical Galega.

 

 

Maria Jesús Rua Durán, como Presidenta da Asociación de Veciños do Cristo.

Os reclamantes reúnen a consideración de interesados a efectos da posibilidade de reclamar ao Orzamento, según o disposto no Art. 151.1 da Lei Reguladora das Facendas Locales, polo que están lexitimados para formulalas.

O Art. 151.2 da mencionada Lei establece un número limitado de causas para a reclamación, que son:

    1. Non estar tramitado regulamentariamente.
    2. Omitir crédito necesario para o cumplimento de obligas exisibles.
    3. Insuficiencia de ingresos en relación cos gastos ou coas necesidades.

Analicemos cada unha das alegacións:

1.- Reclamación da Asociación de veciños Real-O Con: Pre-

tende que se consigne crédito para investimentos do proxecto da casa de cultura de Real, Asfaltado e dotación de aceiras na Rúa Navas de Tolosa, Acondicionamento da praia de Mosqueira e arranxamento da casa abandonada na rúa Batalla do Callao-

A decisión da inclusión de determinados investimentos no Plan de Investimentos do Orzamento constituie unha decisión política allea a este informe técnico.

As causas desta reclamación non se atopan dentro dos motivos legales para reclamar.

2.- Reclamación do Grupo Municipal do PSG.PSOE: Interesa que se incluia a ampliación ata 57.000.000 ptas (37.000.000 pts máis) a consignación inicial de 20.000.000 ptas., para afrontar as obligas económicas derivadas do cumplimento de sentencias xudiciales.

Efectivamente, a Comisión de Goberno cifrou en 57.000.000 ptas., as cantidades exisibles o Concello de Moaña por execución de sentencias, polo que a consignación inicial prevista de 20.000.000 ptas, resulta insuficiente, constituindo a reclamación de que tratamos motivo legal de impugnación (Art. 151.2 b) LR.F.L), incumplíndose o disposto no Art. 146.1 a), polo que debe atenderse a reclamación e ampliarse o crédito.

Si non resulta posible a supresión ou reducción doutras consignacións, deberá acurdirse ao recurso extraordinario do crédito.

3.- Reclamación de CC.OO: Pide que se manteña no Orzamento as consiugnacións de toda-las prazas que foron suprimidas.

No Orzamento consignanse os créditos necesarios para facer frente as obligas de personal funcionario e contratado laboral, polo que non existe insuficiencia de crédito para atender a obligas adquiridas.

A Corporación tamén pode discrecionalmente ampliar, manter ou reducir a plantilla orzamentaria doutros exercicios, como ten feito neste caso, suprimindo da

 

 

 

plantlla as prazas vacantes, e non ocupadas provisoriamente, polo que a aceptación ou non da petición resulta discrecional para a Corporación.

4.- Reclamación da Confederación Intersindical Galega: Remitímonos o dito para a reclamación precedente.

A praza de Interventor é obligatoria neste Concello. A súa supresión excede do ámbito das atribucións da Corporación, según a Lei reguladora das Bases de Réximen Local.

5.- Reclamación de Asociación de Veciños O Cristo: Solicita se incluia nos investimentos do Concello un terreno para un local social e parque infantil, a cubricción dos lavadeiros do rio do Pazo nos Piñeiros e Rial na Xalde, alcantarilllado na Xalde de Arriba, o asfaltado da carretera da Xalde e do Pedroso, a apertura e asfaltado do camiño da Canexa.

O comentario deste alegación é idéntico ao dito para a reclamación de Asociación de veciños o Real-O con.

Conclusións_: Das reclamacións presentadas a única que obligatoriamente debe ser aceptada é a formulada polo Grupo Municipal de PSG. PSOE, e por tanto debe ampliarse a consignación inicial da partida ata 57.000.000 ptas, dando cumplimento ao acordado na Comisión de Goberno deste Concello, adoptado en sesión da data 6 de Febreiro de 2001.

As restantes reclamacións son de discrecional aceptación pola Corporación xa que entran dentro do ámbito da conveniencia ou oportunidade que constituie o campo da decisión política.

Moaña, a 4 de abril de 2001"

 

INTERVENCIÓNS

Faino en primei lugar Sr. Leite Fraga para decir que o pasado ano apoiaron os presupostos do grupo de goberno en base a unha serie de compromisos incluidos no mesmo, pero que este ano seu grupo se abstendrá. En relación coa formula utilizada para o pago de indemnizacións por sentencias firmes dictadas por distintos tribunais de xustiza, debeo utulizarse calquera, menos acudir o prestamo, desta forma continua aumentando a deuda existente.

