HOSPITAL COMARCAL DO SALNÉS CRONOLOXÍA DOS ACONTECEMENTOS 1990 - 1991 - 1992 - 1993 - 1994 - 1995 - 1996 - 1997 - 1998 - 1999 - 2000 - 2001 |
|
|
¡INAUGURENNO XA! Cada dous por tres agasállannos no Salnés,
cunha fotografía a catro columnas de alcaldes,
presidentes de entidades varias, deputados de toda-las
demarcacións e directores provinciais de calqueira
cousa, que fan unha visita o futuro Hospital do Salnés. ¿Cómo é posible que se retrase tanto a sua posta en marcha? ¿En qué cabeza cabe que os accesos parezan a obra do Escorial ou os túneles de Pedrafita? ¿Ónde se viu que a carretera de entrada a un hospital sexa tan ridícula que a duras penas se poden cruzar duas ambulancias tipo UVI? ¿Teñen previsto xa cómo se van a solucionar os atascos cando se crucen o personal sanitario, os enfermos, as visitas e os empregados en xeral?. Menos mal que agora prometennos outro acceso cara a variante do porto. Agardemos que sexa amplo, eficaz e dé servizo e que non se trate só dunha argucia para poder seguir saíndo nas fotografías cando o hospital esté xa inaugurado. Basta con achegarse polo Hospital Provincial de Pontevedra para ver qué cara teñen os familiares de enfermos que teñen que ir e vir para coidar ós seus achegados, indignados e preguntándose cada vez que pasan por diante do Hospital Comarcal cando van cara Pontevedra si non sucederá o mesmo que co tema do polémico acuario da praia de Compostela. NOVAS MÉDICAS: Mércores, 31/5/00 Fará público un informe sobre un modelo "que pon en perigo a reforma da atención sanitaria primaria Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (Semfyc) prepara outro 'non' ás fundacións, "que relegan á Atención Primaria en favor do hospital" Semfyc fará oficial o seu rechazo ás fundacións cun informe no que cuestiona que este modelo de xestión sexa o que precisa a atención primaria. Namentras o documento vexa a luz, a sociedade avanza que as fundacións relegan á atención primaria en favor do hospital e que o seu desenrrolo nas áreas de primaria pode poñer en perigo os logros de máis de quince anos de reforma. A paréntese electoral continúa sumando días sen que o novo equipo ministerial esbozase os seus proxectos de lexislatura. Namentras tanto, os axentes do sector preparan argumentos e afían ideas para trasladar á ministra Celia Villalobos na primeira ocasión que teñan. É o caso da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (Semfyc), que creou un grupo de traballo para elaborar un informe sobre as fundacións públicas sanitarias (FPS). Aínda que o documento todavía non está concluso, algúns medios avanzan que deparará un novo rechazo (tra-lo de algúns sindicatos e o dos colexios de médicos) ó modelo de xestión concebido polo equipo do exministro Xosé Manuel Romay Becaría. En cascada Parece chegado o turno das sociedades científicas no acoso ó proxecto de reforma da xestión concebida polo PP. Primeiro foi o rechazo de dous sindicatos, UGT e CESM ; despois, a Organización Médica Colexial. Aínda que non foron todo o numerosas que se precisarían para soterra-lo proxecto, as críticas ás fundacións viñeron reproducídose cíclicamente. A irrupción da Semfyc nesta cascada de desaprobacións é un obstáculo máis para o novo Ministerio. Pablo Vaamonde, presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) e coordinador do grupo, traslada o seu temor e o recelo có que iniciou o seu análise: "Detectamos numerosas características do modelo que nos preocupan. Ademáis, é un proxecto que non ten nin consenso sindical nin profesional". Escrutando punto por punto o regulamento da nova xestión, sobre todo no referente ás FPS, o grupo detectou que non é un modelo para atención primaria: "Está claro que é un instrumento de xestión hospitalocentrista que relega á primaria e que pon en perigo los logros obtidos en máis de quince anos de reforma". Vaamonde e os demáis membros do grupo parecen xa convencidos de que as FPS non son o que a primaria necesita para mellora-la sua calidade: "Incrementa-lo papel do médico, que sí se logra a traveso da xestión