|
| |
Xyncana de xogos tradicionais
O patio dividirase en "estacións de xogo", cada cual máis divertida. Nestas estacións os nenos deberán realizar diversas probas para superar o xogo e pasar á seguinte estación. Formaremos equipos cos nenos, que obterán un premio simbólico se conseguen rematar todo o percorrido.
Por outra banda, instalarase un hinchable para os máis pequenos na área de infantil.
LUGAR: Patio do colexio A Gándara
DATA: 21 de xuño de 2010
HORARIO: De 11:00h a 13:00h
Coa colaboración da ANPA CEIP A Gándara e CEIP A GÁNDARA
É unha magnífica oportunidade de facer algo divertido cos nenos, así que vos animo a que participedes na organización desta festa. Se estades interesados, entregade o papel de inscrición no colexio, e porémonos en contacto convosco.
|
EQUIPACIÓN DEPORTIVA
Xa podedes realizar o pedido de chándal para o curso que vén, de maneira que estean dispoñibles a principio de curso. Moitas grazas.
FORMA DE PAGAMENTO: Ingreso na conta da ANPA na Caixa Rural Galega (preguntar na oficina), o en efectivo no momento da compra.
|
|
Modelo da sudadera, pero en azul mariño e raia amarela.
|
|
EXCURSIÓN FIN DE CURSO ANPA
ILLAS CÍES
19 de xuño de 2010
Este ano a excursión de fin de curso promovida polo ANPA será ás ILLAS CÍES
DÍA: 19 de xuño, sábado
PREZO: 20 € por persoa. A ANPA aprobou na Xunta de Socios do día 24 de maio un subvención de 7 € por persoa para os socios, sendo o prezo final de 13€ socio.
HORARIO: Saída ás 8:40h da estación de tren de Monforte de Lemos, recoméndase estar 10 min. antes.
Chegada a Vigo aproximadamente ás 11:00h. Desprazamento en autobús ata o porto para coller o catamarán. Visita guiada pola illa (optativo). Comida, despois tarde de praia. Chegada a Monforte de Lemos, sobre as 23:00h á estación.
COMIDA: Cada un pode levar a súa comida, ou reservar nun restaurante da illa. O prezo do menú é de 14€/adulto e 10€/niño.
FORMA DE PAGAMENTO: Pagarase na conta da ANPA da Caixa Rural Galega* (na oficina saben cual é) o importe da excursión e o da comida no restaurante, se é o caso, indicando nome e apelidos, número de persoas, e comida, por exemplo:
Pepito Pérez, Ciés, 4 pers. e comida.
*Na parada de taxis
IMPORTANTE: Os nenos deberán vir acompañados por un adulto.
|
|
|
|
II CARREIRA POPULAR MONFORTE DE LEMOS
|
|
FOTO DE GRUPO: Membros do Club Atletismo A Gándara
|
ENTROIDO 2010
FELICIDADES A TODOS
Este ano conseguimos un fantástico resultado,
2º posto en comparsas de máis de 90 compoñentes.
Accesit carroza.
A comparsa ía moi bonita, e pasámolo fenomenal. Reinou o bo ambiente, o compañeirismo e a diversión. Grazas a todos e todas pola boa disposición, o traballo e o "bo rollo"· Sin vós, non sería posible.
|
NOTA IMPORTANTE.
Si algunha persoa non desexa aparecer nas fotografías, pregamos envíen un correo electrónico indicando o seu nome a dirección que figura o final da páxina. Grazas.
|
|
ESCRÍBEME:
Nos gustaría saber que opina del funcionamiento de la A.N.P.A, el Colegio, que nos des ideas y sugerencias, y todo lo que se te ocurra
|
|
|