A UNIVERSIDADE  DICE  NON  AS MINICENTRAIS.

Río Selmo. Por unha galacia sin minicentrais.

¡¡ Por una Galicia Natural !!

Os nosos ríos son a nosa vida.

Non se poden permitir estos aldraxes o río. Non hai direito.

Minicentrais non. Estos muros cortan a vida dos nosos ríos.

 

Científicos da USC critican a febre das minicentrais en Galicia. 

Realmente o que dicen é : ¡¡ xa está ben !!. "é o maior disparate imaxinable contra o medio natural"

 

 

 

 

Minicentral da Cañiza no Deva. Unha aberración ecolóxica. 

                 Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago ( está firmado por 50 investigadores) promoveron un manifesto sobre as  minicentrais hidroeléctricas no que alertan “sobre os graves efectos que toda esta serie de construccións pode ocasionar para o noso patrimonio biolóxico”. Entre 1996 e 1999 presentáronse en Galicia 129 proxectos de minicentrais para 104 ríos.

 

 

O manifiesto está firmado por 50 científicos da Universidade de Santiago.

Universidade de Santiago.

Os firmantes do manifiesto son investigadores dós departamentos de Bioloxía Vexetal, Biología Animal, Ecoloxía e Edafología. Entre eles están os profesores Javier Amigo, Javier Guitián, José Luis Pérez-Cirera, Francisco Díaz Fierros, José Guitián,María Teresa Rabal, Santiago Ortiz, Mercedes Casal, Fernando Cobo, Marcos González, Ramón Mascato e Jesús Dominguez.


Nota que non pertenece o manifesto:

( Casi nada, as firmas que avalan este manifesto. Como para que o Conselleiro de Medio Ambiente Sr. del Álamo e o Sr. Cuiñas sigan facendo "o avión" e favorecendo os seus amigos na concesión das minicentrais, que estragan, asoballan, escarallan, e deixan para o arrastre ....os mellores ríos galegos........ o comentario deste paréntesis é do autor da www, cabreado...moi cabreado dende fai moitos anos.)


 

 Os científicos reclaman ao Goberno  autonómico unha moratoria na autorización de novas minicentrais e unha actitude consecuente coa lexislación de protección ambiental. “Non podemos permitir inmolar un patrimonio de todos para o beneficio duns poucos, esquecendo, ademais, as normativas vixentes sobre protección de especies polo método de ignorar que existan alí onde se pretende actuar”.   Polo seu especial interese, reproducimos a continuación integramente o texto do manifesto.

Pozas de Melón en Ribadavia. Por debaixo a minicentral do Cerves, outra salvaxada.

              Este escrito constitúe unha exposición de alegacións á proliferación desmedida de proxectos de explotación dos cursos de augas continentais de Galicia, polos efectos irreversibles que están tendo sobre representantes singulares da nosa fauna, flora e ecosistemas naturais; a súa conservación é unha obriga para a nosa Administración de acordo coa vontade expresada nas nosas leis e na lexislación comunitaria. Á marxe dos argumentos técnicos que a continuación se van expoñer, consideramos que tratar de construír 300 minicentrais na rede fluvial galega constitúe o maior disparate imaxinable desde o punto de vista da conservación da nosa paisaxe e patrimonio natural, tendo en conta que estes proxectos se emprazan precisamente nas áreas residuais que permitiron conserva-los nosos hábitats máis valiosos logo das alteracións xeralizadas sufridas noutras áreas: encoros, canalizacións, incendios, repoboacións, etc. As ditas instalacións só se xustificarían por unha necesidade urxente de enerxía, o que evidentemente non sucede en Galicia.

As minicentrais favorecen a unhos cantos en contra da maioría dos galegos, que non recibimos nada a cambio.

             Trátase, en realidade, dun negocio particular duns poucos que vai representar unha mínima fracción da nosa producción de enerxía e que en cambio está arruinando unha parte substancial do patrimonio natural de tódolos galegos/as. Non entraremos a considerar outro tipo de efectos que poden implicar estes proxectos sobre outros recursos como son a pesca deportiva, o turismo rural, a paisaxe, etc., e cinguirémonos estrictamente á incidencia sobre as especies e ecosistemas naturais. Inda que se intente tratar de emendar algún dos aspectos que se sinalan a seguir con medidas correctoras, estas nunca chegarán a palia-lo conxunto de efectos que se mencionan, en especial  se se considera o efecto sinérxico debido á absurda proliferación de proxectos.