clínica, é o fundamental. Pero as FPS non aportan nada neste obxectivo. Ó contrario, minimizan o papel do profesional porque precisamente contribúen ó contrario: aumenta-la preponderancia das xerencias".Lastre de partida Para se-las primeiras conclusións dun documento que aínda haberá de madurar -o grupo prevé concluilo para o outono-, algunhas siñifícanse por ser categóricamente críticas: "Percibimos riscos de dispersión e fragmentación do sistema; é posible que a aparición de FPS dificulte a planificación sanitaria, aumente os gastos administrativos e minimice os efectos da economía de escala; a autonomía e a flexibilización da xestión poden introducir unha selección perversa de pacientes, en función do seu perfil máis ou menos complicado, e, en definitiva, creemos ver intereses económicos escondidos tra-los principios que se queren impoñer". A Semfyc preocupalle sobre todo o impacto que poida te-la introducción da xestión privada no primeiro nivel asistencial: "Aínda non hai evidencias de que sexa mellor e máis efectiva que a pública. A experiencia británica saldouse cun fracaso pois a introducción de competencia xerou problemas". Sen pilotaxe E parte dos seus temores nacen no convencemento de que a primaria necesita mellorar, pero non mediante cambios de tan amplo calado que, "ademáis, nen se pilotaron en lugar algún nin sabemos si en comparación con outros modelos poden ser máis apropiados". Pese a que a ministra Villalobos aínda non dixo qué fará en favor das fundacións, Semfyc parte do convencimento de que serán parte fundamental do debate sobre a nova xestión, "porque o equipo anterior empregou tempo en concebilas e porque aparecen no programa electoral do PP". En canto esté concluso, Semfyc elevará o documento ó Ministerio de Sanidade có propósito evidente de replantexa-lo futuro das FPS na primaria. Reclámase unha auditoría externa na Fundación Hospital de Verín O deputado Xosé Francisco Ferreiro Abelleira denunciou onte a situación da rede sanitaria pública da provincia de Ourense e criticou a falla de control da Fundación Hospital de Verín, polo que solicitou a realización dunha auditoría externa sobre o funcionamento deste centro asistencial, da que se desprenda un dictame profesional rigoroso, ó considerar que se sitúa no límite permitido na vulneración de principios de respecto á legalidade, podéndose incluso atopar algún comportamento tipificado penalmente. A petición está xa recollida nunha proposición non de lei na que, ademáis, pídeselle á Xunta de Galicia que actúe de garante dos recursos públicos, xa que o centro de Verín é o expoñente da falla de control, fracaso dos principios de eficacia e eficiencia e, en definitiva, do modelo de fundación sanitaria. Ferreiro Abelleira asegurou que existe unha falla de transparencia nesta institución sanitaria, pero o que resulta escandaloso, é a blindaxe de determiñados cargos, tal e como queda reflectido nos informes do Consello de Contas. Verbo disto, declarou que un xefe de servicio, cun contrato especial, se se lle quere recindi-lo contrato débeselle aboar 100 millóns de pesetas, ademáis de contar con complementos económicos tanto en docencia como en desprazamentos. Por conseguinte, a Fundación de Verín situase no límite permitido na vulneración de principios de respecto á legalidade, con algún comportamento tipificado penalmente. En canto as listas de agarda, o malestar é grande, e desprestixian á rede pública incentivando a desviación de pacientes a centros privados, o que consagra unha práctica clientelar. Ademáis de demandar unha información real por parte do Sergas, Ferreiro Abelleira considerou que non é de recibo que o director provincial do Sergas en Ourense, Santiago Camba, continúe compatibilizando este cargo co de vicepresidente da Deputación Provincial, que esixe dedicación plena, agás que se fagan as cousas daquela maneira. Xa que logo, considerou que Santiago Camba ten que decidir entre un ou outro cargo. ENLACES INTERESANTES: |
Xaneiro 1990: Nace a Comisión Veciñal Pro-Hospital Comarcal do Salnés.
