A evolución das Bandas de Música

 

A banda de música é un tipo de agrupación musical que debe ser tida en conta non solo dende o punto de vista social (o que representa dentro dunha comunidade) senon dende un punto de vista estrictamente musical. Parece ser que cobrou importancia a principios de século pero debemos lembrar que ata Mozart escribíu numerosas serenatas para orquestras de vento. Este desenvolvemento débese en gran parte á popularidade que chegaron a ter as bandas de metáis inglesas, as bandas de desfile americanas, cun gran repertorio de marchas encabezado por Sousa, as big bands do tipo da de Glen Miller e as numerosas bandas militares.

A música de banda, ou orquestras de vento como se chaman noutros países (Wind Orchestra ou Concert Band) comenzou a cobrar importancia e moitos ilustres compositores de música para orquestra adicaron parte da súa producción ás bandas de música. Entre outros están Gustav Holst, Malcom Arnold, Percy Grainger, Paul Hindemith, Vaughan Williams, ...

Á medida que a banda cobraba máis importancia comenzou a gañar independencia respecto da orquestra sinfónica, xa que moitos pretendían, sobre todo os transcriptores, que a banda sonase como a orquestra. É verdade que a sonoridade das cordas é única e a banda non a ten, pero ¿é que acaso a banda non ten una sonoridade tamén única e digna de admiración e estudio?. Non podemos pretender escoitar unha obertura de Mozart cunha banda coma se fose unha orquestra, pero esto é o interesante, a diferencia que se pode atopar entre diferentes instrumentacións. De tódalas formas hai que matizar que moitas bandas incorporan cordas graves (violoncellos e contrabaixos) para acompañar ou substituir ás tubas ou outros instrumentos en delicadas pasaxes moi puntuáis.

As posibilidades interpretativas dunha orquestra e dunha banda son moi similares e hoxe temos cantidade de composicións nas que se exprimen ó máximo as posibilidades de tódolos instrumentos. Sobre todo é de agradecer atoparse con compositores que coñecen os instrumentos para os que están escribindo, xa que moitos transcriptores pensan que unha melodía se é fácil para un violín ten que selo para un clarinete (a dificultade dos concertos para clarinete e orquestra de Stamitz radica en que foron pensados para violín).

Gustaríame rematar este artículo nomeando a esas persoas, que cada vez son máis, que adican a súa vida a compoñer marabillosas obras musicais para as bandas de música. Mención especial ó prolífico americano Alfred Reed, que ademáis de oberturas e suites de concerto leva no seu haber numerosas sinfonías. Johan de Meij, un dos arreglistas máis escoitados no repertorio bandístico e autor tamén de varias sinfonías (The Lord of the Rings penso que é de obrigada escoita para calquera amante das bandas), e seguiría a lista con Philiph Sparke, Jan van der Roost, Hardy Mertens, Dirk Brosé, Robert Jager, Grudman, ... e sobre todo debemos agradecer ás propias bandas que loitan día a día para aumentar o nivel e o prestixio destas agrupacións, destacando a labor de divulgación da música para banda de Frederick Fennell á fronte da Eastman Wind Ensemble e da Tokio Kosei Wind Orchestra.

Julio Costa Madriñán