ACTA 6/2001

 

 

ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 26 DE ABRIL DE 2001.

 

ORDE DO DÍA:

 

 

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 5/2001 DE DATA 5 ABRIL.

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN DE

GOBERNO S/ ADXUDICACIÓN CONTRATO PLAN XERAL

4.-APROBACIÓN PROVISIONAL, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DAS

NORMAS EN ZONA DOTACIONAL "CAMPO DO CURA"

5.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO PROXECTO TÉCNICO DE "ABASTE-

CEMENTO DE AUGA A MEIRA".

6.-MOCIÓN DE EdeG-OV S/ SOLICITUDE DO TERCEIRO XULGADO EN

CANGAS DO MORRAZO.

7.-MOCIÓN DO BNG S/ MELLORA DO TRÁFICO NA ZONA ESCOLAR DO

ROSAL.

8.-MOCIÓN DO BNG S/ REDE DE SUMINISTRO DE GAS A MOAÑA

9.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ AMPLIACIÓN DO CEMITERIO.

10-ROGOS E PREGUNTAS.

 

 

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Javier Abal Juncal

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela

Dª Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

  1. Osbaldo Martinez Couso.

Dª María Martín Alonso.

Dª. Carmen Sotelo Pena

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

Dª. Isabel Lorenzo Martinez.

D. Alberto Miranda Cancelas.

  1. José E. Santos Leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

 

Na casa do Concello de Moaña, ó 26 de abril de 2001, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

No asisten o acto a concelleira do grupo popular, Dª. Carmen Entenza Dominguez e os concelleiros do grupo socialista D. José Luis Leite Fraga e Julio Martínez Rodriguez.

1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA NUM. 5/2001.

Dáse conta do borrador da acta 5/2001, correspondente a realizada o día 5 de abril do ano que andamos.

O Concelleiro de EdeG-OV, Euloxio Santos Leites pregunta como no apartado de "Rogos e Preguntas" non se reseñan as formuladas. O Secretario informalle que non é preceptivo súa constancia en acta. No seu caso as que se formularon si non foron contestadas no acto, o serán na forma disposta no art. 97.6.7) do Reglamento de Organización.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acordou aproba-la acta sinalada sin modificación ningunha .

2.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

Queda enterada a Corporación.

3.-RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO SOBRE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA.

Dáse conta do acordo da Comisión de Goberno realizada o día 4 de abril de 2001, sobre adxudicación do contrato de traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Moaña, que conforme o punto 4 da súa parte dispositiva habia de ser ratificado polo pleno.

Dito acordo literalmente dí como segue:

"4.N) Adxudicación del contrato del P.G.O.U. de Moaña

Visto o expediente tramitado para a adsudicación do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Moaña, mediante concurso polo procedemento aberto.

Resultando que o acto de apertura de plicas tivo lugar ante a mesa de contratación en sesión realizada o día 23 de marzo do 2001 e o amparo do disposto no art. 81.2 do Real Decreto 2/2000, de 16 de Xuño, a proposta de adxudicación ponsponse o día 4 de abril e a sua vez a mesma para o día 9 de abril do 2001.

Resultando que a mesa de contratación en sesión realizada o día 9 de abril, oido o informe emitido polos técnicos municipais, proponse a Empresa ARTEPLAN GALICIA S.L., por ser a mellor valorada.

Considerando que dita proposta e aceptada polos membros da Mesa de Contratación , con oito votos a fovor e tres abstencións.

A Comisión de Goberno en votación ordinaria e por unanimidade dos asitentes acorda:

1.- Adxudicar a contrato de redaccion do PGOU de Moaña a Empresa ARTEPLAN GALICIA S.L., polo importe de 30.000.000 ptas.

2.- Requerir a Empresa adxudicataria para que dentro dos quince días seguintes a notificación deste acordo deposite fianza definitiva por importe do 4% do presuposto de contratación, e

3.- Requerir a dita Empresa para que dentro do plazo de trinta días naturais, contados dende a notificación deste acordo de adxudicación definitiva, formalice contrato por persoa autorizada por dita Empresa.

4.- Ratificar o presente acordo polo pleno na próxima sesión ordinaria que se celebre"

INTERVENCICÓNS.

O Sr. Millán Otero portavoz do BNG, adelanta que vai absterse na votación, houbéralle gustado vota a favor, ainda que existe motivos suficientes para votar en contra, todo elo pola interpretación dada os informes á lixeira. A proposta técnica con valoracións falsas e ratificda pola maioria da mesa de contratación, non se axusta, os verdadeiros criterios de valoración, tales como experiencia, capacidade, coñecemento técnico, metolodoxía e calendario e ofertas económicas das empresas licitadoras.

O concelleiro de urbanismo, Sr. Abal Juncal, cree que a hora de realizar os traballos, tanto a empresa adxudicataria como calqueira das licitadoras, pódelle inspirar certa desconfianza.

O portavoz de EdeG-OV, Sr. Santos Leites, adelanta que vai absterse, ainda que agradece a súa presencia na mesa de contratación por deferencia do concelleiro de urbanismo, algo que ata ahora era insólito. Analiza e califica ó informe técnico propoñendo á Mesa de Contratación a adxudicación do contrato a favor da empresa ARTEPLAN GALICIA, S.L, como sesgado, forzado e suxetivo. Pensaba votar en contra pero por xenerosidade, vaise a abster.

Por último o Sr. Alcalde agradece ós intervintes no exista oposición frontal á ratificación do presente acordo e adelanta ter en conta os distintos grupos municipais nas fases dos traballos que se programen tratando de lograr o consenso de todos.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e con nove votos a favor (Sres Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Abal Juncal, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Gonzalez González, Martinez Couso, Martín Alonso e Sotelo Pena do.PP) e cinco abstencións (Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Lorenzo Martínez e Miranda Cancelas do BNG; e Santos Leites de EdeG-OV) acordan ratificar en tódolos seus términos o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 9 de abril de 2001, sobre adxudicación do contrato do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Moaña, á empresa ARTEPLAN GALICIA, S.L.

4.-APROBACIÓN PROVISIONAL, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DAS

NORMAS EN ZONA DOTACIONAL "CAMPO DO CURA"

O Concelleiro delegado de urbanismo, Sr. Abal Juncal expón a Corporación que o expediente que se tramita para a Modificación Puntual das Normas Subsidiarias na Zona Dotacional "Campo do Cura", aprobada inicialmente en sesión realizada o día 3 de maio do 2000e informada publicamente sen que se haia formulado alegacións; procede polo pleno a súa aprobación provisional, previa aprobación definitiva despois do informe que deberá emitir o Organo autonómico competente.

Igualmente dá lectura o informe emitido polo informe do Secretario Xeral do Concello, que literalmente dí como segue:

"INFORME DE SECRETARÍA

ASUNTO: APROBACIÓN PROVISIONAL MODIFICACIÓN NORMAS SUBSIDIARIAS NA ZONA DOTACIONAL CAMPO DO CURA.

O Concelleiro-delegado de urbanismo, solicítame informe sobre a aprobación provisional da Modificación Puntual das normas Subsidiarias na zona dotacional do Campo do Cura en Meira e emítese informe en base os seguintes

A N T E C E D E N T E S

1.- Existe proxecto técnico eleborado polos Servicios Municipais, cuia aprobación inicial realizouse en sesión de 3 de maio de 2000, sendo informada publicamente mediante publicación de edictos no DOG num. 57 de 21 de marzo de 2001 e BOP número 50 de 12 de marzo de 2001.

2.- Contra o acordo de aprobación inicial non se interpuso reclamación algunha.

Visto canto antecede, esta Secretaría emite o seguinte

I N F O R M E

Primeiro.- De conformidade co disposto no art. 42 .2) da lei 1/97 de 24 de marzo do Solo de Galicia, procede a aprobación provisional da Modificación proposta.