Abril 1990: A Comisión solicita formalmente no Parlamento Galego a admisión a trámite dunha Iniciativa Lexislativa Popular para a creación da Área de Saúde do Salnés.
Maio 1990: A Comisión presenta alegacións nos Concellos e na Consellería de Sanidade á proposta de nova Ordenación Territorial Sanitaria presentada polo Conselleiro Sr. Montero Gómez, solicitando a creación da Área de Saúde do Salnés.
Xuño 1990: A Mesa do Parlamento de Galiza admite a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular para revisar o mapa territorial sanitario de Galiza.
Agosto 1990: A Comisión logra que o Presidente da Xunta, D. Manuel Fraga, e o Arcebispo de Santiago, Monseñor Rouco Varela, asinen a I.L.P. cando asisten á Ruta Fluvial Xacobea.
Xaneiro 1991 : A Comisión Pro-Hospital entrega no Parlamento Galego as 20.000 sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), para a creación da Área de Saúde do Salnés.
Como persoeiros mais destacados que asinan a I.L.P. están Fraga Iribarne e Rouco Varela.
Abril 1991 : Mesa redonda con Trigo, Garrido e Giráldez no I.B. Calvo Sotelo.
Maio 1991: Encerro no Concello nas vésperas das Eleicións Municipais. Promesas do Partido Popular de Vilagarcia na campaña (díptico).
Xuño 1991 (4) : Toma en Consideración polo Parlamento da I.L.P., sendo a primeira da súa historia.
Outubro 1991: Mesa redonda na Casa da Cultura. Non asistiu Garrido.
Novembro 1991: Emenda dos Deputados Sres. Garrido e Durán aos Orzamentos pola que se inclúen 25 millóns de pts. na partida 622.2 para a construcción dun hospital na comarca de Arousa.
Decembro 1991: A Comisión de Sanidade do Parlamento Galego aproba as emendas do Partido Popular á I.L.P. Pasa a ser decisión do Goberno a delimitación da Área de Saúde do Salnés e non do Parlamento como se reclamaba na Iniciativa Lexislativa Popular.
Outubro 1992: O Parlamento Galego aproba a I.L.P. coas modificacións do Partido Popular: "O Goberno creará a Área de Saúde do Salnés" (DOG 16/11/92).
Novembro 1992 (13): Mesa redonda no Liceo cos parlamentários. Proxección do video sobre o debate no Parlamento. Nos Orzamentos do 93, a Xunta só destina 50 millóns para o proxecto do hospital.
20/11/1992: Os Deputados Sres. Garrido e Durán presentan unha emenda aos Orzamentos para que inclúa unha partida de 300 millóns para os Hospitais do Salnés e Barbanza.
Decembro 1992 (día 4): Publícase no DOG o Decreto polo que se crea a Área de Saúde do Salnés, quedando integrada polos Concellos de Catoira, Vilagarcía, Vilanova, Cambados e Ribadumia. O total de habitantes da Área de Saúde é de aproximadamente 67.000.
Neste momento só existían dúas ofertas de terreos para construír o Hospital: Vilagarcía e Ribadumia.
Ningún dos Concellos do Salnés que quedan fora da Área de Saúde alega contra o Decreto para solicitar a súa inclusión na mesma.
Con Posterioridade, o Goberno da Xunta crea a Comarca piloto do Salnés cunha delimitación xeográfica diferente da área de saúde.
22/11/1994: O Parlamento Galego aproba os Orzamentos do ano 1993, nos que se inclúen 50 millóns para o proxecto do Hospital e 300 millóns para o inicio da primeira fase das obras.
Maio 1993 (13): Pleno do Concello de Vilagarcia por petición da Comisión para presionar á Xunta. Aprobaron-se por unanimidade as propostas da Comisión.
(22) Encerro no Concello. Problemas co Alcalde para deixarnos entrar.
(31): Manifestación con batas brancas diante do Fantásio onde o P.P. celebraba o mitin das eleicións xerais. "Hospital Comarcal Agora". Insultos de Cuiña.
