|
MINICENTRAIS DO RÍO TUÑO. Ourense. O río Tuño foi un dos mellores ríos troiteiros de Ourense. Podo certificalo. Hoxe está defenestrado con tres minicentrais seguidas, que son auténticos edefesios que esquilman o río. A primeira minicentral ten unha altura incrible e por suposto a escala que ten é inútil. O río prácticamente queda sin auga xa que aproveitan todo para a segunda. É incrible como se pode facer algo así...
Esta é a primeira minicentral. Enorme. desfixo o río totalmente. As de más abaixo é dificil velas a vó de paxaro, pero existen e dan pena... A empresa constructora foi Aprovechamientos Hidroeléctricos gallegos S.A. As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...
Vista da primeira minicentral. No ten escalas ni nada que se lle pareza. Deixa o río desfeito e na zona desapareceron as troitas totalmente. O río Tuño foi dos mellores ríos troitiros de Ourense.
Vista da central. Xusto aquí nace a segunda minicentral que é máis pequena pero tamén impresentable. A terceira é moito máis grande e ten o mismo calificativo que a anterior. Impresentable. As minicentrais afectan moito o río Arnoia por debaixo de Outomuro, cando turbinan está sempre a subir e a baixar varias veces o día. Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso. |