|
Algunhas cousas do libro de XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO.
Contraportada: ................................. "Do salto víñase falando desde había bastante tempo. Desde que fixeran o de Pazos, no mesmo río. uns vinte kilómetros augas abaixo. Pero, sobre todo, desde aquel día no que, de improviso, aparecera no lugar un land-rover verde do que baixaran uns homes descoñecidos, vestidos con cazadoras de coiro e grosas botas de goma, póndose a mirar, para un lado e opara o outro, a través duns aparellos que parecían máquinas fotográficas postas sobre un trípode. Facían anotacións nun caderno e piñan cruces bermellas nas pardes e nas laxes. -Son os do salto- correuse de seguida por tódolas aldeas, por todo o val de Folgoso, por tódalas terras de Castrelo-. Son os de Fenosa.
O MEU COMENTARIO:
"Marcial....o seu río.....a súa barca.....as hortas...., e Rosa. Tamén os seus grolos de caíño...." Un libro que recomendo, o libro está cheo de cousas boas e bonitas. A historia de Marcial chega o corazón e pola miña banda é totalmente comprensible. O río, a barca e as súas hortas supoñen moito para el, eran todo o seu mundo. O libro ten lances preciosos e léese dun tirón, de forma doada y con moito gusto. Maravilloso o lance da visita de Marcial o mar, e a súa comparación co río. "Realmente o río é coma unha persoa, que mo digan a mín. O mar é demasiado grande. Tolea un.". Tenro, moi tenro o capítulo dedicado a Rosa, a súa moza. É dramático, o capítulo dedicado a súa vida e o corte que supón ó asolagamente da súa vida, por medio dun encoro sin razón. "O río nunca se irá de aquí. El non emigrará, como emigra a xente. O río é como a terra, coma as viñas, coma a fraga, coma o val: sempre estará aí.. Sempre serán igual. Eu si que me irei. Eu e mais tí. Peor o río non.".................. "Non hai direito o que nos fan. ¿Onde suceden tales cousas?. Pois mira, nun país de caciques e sen xustiza como o noso. Ou coma o deles, porque noso non é. Iso está claro.................." En fín un libro que é pura poesía en prosa. Gracias Xosé Fernández. |