CITAS GALEGAS


Teta que colle nunha man non é teta senon gran.

Popular

Desperta a mente, despértaa xa!
SAE DA XAULA, SAE, SAE DA XAULA
SAE DA XAULA"

Scornabois


Pensemos que a Humanidade non retrocede."

Alfonso R. Castelao 


I don't like segundas feiras"

Antón Reixa 


"¿Onde che hai unha machada para ceibar tanta paixón?"

Xurxo Souto 

Nós quentamos o forno e outros veñen enfornar."

Xurxo Souto 

"¡Probe Galiza! Non debes
Chamarte nunca hespañola
Que Hespaña de ti se olvida."

Rosalía de Castro 

"¡A RESACA DOMINICAL QUE A PAGUE O CAPITAL!"

Antón Reixa 


con paraugas, sen paraugas, dúas opcións hai para todo"

Antón Reixa 


E velelú
púxose tan sentimental
coiste feito diferencial,
que o matóu a vaguedade
metafísica da saudade."

Celso Emilio Ferreiro 



"Miña nai deume os camiños
e o meu pai deixoume o mar
non tiñan máis que deixarme
nin eu penso máis deixar. a lei da selva"

Celso Emilio Ferreiro 


Neno, enche o peito e contra o mundo."

Xurxo Souto 


E nós creemos que a interdependencia económica dos pobos obrigará -quéirase ou non- a constituír enormes federacións, nas que o internacionalismo e o nacionalismo atopen, ao mesmo tempo, a súa solución normal."

Alfonso R. Castelao 
.

que fermoso país pero que carallo de xente."

Laxeiro 

"acabou a Unión Soviética pero queda rock and roll"

Antón Reixa 

" ¡Ten o teu sangue de deixar na Hestoria
un regueiro de luz viva e acesa!
¡Vivirás nas súas páxinas groriosas
canto viva a lembranza desta terra!
¡Teu nome será o facho lumioso
que amostrará a vereda
por onde han camiñar, tempos adiante,
os que sintan no peito a sagra arela
de faguer libre o chán en que naceron,
de ter patria de seu, honrada e ceiba!"

Ramón Cabanillas 

"(...) bloques de pisos habitados por xentes que falan a berros unha misérrima e rechinante caricatura de idioma."

Camilo Gonsar 

Onde habite un fracaso, sobrevivirá un resentido"

Antón Reixa 


A Morriña, pois, é a Saudade en estado de conciencia; é o desexo, posible ou imposible, de recobrar o que se perdeu; é a devoción a algo que está na lonxanía do tempo ou do espazo."

Alfonso R. Castelao 

"alcoholes EN PORRÁS
que deixan EN PORRÁS o medo á loucura"

Antón Reixa 

"mexa por riba de nós e hai que dicir que chove"

(Popular) 

"(...) un home, un voto; unha muller, unha cona"

Antón Reixa 

"Levamos unha década a rir de todo, co cóbado encartado na barra dun bar, ata que de súpeto descubrimos que de cada vez hai menos cousas que fagan gracia."

Xurxo Souto 

"tu sei la ragacha de la piú bela conacha
tu sei la bambina veni cua ponte cochina"

Antón Reixa 

Non lle poñades chatas á obra mentras non estea rematada, trabllade nela."

Castelao 

"Primeiro ser; depóis triunfar."

Castelao 

"Galiza soio mercerá respeto cando abandoemos a nosa mansedume, despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente."

Alfonso R. Castelao 

"vosoutros dentistas sóde-los terroristas"

Antón Reixa 

no mundo enteiro vai haber tractorada"

Antón Reixa 

"esa é a lei das cousas
a lei do dálle que non mira"

Antón Reixa 

"Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega; seguide sempre con fe, e si se vos ocurre pensar acaso se sementades ou se soio esparexedes, desbotade ise pensamento e tede por certo que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira."

Florentino L. Cuevillas 

"¡A Saudade! Velaí o sentimento que abrangue a Portugal e a Galiza nunha soia eternidade."

Alfonso R. Castelao 

"Vivimos no cume da repunancia."

Xurxo Souto 

A túa hora é ésta:
colle a fouce, meu pobo,
ergue a testa, protesta
e dempóis mata ó lobo."

Celso Emilio Ferreiro 

"Ela olloume fixamente, cunha ollada de uranio."

X.L. Méndez Ferrín 

"Nós creemos que a auga doce dos ríos pode facer doce a auga salgada do mar; que a morte, enchéndose de vidas, será vida; que a "nada", enchéndose de ilusións, será "todo"..."

Alfonso R. Castelao 

"O mundo é un escenario onde a xente vixía para ver quen cae de cu."

Manuel Rivas 

"¿Onde está, Mariscal, a vella espada?
Quixera vela ó cinto
desta mañá tan crara."

Celso Emilio Ferreiro 

pra acalar esta angustia que me berra
dende o fondo da noite estrelecida,
pedindo amor, pregando fe de vida
pra ser eternamente alma da terra."

Celso Emilio Ferreiro 

"I was not born
I was made in Galicia"

Antón Reixa 

"Non te fíes das cousas que vexas: apálpaas."

Siniestro Total



 


alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Inmobiliaria y Dominios
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón