|
UNHA ZONA SENSACIONAL DO RÍO BIBEI EN OURENSE
"Buscando o Santuario das Ermidas pola estrada da Rua a Viana, atopei un Santuario fermosísimo que merece a pena visitar, pero tamén un río defenestrado por un encoro que non deixa vivir nin as rás...". (As fotografías que siguen son unha pequena mostra. Son do meu compañero Xustino Barrio, compañeiro de traballo e amigo colaborador desta páxina. Dende esta folla moitas gracias pola axuda. Ourense, maio do 2002 )
Ver algunhas fotografías da zona. (Pulsando a fotografía vese máis grande, a pantalla completa, pero tarda tempo)
|
![]() |
![]() |
| Fotografía
de Xustino Barrio.
Vista do Santuario dende a estrada da Rúa a Viana. O cañón do río Bibei é impresionante pero non ten río... |
Fotografía
de Xustino Barrio.
O río Bibei a carón do Santuario ¡pobriño! non viven nin as rás... unha vergoña. |
![]() |
![]() |
| Fotografía
de Xustino Barrio.
Pequenos soportais, onde vendían os devotos diversos víveres e outros. O Santuario foi realizado a proposta de Alonso Mexía, que seica curou milagrosamente neste lugar, pero o edificio foi realizado polo seu sucesor, Nicolás de Madrid, que dirixía naquel intre a construcción do Panteón dos Reis do Escorial. |
Fotografía
de Xustino Barrio.
Vista do adro do Santuario e da fachada do Santuario. A iglesia, dende logo, é fermosísima e saíse dos moldes clásicos, de feito está orientada o naciente, o que é bastante atípico. Por detrás ten unha gran roca, e esa debe ser a razón, entre outras. Dende logo o Santuario é dos mellores de Galicia. |
![]() |
![]() |
| Fotografía
de Xustino Barrio.
Outra fotografía do entorno do Santuario. O santuario está rodeado de socalcos onde madura o viño entre olivos, cipreses, almendros e xaras. Unha zona sensacional. |
Fotografía
de Xustino Barrio.
O río Bibei, nesta zona é unha sucesión de pozos profundos e un pouquiño de auga. Podría ser un río, pero nono é, son unhas cantas charcas...Iberdrola, unha multinacional que presume de ecoloxista, ten a culpa..."poderoso cabaleiro é don diñeiro" |
![]() |
![]() |
| Fotografía
de Xustino Barrio.
Campanarios do Santuario. O edificio fíxose por etapas, de feito no interior hai diferencias entre as naves, que foron construidas en distintas épocas. |
Fotografía
de Xustino Barrio.
Outra vista do entorno. No ano 1909 houbo un desprendemento de rochas que arrasou varias vivendas e unha das capelas do Vía Crucis. Foron 28 mortos. |
![]() |
![]() |
| Fotografía
de Xustino Barrio.
Outra vista do campanario. No interior do santuario, o altar maior é barroco. No santuario gárdanse algúns obxetos famosos como o "Cristo Monfortino", que é moi peculiar e ten "a súa historia", que ven a conto, pero nona conto, hai que ir o Santuario... |
Fotografía
de Xustino Barrio.
A casa da Administración, que sempre funcionou como centro de estudios de filosofía e latín dependente do Seminario de Astorga e como centro hospital de peregrinos. Tamén como dependencias de artesáns, que alí fabricaban e vendían as súas cousas os peregrinos. Foi en tempos colexio (1892-1941), e Seminario (1945-1963). |
Ver outras fotografías dun libro sobre o Santuario.
Documentación sobre o Santuario:
|
Evidentemente o lector pode pensar que "me paso", cando falo do caudal do río Bibei, e cando digo, que O RÍO BIBEI, NESTE LUGAR NON É UN RÍO, SON CHARCAS... A vista das fotografías, pode pensar que esaxero; pois ben, aquí van algunhas probas do que digo, de tódolos xeitos non hai mellor proba que facer unha visita o lugar e comprobalo persoalmente. Así lle pasou o autor das fotos, o meu compañeiro Xustino, dixo o voltar "que era impresentable como estaba o río". As multinacionais que teñen os encoros na Provincia de Ourense ( esto xa o digo eu), fan o que lles da a gana cós nosos ríos, e a verdade "OS RÍOS NON SON DELES, E XA VAI SENDO HORA DE QUE MIREN POR ELES, E NON SOIO TIREN DO TETO...".
VER AS FOTOGRAFÍAS.
Nesta fotografía pódense ver os "charcos actuais" (maio do 2002) do río Bibei o seu paso polo Santuario das Ermidas, na fotografía da dereita de fai cincuenta anos, o río Bibei, nun día normal, sin enchentas, a verdade é que se poñen os pelos de punta por tanta desfeita... Nesta fotografía o río disimula mais, xa que a carón do muíño hai hoxe un pozo, casi de augas paradas, mentras que en tempos había o cachón da dereita. Hoxe o río Bibei, por debaixo do encoro do Bao, é unha sucesión impresentable de pozos putrefactos que apenas lles chega auga. A verdade é, que xa está ben deste abuso.
Volver a Fotografías.
Volver a Alberguería.
![]() |
Entre o pobo de Alberguería (a
Atlántida galega do interior) e o Santuario das Ermidas hai uns
escasos 9 kms., distancia que se recorría a pé perfectamente no día,
ida e volta. Non me extrana que os veciños de Alberguería foran a esta
sonada e milagreira festa.
No mapa o pobo de Alberguería, hoxe no fondo no encoro de Prada, no municipio da Veiga, e as Ermidas, que pertenece o Bolo. |