Entroido de Ourense: os Boteiros de Vilariño de Conso.

Vilariño de Conso: unha zona incríble que merece a pena visitar.

O ENTROIDO EN VILARIÑO.

  UN ENTROIDO ÚNICO. 

      Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO DE VILARIÑO - APUNTES 

Boteiro típico.

 

Boteiro . A Persoaxe máis popular do entroido tanto de Vilariño de Conso como de Viana.

( O Boteiro é sin dúbida o máis popular. A máscara que leva,  está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro e o bico vermello. Leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de cores formando distintas figuras xeométricas (dá traballo a dúas mulleres durante 25 días o facer a camisa). O pantalón, xeralmente encarnado, con flecos nos laterais. Sobre o cinto leva as esquilas, campaíñas do gando que o moverse producen un tintineo. Tamén leva un báculo, símbolo do poder, xeralmente con dibuxos helicoidales, e no remate ponse a cola da raposa. Hai xente que dí que o traxe de boteiro ten reminiscencias en terras Mexicanas de Oaxaca, Chiapas, lembrando ós da "Danza da pluma", inda que tamén penso que podera pasar o revés ).

Últimamente Salvador Alonso, con 80 anos é un dos artesanos que elaboran inda o traxe de boteiro e as máscaras propias.

O entroido en Vilariño é moi sonado.

....

Comenza o xoves de compadres co lardeiro, no que as mozas, despois de roubárlle a roupa os mozos, fan o lardeiro colocándoo nunha árbore, poste ou balcón pechado, o máis inaccesible que se poida. Esta caricatura dos mozos será obxecto de mofa e bulra ata que sexan quen de baixalo.

Nota 1: No fondo trátase dunha simbólica loita de sexos moi do gusto da sexista sociedade rural

O xoves seguinte, o de comadres ou lardeira, é a inversa: os mozos fan a lardeira con roupa roubada ás mozas e encargaranse de que permaneza en lugar ben visible ata que eles mesmos a baixen para paseala no folión.

Nota 2: O moneco recibía distintas denominacións, segundo as zonas. En Vilariño está claro que é Lardeiro e Lardeira , por certo o máis usado noutros sitios. Pero tamén se chama Coresma en Bande , e reco.

O folión "córrese" todas as noites nun pasarrúas pautado, ritual, no que se entrevén ou adiviñan ocultos significados, e no que os actuantes, enervados polo rítmico son dos descomunais bombos do que sobresae, acompasada, a aguda voz das gadañas e o ronco sopro do corno, incansables, reconfortados de cando en vez, nun intervalo de viriles aturuxos, polas tradicionais tentos a xerra ( viño novo), son capaces de desfilar ata o día, en singular procesión que pode chegar ata os pobos veciños.

Nota 3: Os foliós pódense definir como embaixadas músico-carnavalescas que se envian reciprocamente unhas parroquias a outras durante o tempo de entroido, dentro da máis xenuína tradición de afirmación da identidade colectiva ( da parroquia neste caso) e de boas relacións coa vila ou a parroquía veciña coa que se manteñen as máis estreitas relacións.

 

Fotografía de Carlos Garcia Hervella. Tempo de Entroido.

" A tamborrada é incríble, os tambores son artesanais, con peles de cordeiro ou ovella, a madeira é de concheiro xeralmente."

Os días grandes son, lóxicamente , os tres últimos, nos que é frecuente a FOLIADA, representación orixinal na que persoaxes típicas como os boteiros ( equivalente dos peliqueiros), as "señoritas", os "vellos" ( paiasos), afiadores, penereiros, follalateiros, etc, arroupados polo folión, escenifican esquemáticamente a vida da colectividade, dándolle un repaso crítico, con agudo sentido del humor , as veces cáustico, a toda a sociedade.

Xeralmente íase coa foliada a unha aldea veciña, a cal tiña a obriga de "volve-la volta" ó ano seguinte.

O día grande é o domingo de Entroido no que, coincidindo coa Festa do Cabrito, se celebra un desfile dos Folións polas rúas de Vilariño.

Nota 4: O día grande na zona está presidido pola gastronomía, así por exemplo A Androlla que se celebra en Viana, en Vilariño está sustituido polo Cabrito. Calquera dos duos teñen todo o sabor pantagruélico da máis xenuína raíz carnavalesca.

