Os xoves: paseo.

Inauguro un apartado fotográfico que pretende lembrar hoxe (novembro do 2002), os nosos paseos obligados (acompañados polo noso tutor) as tardes do xoves, unha costume seguramente heredada dos tempos de D. Juan Bosco. Nestes paseos iban os internos e os externos. Todos lembramos estos paseos por Ourense.... Anos 1955-1956 e algún máis.

Os lugares de paseo: o Seminario, os campos de Reza, as orillas do río Barbaña, o pobo de Mende, as orillas do río Lonia, etc.

Sirvan estas fotografías para recuperar aquelas lembranzas, en particular, lémbrome de aqueles  partidos de futbol no  Seminario, aquelas lecturas de libros prohibidos a escondidas, libros de Bufalo Bill,  Zane Grey. Aqueles  coscorróns  por calquera cousa, aquelas investigacións coas ras, cós sapos e todo o que caía en algunhas mans de compañeiros. Algún que outro pitillo... De aqueles paseos naceron non poucas vocacións e moitas máis cousas.

Ver algunhas fotografías de aqueles lugares. Fotografías de hoxe. As outras están no noso corazón e  nas nosas lembranzas.

Un saúdo do voso compañeiro: Chicho.

LEMBRANZAS DOS XOVES.

    Volver a página principal.