|
POESIAS SOBRE CASTRELO DE MIÑO E O ENCORO
|
![]()
Si volves por Ventosela
case non ves o Ribeiro
Si volves por Ventosela
atopas que anduvo o demo
facendo presas, matando
o que plantaron os vellos,
mandando a xente prás vilas
ou a emigrar ó extranxeiro
Dicen que agora o gran Miño
nos encoros dá diñeiro
que aire puro e puros soños
non producen dividendos.
Lois Dieguez publicou un poema que titulaba "Canciós pra un agromar branco i azul" en 1968, neste poema tiña un apartado titulado:
"Todo é silencio (ós labregos de Castrelo)."
![]()
lles berran e choran e piden a súa terra
loitan pola súa terra
Pero todo é silencio
[....
lles empezan a cheirar a miseria
Empezan a ollar a súa casa,
o seu pobo asulagado
Pero todo é silencio
.....................
Choraban. Alzaban as mans
ó ceo e pedian xustiza.