Segundo.- Conforme o determina o art. 42.5) haberá de remitirse o expediente complento a Dirección Xeral de Urbanismo, o obxeto de que emita informe previo que debera ser vinculante a aprobación definitiva.

E canto debo informar, non obstante o pleno decidirá.

Moaña, 23 de abril de 2001.

O SECRETARIO,"

Asi como, informe emitido pola Comisión Informativa de urbanismo de data 24 de abril de 2001, que di:

"URBANISMO 24 ABRIL DE 2001.

ASUNTO:APROBACIÓN PROVISIONAL, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DAS NORMAS EN ZONA DOTACIONAL "CAMPO DO CURA"

PROPOSTA:

O delegado dá conta a comisión informativa de urbanismo, do expediente sobre a aprobación provisional da modificción das normas en zona dotacional "Campo de Cura" en Meira.

A comisión dase por enterada, pronunciaranse no pleno.

Moaña, 24 de abril de 2001.

O DELEGADO"

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1.-Aprobar provisionalmente a Modificación Puntual das Normas Subsidiarias, na zona dotacional do "Campo do Cura" en Meira.

2.- Remitir expediente completo e compulsado ó organo competente ó obxeto de que o mesmo emita informe preceptivo previo a aprobación definitiva, conforme o determina o art. 42.5) da Lei 1/97.

 

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO PROXECTO TÉCNICO DE ABASTECEMENTO DE AUGA A MEIRA

Expón o Sr. Alcalde que nas previsións de inversións a realizar parte do Organismo Autónomo Augas de Galicia da CPTOPV da Xunta de Galicia, teñense previsto incluir a obra de "Captación e conducción para a ampliación do caudal do abastecemento de auga a parroquia de Meira-Moaña-Pontevedra". Que para poder tramitar o oportuno expediente, o Concello de Moaña ten que pronunciarse sobre a aprobación do proxecto técnico.

Seguidamente dáse conta do informe emitido pola Comisión de Urbanismo que, di:

"O delegado dá conta a comisión informativa de urbanismo, do proxecto técnico de "Abastecemento de auga a Meira para a súa aprobación, se procede polo Pleno do Concello.

A Comisión dáse por enterada e manifestan que se pronunciarán no pleno."

INTERVENCIÓNS:

Interven en primeiro lugar o Sr. Millán Otero, portavoz do BNG, para manifestar que se atopa totalmente de acordo coa proposta, pero que na parte dispositiva do acordo que se adopte, habrá de facerse constar que, unha vez, executadas as obras do proxecto, éstas deberán ter a condición de veciñales e non carácter municipal.

O Sr. Santos Leites portavoz de EdeG-OV, pronunciase no mesmo sentido que o Sr. Millán Otero.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación en votación ordinria e por unanimidade dos asistentes, acordan:

1.- Aprobar o proxecto.

2.- Solicitar da CPTOPV, organismo autónomo Augas de Galicia, departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, a financiación o 100% da obra.

3.-Comprometerse a entrega dos terreos e auga necesarios para a execución das obras, así como to-dalas autorizacións administrativas necesarias para a realización do proxecto.

4.- Renuncia expresa á retención de calquer tipo de taxa, canon ou imposto de carácter local, con motivos das obras.

5.- Que se expoña ó público o proxecto durante vinte días hábiles.

6.- Compromiso de explotación das obras, unha vez, rematadas.

7.- Facultar ao Alcalde –Presidente para solicitar a financiación ó 100% das obras, remitindo certificación deste acordo a CPTOPV, Augas de Galicia, Departamento de Xestión de Dominio Público Hidráulico.

8.- Unha vez executadas as obras do proxecto, as mesmas deberán ter a condición de veciñais, e non municipais.