O Sr. Santos Leites di que ten espresados seus argumentos en contra do presente presuposto en alegacións formuladas en su aprobación inicial. O mesmo incurre en defectos de procedimento, non se teñen en conta a comisión informativa, informase alegacións deixándoas a libre decisión política, non existe indicios de chegar a un

 

 

 

 

acordo coa plantilla de persoal, sustitúese a un eventual por outro e non se aceptan obras solicitadas por diversos colectivos.

O Sr. Millán Otero di que non se pode aprobar o presente presuposto, toda vez, que é de tira e encolle, según interese a o grupo de goberno. A estas alturas, falta a liquidación do presuposto do exercicio do 2000, que debería estar aprobada antes do primeiro de marzo. Durante os tres exercicios do goberno do PP aumentou o presuposto douscentos cincuenta millons, sen causa que o xustifique, ni ingresos que o avalen, aparte de que no mesmo non se incluen peticións veciñais.

Reproba a forma utilizada para despedir a seis traballadores ó privatizar o servicio da recollida do lixo, e espera non sean máis nas próximas privatizacións que se aveciñan. Olvídase consignación para a construcción da casa de cultura de Meira, piscina climátizada en Moaña, campo de futbol, etc.

O Alcalde replica os anteriores para decir que os presupostos son os máis equilibrados posibles, para non seguir endeudando ó Concello. Tratouse de recoller as peticións veciñais, pero a situación económica non o permite, é tan mala debida a xestión de anteriores corporacións; a cousa non dá mais, non obstante atenderase as peticións que faltan no próximo exercicio.

Examinadas as reclamacións contra o Orzamento Municipal presentadas por as representacións de: Asociación de veciños de O Real; Grupo Municipal de PSG-PSOE; Sindicato de Administracicóns Públicas de CC.OO; confederación Intersindical Galega; e Asociación de veciños O Cristo, así como a proposta de modificación de plantilla feita polo Concelleiro delegado de Persoa; visto o informe do Interventor de Fondos,

 

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por dez votos a favor (Srs: Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, González González, Martínez Couso, Sras Costas Gayo, Entenza Dominguez, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP), cinco en contra (Srs: Millán Otero, Miranda Cancelas, Morendo Piñeiro e Sra. Lorenzo Martínez do BNG; e Sr. Santos Leites de EdG) e dúas abstencións ( Srs. Leite Fraga e Martinez Rodriguez do PSG-PSOE), acordan:

O Pleno da Corporación, acorda:

1.-Non aceptar as reclamacións contra o Orzamento presentadas no periodo de exposición ao publico por D. Manuel Rúa Chapela, en representación da AAVV O Real-Con; Dª Gloria Chapela Lemos, en nome do Sindicato de Administracións Públicas de CC.OO; D. Manuel Currás Meira, en representación da Confederación

 

 

 

 

Sindical Galega; e Dª. Maria Jesús Rúa Durán, como Presidenta da Asociación de Veciños do Cristo.

2.- Estima-la reclamación formulada polo Concelleiro D. Julio Martínez Rodriguez, en representación do Grupo Municipal do PSG-PSOE, e, en consecuencia, ampliar ata 57.000.000.-ptas a partida 5110.611.17, destinada a cumplimento de sentencias xudiciales, debendose incluir no estado de ingresos, concepto 917.01, un préstamo a longo prazo polo importe de 37.000.000.-ptas. para equilibrar o Orzamento.

3.- Aceptar a proposta do Concelleiro-delegado de persoal, de modificación de plantilla no sentido de incluir na relación de prazas de persoal laboral fixo, unha praza de aparellador e unha praza de Capataz-Encargado de Vías e Obras, suprindo estas mismas prazas da relación de persoal eventual, sen que esta modificación de plantilla supoña alteración económica nin de clasificación no Estado de Gastos do Orzamento.

4.- Coas modificacións precedentes, apróbase definitivamente a plantilla orzamentaria, coa súa relación de postos de traballo, o plan de inversións e orzamento municipal para o ano 2001, e o do Patronato Beiramar, co seguinte resumen:

Estado de Consolidación do Presuposto Xeral de 2.001

-----------------------------------------------------------------

ESTADO DE GASTOS

------------------------------------------------------------------------------------------------------

P r e s u p o s t o

Cap. Denominación Corporación Patronato Op,internas Consolidación

------------------------------------------------------------------------------------------------------

A) Operac.corrientes:

1 Gastos de persoal ....... 450.032.585 245.600.582 695.633.167

2 Gast.corr. e servicios... 180.688.000 54.077.382 234.765.382

3 Gastos financeiros ...... 32.033.325 1.430.000 33.463.325

4 Transf. corrientes ....... 143.103.553 -25.132.194 117.971.359

B) Operac.de capital:

6 Inversións reais .......... 491.113.049 491.113.049

8 Activos financeiros .... 3.500.000 3.500.000

9 Pasivos financeiros.... 10.352.558 1.770.000 12.122.558

-------------------------------------------------------------------

Total ............ 1.310.823.070 302.877.964 -25.132.194 1.588.568.840

------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

ESTADO DE INGRESOS

------------------------------------------------------------------------------------------------------

P r e s u p o s t o

Cap. Denominación Corporación Patronato Op.internas Consolidación

------------------------------------------------------------------------------------------------------

A) Operac.corrientes:

1 Impostos directos ....... 221.764.904 221.764.904

2 Impostos indirectos .... 53.005.000 53.005.000

3 Taxas e outros ingresos. 153.838.000 100.000 153.938.000

4 Transf. corrientes ......... 335.515.396 301.277.964 -25.132.194 611.661.166

5 Ingresos patrimoniais... 3.006.000 1.500.000 4.506.000

B) Operac.de capital:

6 Enaxenac.invers.reais .. 315.000.000 315.000.000

7 Transf. de capital ........ 173.691.770 173.691.770

8 Activos financeiros ..... 3.000.000 3.000.000

9 Pasivos financeiros ...... 52.002.000 52.002.000

---------------------------------------------------------------------

Total .............1.310.823.070 302.877.964 -25.132.194 1.588.568.840"

--------------------------------------------------------------------------------------

5.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO PLAN ESPECIAL RÍA

DE VIGO.

Informa a presidencia da tramitación seguida en expediente para a aprobación definitiva do Plan Especial Ría de Vigo, en Domaio, a cal se recolle en informe emitido polo Secretario Xeral do Concello. Dá lectura a dito informe, cuio texto literal é como segue:

"ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA DO REFORMADO DO PLAN ESPECIAL CAMPO DE GOLF RÍA DE VIGO.

O Sr. Alcalde solicítame informe e en cumplimento no disposto no arto. 54 dol RDL 781/86 de 18 de abril, emítes informe en base os seguintes

A N T E C E D E N T E S:

1.- O Pleno desta Corporación Local, en sesión realizada o día 9 de novembro de 2000, aprobou o Proxecto Reformado do Plan Espcial do Campo de Golf Ría de Vigo, promovido por INTERBURGO VIGO, S.A. Dito acordo infórmase publicamente mediante inserción de edicto no DOG. Num. 230 de 28 de novembro de 2000, así como en BOP.

 

 

 

 

 

2.- Durante o periodo de información pública se formulan unha serie de alegacións que son resoltas en sesión de 1 de febreiro de 2001, remitendo o expediente completo á Dirección Xeral de Urbanismo, o obxeto de que se imita informe previo á aprobación definitiva do presente Plan Especial.

3.- A dirección Xeral de Urbanismo, no seu informe do día 13 de marzo de 2001, emite en sentido favorable, non obstante previa a aprobación definitva, habrá de terse en conta ás observacións practicadas endito informe, as cales son salvadas mediante documentación anexa presentada polo autor do proxecto.

4.- Existe un edicto publicado en data recente co texto literal do publicado no DOG, informando a aprobación inicial, dito edicto non pode ter otra consideración que a de extemporanea e por tanto, sen validez algunha.

Por canto antecede, esta Secretaría emite o seguinte

I N F O R M E:

Primeiro.- Presentada a documentación anexa solicitada en observacións do informe da Dirección Xeral de Urbanismo, o Pleno podrá proceder a aprobación definitiva do Reformado do Plan Especial do Campo de Golf Ria de Vigo.

Segundo.- De ser aprobado con tal carácter, dito acordo se informará publicamente mediante anuncios a publicar no DOG e no POP.

E, canto debo informar, non obstante a Corporación decidirá.

Moaña, 4 de abril de 2001."

INTERVENCIÓNS

O Sr. Martínez Rodriguez aduce que o procedimento seguido non é o correcto, toda vez que, as alegacións que se formularon non se remitiron no seu momento a Dirección Xeral de Urbanismo, e adelanta a súa abstención.

O Sr. Santos Leites, manifesta que o informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, que lle sorprendeo fora favorable, non é máis que unha patata quente, devolta ó Concello para que este resolva, adelanta seu voto en contra.

O Sr. Millán Otero manifesta que existen vicios de forma no procedimento tramitado, por tanto vatará en contra.

Por último o Sr. Alcalde manifesta que se cumplio excrupolosamente o esixido na vixente lei do Solo de Galicia e reglamento estatales. Que as alegacións foron

 

 

 

informadas polo autor do proxecto, arquitecto municipal e desestimadas en sesión plenaria realizada o día 1 de febreiro de 2001.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por dez votos a favor (Srs: Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, González González, Martínez Couso, Sras Costas Gayo, Entenza Dominguez, Martín Alonso e Sotelo Pena do PP), cinco en contra (Srs: Millán Otero, Miranda Cancelas, Morendo Piñeiro e Sra. Lorenzo Martínez do BNG; e Sr. Santos Leites de EdG) e dúas abstencións ( Srs. Leite Fraga e Martinez Rodriguez do PSG-PSOE), acordan:

1.- Aprobar definitivamente o Plan Especial Ría de Vigo en Domaio.