Minicentral do deva en Quintela. Ourense. Esnafra o río Deva. Unha salvaxada.

 

             1. Efectos sobre os ecosistemas fluviais 

             As comunidades que habitan a rede fluvial están directamente condicionadas por procesos físicos, entre os que o réxime do caudal supón un factor chave e determinante, tanto na composición de agrupacións de animais e plantas coma nos ciclos bioxeoquímico e na capacidade de regulamentación da conca. Cada conca constitúe, en certa medida, un ‘organismo’ onde tódolos seus elementos están interconectados, de tal forma que se se produce un impacto nun curso principal, este pode ser amortiguado pola recolonización producida a partir das comunidades presentes nos afluentes. Os proxectos de centrais inciden directamente sobre as comunidades destes cursos secundarios , de modo que unha proliferación destas interrupcións das canles producirá unha perda da unidade ecolóxica do conxunto; desta forma, novas perturbacións na conca vencen a capacidade de regulamentación do sistema, e os danos que se fan irreversibles. Por esta razón urxe protexe-las áreas dos sistemas fluviais inalterados que inclúan non só o curso principal senón tamén a súa rede de drenaxe. Non ten ningún sentido incluír na Rede Natura unha canle principal se os seus afluentes son alterados con minicentrais hidroeléctricas.

          2. Efecto sobre os invertebrados acuáticos 

             Cada minicentral producirá un cambio nos réximes de caudais do curso afectado, que irreversiblemente implicará a desaparición da comunidade de macroinvertebrados existente, de forma que será reemprazada por outra comunidade que pouco ou nada ten que ver coa orixinal. A aplicación de caudais ecolóxicos non permitirá en ningún caso a conservación das comunidades orixinais, incluso contemplando altas porcentaxes que dificilmente serán aceptados polas empresas hidroeléctricas. Esto vai supoñe-la perda do hábitat para numerosísimas especies de macroinvertebrados que son endémicas do noroeste de España. Cabe citar, neste sentido, que o 30% das especies dos nosos ríos e regatos sono (o que na práctica se traduce en varios centenares de especies), e que moitas delas poden verse abocadas á súa extición, incluso antes descobertas pola Ciencia, se non se conservan áreas de concas libres de alteracións dos réximes hidráulicos. Lamentablemente o descoñecemento todavía existente sobre a sistemática e bioloxía de moitos grupos faunísticos de invertebrados acuáticos provocou que actualmente a súa representación na lexislación de protección internacional sexa case anecdótica, o que subministra unha visión moi parcial da diversidade biolóxica e o seu valor de conservación no ámbito da nosa comunidade. Ademais das especies de invertebrados que gozan de protección legal (véxase anexo) queremos chama-la atención sobre outras moitas –unha representación testemuñal foi incluída na nova edición de A natureza ameazada, en prensa:   Spongillidae Gray, 1967; Tricladida, Paludicola;  Sphaeriidae Dall, 1895; Protuberodrilus tourenqui Giani y tínez-Ansemil, 1979; Onychogomphus uncatus (Charpentier,1840), Osmylus fulvicephalus (Scopoli,1763), etrocnemus carmencitabertarum Langton & Cobo, 1997; Thremma tellae González, 1978.- que son de grande utilidade, pois permíten que nos acheguemos ó concepto de ‘comunidade ameazada’ da UICN, e chama a nosa atención  sobre a urxente necesidade de protexer uns hábitats moi concretos, especialmente os cursos altos dos ríos galegos en que viven a maioría delas.   

Efemera o resultado da metamorfosis dun invertevrado.                          Un invertevrado, hai miles debaixo das pedras dun río sin minicentrais.

