|
MINICENTRAL DO CERVES EN MARCHA. ¡¡ QUE POUCO VALE UN RÍO EN GALICIA !!.
|
A conclusión final está clara: outra minicentral máis, outro destrozo dun río, o río Cerves, sensacional. ¿ Que pasará co río ? . Faremos un seguimento , pero o que vai pasar xa o sabemos de antemán:
O río Cerves outro río desgraciado.
Por debaixo da minicentral, e nos 10 km. que pode haber de río o río Cerves non volverá a ser un río, haberá as típicas subidas e baixadas de caudal e as troitas seralles imposible desovar, pasará como o Deva da Cañiza e tantos outros.
R.I.P. o río Cerves.
Dende estas liñas dar as gracias os Concellos de Melón e de Ribadavia pola defensa que fixeron deste río.

¡¡¡ Que lles aproveite o ¿¿ camping?? os de Melón, o ¿¿hotel?? os de Prexigueiro e o millón de pesetas o Concello de Ribadavia, haber si o invirten en mellorar o Avia que é unha pocilga!!
Pola miña banda soio decirlle adeus a un río que me deu moitas satisfacións cando traballaba en Ribadavia e me acercaba a coller troitas, tanto en Melón como na zona de Prexigueiro..............un río que debera ser declarado de protección natural dende o nacemento..........¡¡ qué cousas !!.