2.- Informar publicamente o presente acordo no DOG e BOP, en cumplimento do disposto no art. 48 da lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia.

6.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DO ESTUDIO DE DETALLE

DO FUXÓN.

O Alcalde informa do trámite seguido en expediente sobre aprobación de Estudio de Detalle no Fuxon. Dá lectura a informe emitido polo Arquitecto Municipal que dí:

"Departamento:Servicio de Urbanismo.- Asunto.- Estudio de Detalle de la UG-14.-Emplazamento: Fuxón-Moaña.- Promotor Fuxón, S.L.

INFORME:

Se solicita por parte da Comisión de Urbanismo novo informe aclaratorio, que se emite nos seguintes términos:

ANTECEDENTES:

O ambito da unidade de xestión UG-14 e suas determinacións de ordenación se definen nunha corrección de errores das Normas Subsidiarias de Planeamento do Municipio de Moaña, publicado no Boletín Ofincial da Provincia do l27 de decembro de 1996.

A referida corrección de errores establece textualmente no apartado 2.3.4.1.7 as seguintes determinacions de ordenación para o ambito da unidade de xestión UG-14.

 

 

 

 

 

 

 

O obxetivo desta Unidade de Xestión, formada por duas parcelas que se indican nos planos, é a consecución dun parque infantil e pista polideportiva que se fixan na ordenación.

Parámetros:

-Superficie total: 2.600 m2 (nas dúas parcelas)

Dotacións Públicas:

-Zona verde ZL-27: 400 m2

-Polideportiva: DEP-14: 1.600 m2

Usos permitidos:

-Vivenda colectiva (máximo 8 vivendas)

-Hotelero.

Para a ordenación de edificación permitida na parcela se redatará un Estudio de Detalle.

Nas restantes determinacións regirá o disposto na Ordenanza 2 do solo urbano. No plano 1.8 se indicarán os límites da UG-14

Xustificación e aclaración o informe precedente:

No documento de modificación puntual no existe memoria xustifiativa definitoria dos obxetivos e criterios de ordenación do ámbito obxeto de modificación, no obstante, a modificación ven motivada pola firma dun convenio entre propiedade e Axuntamento de Moaña no que se propón a legalización da edificación existente e su aptitude para o uso de oito apartamentos e a cesión das zonas libres señaladas na ordenación da modificación puntual para uso e disfrute público.

O feito de que a modificación puntual remita a estudio de detalle o ámbito da unidade de xestión UG-14, indícanos que, de acordo coas atribucións que establece o art. 30 da lei 1/97, de 24 de marzo, do solo de Galicia e os art. 65 e 66 do Reglamento de Planeamento, se subordina a ordenación dos volúmenes edificatorios a súa elaboración, tramitación e aprobación do referido estudio de detalle.

Cando a modificación puntual fai referencia a que as restantes determinacións deberán regularse polo establecido na ordenanza de aplicación R2, evidentemente se entende que quedan excluidas as determinacións de volumetría remitidas ó estudio de detalle, xa que en caso conatrario dita figura no sería necesaria, e bastaría con ordenar ó ámbito mediante a aplicación integra da ordenanza de aplicación R2.

 

 

 

 

 

Conclusións:

Informase favorablemente o expediente en cuestión por axustarse as determinacións establecidas ó respecto nas Normas Subsidiarias de Pleneamento do Municipio de Moaña, así como ó establecido no art. 30 da lei 1/97, de 24 de marzo, do Solo de Galicia, artículos 65 e 66 do Reglamento de Planeamento.

Así como informe emitido polo Secretario Xeral do Concello que dí:

" ASUNTO.: APROBACIÓN DEFINITIVA DE ESTUDIO DE DETALLE

En cumplimento do disposto polo Sr. Alcalde e conforme dispón o art. 54 do RDL 781/86 de 18 de abril, emítese informe en base os seguintes

A N T E C E D E N T E S

1.- Trátase de Estudio de Detalle promovido por D. Francisco Martinez Gil, o cal foi aprobado inicialmente en sesiónordinaria realizada o día 1 de febreiro de 2001.

2.- Dito acordo de aprobación inicial, informase publicamente mediante inserción de edictos no DOG núm. 35 de 19 de febreiro de 2001, e BOP núm. 34 de 16 de febreiro de 2001, non habéndose formulado alegacións algunha durante dito periodo de información.