Xuño 1993 (4): Anuncio do recurso ao Valedor do Povo.
Xullo 1993: A Comisión Pro-Hospital entrevístase co Valedor do Pobo para solicitarlle o seu amparo e mediación diante das Autoridades da Consellería de Sanidade.
Agosto 1993 (día 6): O Concello de Vilagarcía recibe a comunicación oficial do Conselleiro de Sanidade sobre os terreos para o Hospital: "Acordada a construcción do Hospital Comarcal do Salnés na localidade de Vilagarcía, solicitamos 12.500 m2 de superficie de terreos".
O Alcalde de Meaño solicita aos concellos da Mancomunidade do Salnés apoio para reclamar que o Hospital Comarcal se constrúa en Meaño.
Setembro 1993: Visita do Subdirector Xeral de Servicios Sanitarios aos terreos de Estromil en Rubiáns de Arriba.
Declaracións: Un Hospital de 70 camas.
Outubro 1993: O Valedor do Pobo resposta á petición da Comisión Pro-Hospital: "A Consellería de Sanidade non gastou os 25 millóns consignados nos orzamentos do ano 1992 para o Hospital do Salnés, porque foron os técnicos da propia Consellería de Sanidade os que elaboraron o informe-proposta de creación do Hospital."
Coñecida esta circunstancia, a Comisión Pro-Hospital solicita ao Concello de Vilagarcía que reclame oficialmente o informe-proposta de creación do Hospital á Consellería de Sanidade.
Pola noite: Manifestación diante do Fantásio no mitin do P.P. nas Eleicións Autonómicas. Fraga negou-se a recoller un escrito da Comisión.
Garrido e Durán excluidos das listas eleitorais.
(5): Entrevista co Alcalde e o Concelleiro de Sanidade na que nos explicaron a visita do técnico da Consellaria de Sanidade e na que lle solicitamos que reclamara o informe-proposta do Hospital á Consellaria.
(21):Pleno do Concello no que se rexeitou a proposta da Comisión. Non asistimos porque non nos enteiramos do Pleno.
(30): Resposta da Comisión ao Valedor do Povo.
Novembro 1993: Resposta do Valedor do Povo.
Decembro 1993 : O Concello de Vilanova acorda nun Pleno trasladar á Consellería de Sanidade a oferta dos terreos facilitados polas Xuntas de Montes de András e de Baión para a construcción do Hospital Comarcal do Salnés.
.-A Consellería remite ao Concello de Vilagarcía o informe-proposta de creación do Hospital.Como datos máis salientables do mesmo figuran: "un hospital de 70 camas e un orzamento inicial de 630 millóns".
(29): Resposta da Comisión ao Valedor do Povo.
Xaneiro 1994 (20): O Concello aproba nun Pleno a moción da Comisión.
(22): Mesa redonda na Casa da Cultura cos Parlamentarios. Só asiste Paco Trigo.
Inauguración do Hospital Comarcal de Verin.
Febreiro 1994 (día 10): Seis meses despois de acordar oficialmente a construcción do Hospital en Vilagarcía, a Consellería de Sanidade acepta oficialmente os terreos de Estromil en Rubiáns ofertados polo Concello de Vilagarcía.
Marzo 1994: A Comisión Pro-Hospital presenta formalmente e por escrito unha alegación ao informe-proposta de creación Hospital Comarcal do Salnés elaborado polos Técnicos da Consellería de Sanidade ao detectar un erro de cálculo gravísimo no número de camas do Hospital. Segundo os seus propios datos de número de ingresos e estancia media dos enfermos nos hospitais do SERGAS recollidos no devandito informe, debería deducirse que o número de camas do Hospital fora de 122 e non de 70.
.-O Parlamento Galego aproba os Orzamentos do ano 1994 nos que se recolle unha partida de 300 millóns para o Hospital do Salnés.
