CORTEGADA PARQUE NATURAL XA!! - Contidos

RESEÑA HISTÓRICA DA ILLA DE CORTEGADA

Aparecen as primeiras alusións á illa nos escritos de Plinio, denominándoa no século I como Corticata. Ten un contorno de 2'5 quilómetros e contou cunha poboación estable de aproximadamente 40 persoas ata entrado o século XX. Aínda se conservan os restos e ruinas do que debeu ser o pasado explendor dá súa poboación, pois temos que considerar que posuía Santuario (Século XIV), motivo de grandes pelegrinacións.

No ano 1600 construiuse un hospital lazareto, similar ós creados nas illas de San Simón e Tambo, para a protección das epidemias de peste que asolaban á ría de Arousa. Có paso dos anos, o desenrolo do veciño Concello de Carril e a emigración cara América fai que os labregos asentados na illa a abandoen paseniñamente cara un futuro máis prometedor.

A principios do século XX xa só quedaban na illa 19 veciños, e estaba dividida en 1024 parcelas correspondentes a 211 propietarios, e sobre os que pesaba un foro a favor do Pazo da Golpilleira. Foi adquirida en 1910, por medio dunha "suscripción popular" coa intención de doala ó rei español Alfonso XIII, coa pretensión de que éste construira unha residencia de verán e relanzar así o desenrolo económico da zona.

O arquitecto real, Ripollés, iniciou a confección dos planos, mais paralizáronse o comeza-las obras do pazo da Magdalena en Santander, que pasou a ser a residencia veraniega da Coroa española.

En 1931 a República, ademáis de declarar reo de traición ó Borbón deposto (morto no exilio en 1941), confiscoulle as suas pertenzas. Mais dado que a illa de Cortegada era de doazón simple, non se incorpora ó Patrimonio do Estado, pasando así o pecunio persoal de Juan de Borbón en 1958.

Don Juan de Borbón, que recibiu a illa en herdanza do seu pai como "ben indiviso", vendeuna á sociedade compostelana "Cortegada S.A." polo módico precio de 60 millóns de pesetas (lembremos que fora unha doazón), no ano 1979. Na actualidade os propietarios piden unha indemnización de 200 veces ese valor por non poder levar a termo o seu proxecto de construir unha urbanización de luxo, estando o tema nos tribunais, e sendo utilizada polos actuais gobernantes galegos e municipais para lavarse a cara dos contaminantes depósitos de Ferrazo. Hai que lembrar que foi gracias ás presións exercidas polos veciños a traveso da Comisión Pro-Cortegada cómo se chegou á actual situación, e aínda que hoxe en día (ver noticias), o tema se vende como un logro de Xosé Cuiña e Javier Gago, non hai máis que ler as novas que saen nos xornais, foron os veciños e veciñas quenes ano tras ano (máis de 20), lebraban á sociedade que Cortegada tiña que ser un parque natural público.

Posúe a illa un ecosistema moi pouco frecuente, sendo éste, o maior bosque de laurisilva (loureiro) da península e inclusive de Europa (2'5 hectáreas), con exemplares de ate 13 metros de altura; só comparable ó da illa da Gomera (Canarias).

Conviven tamén na illa especies tropicais como plátanos e autóctonas como ameneiros, pinos mansos de grande porte e, como punto negativo, eucaliptus na sua zona central, mais non lle resta protagonismo o que sen dúbida é o Xardín Botánico de Galiza.

Como fauna caben destacar as cabuxas, os cabalos e os xabaríns, así como os cans do garda e, como non, o propio garda que, dende aquí, queremos lembrarlle aquela vez que nos apuntaba coa escopeta e que pouco lle faltou para facer unha desgracia.

Ten Cortegada un punto de comunicación a pé con Carril polo vello camiño do carro, pero ollo, só cando baixa a marea, e aínda así, a auga pode chegar ate a cintura.

Se visitas a illa non deixes o lixo nela e, sobre todo, coida moito de facer lume, gracias.