En base a canto antecede, esta Secretaría emite o seguinte

INFORME:

Primeiro.- Dos antecedentes que obras no expediente, non existe inconvinte algún en que polo Pleno da Corporación procédase a aprobación definitiva.

Segundo.- O acorde de aprobación definitva deberá informarse novamente tanto no DOG como no BOP, conforme do determina a Lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.

É canto debo informar, non obstante a Corporación decidirá

Moaña, 4 de abril de 2001."

A vista dos antecedentes descritos, o Alcalde somete a votación o punto da orde do día:

 

 

 

 

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.-Aprobar definitivamente Estudio de Detalle na Unidade de Xestión 14 O Fuxón.

2.- Informar publicamente o presente acordo no DOG e BOP.

7.-ADOPCIÓN ACORDOS S/ RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA A

APROBACIÓN DE BASES E ESTATUTOS DA U.G. 5.

Dáse conta do recurso de reposición interposto por Dª. Maria Dolores Salgueiro Gramary contra acordos plenarios de 11 de abril e 28 de setembro, ambos do 2000, mediante os que se aproban inicial e definitivamente as Bases e Estatutos da Xunta de Compensación da Unidade de Xestión núm. 5 en Meira.

Visto o informe emitido polo Secretario Xeral do Concello que di:

"ASUNTO: RECURSO DE REPOSICIÓN

O Sr. Alcalde solicítame informe sobre recurso de reposición presentado e en cumplimento no disposto no art. 54 de TRL emítese o seguinte en base e fundamento os seguintes

A N T E C E D E N T E S

1.- Trátase de recurso de reposición interposto por Dª. Dolores Salgueiro Gramary, domiciliada en Moaña, quen recurre contra os acordos de 11 de abril e 28 de setembro, ambos do ano 2000, acordos nos que se aproba inicial e definitivamente as bases e estatutos da Xunta de Compensación da Unidade de Xestión núm. 5 de Meira.

2.- Expón omitiuse a notificación individualizada da aprobación inicial dos Estatutos e Bases de actuación de dita Unidade de Xestión, os propietarios integrados na mesma. Falta aprobación previa de planeamento, asi como outras omisións por parte do promotor e que ten carácter extrictamente interna.

Por canto antecede, esta Secretaria emite o seguinte

I N F O R M E:

Primeiro.- O recurso de reposición se interpón en tempo e forma ante o organo competente por persoa lexitimada por este dereito.

 

 

 

 

 

Segundo.- As alegacións recollidas no recurso formulado, valonranse suficientes para que o mesmo sea estimado.

Terceiro.- En consecuencia creo debe de declararse a anulidade do procedimento dende o momento da aprobación inicial do proxecto de bases e estatutos, con notificación persoal e individualizada a tódo-los propietarios incluidos no proxecto de compensación.

É canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 4 de abril de 2001."

Considerando que las alegacións formuladas por Dª. Maria Dolores Salgueiro Gramary se presentan en tempo e forma e as mesmas avalan a admisión do recurso de reposición presentado, toda vez que existe fallo procidimental denunciado no presente recurso de reposición.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :

1.- Admitir o recurso de reposición interposto por Dª. Dolores Salgueiro Gramary.

2.- Retrotraer as actuacións levadas a cabo pola Corporación Municipal a aprobación inicial das Bases e Estatutos de actuación do Proxecto de Compensación da Unidade de Xestión 5 en Meira.

8.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO CONVENIO S/ RECUPERACIÓN DE

ESPACIOS DEGRADADOS.

 

O Sr. Alcalde expón a Corporación a proposta da Consellería de Medio Ambiente sobre a firma de novo convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Moaña, con destino a recuperación de espacios degradados.

Igualmente dá lectura a informe emitido polo Secretario Xeral do Concello, o cal textualmente di como segue:

"INFORME DE SECRETARÍA

ASUNTO: Convenio de colaboración para recuperación de espacios degradados.

O Sr. solícitame informe sobre ö convenio de colaboración entre a Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Moaña para a recuperación de espacios degradados, en cumplimento do disposto no articulo 54 do T.R.R.L. aprobado

 

 

 

 

por Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, emite informe en base a ós seguintes.

ANTECEDENTES

1. Concello de Moaña ven utilizando para o vertido dos seus vertidos sólidos, uns terrenos situados no lugar da Fraga (Moaña), que deixará de recibir residuos no mes de Xaneiro de 2001 como consecuencia da entrada en funcionamento da Mancomunidad dos Concellos do Morrazo que asumirá esta obrigación.

2. O plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia, inclúe entre os seus obxectivos a recuperación de espacios degradados, supoñendo por tanto a clausura do vertedeiro da fraga, o existir outra alternativa de tratamento para Moaña.