Abril 1994: O Concello de Vilagarcía acordou en Pleno iniciar a expropiación dos terreos para o Hospital, remitindo seguidamente á Consellería de Xustiza a documentación do expediente de expropiación dos terreos para que o Consello da Xunta autorice a urxente ocupación dos mesmos.
Setembro 1994: A Consellería de Sanidade pide ao Concello de Vilagarcía que os terreos solicitados inicialmente se amplíen a 20.000 m2.
Outubro1994 (7): Solicitude de entrevista co Secretario xeral Técnico da Consellaria de Sanidade.
Outubro 1994 (día 14): Comparecencia de Secretario Xeral Técnico na Comisión de Sanidade no Parlamento. Anuncia cambios no proxecto inicial do Hospital do Salnés, ampliando o número de camas (80-90) e modificando o orzamento [2000 millóns de pesetas: 1600 millóns para a obra (400 millóns no ano 95, 600 no 96 e 625 no 97) e 400 mais para o equipamento].
Previsión de posta en funcionamento para principios de 1998.
.-(día 20): O Concello de Vilagarcía nun Pleno extraordinario acorda a expropiación dos 7.500 m2 a maiores solicitados pola Consellería de Sanidade.
Decembro 1994 (día 12): A Consellería de Xustiza desestima a ocupación dos terreos de Estromil para a Construcción do Hospital.
(17): Comunicado de prensa da Comisión dando un prazo á Consellaria para respostar oficialmente á nova oferta de terreos por parte do Concello de Vilagarcia.
.-(día 19): Un Técnico da Consellería de Sanidade, redactor do proxecto do Hospital, inspeccionou uns novos terreos situados tamén en Ande-Rubiáns e, segundo manifestou de palabra, contan coa súa aprobación.
.-(día 21): Logo da visita do Técnico da Consellería de Sanidade, o Concello de Vilagarcía remite unha nova oferta de terreos en Estromil de máis de 22.000 m2.
Xaneiro 1995 (5): Peche no Concello durante a noite de Reis. En conversa de Gago co responsábel de asuntos económicos da Consellaria de Sanidade, este dixo que no prazo do mes de xaneiro como máximo que darian unha resposta.
Xaneiro 1995 (día 31): A Consellería de Sanidade comunica oficialmente ao Concello de Vilagarcía que acepta a nova oferta de terreos para a construcción do Hospital Comarcal do Salnés.
Febreiro 1995: O Pleno do Concello de Vilagarcía acordou o inicio do expediente de expropiación forzosa dos terreos, 22.292 m2 da finca de Estromil en Ande-Rubiáns, á vez que se solicita ao Consello da Xunta a declaración de urxente ocupación dos mesmos. Ademais, a petición da Comisión Pro-Hospital, tamén acordou solicitar á Consellería de Sanidade o proxecto funcional do Centro Sanitario.
Abril 1995: O Pleno do Concello desestima as alegacións da propiedade dos terreos.
Por primeira vez rómpese a unanimidade existente ata este momento e tres concelleiros do Partido Popular votan en contra.
Xuño 1995: Na Comisión de Sanidade do Parlamento do día 22 de xuño, á pregunta do Deputado do BNG Guillerme Vázquez sobre os motivos da demora que sofre o proxecto do Hospital Comarcal do Salnés, o Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade, Sr. Núñez Feijóo, lonxe de aclarar definitivamente o tema, fixo unhas manifestacións que produciron desasosego e incertidume sobre o momento no que se van iniciar as obras. Nesas manifestacións argumentábase que o inicio das mesmas aínda estaba lonxe no tempo porque a Consellería non tiña os terreos á súa disposición debido á actuación do Concello de Vilagarcía no proceso de expropiación dos terreos de Estromil en Rubiáns.
Xullo 1995: A Consellería de Sanidade provoca unha nova demora no expediente de expropiación dos terreos de Estromil ao esixir ao Concello de Vilagarcía un informe sobre o posíbel problema de acumulación de industrias na zona e mais aclaracións sobre a ordenanza que regula os ruídos e vibracións.
