|
MINICENTRAL DO RÍO ARNOIA en ALLARIZ - Ourense. Minicentral do Rexo. Esta é unha minicentral que non tuvo oposición, foi promovida polo Bloque de Allariz. Está feita na zona do Rexo, mismo por riba de Allariz. É das mellores construidas e dende logo a que menos afecta o río. Neste caso o río Arnoia Na fotografía vese a zona do rexo. Tamén se ve o canal e a casa das turbinas. Foi a primeira no tramo medio do río Arnoia. Hoxe este río está desfeito na desembocadura e xa se fala dunha minicentral na Merca. Simple mimetismo. O río Arnoia está pouco a pouco desfacéndose.
A minicentral aproveita unha presa na súa parte esquerda e deixa polo tanto un caudal ecolóxico digno. De tódolos xeitos o canal está feito sin cubrir e ten moito peligro. A empresa penso que é Allarluz S.A. As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...
Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso. |