CLICA AQUÍ PARA VER FOTOS DA HISTORIA DE CORTEGADA E CARRIL


CORTEGADA NATURAL

Minerais excepcionais: Caliza fosilífera. Atopada en 1980 na costa da illa de Cortegada. Unha excepcionalidade dentro dun macizo granítico. Seguramente se trate de algún tipo de corais. Na fotografía apreciase unha zona circular semellante en estructura a de certos corais. Enlace: Rochas de Galiza

O maior bosque de laureiros de Europa: A illa de Cortegada, sita entre Vilagarcía de Arousa e a desembocadura do río Ulla, posúe un alto interés botánico por causa da sua laurisilva e diversidade micolóxica

O maior bosque de laureiros de Europa: A illa de Cortegada, sita entre Vilagarcía de Arousa e a desembocadura do río Ulla, posúe un alto interés botánico por causa da sua laurisilva e diversidade micolóxica

Orixinalmente unha afloración rochosa, os depósitos areosos sobre a illa deron lugar a chans fértiles sobre os que crece o maior bosque de Laureiros de Europa. Xa mentada polo xeógrafo romano Plinio o Xove, é posible o acceso á illa na baixamar polo Camiño do Carro, cunha distancia de 200 metros entre Cortegada e Carril.  

Cogumelos endémicos: A parte norte de Cortegada alberga o máis extenso bosque de laureiros de Europa (Laurus nobilis), un fráxil ecosistema que  perdurou ata hoxe gracias á despoboación e as especiais características climáticas da zona. Aínda que o soutobosque de Cortegada é pobre por causa da baixa penetración da luz solar e polo efecto esterilizador dos aceites del Laureiro, atópanse na illa unha riquísima variedade de macromicetes, dos que se atopan 45 especies como o Callistosporium xantophyllum, Clavulinopsis laeticolor, Clitopilus intermedius, Ramariopsis kunzei deformis o Stigmatolemna poriaeforme. En Cortegada dase o escaso endemismo Hypoxilon cohaerens microsporum.  

Outras especies arbóreas presentes na illa son o Pinus pinaster, Eucaliptus globulus, Salix atrocinerea, Pinus pinea, Platanus hybrida e Populus nigra. Aquí atopan albergue láridos e limícolas como o Numenius phaeopus "mazarico galego", Actitis hypoleucos "birulico pequeno", e outras especies mariñas propias dos hábitats da Ría de Arousa.


Principais datas do conflicto

Á hora de aborda-lo futuro de Cortegada, é imprescindible lembra-lo proceso seguido para a sua preservación, así como o nivel de protección actual có que conta este espazo natural.

1907: Expropiación forzosa. Formalización da escritura de doazón ó rei Alfonso XIII.

1958: Inscripción da Illa no Rexistro da Propiedade de Cambados a nome de D. Xoán de Borbón.

1978: En novembro "Cortegada SA" adquire a illa a Don Juan de Borbón. Asínase o acta notarial pola que a illa carrileña, cedida á familia real a principios de século, pasa a mans da inmobiliaria Cortegada S.A. O prezo da transación limita-se a uns sesenta millóns de pesetas. O seu obxectivo non é outro que a completa urbanización deste espazo.

1980: Nace en Carril, a comisión cidadán para a defensa de Cortegada.

1982: A comisión presenta alegacións ó preavance do plan xeral de ordeación urbán de Vilagarcía.

1989: En febreiro legaliza-se a Comisión para, posteriormente, emprender accións xudiciais contra da urbanización da illa. Masiva asistencia ó pleno municipal onde se prorroga o convenio con Cortegada S.A. para urbaniza-la illa. A policía saca arrastras ós veciños. O pleno celébrase a porta pechada. En abril, a comisión presenta 2000 alegacións contra a amplación da prórroga para escomeza-las obras. En maio, a comisión solicita á COTOP que se declare Cortegada parque natural ó aveiro da Lei 4/89. En xuño, unha manifestación de veciós e ecoloxistas toma simbolicamente a Illa no día mundial do medio ambiente.

1990: En xaneiro, numerosos veciños que asisten ó pleno municipal maniféstanse a favor do parque natural fronte á decisión de non incluir Cortegada no catálogo de bens a conservar. En febreiro, caduca o prazo para o inicio das obras. Cortegada pasa a ser chan non urbanizáble. En Outubro, a Comisión entrevístase co conselleiro da COTOP, que aposta pola urbanización da illa.