Setembro 1995: A opinión pública coñece a decisión da Consellería de Sanidade de facer un recorte presupostario polo que elimina a partida económica de máis de 400 millóns de pesetas prevista nos Presupostos da Comunidade para o Hospital Comarcal do Salnés, diante da imposibilidade de comezar as obras no presente ano 1995 polo problema dos terreos.Repítese unha vez máis o acontecido nos anos anteriores coas partidas presupostarias consignadas para o Hospital do Salnés: os 25 millóns do ano 92, os 350 millóns do ano 93 así como os 300 millóns do ano 94 utilizáronse con fins distintos aos contemplados nos Orzamentos.
.-Mediado o mes setembro, a Consellería de Sanidade diríxese novamente ao Concello de Vilagarcía para demandarlle o cumprimento de novos requisitos para o expediente expropiador dos terreos do Hospital.
.-No Pleno ordinario celebrado o 21 de setembro, o Concello de Vilagarcía aprobou todos e cada un dos requisitos demandados pola Consellería de Sanidade, remitíndolle inmediatamente a certificación dos mesmos ao SERGAS para que informe á Consellería de Xustiza que a finca de Estromil cumpre os requisitos mínimos para poder construír nela o Hospital.
.-O Conselleiro de Sanidade, Sr. Romay Beccaría, puxo a primeira pedra do Hospital Comarcal do Barbanza. É bo lembrar que durante bastante tempo este proxecto camiñou á par do proxecto do Hospital do Salnés, ata que se produce o bloqueo no tema dos terreos.
OUTUBRO 1995: A Comisión Pro-Hospital fai pública a convocatoria dunha manifestación para o día 11 de novembro en Vilagarcía, na que chama á mobilización á cidadanía da Área de Saúde do Salnés para esixirlle á Xunta o desbloqueo do Proxecto de Construcción do Hospital.
SOLICITUDE DE PETICIÓN PLENO NO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Sr Alcalde, Sras Concelleiras, Sres Concelleiros, A Comisión Veciñal Pro-Hospital Comarcal do Salnés ven de convocar á cidadanía dos cinco concellos que integran a Área de Saúde do Salnés a unha manifestación o día 11 de novembro, ás 18 h, en Vilagarcía, para reivindicar á Xunta de Galicia o desbloqueo do Proxecto de construcción do Hospital, de xeito que posibilite o inicio inmediato das obras do mesmo. Dirixímonos a Vostedes, na súa condición de representantes municipais electos dos habitantes dun dos concellos da Área de Saúde do Salnés, para solicitarlle o apoio institucional á mobilización do día 11 de novembro en defensa do Hospital. Desexamos que as Consellerías de Sanidade e de Xustiza teñan a suficiente sensatez e dilixencia para resolver positivamente o problema dos terreos nos que debe construírse o Hospital antes do 11 de novembro, facendo deste xeito innecesaria a manifestación. Con todo, en base as actuacións precedentes da Consellería de Sanidade relativas ao proxecto de Hospital Comarcal do Salnés existe, sen dúbida, a posibilidade que unha vez máis dean a calada por resposta e nos vexamos na obriga de exercer o noso lexitimo dereito a reclamar o que é de xustiza e unha necesidade urxente para solucionar o problema da atención hospitalaria na nosa comarca. Ante tal posibilidade, facémoslle un relatorio cronolóxico dos acontecementos máis importantes relacionados co Proxecto do Hospital Comarcal do Salnés, facéndoo detalladamente no referente aos terreos, coa finalidade de que poidan ter elementos de xuízo suficientes á hora de tomar unha decisión: 1991 - 1992 - 1993 - 1994 - 1995 Pois ben, diante desta inquietante situación, na que máis de dous anos despois que a Consellería de Sanidade decidira oficialmente o lugar para construír o Hospital aínda non se ten resolto o problema dos terreos, como cidadáns enormemente preocupados polo Proxecto de Hospital Comarcal do Salnés, reclamamos a súa solidariedade na defensa dunha das necesidades máis urxentes da Comarca. Cremos que calquera persoa honesta e imparcial, que sexa capaz de deixar a un lado os