VIAGEM A GASTEIZ
Ata Gasteiz desprazouse o día 5 de Marzo un bus de Celtarras para presencialo encontro do Real Clube Celta perante o Deportivo Alaves, e de paso participar na festa-concerto do X aniversario de Eztanda Norte Hintxak Taldea. Saíuse dende a praza dos cabalos a iso das dez e media da manhan do sabado e o viaxe ata Euskal Herría transcorreu sen nengún tipo de problemas a pesares das fortes tormentas de neve que caeran durante a semana e que fixeran pensar que nos atoparíamos cunha grande cantidade de neve polo caminho. Chegamos a Gasteiz a iso das sete da tarde, e xa a xente de ENHT encargada do concerto estaba a agardar por nós nos exteriores de Mendizorroza para recoller so companheiros de Modulo 4 e levalos a sala onde se ía celebrala festa para que comezasen a ensaiar.
Namentres, o resto do grupo foi ata un bar cos ENHT onde os katxis estaban a bo prezo. Despois de enchouparse un bo rato a xente do noso grupo foise a buscar algunha pensión onde de pasala noite e despois de atopala, regresar o bar para dende alí ir coa xente de ENHT ata a sala onde se celebraba o concerto cos grupos Modulo 4, Mossin Nagant, e Gatillazo. Moi bo concerto con estes tres grupos. O remate do concerto a festa seguíu cos anfitrións dentro do local, namentres outros Celtarras decidiron ir para as pensións, baixo unha impresionante nevarada.
A manhan seguinte produciuse a sorpresa do día, o aparecer o terreo de xogo de Mendizorroza cunha impotante capa de neve que os operarios do Alaves apresurabanse a limpar baixo a supervisión do colexiado do encontro. Debido a isto o encontro demorouse 20 minutos e namentres os Celtarras ata alí desprazados compartiron unhas cervexas coa xente de ENHT nun bar o caron do estadio. Xa dentro de Medizorroza ambos grupos situaronse na mesma bancada, animando cada un o seu equipo. Pero o día ainda nos deparaba outra sorpresa mais cando no segundo tempo comezou unha forte nevarada que volvía a deixar o terreo de xogo completamente branco. Alguns dos nosos companheiros de espedición comezou unha guerra de bolas de neve da que non se salvou ninguen, dende os xogadores do Alaves que quentaban na banda ata o camara que estaba diante nosa. O remate do encontro gran ledicia pola nosa contundente victoria que nos achega mais a primeira división e regreso a Vigo, non sen antes despedirnos dos nosos colegas de Eztanda Norte Hintxak Taldea. O viaxe de volta tampouco deparou nengún problema para a expedición Celtarra.
Secçom em construcçom (foticos ke faltam)