 

6.-MOCIÓN DE EdeG-OV S/ SOLICITUDE DO TERCEIRO XULGADO EN CANGAS DO MORRAZO.

 

O Sr. Santos Leites fai unha breve alocución sobre o estado dos xulgados de Cangas e seguidamente dá lectura a súa moción, a cal dí como segue:

 

"Esquerda de Galicia

Moaña

Euloxio Santos Leites, concelleiro de Esquerda de Galicia, ó aveiro da lexislación vixente, planrexa para o seu debate polo Pleno da Corporación de Moaña a seguinte

 

MOCIÓN:

Os Xulgados de Cangas, que entenden de procedimentos civís e penais correspondentes os termos municipais de Cangas e Moaña, dispoñen de duas salas cunha carga de traballo crecente que ocasiona senon a súa saturación, sí un importante volumen de traballo acumulado.

Así según a memoria do ano 2000, houbo un total de ingresos (tanto civís como penais ) de 5.852 novos casos, resolvéronse 5.775 e deixáronse pendentes 3.857 causas. Isto representa un volumen de tramitación de 15.484 casos.

Con respecto os procedimentos pendentes, pasouse de 3.452 no ano 1999 ós 3857 no ano 2000, é decir, non se estanca, senon que se incrementa en 405 casos.

Esta acumulación de traballo non resolto , leva a que a calidade da administración de xustiza que reciben os vecinos de Moaña e Cangas sexa baixa e inferior a outras zonas., provocando retrasos , por exemplo no inicio da tramitación dun procedimento de máis dun ano. Esta situación pode agravarse coa nova lei de enxuiciamento civil, xa que as actuais instalacións sólo disponen duna sa de vistas para os dous xulgados, o que vai a disminuir o número de caso que se poidan resolver.

Por todo o anteriormente exposto é polo que Esquerda de Galicia plantexa ó Pleno a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1.- Instar a Xunta De Galicia a dotar dos medios materiais e humanos axeitados ós Xulgados de Cangas, acorde ó seu volumen de traballo, así como a construcción ou adquisición dunha edificación adicada a este fin específico e adaptada as súas necesidades.

2.- Instar ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a tomar en consideración a creación da terceira sala nos Xulgados de Cangas.

Moaña a 18 de Abril de 2001

Asdo. Euloxio S. Leites. Concelleiro EdeG-OV"

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistetes, acorda aprobar a moción presentada en todos seus términos.

7.-MOCIÓN DO BNG S/ MELLORA DO TRÁFICO NA ZONA ESCOLAR DO

ROSAL.

Dá lectura a moción o concelleiro D. Rosendo Moreira Piñeiro, cuio texto literal dí como segue:

"MOCIÓN DO BNG SOBRE MELLORA DO TRÁFICO NA ZONA ESCOLAR DO ROSAL.- Son de sobra coñecidas as dificultades que diariamente teñen que soportar os usuarios dos Institutos As Barxas e A Paralaia, pola deficiencia dos viais de acceso aos centros. Estas deficiencias incrementáronse nos últimos anos coa implantación de industrias na zona e coas obras de edificación no Rosal, que viñeron a sumar ao transito de vehículos xerado polos propios centros un intenso tráfico pesado. A estreiteza dos viais, a inexistencia de aparcamentos e a falta de sinalización vertical e horizontal, especialmente no cruce coa estrada do Redondo, fan que nas horas punta se dean situacións de verdadeiro caos risco para a seguriidade de todos, correndo o perigro de que en calquera momento se produza un percante indesexable.

O proxecto de urabanización do Rosal contempla a apertura dunha nova rúa- a rúa B- de 24 m. de ancho que vai desde a esquina do Instituto As Barxas até a estrada de Berducedo, frente á rúa Curros Enriquez. Este vial forma parte da primeira etapa da urbanización e a súa construcción é imprescindible para a posterior remodelación da rúa A, o actual vial de entrada, incluído tamén nesta primeira etapa e eixe das futuras actuacións edificatorias. A súa apertura inmediata permitiría unha mellor distribución do tráfico, aliviando o único aceso hoxe existente.