             3. Efectos sobre os peixes. 

             Entre as especies que pagarán as consecuencias destas agresións destaca a troita común (Salmo trutta), peza fundamental no funcionamento dos ecosistemas fluviais galegos e raíña da pesca Deportiva, e as súas poboacións sufrirán un notable empobrecemento nos tramos afectados, tanto por diminución da extensión e a calidade do hábitat útil, coma por outro tipo de efectos máis directos sobre o seu ciclo de vida (réxime artificial de inundación de río e marxes, alteracións dos substratos, etc.). Por outro lado, as especies con maior risco de sufrir impactos irreversibles por algún dos proxectos, serán as especies anádromas e catádromas: salmón atlántico (Salmo salar), sábalo (Alosa alosa), saboga (Alosa fallax), lamprea (Petromyzon  marinus), que xa viron reducida a súa área de distribución a raíz das presas hidroeléctricas xa construídas. Estas especies ocupan xa un hábitat sucesorio (aproximadamente un 5% do hábitat orixinal) que non asegura o mantemento a longo prazo das súas poboacións. Inda que as construccións de escalas nos azudes e presas pretende resolve-lo problema de accesibilidade, en moitos casos a merma de caudal nos tramos interrompidos imposibilitará os movementos dos peixes ó longo do curso. Carece absolutamente de lóxica que a Administración destinara cuantiosos recursos de persoal e fondos (en certos casos comunitarios) á recuperación das poboacións das nosas especies migradoras e, a seguir, permitir que a rede fluvial se interrompa en 300 puntos levando ó fracaso toda a política anterior de recuperación de ríos.   

As troitas desaparecen coas minicentrais.   O salmón xa case non existe en Galicia.  O sábalo, o rey do Miño xa casi non existe.  Las lampreas a punto de desaparecer.

             4. Efectos sobre os anfibios. 

             Existen en Galicia varios endemismos do noroeste da Península Ibérica, como a Saramaganta (chioglossa lusitanica), a ra patilonga (Rana Ibérica) e o tritón común (Triturus boscai); a súa existencia esta ligada ós cursos de auga secundarios, ás charcas estacionais que se forman no contorno e ás masas arbóreas que os circundan. A construcción de minicentrais incidirá especialmente nestes hábitats, en que ademais da alteración dos réximes hídricos, altéranse as  beiras (inundación, construcción de pistas, etc.) e prodúcese o efecto de barreira e trampa que supoñen para estes animais as canles de derivación de augas. Algunhas das nosas especies máis representativas son especialmente sensibles ós cambiosde caudal que afectan ás pequenas pozas onde realizan as postas e as súas poboacións víronse fragmentadas en lugares en que estes peculiares hábitats desapareceron.   

Saramaganta.     Ra ibérica.      Tritón común.

             5. Efectos sobre os mamíferos. 

             Galicia conta cunha das mellores poboacións de lontra (Lutra lutra) de Europa. Trátase dunha especie protexida que desapareceu de boa parte do continente e a súa poboación, sen dúbida, verase afectada pola proliferación de proxectos que limitarán de forma importante o seu hábitat útil e os seus recursos alimenticios, xa que a nutria é especialmente sensible á alteración das beiras e á diminución das presas. Sen embargo a especie de mamífero que sufrirá un maior impacto será o desman do dos Pirineos (Galemys pyrenaicus). Galicia ten unha responsabilidade na conservación deste insectívoro, xa que no noso territorio encóntranse as mellores poboacións da especie,  restrinxida ó norte de España. A área de  distribución e o hábitat desta especie solápase moi estreitamente coas zonas onde se construirán as  minicentrais hidroeléctricas. Estas explotacións son incompatibles coa conservación do desmando por múltiples factores, que van dende a alteración do réxime de caudais do curso e o seu efecto sobre a abundancia e diversidade de macroinvertebrados que forman a súa dieta, ata a fragmentación das súas poboacións por interrupción da canle.   

As minicentrais acaban ca nutria nos ríos de Galicia.                   O desmán a punto de desaparecer. É o mamífero acuatico máis emblemático hoxe.

             6. Efectos sobre a vexetación. 

             En boa parte de Galicia media e baixa as ripisilvas son a única representación de bosques autóctonos que se mantiveron aceptablemente conservados ata o presente. Con respecto á vexetación apreciamos 3 niveis ou medios ecolóxicos en que a alteración derivada dunha central hidroeléctrica pode afectar ás súas plantas ou ás súas comunidades vexetais: 

             1.Os hidrófilos (vexetais sumerxidos ou flotantes), colectivo do que Galicia conta cunha representación de flora moi diversa e ata con especies exclusivas a nivel europeo, como é o caso do Isoetes longissimum. 

             2.As ribeiras propiamente ditas con especies adaptadas a inmersións parciais ou temporais. Aquí poden verse afectadas non só especies arbóreas en formación boscosa, senón tamén especies herbáceas que precisan de condicións nemorais para vivir. Non faltan entre estas especies endémicas do noroeste e de gran vulnerabilidade como a bulbosa Narcissus cyclamineus. 