3. Compromisos do convenio:

a) Aportación económica da Xunta de Galicia 199.321.374 pts, bienio 2001-2002; do Concello de Moaña 35.174.360 pts. o que supón o 85 e 15 por cento respectivamente.

b) Consignación presupostaria o Concello de Moaña asignará a cantidad sinalada nos presupostos xerales do exercicio 2001.

4. O convenio ten carácter administrativo con unha duración precisa para a execución das obras con posibilidade de prórroga entre ás partes seas circunstancias así ó consellarán.

Por canto antecede esta secretaría emite o seguinte.

INFORME

1. Lexislación aplicable: Lei 10/97 de Residuos Sólidos de Galicia real decreto lexíslativo 2/2000 de 16 de xunio de Contratos das Administracións Públicas e Lei de Bases de Réximen Local.

2. O aceptar o compromiso de aportación municipal, o importe señalado habrá de consignarse o presuposto xeral do exercicio 2001, e se fora necesario, suplementar dita partida.

3. E competencia do Pleno da Corporación por así esixilo a natureza do convenio.

4.- Revocar anterior convenio con destino os mesmos fins.

E canto debo informar no obstante o Pleno da Corporación decidirá.

Moaña, a 4 de abril de 2001

SECRETARIO"

 

 

 

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.- Revocar anterior acordo autorizando convenio cos mesmos fins do presente.

2.- O compromiso de potga a disposición, libres de cargas e gravámenes, tódolos terreos necesarios, sobre os que se asente o vertedoiro para o normal execución das obras, así como o compromiso de outorgar as autorizaciones necesarias para levar a cabo as mesmas.

3.- O compromiso de asumir as obrigas eaconómicas derivadas do convenio que se concretan nunha aportación de TRINTA E CINCO MILLONS CENTO SETENTA E CATRO MIL TRESCENTAS SESENTA PESETAS (35.174.360 ptas) comprometéndose o Concello a formaliza-los desenvolsos económicos a medida que os solicite o órgano encargado da obra.

4.- O compromiso da inclusión nos presupostos do ano 2001 da partida correspondente

5.- Renunciar expresamente a reter da aportación do Concello calquera tipo de tributo con motivo das obras.

6.-Asumir, unha vez recepcionada-las obras e previa comunicación da Conselleria de Medio Ambiente a explotación, mamtemento e conservación das mesmas

9.-MOCIÓN DE EdeG-OV S/DOTACIÓN DUNHA U.C.I MOBIL

Dá lectura a moción o Sr. Santos Leites, o texto da mesma di:

" Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia, ó abeiro da lexislación vixente, presenta ante o Pleno da Corporación para o seu debate e posterior toma de acordos a seguinte MOCIÓN:

A Comarca do Morrazo carece de centros hospitalarios específicos, dependendo a súa poboación, no que a atención hospitalaria se refire, de instalacións radicadas en Vigo (no caso de Moaña e Cangas) ou Pontevedra (caso de Bueu).

Unha parte importante da comarca, nomeadamente os concellos de Cangas, Bueu e Moaña, cunha poboación de maís de 50.000 habitantes, atópase a unha distancia considerable dos hospitais de referencia, tanto en quilómetros como en tempo necesario para percorrelos, polo que se fai necesaria unha mellor atención para casos graves e urxentes, por parte da administración sanitaria galega

En algúns destes casos como son accidentes de tráfico, patoloxias do corazón… o índice de éxito na salvación de vidas esta directamente relacionada coa rapidez coa que o paciente reciba atención médica especializada.

 

 

 

 

 

Partindo pois desta necesidade da poboación do Morrazo, é polo que Esquerda de Galicia plantexa a adopción do seguinte ACORDO:

O Concello de Moaña insta a Xunta de Galicia a dotar aos concellos de Cangas, Moaña e Bueu dunha UCI móbil medicalizada (con dotación de médico, ATS, técnico e chofer) adcrita ao servicio do 061."

INTERVENCIÓN:

O Sr. Martínez Rodriguez, simplemente desea facer unha obxeción no sentido de añadir na parte dispositiva do acordo que a sede da UCI Movil sea Moaña.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda aprobar a moción presentada nos seus propios términos en que se atopa redactada.

 

10-MOCIÓN DO BNG S/ AXUDAS POLOS TEMPORAIS.

O Sr. Millán Otero dí a de terse en conta a data da moción.

