Río Miño en Portomarín. ¡Pobriño!

Río Miño en Portomarín

¡Pobriño!.

Portomarín, fotografía sacada da WEBMORENO. Portomarín. Portomarín: páxina que firma Manuel López Vazquez (o que lle dou as gracias).

En frente o barrio de San Xoan. Portomarín.

"Era un pobo da ribeira do río, coas súas casas de pedra do país ás dúas marxes. Tellados de lousado e os cerrados das hortas e fincas delimitaban o espacio vital daquelas xentes coma codechas de pan para comer."

Nesta fotografía vese a misma zona hoxe en octubro do 2002.  Sin comentarios.

O barrio de San Xoan non existe.

Fotografía de Portomarin dende a Iglesia de San Xoan. No medio un arco da Ponte romana de Vilamarin. En frente o barrio de San Pedro.

"Tiñan unha ponte romana moi cuca para cruzar, para traspasar o Noso Río. Aínda hoxe, cando as augas baixan, pódense ver -preto da nova ponte- os restos milenarios da outra, da que foi feita pedra a pedra e en concerto coa paisaxe natural e espontánea de Portomarín, do inxenio popular que a recreou lentamente como singular e única."

"Pois ben, tamén tiñan unha igrexa moi fermosa que levaron pedra a pedra para o novo emprazamento da vila. Pero aínda así semella estar disconforme co espacio, lonxe do contexto, fóra da concordia que tiña cando/onde estaba preto do río, no seu exacto e preciso lugar.

Esta fotografía está sacada dende o barrio de San Pedro. Máis ou menos xusto enfrente da fotografía anterior.

O Barrio de San Xoan. Sin lugar a dúbidas era un pobo moi bonito, sin desmerecer o pobo actual.

O río Miño ¡¡Impresionante!!. (En tempos). Claro que o encoro cubre toda esta zona ata unha altura considerable.

 

Encoro de Belesar, foi posto en servicio en febreiro do ano 1963. Este encoro deixou asolagado totalmente o pobo de Portomarin entre outros. Trátase dun auténtico monstruo de encoro, cunha coronación de 500 metros, cunha altura de 130 metros e cunha potencia instalada de 225 MW. O Volumen total de acumulación é de 654,5 Hm3. A cola chega a uns 50 kms. do muro. A construcción comenzou en 1957. Según Fenosa (a quen perteñecen as fotos anteriores) este encoro afectou pouco a xente da zona salvo a Portomarin que foi trasladado o alto da montaña do Cristo, co que ganou moitísimo...

O encoro de Belesar na riada do 2000. Realmente trátase dun monstruo. Sin lugar a dúbidas.

Un monstrou que tragou o pobo de Portomarin.

A fotografía é do meu amigo Tino Mouriño de Ourense.

O novo Portomarín. Fotografía de Unión Fenosa. 

Dibuxo sacado da www citada onde se observa o emplazamento de Portomarin en realción o río Miño.

Vista de Portomarin dende o río Miño. Fotografía de octubro do 2002.

Outra vista de Portomarin.

¿O que opino sobre estas desfeitas?.

Está claro: sempre se pensa que se pudo haber evitado, probablemente facendo menos encoro...O feito real é que hoxe o río Miño en Portomarin está para o arrastre. Decíame un veciño moi coñecedor da zona que se collía antes nun caneiro máis anguias nun día  que hoxe en todo o río dende Belesar ata Portomarin nun ano...e seguro que é certo.

Xa non quedan prácticamente troitas e seguro que botaron a perca americana ou Bass xa que o río non vale para moito máis. Este é o resultado dun encoro feito mirando moi pouco a natureza. Penso que as cousas podían facerse moito mellor.

Hoxe o río Miño nesta zona únicamente vale para a navegación, de feito hai un club na zona: Club náutico Xacobeo (menos mal). É lóxico que se trate de potenciar a zona, de tódolos xeitos hoxe está inservible para este deporte.

Por certo a Ponte que se ve é a das fotografías anteriores. Esa ponte do final é a que se ve na fotografía seguinte.

Por certo o 30 de octubro do 2002 cheiraba fatal preto da ponte antigua............

Xusto nesta zona.

"Ó chegaren a aquel sitio de Portomarín, á beira do Río Miño, os tres quixeron cruzar. As augas facían moito ruído ó pasaren entre os penedos e os cachóns, porque estes imprimíanlle aínda máis velocidade.
María, non querendo que lle espertaran O Neno, dixo:

- Río Miño, Río Miño, pasa quedo e caladiño.
Non espertes ó Neniño que xa o levo durmidiño".

-E o río voltouse calmo, pousado e silencioso naquel tramo do seu curso en contraste cos cachóns que hai catro ou cinco quilómetros máis abaixo.

Contan as xentes de Portomarín e Comarca que A Familia pasou o río sen problemas e que O Neno non espertou. Naquela peneda do río aínda está a pasada do burro cando, para facer pé, pousou alí unha pata."

salir.jpg (922 bytes)