Outro "puntonegro" da zona escolar sitúase á altura do I.E.S. A Paralaia. A desgraciada actuación que o Concello realizou o ano pasado, en lugar de mellorar o acceso e a seguiridade, serviu para todo o contrario: en vez dunha rotonda, construíse no lugar unha lameira. O recinto escolar, que antes estaba completamente cerrado , leva todo un curso aberto, contravindo as normas e provocando serias dificultades para un desenvolvemento adecuado das actividades educativas.

De cara a resolver os graves problemas de tráfico e seguridade antes sinalados, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corproación a adopción dos seguintes

A C O R D O S

1.- Acordar cos promotores do Plan Parcial do Rosal Sur a execución prioritaria da nova rúa que vai dende o Instituto As Barxas até a estrada de Berducedo, para poder ser usada a ampla zona de aparcamento proxectada nela como parada de bus escolar, e demais vehículos. Así como acceso aos centros.

2.- Realizar a sinalización vertical e horizontal en toda a estrada de acceso aos institutos e zona industrial, na nova rúa e principalmente no cruce coa estrada do Redondo, de maneira que se facilite a visibilidade, se sinalen os carrís de acceso, etc.

3.- Proceder de forma inmediata á reparación da rotonda de A Paralaia, de acordo cun proxecto previo a supervisión técnica.

4.- Solicitar da Consellería de Educación a instalación antes do inicio do novo curso do valado de cerramento do I.E.S. A Paralaia, asumindo o Concello a parte das obras que no seu caso lle puidense corresponder."

Intervén por telo así solicitado a Presidenta da Apa "Paralaia", Dª. Nieves Sequeiros, abundando sobre os problemas existentes nas inmediacións.

Interven o concelleiro de urbanismo Sr. Abal Juncal, recoñece como certa a exposición feita pola presidenta da Apa de Paralaia. Negociouse con Benito García a construcción da rotonda e elo é un avance para as melloras.

O Alcalde manifesta que é certo que as cousas non se atopan como se deseaban, pero tamén é mais certo que despois de tantos anos existen un terreos que anteriores corporacions non foron capaces de lograr, asi como, rúas, aceiras, etc. Pide o BNG que retire a moción presentada e se traslade a mesma á Comisión Informativa de Urbanismo.

O Sr. Millán manifesta que non retirará a moción por non ser necesario seu pase pola Comisión de Urbanismo.

Media o Sr. Abal Juncal no sentido de aprobar a moción presentada e seguir os trámites de dacción de cuenta a Comisión Informativa .

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acordan aprobar a moción nos términos en que se atopa epigrafiada.

 

8.-MOCIÓN DO BNG S/ REDE DE SUMINISTRO DE GAS A MOAÑA

Dá lectura da mesma o Sr. Millán Otero e seu texto literal é como segue:

"MOCIÓN DO BNG SOBRE CONSTRUCCIÓN DA REDE DE SUBMINISTRO DE GAS A MOAÑA.- En Abril de 1998 o Parlamento de Galiza aprobou, a iniciativa do BNG, unha Proposición Non de Lei que instaba ao Goberno galego a por en marcha un proxecto de prestación de servicio público de conducción e subministro de gas natural para toda a comarca de Morrazo, con destino a usos domésticos, comerciais e industriais. En novembro dese mesmo ano, a Xunta anunciaba na Comisión de Industria do Parlamento, tamén a requerimento do BNG, que o Morrazo disfrutaría de gas natural no ano 2000, para o que se destinaria un investimento de 1.567 millóns de pesetas.

