A aldea de Buxán. O Bolo

As ideas deste resumen están sacadas do traballo de A. Pereira Salgado do libro "As caras do entroido Ourensán", publicado pola Diputación de Ourense no 2009 . As fotografías son de Carlos G. Herbella.

No Bolo hai dúas aldeas que intentan manter o entroido para que non se perda esta costume ancestral. Estas aldeas son Buxán e Celavente.

A duración do carnaval nestas zonas é máis breve que fai anos xa que aquí, o igual por exemplo que en Alberguería, por certo non moi lonxe,  celebrábase o Xoves de Comadres e compadres así como a Corrida do Galo. Actualmente xa non se celebran.

 

Na sensacional fotografía da esquerda, penso que é de Carlos G. Herbella vese un pucho con boneca do que penduran cintas de varios cores, típica máscara de Buxán.

O entroido de Buxán ten catro días: dende o sábado de carnaval ata o martes.

O sábado fan folión, onde os veciños de Buxán van a aldea de Tuxe. O regreso a Buxán fan unha cea entre todos.

O domingo as máscaras van a Viana do Bolo, a participar no seu entroido.

O martés hai desfile polas rúas de Buxán.

Nestos días e típico correr a fariña, vamos...botarse fariña uns a outros.

A máscara é moi bonita como se pode ver nestas fotografías. É ademais rechamante e orixinal.

O que primeiro chama a atención é o pucho que vai adornado con teas e papeis de cores, e leva unha moneca pequena,

Pode ocultar a faciana ou non.

Nesta máscara non oculta a faciana.

Levan camisa branca e gravata.

Cúbrense cun mantón floreado do cal colgan flocos que cubren dende os ombros ata a cintura.

O pantalón tamén é vistoso.

As mans levan luvas e nunha delas unha caxata ou espada,  na outra levan un saquiño de fariña.

As botas son negras con polainas.

No desfile estas máscaras van a carón do folión con tambores e toda clase de ferramentas, facendo ruído e troula.

Normalmente van así: primeiro as mulleres anunciando a comparsa, mulleres de Buxán con traxes tradicionais. Logo as máscaras e detras o resto do folión.

Ese día xa comen en Viana, despois do desfile. Evidentemente van a festa da Androlla.

En canto o folclore está casi todo perdido, salvo unha pequena estrofa referidas a un dentista e que podedes ver no libro citado.

En Celavente teñen a variante de introducir os seus personaxes máis representativos que son o touro e o xigante. Por outra banda é moi similar o anterior tamén coa variante de que van ata O bolo ata a residencia da terceira edade para facer partícipe a xente que está ali.

O Xigante é o personaxe que guía o touro na súa andaina. Leva a cara descuberta vai ataviado todo de blanco e leva unha banda vermellacon flocos. Na cabeza leva un som,breiro de palla o que se lle pegan flores.

O touro é un armazón de madeira onde cabe unha persoa e leva  unha parte frontal de cartón onde se poñen os cornos (ver a fotografía). Vai cunha colcha antiga floreada e con flocos, por riba vai unha sábana a que se lle pega de todo. Leva tamén cola decorada.

Fotografía de Carlos G. Herbella.

 

Volver.