LA REGIÓN (fai 25 anos).

Carteis de España. 13 de Xuño de 1966.

    Poucas veces o noso país estuvo tan preto dun acontecemento tan colosal tan conmovedor: O Val de Castrelo de Miño, a terra máis fértil, máis fecunda de Galicia, vaise anegar para sempre. Feito de tal envergadura moral e física ¿pode producirse sin un estudo aberto e profundo, sin unha discusión a fondo de toda a súa vibrante problemática?. ¿Sabe Galicia o que dixo o Enxeneiro, o economista, o sicólogo? E sobre todo: ¿Cáles son as razóns, xa que non os sentementos, das oito mil persoas que van romper coa terra que eles e os seus mairos crearon?. Con estas liñas propoñémonos chegar as conciencias de quenes están alleos ó problema e tamén de aqueles que ó subestiman. Non son -quede claro- as nosas palabras de defense dunha paisaxe, evidentemente privilixiado; son a defensa de varios miles de seres xa para sempre condeaos ó éxodo, á emigración, unha emigración que ata o de agora a feracidade das súas terras impedira. Tampouco pretendemos, nin siquera no nome destes homes e mulleres, decir non, a secas á empresa que devora o bocado máis productivo e fermoso do noso país. Previamente sabemos que se nos obxetará con dous argumentos mil veces esgrimidos: o da necesidade, e o do ben común.

   Pois ben: é aquí, xustamente aquí, onde está o comenzo da cuestión.

   ¿É totalmente necesario destrui-la beleza natural tan soberbia, os opulentos viñedos do val, nas vésperas da obtención da enerxía eléctrica por outros procedementos?. E en canto o ben común ¿Identificamos sempre o ben común con FENOSA? . Por todo elo estimamos que unha información pública sobre un gran feito, que dun modo ou outro afectanos a todos, é inaludible e inaplazable.

   Asinan: Carlos Alonso del Real, Enrique Vidal Abascal, Jesús Alonso Montero, X.L. Mendez Ferrín, Carlos Otero Pardo, Luis Cochón Touriño, Federico Ordax Avecilla y Santiago Lamas Crego.

*(Escrito publicado o 13 de xuño de 1991, na Región, como 25 anos atrás).

salir.jpg (922 bytes) Volver .