A estas alturas, podemos comprobar como estes compromisos foron sobradamente incumpridos. A redacción dos proxectos por parte de Gas Galicia demorouse máis de un ano, sendo remitidos aos concellos do Morrazo a comezos de 2000. Desde aquela , e a pesar da urxeancia con que se solicitou o emprendimento das obras, os avances de tramitación que se produciron foron mínimos, retrasando á Consellería de Industria as súas previsións a finais do ano 2001, prazo que semella xa dificil de cumprir.

No caso de Moaña, a gravidade dos incumprimentos é ainda maior. A gasificación do noso Concello integrábase no proxecto de "Rede de distribución de Cangas e Moaña (1º fase)", redactado e tramitado inicialmente como unha única actuación. Sen embargo, por Resolución da Consellería de 14 de xuño de 2000 autorizábase a instalación da rede de subministro a Marín, Bueu e Cangas e inicíabase o trámite de exposición pública previo á expropiación de terrenos afectados. Moaña quedaba polo tanto relegada, sen que ata o momento se teña reparado a exclusión nin dado as explicacións oportunas.

A xulgar polos feitos, o ramal da reded de gasificacion do Morrazo non figura entre as prioridades do Goberno galego e o tramo relativo ao noso Concello corre aínda un risco maior de ser esquecido. Tendo en conta a importacia crecente do gas natural como fonte de enerxía e as necesidades de relanzamento e diversificación económica da nosa comarca, todo retraso na construcción da rede de distribución significa colocarnos nunha posición de desvantaxe para atraer as iniciativas industriais.

En consecuencia, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno a adopción dos seguintes

A C O R D O S

1.- Dirixirse á Consellería de Industria para expresar o malestar da Corporación ante os retrasos na tramitación do proxecto de subministro de gas natural ao Morrazo urxindo o inicio inmediato das obras e o cumprimento dos últimos prazos anunciados.

2.- Demandar a autorización urxente e exposición pública a efectos expropiatorios do tramo da rede correspondente ao concello de Moaña, de maneira que a exección do mesmo non sufra ningún retraso a maiores respecto aos tramos de Marin, Bueu e Cangas."

Añade o Sr. Millán que o tramo do Morrazo atopase retrasado dous anos con respecto a Cangas e tres con respecto a Moaña, e de non activar o tema, poidera darse o caso que a rede acabara en Rodeira-Cangas, quedando Moaña descolgada.

VOTACIÓN E ACORDO

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade acorda aprobar a moción nos términos en que se atopa epigrafiado.

9.-MOCIÓN DO PSG-PSOE S/ AMPLIACIÓN DO CEMITERIO.

 

Non habendo membro corporativo que represente e defenda a moción presentada, o Alcalde pospone seu tratamento nunha próxima sesión ordinaria.

MOCIÓN DE URXENCIA

O Sr. Santos Leites, solicita o debate e votación da moción de urxencia presentada por BNG,PSG-PSOE e EdeG-OV.

Solicita o Alcalde lle entregue o documento escrito de dita moción, a cal dí como segue:

" Ante a negativa de Urbase a subrogar a contración dos traballadores do servicio de reacollida do lixo do concello de Moaña, e a situación de desamparo e inseguridade laboral en que este e as súas familias se encontran, os grupos municipais do BGN, PsdeG-PSOE e EdeG propoñen ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

A C O R D O

Instar á Alcaldía a proceder á contratación inmediata dos seis traballadores afectados, en tanto a situación creada non alcanza unha solución satisfactoria."

VOTACIÓN

Sometida a votación a declaración de urxencia solicitada, a Corporación con cinco votos a favor (Srs. Millán Otero, Miranda Cancelas, Moreira Piñeiro e Lorenzo Martinez do BNG, e Sr. Santos Leites de EdeG-OV) e nove votos en contra (Sres Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Abal Juncal, Cordeiro Portela, Costas Gayo, Gonzalez González, Martinez Couso, Martín Alonso e Sotelo Pena do.PP), acordan rechazar a urxencia solicitada

10-ROGOS E PREGUNTAS.

 

E, non sendo outro o obxeto, a Presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 22:00 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,