Seguidamente dá lectura da moción o Sr. Moreira Piñeiro decindo:

" Moción do BNG sobre axudas aos sectores productivo afectados polos temporais.- Os temporais que axoutaron a Galiza desde o pasado mes de outubro teñen provocado graves danos económicos en todos os sectores productivos do pais, e moi especialmente nos relacionados co mar. En Moaña estes perxuizos alcancan especial impacto no marisqueo, na pesca de baixura e no sector mexilloeiro. Nuns casos por causa do amarre obrigado das embacacións, noutos polos destrozos nos bancos marisqueiros e instalacións, o certo é que as perdas económicas padecidas son cuantiosas . As consecuencias dos temporais en sectores como o marisqueiro padeceranse aíndo nos próximos anos, pola alta mortalidade dos moluscos e a destrucción case total dos sementeiros, o que non permitirá unha rexeneración óptima para a súa explotación comercial ata o ano 2003.

Ante esta situación crítica, o Goberno español negouse ata o momento a establecer liñas de axuda a estes sectores, como se ten feito con ocasión de catástrofes naturais ocurridas noutros puntos do Estado, ao tempo que descagarba a súas competencias na Xunta de Galicia. Desde a Xunta, por outra parte, non se ten fixado nin o tipo nin a contía das axudas; nin sequera se sabe se finalmente as haberá.

 

 

 

 

 

Considerando que as medidas adoptadas ata o momento son amplamente insuficientes; considerando que tanto o Estado español como a Xunta de Galiza teñen a obriga de socorrer economicamente a estes sectores vitais para a economía de Galiza en xeral e do Concello de Moaña en particular, O BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes:

A C O R D OS

1.- Dirixirse á Xunta de Galicia e o Goberno español reclamando a adopción de liñas de axuda extraordinarias para compensar os perxuizos económicos ocasionados polos temporais, tanto no referido ás perdas por danos en bens e instalacións como ás motivadass polo cese temporal de actividade no sector marisqueiro, mexilloeiro e da pesca de baixura.

2.- Reclamar un Plan de recuperación dos bancos marisqueiros que permita alcanzar a curto prazo niveis óptimos de pruducción e calidade."

O Sr. Alcalde quere facer constar que a presente moción ten carácter de extemporaneo, posto que as axudas como consecuencia do temporal en galicia atópanse plantexadas pola Xunta.

O Sr. Millán Otero expón que os danos calculados pola Xunta son de cincuenta mil millóns, e as axudas previstas, calculanse en cinco mil millóns, polo tanto considera éstas como insignificantes.

O Sr. Santos Leites pronunciase nos mesmos términos que no anterior.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a moción presentada nos propios términos en que se atopa redactada.

11-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/TRANSPORTE DE VIAXEIROS.

Dá lectura da moción o Sr. Martínez Rodriguez é dí:

"José Luis Leite Fraga, en calidade de portavoz do Grupo Municipal do PSG-PSOE no Concello de Moaña presenta a consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN

Os concellos teñen competencias propias para a xestión do transporte público de viaxeiros contempladas pola Lei de Administración Local de Galicia no seu art. 80. Aínda que éste servicio está privatizado responde a unha concesión publica otorgada pola Administración Autonómica. Concesión con obrigas para a empresa concesionaria e sancións, incluso coa retirada da concesión ante incumprimentos graves. ¿Preguntámonos se algún concello do Morrazo dispón de pliego de condicións do

 

 

 

transporte público por estrada que presta a empresa MOMBUS ou se algún alcalde se lle ocurriou pedilo¿ Os socialistas creemos que faise imprescindible que os concellos poidan participar na fiscalización do cumplimento das cláusulas de concesión do transporte público por que son os seus veciños os usufructuarios do servicio. ¿Como se garantizarían senón a prestación de servicios públicos cando éstes son privatizados¿. ¿Deben quedar os cidadans a expensas das empresas ou debe ser a Administración a que vele polo cumprimento dos mesmos¿. Nós creemos que os concellos deben ter algo que decir e que facer ante a total impunidade coa que actúan as concesionarias na xestión dos servicios públicos, subindo os precios , cambiando os horarios como lle parece, deixando aos viaxeiros nas paradas, con multiples problemas no transporte escolar, etc. Non é normal, que teñen que salir os veciños a manifestarse a rúa para esixir que o transporte público funcione correctamente. Unha sociedade que aspire a ser desenvolvida e sostible non pode permitirse un funcionamento do tranporte público nestas condicións.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

Que o Concello de Moaña se dirixa á Xunta de Galicia, propoñendo a creación dun Consello Regulador do Transporte público por estrada, como órgano encargado de velar e fiscalizar o correcto funcionamento do transporte público, donde estén representados Concellos, Xunta de Galicia, Empresa Concesionaria, Traballadores e usuarios".

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes,acorda aprobar a moción presentada nos propios terminos en que se atopa redactada.