intereses partidistas ou localistas, decátase inmediatamente que a actuación da Consellería de Sanidade sostida no proceso do Hospital Comarcal do Salnés deixa moito que desexar. O incumprimento sistemático das súas promesas xunto coa lentitude para resolver as cuestións administrativas do expediente relativo aos terreos lévannos á crúa realidade actual na que resulta imposíbel iniciar as obras do Hospital no presente ano, e o que é máis preocupante aínda, non poder vez a luz do final do túnel no que teñen metido o Proxecto do Hospital do Salnés. Confiamos que se comprometan decididamente na defensa dos lexítimos intereses dos seus conveciños e conveciñas, instando á Administración Autonómica ao cumprimento da súa obriga de resolver correctamente o problema da atención hospitalaria na comarca coa construcción do Hospital. En base a todo o exposto, SOLICITÁMOSLLE : 1º.-Que a Corporación Municipal, ben nun pleno ordinario que se celebre no presente mes de outubro, ou ben nun pleno extraordinario específico que se convoque con anterioridade ao día 11 de novembro, acorde apoiar institucionalmente a manifestación convocada pola Comisión Pro-Hospital para o día 11 de novembro, ás 18 horas, en Vilagarcía, para reivindicar á Xunta de Galicia o desbloqueo do Proxecto do Hospital do Salnés e inmediato inicio das obras de construcción do mesmo. O lema xenérico da manifestación será "Hospital Comarcal do Salnés Xa !!". No caso de aprobarse esta primeira petición, 2º.-Que a Corporación Municipal decida dirixirse formalmente e por escrito ao Goberno da Xunta de Galicia para comunicarlle o acordado. 3º.-Que a Corporación Municipal faga un chamamento expreso a toda a cidadanía do Concello para que acuda á manifestación. 4º.- Que a Corporación Municipal poña un servicio de autobuses para transportar á manifestación en Vilagarcía ás persoas que carecen de medios de locomoción propios. Mais nada, na confianza de obter unha resposta positiva, reciban Vostedes un saúdo da Comisión Veciñal Pro-Hospital Comarcal do Salnés. En Vilagarcía, a 11 de outubro de 1995. SR ALCALDE E CORPORACIÓN MUNICIPAL DE ____________________________.- |
Novembro 1995
7/11/95: A Comisión Pro-Hospital desconvoa a manifestación do día 11 logo do escrito do Conselleiro de Xustiza ó alcalde de Vilagarcía no que se compromete a informar favorablemente o expediente de expropiación dos terreos e elevalo ó Consello da Xunta nun prazo non superior a 20 días.
28/11/95: A Consellería de Xustiza publica no DOG o Decreto polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Vilagarcía, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de construcción do Hospital Comarcal do Salnés.
Febreiro 1996: O Concello de Vilagarcía de Arousa puxo punto final ó proceso de expropiación dos terreos de Estromil (22.298 m/2), levantando a acta de ocupación dos mesmos.
16 de Maio 1996: O pleno do Concello de Vilagarcía aproba o inicio do expediente de cesión dos terreos de Estromil á Consellería de Sanidade para a construcción do Hospital.
29/06/96: O pleno do Concello de Vilagarcía inicia novamente o expediente de cesión de terreos, pero nesta ocasión faino en favor do SERGAS.
Setembro 1996: O pleno do Concello de Vilagarcía aproba definitivamente a cesión dos terreos ó SERGAS para a construcción do Hospital.
05/11/96: O DOG anuncia o concurso público para a contratación das obras de construcción do Hospital Comarcal do Salnés. Contempla tres anualidades para o financiamento das obras:
1996: 100.000.000 ptas./1997: 750.000.000 ptas./1998: 808.230.156 ptas.
Ademáis sinálase un prazo de execución das obras de 24 meses.
O SERGAS remite ó concello de Vilagarcía o proxecto do edificio do hospital e solicita a licencia para a súa construcción.
Decembro 1996: O alcalde de Vilagarcía e o Conselleiro de Sanidade asinan na notaría o documento de cesión dos terreos nos que se construirá o futuro Hospital.
