O Escultismo nos servicios postais
Ángel Baspino Pazos
Boletín del Círculo Filatélico Numismático Sant-Yago 1, 1998
Ir al Círculo Filatélico Numismático Sant-Yago
O Escultismo é, sen dúbida ningunha, un fenómeno social que trata da estima, autoeducación e formación integral da mentalidade infantil e xuvenil baseado nun sistema educativo como un apaixonante xogo en contacto coa natureza, de tal xeito que, como complemento do ámbito escolar e familiar, potencia na súa formación social, cívica e patriótica o carácter da personalidade que se empeza a desenvolver na temperá idade da nenez. Socioloxicamente foi aceptado por tódalas tendencias socio-políticas e confesionais, chegando a se converter no sistema pedagóxico máis universalmente establecido.
Foi fundado este movemento polo xeneral inglés Sir Robert Stephenson Smyth Baden-Powel en 1907 co nome de Boy-Scouts (rapaces exploradores) e introducido en España polo capitán de cabalería D. Teodoro de Iradier y Herrero en 1912, co nome de Exploradores de España - Boy Scouts Españoles.
Como un movemento social máis, viuse reflectido nos servicios de correos e a primeira nación que lle dedicou un motivo postal foi Checoslovaquia en 1918, cunha emisión de selos coa figura dun león rampante coroado e a inscrición posta ceskych skautu, como un servicio de correos de emerxencia (ou a Boa Acción dos Scouts checos).
Siam en 1920 e en selos emitidos entre 1906 e 1818 coas efixies dos reis Chulalongkorn e Vajiravudh, ponlles unha sobrecarga escultista coa cabeza dun tigre e a inscrición bilingüe scout found, en beneficio da Asociación de Boy-Scouts, wild tiger corps.
En 1925 Hungría emite unha serie de selos dedicada ás sociedades deportivas na que figura un selo de 1.000 korona coa representación facial dun scout tocando a trompeta sobre o fondo dun campamento scout. Pero a primeira neción que lle dedicou unha serie completa de selos con tema exclusivamente scout foi Romenia en 1931, con motivo da Exposición de Boy Scouts de Bucarest. A serie constaba de cinco selos de 1+1, 2+2, 3+3, 4+4 e 6+6 lei.
Posteriormente foron aparecendo selos sobre temas scouts noutros países, tal como aparece reflectido no cadro máis abaixo.
E así, pouco e pouco, outros países foron incluíndo nas súas emisións postais temas scouts e actualmente case tódalas nacións editan selos dedicados ó Escultismo.
En España o único selo dedicado a este movemento emitiuse o 22 de xuño de 1983, con valor facial de 38 pesetas, en conmemoración do 75 aniversario do Movemento Scout.
Como actividade filatélica temática é moi apreciada e está moi estendida sobre todo nos medios scouts, e existen clubes ou sociedades filatélicas exclusivamente scouts, tanto españolas como estranxeiras.
|
Lituania |
1938 |
Cuba |
1954 |
Luxemb. |
1957 |
||
|
Turquía |
1938 |
Canadá |
1955 |
Mascate |
1957 |
||
|
Francia |
1947 |
Indonesia |
1955 |
Qatar |
1957 |
||
|
Australia |
1948 |
Exipto |
1956 |
Siria |
1958 |
||
|
EE.UU |
1948 |
Irán |
1956 |
China |
1959 |
||
|
Filipininas |
1949 |
G Bretaña |
1957 |
Pakistán |
1959 |
||
|
Xapón |
1949 |
Bélxica |
1957 |
Vietam-N. |
1959 |
||
|
Nicaragua |
1949 |
R. Domin. |
1957 |
Grecia |
1960 |
||
|
Austria |
1951 |
Corea Sur |
1957 |
Dinam. |
1960 |
||
|
Xamaica |
1952 |
Bahrein |
1957 |
Panamá |
1960 |
||
|
Liechtenstein |
1953 |
Dubai |
1957 |
Túnez |
1960 |
||
|
N. Celandia |
1953 |
Finlandia |
1957 |
Kenia |
1998 |
||
|
Brasil |
1954 |
Formosa |
1957 |
Perú |
1998 |