12-MOCIÓN DO BNG S/ RECUPERACIÓN DA COSTA DE TIRÁN

Dá lectura a moción a Sra. Lorenzo Martínez e dí:

"Moción do BNG sobre recuperación da Costa de Tirán.- O tramo da costa situada entre o Con e a praia da Videira constitúe un dos máis valiosos espacios naturais con que conta o Concello de Moaña. A zona reúne importantes valores paisaxisticos e histórico-monumentais (conxunto formado pola igrexa románica de San Xoan de Tirán o cemiterio do século XIX, que pola súa ubicación e calidades estéticas podemos considerar únicos en Galiza), o que lle concede grandes potencialidades turístico-recreativas aínda non ben explotadas en beneficio de todos os moañeses.

Sen embargo, a zona vén sufriendo dede tempo atrás unha situación de abandono e progresiva degradación. A falta dunha protección adecuada dos taludes costeiros

 

 

 

provoca unha profunda degradación . A falta dunha protección adecuada dos taludes costeiros provoca unha profunda erosión do terreo acentuada polos continuos desprendementos que poñen en perigro incluso viais e construccións, como ocorreu este ano no camiño da Masandía ou como pode ocorrer en calquera momento na área do cemiterio. A acumulación de actuacións, tal vez necesarias pero desacertadas desde o punto de vista ambiental, como a tuberia de saneamento na marxe da praia, o emisario da Cova da Londra, as escaleiras do Monte da Mona, muros de contención en formigón sobre o penedo, etc, constribuiron a un deterioro paisaxistico que é preciso remediar.

A maiores, a zona carece duns acesos adecuados que permitan o seu disfrute por parte de veciños e visitantes; en certos tramos ofrece unha imaxe propia dun vertedeiro de lixo, permanecendo á vista escombros e residuos depositados moitos anos atrás; por último, os temporais deste inverno e algunha actuación desafortunada provocaron derrubes de terras sobre a praia e caidas de árbores que aínda non foron remediados.

O valor do contorno e o perigo da súa degradación irremediable fan necesaria a adopción de medidas a desonvolver de forma urxente e a medio prazo, se queremos salvagardar unha parte vital do noso patrimonio histórico e natural. Con ese propósito, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corproación a adoción dos seguintes ACORDOS:

a)Solicitar da Dirección Xeral de Costas do Estado (Ministerio de Medioambiente) a elaboración e desenvolmemento dun proxecto de recuperación e acondiconamento da Costa de Tirán que dea solución integral aos problemas de erosión da costa e acceso e disfrute por parte dos veciños (camiño perimentral, zonas de descanso e miradores, etc)

b) Realizar de forma inmediata por parte dos servicios urbanísticos municipais un proxecto técnico que, contando coa colabaoración e suxerencias dos veciños, permita a substitución do actual colector e emisario, o seu traslado á zona de salvamento, lavantamento de escolleira e a construcción dun tramo de camiño perimetral. Para a súa execución, o Concello farase cargo das obras que a empresa constructora da rede de saneamento non asuma.

c) Proceder urxentemente á limpeza e acondiciomento da praia da Videira, á mellora dos accesos e á eliminación dos vertidos de augas fecasi sobre a Cova da Londra".

 

Seguidamente intervén o concelleiro de servicios Sr. González González para aclarar que se intentou a realización dos traballos solicitados na moción pola empresa Espina e Delfin, pero cesouse os mesmo, como consecuencia do temporal que sufre o temporal galego, unha vez, aclárese cesións de terreos e outros requisitos.

 

 

 

 

 

 

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aprobar a moción presentada nos propios términos en que se atopa redactada.

 

MOCIÓN DE URXENCIA:

O portavoz de EdeG-OV, Sr. Santos Leites solicita do Alcalde o pronunciamento da Corporación sobre declaración de urxencia da moción que presenta na situación plantexada da empresa Urbaser e traballadores do concello, despois do acordo adoptado polo Pleno desta Corporación Local, en sesión realizada o día 27 de marzo de 2001.

VOTACIÓN SOBRE DECLARACIÓN DE URXENCIA.

A Corporación en votación ordinaria e con sete votos a favor (Srs.Millán Otero, Miranda Cancelas, Moreira Piñeiro e Sra. Lorenzo Martinez, do BNG; Sr. Santos Leitres de EdG; e Sres. Leite Fraga e Martínez Rodriguez do PSOE) e oito en contra (Srs: Barreiro Tenorio, Abal Juncal, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, González González, Martínez Couso e Sra. Entenza Dominguez e Sotelo Pena do PP) rechaza a urxencia solicitada para tratar a moción que presenta o Sr. Santos Leites.

MOCIÓN DE URXENCIA:

A solicita o Sr. Martínez Rodriguez; o Sr. Alcalde lle interesa entrega da súa moción para proceder a votación de declaración de urxencia do asunto que se trate. O carecer deste documento se lle informa non se pode seguir o trámite establecido na lei.

13-ROGOS E PREGUNTAS.

E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 22:50 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,