1992: A empresa da un paso adiante definitivo e solicita a ocupación dos terreos para construir unha ponte entre Carril e Cortegada. En febreiro, o concello, ocupado por centos de veciños, aproba por unanimidade unha moción da comisión contra o proxecto da ponte.

1993: O 22 de xullo o pleno de Vilagarcía aproba unha moción que recolle os plantexamentos básicos da comisión: insularidade de Cortegada, declaración como parque natural e catalogación como zona non urbanizable. A inmobiliaria presenta un contencioso contra a Xunta de Galiza e o Concello de Vilagarcía a raíz dos primeiros pasos para a protección da isla.

1996: Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desestimando o recurso presentado pola empresa. O pleno de Vilagarcía manifiesta-se por unanimidade contra a construcción de calqueira ponte cara Cortegada, sexa cal sexa o seu trazado.

1997: Costas desestima a solicitude da compañía para a ocupación dos terreos destinados á ponte.

1998: El pleno aproba unha nova alegación da comisión, que reforza a protección da illa. Ó marxe de constituir unha zona non urbanizable de protección litoral, prohibe-se calqueira uso deportivo ou relacionado con cemitérios (NUPA).

2000: A Xunta fai pública a súa intención de poñer en marcha unha comisión negociadora para merca-la illa a Cortegada, S.A.; a inmobiliaria non dubida en esixi-lo pago de dous mil millóns de pesetas para restituir Cortegada aó dominio público. O 21 de novembro aprobase no Parlamento galego a creación do Parque Nacional das Illas Atlánticas e avánzase que Cortegada "podería" ser incluída máis adiante. O 27 de novembro o Conselleiro de Ordenación do Territorio declara en Vilagarcía que "comprométese" a presentar unha enmenda ó seu propio proxecto para integrar Cortegada no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

07/03/2002: O Consello da Xunta de Galiza aproba o Plano de Ordenación dos Recursos Naturales de Cortegada despois de desestimar tódalas alegacións presentadas por tódolas partes interesadas e diversos colectivos.

01/04/2002: Sae publicado no DOG o Plano de Ordenación dos Recursos Naturales de Cortegada


NOVAS DA PRENSA

NOVAS DO ANO 2003

04/09/03: Ministério e Xunta desisten expropiar Cortegada

NOVAS DO ANO 2002

NOVAS DO ANO 2001

NOVAS DO ANO 2000


04/09/03

Ministério e Xunta desisten expropiar Cortegada

A política seguída polo Ministério de Medio Ambiente en relazón aos Parques Naturais existintes en España fai prever que a illa de Cortegada seguirá sendo unha propriedade privada. Ainda que o futuro que lle espera á illa vilagarciana non se coñecerá ofícialmente até que a administración central conclua a redacción do Plano Reitor do Parque Nacional Illas Atlánticas, a paralización do expediente de expropiación iniciada fai un par de anos pola Xunta de Galicia, semella camiñar neste senso. Fontes da administración autonómica e central filtraron aos medios que a inclusión de Cortegada no Parque Nacional Illas Atlánticas “fai innecesario” levar a cabo a expropiación. O argumento que se dá é que a Consellería de Política Territorial decidiu recorrer á via expropiatoria nun momento en que a illa se atopaba completamente desamparada e ante a necesidade urxente de a protexer dos planos urbanísticos pretendidos polas suas proprietárias, a sociedade Cortegada S.A. Segundo as mesmas fontes, a medida non ten sentido nas actuais circunstancias, posto que a protección que outorga a Lei de Parques Nacionais é a maior que pode ter un território no Estado español, polo que a conservación dos valores naturais e paisajísticos de Cortegada está garantida. Outro dos factores a ter en conta en función dos argumentos antes expostos, é o aforro económico que suporia prescindir da expropiación, un trámite que faria desembolsar mais de 2,7 millóns de euros do erario público. A decisión final fará-se pública co Plano Reitor do Parque Nacional Illas Atlánticas, que actualmente redixe o Ministério e que se calcula que estará concluído no prazo de dous anos.