DESFEITA SI. MASACRE NA ZONA BAIXA. |
Fai anos, dende 1997, veño decindo nesta folla www que os 20 últimos kilómetros do río Arnoia, en Ourense, deberan ser Parque Natural, na miña opinión é do mellor de Galicia. Refírome a un tramo de 20 km (aproximadamente) que vai dende Outomuro ata Arnoia no río Miño.
Pois ben, non soio non vai a ser Parque Natural sinón que está sendo DESFEITA NATURAL, por parte dunha empresa HIDRO GIESTA, que está a desfacer a zona con centrales hidroeléctricas demasiado grandes para o río, desmontes, talas de centos de árbores, estradas, etc. Por suposto todo legal... Por suposto todo elo, legalmente, có beneplácito da Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Impacto Ambiental), da Confederación hidrográfica, dos Concello de Arnoia, Cartelle e Gomesende. O de Arnoia, o máis afectado, que sácará da desfeita pouco más de 10.000 € o ano, según os meus datos. Cada día estou máis convencido que para algúns políticos os ríos valen moi pouco ou nada. A Policía Autónoma debera pasar pola zona que seguro que ten mil razóns de denuncia. A ZONA ESTÁ SIMPLEMENTE CATASTRÓFICA. A está páxina www, ¿en defensa dos ríos de Ourense?, poño interrogante xa que cada día vexo que están máis desastrosos, osea non quedan ríos, soio lle queda poñer as fotografías e decirlle o internauta o que están facendo na zona. Osea, soio queda o pataleo... En resumen dicen que se trata de ampliar dúas minicentrais, a Peneda e a minicentral chamada Arnoia, polo que puden ver están facendo centrais novas, grandes centrais, de feito van producir 35.192.585 KW por hora una e 28.626.871 KWh a outra, esto, xa non son minicentrais, son auténticos monstruos para un río de moito caudal, pero pequeno. Según o que poiden ver trátase, polo tanto, de facer dúas novas: A Peneda (Que chupaba 12.000 l por segundo) que chupara 35.000 litros por segundo, contra 2.200 litros por segundo que chupaba a minicentral de Arnoia e pasará a 25.000 litros segundo. Unha loucura propia dun PAIS BANANERO, non se entende a desfeita dos ríos de Ourense (nas outras provincias galegas eu creo que non pasa esto, polo menos nesta medida). A Confederación hidrográfica autorizou a tala de 5 amieiros, 5 fresnos 3 robles, etc. De risa o número, a pouco que se entenda, verase que é unha desfeita.
Corticeira. Fotografía sacada na zona. Árbores como estos talaron moitísimos. Están talando auténticos bosques de corticeiras, robles, centos de amieiros e salgueiros, freixos, centos de laureis e moitos outros (entre eles laureles reales, acereiros que son laureles únicos no mundo e propios da zona etc.). Realmente para chorar. Falan de 200 árbores, oficialmente. Da risa, seguro que pasan de 2000 árboles, son auténticos bosques, ver fotografías.
|

Nesta fotografía vese a desembocadura do río Arnoia no Miño. O fondo o encoro de Frieira. A desfeita anterior está feita dende a zona de Cartelle ata a zona recreativa de Arnoia. Afecta o Concello de Arnoia e queima literalmente este río e o seu bosque increible para o futuro. De 10 a 15 kms. machacados por unas centrais hidroeléctricas impresentables para a zona. As dúas centrais que había eran suficientes para deteriorar a zona, estas, que se están facendo multiplican por 100 o que había.
¡¡REALMENTE NON HAI DEREITO A ESTAS MASACRES DOS NOSOS RÍOS, DO MELLOR QUE TEMOS EN GALICIA!!.
Vista da nova central. Penso que é a maior central de Galicia feita nun río considerado de caudal medio. Evidentemente o río Arnoia non é o Sil, nin o Miño, nin o Ulla...
Demasiado chupe para o río Arnoia, 35.000 litros /seg. Realmente, estamos gobernados por DEPREDADORES DO MEDIO AMBIENTE, estas centrais non deberan ser aprobadas nunca. Están a facerse hoxe, en maio do 2003 aproveitando zonas máis ou menos descoñecidas polos galegos.
A xente do lugar, tampouco saben de que vai o asunto.
Algúns dicen que lles van baixar as contribucións coas ganancias destas obras. De risa...
¡¡O seu querido Arnoia, o meu querido río Arnoia estano fastidiando para sempre!!.
Chámanlle enerxias limpas, pero nono son, están a desfacer os ríos galegos para sempre, están a aproveitarse da incompetencia e do descoñecemento (quixera pensar esto) de moitos alcaldes que son incapaces de ver que cós ríos teñen un ouro que poden explotar doutro xeito. Esta zona prestábase para todo: pesca, descensos rápidos, Rafting, Kayak, Piragüismo, senderismo, barranquismo, etc. Por contra é das poucas zonas da Provincia con un bosque tan maravillosamente conservado e único, con especies que por si soas eran motivo para facelo parque natural. Pero non. Agora entendo por que non se fixo Parque natural...
Realmente penoso.
Na fotografía vese o cañón do Arnoia dende a marxen ezquerda (dende Piñón), esa montaña de area, que aparece na fotografía, é totalmente artificial e feita pola empresa constructora. Un impacto ambiental escalofriante, e dende logo visitando a zona resulta incomprensible que se deixen facer estas obras.
No mapa vese Piñón e pódese entender a fotografía.
Por certo a minicentral da Peneda e a de Arnoia eran así fai 50 anos. (Unhas fotografías incribles que tuven acceso a elas de casualidade).
Logo as minicentrais remodelaronse recentemente. Por certo non fai moito a da Peneda foi denunciada pola Policia Autónoma por non cumplir co caudal ecolóxico.
Hoxe no 2003 volve estar todo patas arriba coa desfeita xa comentada.
¿Ampliación?