             3.As ladeiras que enmarcan o val fluvial e as paredes ou rochedos sempre húmidos no fondo do val. Numerosas especies vexetais dependen non tanto da auga que as cubra como da elevada humidade ambiental derivada das salpicaduras consustanciais a un río en réxime torrencial, ou simplemente da evaporación. Especialmente importante resulta este medio cando se consegue manter unha boa humidade ambiental no verán. Endemismos como Saxifrag lepismigena, propia das rochas ácidas rezumantes en cauces fluviais do noroeste, son significativas destes medios. Este terceiro nivel resulta especialmente afectado polas mimicentrais, pero é sistematicamente esquecido nas consideracións de impactos que as obras conlevan.

             Nos niveis 2 e 3 poden localizarse poboacións de diversas especies de fentos, algúns dos que teñen  refuxios en vales fluviais galegos de enorme exclusividade para Europa continental, pola  combinación de especies e a abundancia de individuos dalgunhas delas. Os casos de Culcita  macrocarpa, Trichomanes speciosum, Woodwardia radicans, Dryopteris guanchica ou Hymenophyllum wilsonii son suficientemente relevantes. Baixo esta perspectiva, toda a rede fluvial do triángulo territorial comprendido entre os ríos Eume e Sor debería contar cunha especial vixilancia.   

Isoetes longissimum         Woodwardia radicans. Estes e outros non se citan nos impactos ambientais.

             7. Vulneración de figuras legais de protección da natureza. 

             1.Destrucción irreversible polas presas, as canalizacións e as alteracións do réxime de fluxos de superficies de hábitats de conservación prioritaria dentro da Unión Europea (Directiva 92/43/CEE doConsello relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres). 

             2.Vulneración directa contra os principios que impulsaron os acordos de conservación da biodiversidade (Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, feito en Río de Janeiro o 5 de xuño de 1992) xa que se destruen zonas con alta diversidade ó presentar poboacións animais con máis do 30% de endemismos. 

             3.Vulneración da Directiva 92/43/CEE do Consello con relación ó deber dos estados membros de manter nun estado de conservación favorable unha rede coherente de lugares que alberguen ás especies autóctonas dentro da súa área de distribución natural. Estas áreas que se incluirán na Rede Natura 2000 e deben presentar os elementos físicos e biolóxicos esenciais para a vida e reproducción destas especies: Galemys pyrenaicus, Chioglossa lusitanica, Narcissus cyclamineus, Culcita macrocarpa, serían algunhas das especies sinaladas na Directiva que van ser afectadas directamente por estes proxectos. A rede de minicentrais propostas solápase cos hábitats naturais destas especies, e como se sinalou previamente, o impacto sobre a súas poboacións levaríaas a un aillamento en pequenos núcleos de poboación que a longo prazo podería levalos á extinción. 

             4.Algunhas actuacións condenarían os esforzos realizados con fondos da Unión Europea para a  recuperación de especies que como Petromyzon marinus e Salmo salar están en perigo de   desaparición das nosas augas. Veríanse afectados negativamente os seus hábitats e a posibilidade de recuperación das súas poboacións por algunhas das centrais que limitarían aínda máis a súa área dedistribución. 

             Ó non ter en conta estas consideracións supón a vulneración do espírito e de Dereito Comunitario, polo que se podería presentar ante Bruselas a denuncia da Xunta de Galicia por non aplica-las esixencias da Directiva 92/43/CEE do Consellorelativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Este é un aspecto especialmente grave nunha CCAA da que a administración destaca cada vez máis, dentro de España e de Europa, pola súa inoperancia e falta de vondade na protección dos valores naturais.

Fotografía de TURGALICIA ( SECRETARÍA XERAL PARA O TURISMO).


 

Nota do autor da www:

As negritas están postas polo autor da página www e non se corresponde as negritas do manifesto.

As imáxenes tamén son responsabilidade do autor da www.

Algúns dos mamíferos, anfibios, e demais seres vivos citados neste sensacional traballo da USC. podén verse fotografías na páxina www "A vida nos nosos ríos galegos" onde dende fai dous anos trato de demostrar, xustamente, o que tan ben está expresado neste traballo "QUE UNHA MINICENTRAL REMATA CON CENTOS DE MILES DE SERES VIVOS, E QUE EN GALICIA ESTÁN A DESFACER O MELLOR QUE TEMOS."

 

espa.gif (2151 bytes) Volver esp.                                                               Volver gal.                                             Un invertevrado, hai miles debaixo das pedras dun río sin minicentrais. Volver a diccionario Ríos galegos.