HOSPITAL COMARCAL DO SALNÉS CRONOLOXÍA DOS ACONTECEMENTOS 1990 - 1991 - 1992 - 1993 - 1994 - 1995 - 1996 - 1997 - 1998 - 1999 - 2000 - 2001 - 2002 |
|
|
AS NOVAS MÁIS RECENTES: |
ÚLTIMAS NOVAS ANO 2003: |
|
Oitocentas persoas reclaman que se manteña o laboratorio de análises clínicas de Vilagarcía A Xerencia do Hospital non cree necesaria unha UCI pola cercanía a Pontevedra |
|
ARTIGOS DE OPINIÓN A fundación Marcelino Botín dota ó hospital de material informático O presidente da entidade e o presidente da Xunta asinaron un convenio de colaboración no Hospital Comarcal A fundación Marcelino Botín blanqueará mediante doazón á Fundación do Hospital Comarcal material informático por valor de 16 millóns de pesetas. O presidente da Xunta de Galicia e o banqueiro Emilio Botín suscribiron un convenio polo que dita fundación, da que este último tamén é presidente, dona ó centro un servidor unix, duas impresoras laser jet 4000 N, un procesador Pentium III e a instalación microinformática. Este acordo enmarcase dentro do convenio de colaboración que dende o ano 1997 mantén a fundación Botín coa Xunta de Galicia para a aplicación da telemediciña nos centros sanitarios galegos. Ate o de agora a inversión-doazón alcanza os 146 millóns de ptas. UN HOSPITAL CON MOITOS ENCHUFES Dende fai un par de anos, cando un amigo lle di a un concellal, deputado, alcalde, senador ou parlamentario do Salnés que lle quere pedir un favor, o político sabe que no 80 % dos casos vaille solicitar que lle vote unha man para meter á sua filla, sobriño, noiva ou neto no novo hospital comarcal. Nste centro sanitario, ofertanse 144 postos de traballo e para a maioría das prazas, hai unha media de casi 50 aspirantes por empreo. Ante tanta competencia, a lista de enchufados que manexan os cargos con mando en praza debe ser a máis longa que endexamais tiveran. Nas numerosas e colapsadas academias da comarca que preparan as probas de acceso as prazas do Hospital, os rumores corren como a pólvora e desazonan ós inquedos aspirantes. Que si tal praza está dada, que si fulanita dixome que non sei qué alcalde lle prometeu que vai entrar, que si o meu pai vai falar cun que xugou con él ó futebol por ver si me pode votar unha man. Non fai falla continuar porque hai poucas familias no Salnés (e eso debería preocupar á sociedade), que non teñan despregadas nestos días as suas redes cazafaenchufes ou cobrafavores. É tal a tensión e chegan a tan alto grao as expectativas que asegurase nos círculos das academias que ante a imposibilidade de quedar ben con todo o mundo, as oposicións acabarán sendo obxectivas. Pero os aspirantes opinan todo o contrario, non cren xa en casi nada, sobre todo si levan varias oposicións ó lombo, e o caso das prazas do Hospital pon de relieve a pouca confianza que existe na sociedad en torno á limpeza dos procesos de selección de personal público. As últimas oposicións do Sergas parecían ter visos de obxectividade: preguntas tipo test, exercicios anónimos, etcétera e eso producía unha certa tranquilidade nos examinandos, aínda que non se fiaran do todo. Nembargantes, as probas para entrar no hospital comarcal do Salnés inclúen unha entrevista persoal moi discutible que sume na incredulidade e o escepticismo ós aspirantes. É lamentable, pero comprendese que nestes días, a ocupación favorita no Salnés sexa desempolvar favores para esixi-lo pago ou prometer axudas para cobralas a conta. |