|
MINICENTRAL DO RÍO ARNOIA. A PENEDA E OUTRA. Ourense. A parte baixa do río Arnoia está defenestrada. Xa tiña duas minicentrais a de Pigarzo e a da Peneda e agora tenas ampliadas e ademais unha de regalo... Agora por si eso fora pouco foron ampliadas a de Pigarzo e fixeron unha nova por riba da Peneda. Empresa constructora Fenosa S.A. Para mín unha gran central que chupa todo o río Arnoia. Non houbo ningunha oposición. É unha zona que non é doado chegar a ela. É incrible como se pode facer algo así...
Ver a desfeita. Pasaron un túnel dende a parte dereita a esquerda. A arena que quitaron do túnel que fixeron, crearon esa montaña que se ve na fotografía a esquerda. Todo moi ecolóxico, realmente fan o que lles da a gana... No medio Pigarzo ampliada. A dereita a Peneda. Máis a dereita a gran central. As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...
Outra vista das minicentrais. Vaia barbaridade que fixeron na zona. Una zona que debera ser declarada Parque natural, con especies de árbores únicas en Galicia como O Laurel de Portugal, cheo de corcheiras e robles en fin un bosque dos poucois que quedan por ver, e dende logo con moita troita. Hoxe está desfeita e peligrosa.
Vista da Peneda e máis arriba a gran central. Hai que ter rostro para facer unha desfeita deste tipo. Calidade Ambiental debeu ser untada de lo lindo, o mismo que a Confederación, A Xunta e o Concello de Arnoia... Esta minicentral é un auténtico atentado o río Arnoia. Chupa todo o río. Pais bananero e tercer mundista... Esto non se fai nin en América latina, onde as desfeitas van a tope. Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso. |