Febreiro 1997: A Consellería de Sanidade adxudica as obras de construcción do hospital á unión temporal de empresas Agromán e Construccións Malvar cun prazo de execución de 18 meses.
Abril 1997: SERGAS, Concello e empresa adxudicataria formalizan o acta de inicio das obras do hospital na finca de Estromil como primeiro paso no camiño da súa construcción.
06/06/97: O Presidente da Xunta (Sr. Fraga), realiza o acto simbólico da colocación da primeira pedra das obras do hospital. A Comisión pro-hospital solicitalle que se aumente significativamente o número de camas operativas do futuro hospital e que o sistema de xestión dependa directamente do SERGAS e non se ealice mediante o modelo de Fundación.
Xuño 1998: A Comisión pro-hospital participa activamente na campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Sanidade Pública e denuncia as intencións da Xunta de Galiza de privatizar a xestión do Hospital Comarcal do Salnés.
Setembro 1998: A xunta convoca o concurso de subministro de equipamento para o Hospital do Salnés.
Outubro 1998: Remata o prazo para a finalización das obras do Hospital.
Decembro 1998: O TSXG da validez lega ó procedemento de expropiación dos terreos de Estromil para o Hospital.
Outubro 1999: O Concello de Vilagarcía aproba o convenio con Julio Mondragón para a cesión dos terreos de acceso ó Hospital Comarcal.
Novembro 1999: A Deputación Provincial aproba a construcción do vial de acceso ó Hospital Comarcal do Salnés.
Decembro 1999
O HOSPITAL COMARCAL DO SALNÉS CONSTITÚESE COMO FUNDACIÓN
Según decreto do Consello da Xunta, considerase que, dada a experiencia alcanzada na xestión doutros centros sanitarios mediante o sistema de fundación, é aconsellable a aplicación do mesmo para éste e outros casos.
Ó respecto. "a adopción desta modalidade organizativa de xestión nos centros, servicios e establecementos sanitarios non desvirtúa o carácter público da prestación nin as garantías que o envolven".
O decreto aprobado establece que o protectorado sobre esta fundación será exercido pola Xunta. Ademáis, todalas actividades que constitúen o obxecto fundacional desenvolveranse con arreglo ós criterios de planificación e coordinación emanados da Consellería de Sanidade e do Sergas. A dotación inicial aportada pola Administración autonómica para a constitución da fundación será de 50 millóns de ptas.
30/12/99
A Comisión Pro-Hospital Comarcal do Salnés critica que sexa unha fundación quen o xestione
O anuncio, por parte da Consellería de Sanidade, de que o Hospital Comarcal de O Salnés será xestionado por unha fundación do complexo hospitalario mediante unha fundación.
A Comisión Pro-Hospital considera que o novo centro só servirá para "cubrir apariencias'', posto que desviará os enfermos graves, e polo tanto pouco rentables económicamente, a complexos dependentes do Sergas. A Comisión sinala que aa actividade asistencial das fundacións é moi inferior á dos centros públicos, polo que consideran inaxeitado instaurar este modelo de xestión no Hospital Comarcal do Salnés.
para a posta en funcionamento do complexo A Comisión tamén critica o incumprimento dos prazos previstos inicialmente sanitariofinalización estaba prevista para outubro do 98. A . As instalacións comezaron a construirse en abril do ano 97 e a súa Comisien funcionamento o centro. ón denuncia que, a finais de decembro, todavía descoñece cándo entrará
A Comisión Pro-Hospital reivindica tamén o incremento do número de camas previstas para o complexo. A este respecto a Comisión entende que, tendo en conta que dará cobertura a 69.000 persoas, as oitenta camas previstas deberían incrementarse hata a cifra de 150.
A Comisión ten previsto manter unha reunión con representantes da Consellería de Sanidade para expoñerlle todas estas queixas. Do mesmo xeito, a comisión dirixirase ós seis concellos que se atopan no ámbeto de cobertura do centro hospitalario para que se posicionen en contra do modelo de xestión mediante unha fundación.