 

Algunhas fotografías: 

Fotografía de Carlos Garcia Hervella. 

Nota 5: Os comentarios engadidos o texto do folletiño do entroido de Vilariño, editado polo Concello ,están sacados do libro " O Carnaval en Galicia " de Federico Cocho , un limian que sabe moito de carnavais.

 

Nota 6 :Engadido do autor da www . O día 7 de marzo do 2000, estuven moi atento a un programa que deron na Tv2 sobre o carnaval de Vilariño de Conso, marabilloso. Saquei unha conclusión, o carnaval de Vilariño de Conso e fora de serie. Gustoume todo: o artesano que prepara as caretas e as pantallas, o que fai os tambores, as moncas, os folións, as foliadas, os boteiros,  todo......a miña enhoraboa....

Gustoume o careo "poético " entre o Lardeiro e a Lardeira", sensacional, lástima non ter para grabar, a miña retentiva xa non sirve de moito. Soio me quedei con este trociño corto, que me fixo moita gracia, e que nos da unha idea deste carnaval único en Ourense e quizais no mundo enteiro:

A algunhos mozos de este pueblo, téñolles que decir

hai que tocar as lardeiras

e deixarse de dormir...

Importante: o verso é dunha lardeira, por certo boa moza.

 

Os Carnavais en Ourense. Un anaquillo de outra folla www que se vai completando ano a ano de datos sobre o carnaval en Ourense.

Para ver datos sobre o entroido - 2001 en Vilariño pulsar este link ( aquí estan os datos deste entroido no ano 2001).

Outras fotografías sensacionais deste entroido están nestes links ( recollidos polo autor da www):

Saír.

  Ourense "Terra da Chispa"        © S.L.F.              28-02-2002                Mándame un correo. Dame información o dime que opinas de esta página.  E-mail.

                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BOTEIRO DE VILARIÑO DE CONSO RESISTESE A MORRER.

(Artículo publicado en La Región de Ourense el día 24-02-2001 y que firma José Cruz, por su interés lo reproduzco exactamente.).

 

    A sus 80 años, Salvador Alonso García es uno de los pocos artesanos que elaboran los tradicionales trajes de los boteiros y las máscaras propias del tiempo de Entroido. Después de una vida viajera, este vecino de Vilariño de Conso, se estableció definitivamente  en esta población, dedicándose a confeccionar las vestimentas populares del carnaval.

    Los conocimientos necesarios para elaborar las máscaras los adquirió "antes de marchar polo mundo ", como el dice. "Eu os vin facer cando era un crio", señala. Aquellas nociones permanecieron con el durante muchos años, recurriendo a ellas cuando se instalo en Vilariño.

     Aunque el proceso de elaboración no sufrió grandes modificaciones sí lo hicieron los materiales empleados en ellas. "Agora o cartón non é como o de antes". "Era duro, moi bon", comenta. Actualmente este artesano utiliza un plástico muy fino que se utiliza en las cajas de calzado. Este material es colocado en la cara exterior de la máscara, que por dentro lleva cartón y espuma.

    Pero de las manos de Salvador Alonso salen completos los trajes de "boteiro". La dificultad de los trajes de tela ava a depender de los adornos que le sean colocados. "En Vilariño levan rosas", indicó refiriéndose a las flores eelaboradas con papel rizado.

     Este vecino de Vilariño confeccionó unas 30 indumentarias de boteiro, incluidas caretas. Estas piezas son las que más tiempo le consumen, pues la creación de una máscara precisa de 5 días de dedicación. El traje es más sencillo y para prepararlo necesita sólo de un día.

    En todo caso, este artesano confiesa que no es excesivamente difícil preparar una indumentaria de "boteiro". "Hai que ter a ferramenta", asegura.

    De todos modos, Salvador Alonso comenta que el entroido de la zona ya no es como el de antes. "Cada vez vai a menos. A xuventude non quere. Os pobos van a menos", dice. Pese a ello, su obra podrá contemplarse durante muchos años, pues él mismo apuntó su propósito de donar un traje que conserva en casa al Ayuntamiento de Vilariño. Curiosamente otro de ellos fue solicitado desde Japón.

Cerrar Publicidad >>Ir a INICIO de HispaVista Cerrar Publicidad >>Ir a INICIO de HispaVista