|
Outras MINICENTRAIS DE OURENSE. Na relación anterior de 16 minicentrais faltan varias que de momento non teño localizadas. Os minicentraleiros non paran, buscan os mellores lugares dos ríos e si hai algunha pendente veña minicentral o canto. Tenlles sin cuidado si é cabeceira, couto de pesca ou o que sexa... As minicentrais apróbanse todas...faltaría máis... Faltan minicentrais que seguro se están a facer nos ríos Cardelle, Bibei, Arnoia, río de Barxa, pola zona do Barco, etc. Por exemplo eu penso que nesta zona hai unha minicentral recien feita:
trátase dun anco do río Bibei por riba de Viana. Nunha zona maravillosa do río Bibei. A única que quedaba en pé.
Na fotografía unha posible minicentral no río Bibei pola zona de Viana. Sei que estaba prevista, pero ??? O programa Sigpac permite facer investigacións e descubrir outras minicentrais. A Xunta de Galicia non lle interesa ter un listado real de minicentrais, para qué. É polo tanto moi dificil estar ó día. Máximo cando as páginas www chegan a un máximo do 10% dos galegos actualmente.
Pode ser una minicentral.?
Ten toda a pinta... Seguro que como este exemplo hai moitos en Ourense e en Galicia. As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...
Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso. |