¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

 

Esta frase de Joaquín Araujo é unha verdade moi grande, demasiado grande. Nos pobos de Galicia, hoxe, en setembro de 2014, moitos teñen problemas de auga. Os lugares de onde se saca a auga, os regatos e os ríos comenzan a ter problemas moi serios, de contaminación, de excesos de puríns,  de putrefación, de eutrofización. A xente, por exemplo no sur de Lugo pola zona do Incio, Bóveda. Rubían, preto de Monforte, empeza a ter unha mala calidade da auga e busca pozos, cada vez máis profundos; é o gran negocio hoxe, facer pozos...a calidade da auga vai a menos...Non coidamos os ríos, están feitos unhas pocilgas, por exemplo o río Cabe, o río Mao e a maioría dos ríos da provincia de Ourense.

As imaxes que siguen aparecen nos diarios de Galicia todos os días.

Unha vergoña, que non sepamos coidar os nosos ríos, e polo tanto que o noso futuro sexa bastante negro en canto a auga...

 

 

O 2013 foi un mal ano, pero o 2014, a pesares de que o tempo metereolóxico foi mellor para os ríos, non se distingue moito, eu penso que inda foi peor... Esto non ten remedio...

Basta abrir calquera diario local de Galicia,  para darse conta que os nosos ríos foron envelenados dalgunha forma entre os anos 2013 e 2014: o río Miño todos os días, fai anos que non se depura en Ourense, están a facer nova depuradora, tardarán anos e o río vai fatal,  o río Barbaña unha media de catro veces o ano vai impresentable, o río Sil defenestrado en toda a súa conca en Ourense, igual que o río Bibei, o río Támega ultimamente xa vai de cor chocolate día sí e día tamén, ademais con un agravante leva cantidade de metais no seu leito, según a A. ecoloxista "Salvemos O Támega" leva arsénico,aluminio, ferro, sulfatos, antimonio,plomo e aceites , vamos que vai envelenado (datos La Región 13/11/2014) , con afluentes como o río Cabras defenestrado, o río Limia xa non é río é unha pocilga, o río Arnoia moi mal, atura de todo,  inda por riba envelenado fai pouco en Allariz, do río Avia mellor non falar,  o río Marañao e o río Arenteiro fatal, está a Condederación Hidrográfica rehabilitando 5 kms. no Carballiño, estaba e está de pena,    e un longo etc.

¡¡Un desastre!!!. A provincia de Ourense xa non ten ríos sin contaminar, salvo na parte oriental da provincia, na Veiga, que ten o río Xares (que xa non é o que era, xa vexo cousas raras...).

Seguimos nas mismas cós nosos ríos no ano 2014, día sí e día tamén unha desfeita...

Noutras provincias exactamente igual: famosos os vertidos e morte de troitas do río Cabe en Monforte, que por certo no hai culpables (este é un país bananero) do río  Asneiro e o río Deza en Lalín, do Asma en Chantada, do Tea en Mondariz,  do río Lérez que se vestiu de blanco non fai moito, o río Umia con novos vertidos, o río Gafos en Pontevedra que non se recupera, vertidos pestilentes no río Lagares en Vigo, por citar algunhas desfeitas deste ano 2014...

 

--------------------------------

Os nosos ríos están totalmente abandonados a súa sorte.

Soio se intentan coidar os coutos de pesca, pero de forma totalmente incontrolada en canto a presupuestos que non son empleados de forma axeitada e controlada. Vexo o longo dos coutos de Galicia, un facer, que en moitos casos é unha vergoña entre amiguetes, con excelentes cuchipandas pero nada máis... Non limpian nin accesos, nin posturas, non controlan nin denuncian o furtivismo, nin nada parecido...

A verdade que boto de menos os antigos Gardaríos, que polo menos vixiaban o couto e limpaban axeitadamente e non se casaban con ninguén, salvo pequenas excepcións...

Habería que investigar euro a euro o que se fai con estos cartos.

---------------------------------------

Inda peor, agora resulta que a morte de peixes non é delito.

O mismo día traía esta fotografía:

O río Tamega todo o ano deste xeito coas obras do "ave". Ninguén é responsable...

A empresa e o Estado que está detrás,  poñen por diante "o progreso" famoso, e os pobos que se ven afectados poñen as mans na cabeza e reclaman inversións por esta desfeita (Laza 17/09/2914). "Salvemos o Támega" un grupo de loita da zona, piden que o río Támega volva a ser río, están desesperados e non é para menos...

Hai pobos que se ven perdidos con estas desfeitas e que xa piden que lles den cartos para facer cousas, o río é importante pero non ó máis importante, como pasa co AVE que está a desfacer os ríos de Monterrey e bisbarra na provincia de Ourense, no ano 2014...

A xente xa da por feito que as desfeitas dos ríos forman parte do precio que hai que pagar polo "progreso", ¿qué progreso?...perdemos o norte...

Un pobo que non é capaz de coidar o seu patrimonio máis importante, os ríos,  está condenado o fracaso...

-----------------------------------------

Por uns ríos limpos, con vida de todo tipo, con xente culta e educada que sepa velo e respetalo, con políticos e outros responsables que non miren só o seu bolsillo e xente que non  xustifiquen ou den a calada a calquera falcatruada, en fin pola natureza galega...

Non digo que río é o da fotografía,  non sexa que se enteren algúns e nin este quede en pé...

--------------------------------------------------------------------------------------------

 

Outra batalla dentro da provincia de Ourense:

O caso do río Limia.

A Lagoa de Antela nos anos corenta do século pasado. Un lugar único. Tiña 42 km2 (máis ou menos 7 km. x 6 km.) con profundidades entre 0.5 m e 2 m.

Máis ou menos esto do Carrabouxo...

 

Todos sabemos varias cousas sobre o río Limia:

Despois de sufrir a Lagoa de Antela o maior desastre ecoloxico de España no século XX, que fixo un canal dunha lagoa marabillosa de 42 km2 e que hoxe sería un Parque Natural en vez dunha terra de producción con moitos inconvintes, o que se chama unha mala terra... Un desastre pra Limia.

A maiores e debido o nulo cuidado destas terras, as barbaridades que se fixeron cós regatos que iban o Limia, a nula depuración das augas de todas as industrias e un longo etc. o río Limia nos últimos trinta anos deu en ser:

 

.- Dos máis contaminados de Galicia, o río Limia xa era dun cheiro incrible fai trinta anos.

 

.-O encoro das Conchas está eutrofizado, ano sí e ano tamén... Toda a merda da Limia vai o canle da Lagoa e logo o río. Todo chega o encoro.

 

.-A morte e desaparición do famoso peixe das Conchas e tamén das troitas en mans das carpas.

 

.-Non se depura en absoluto, a pesares de gastar cantidade de cartos  en depuradoras cós cartos de Europa. Outro roubo...

 

O final están a tomar medidas que dende logo merecen un seguimento, por quen lle interese, a mín estos anuncios danme noso, xa que levo comprobando, nos últimos 15 anos que son un auténtico engano. Sin pés nin cabeza e todo o mundo a chupar.

 

Claro que estos poden ser os definitivos.

 

Estos son os proxectos:

-------------------------------------------------------------------------------

 

A eutrofización das Conchas é un feito claro que se vai producindo según os anos, este 2014 foi máis suave, pero volverá pasar.

1ª solución (octubro de 2013):

Agora parece que teñen unha solución que se somete a información pública.

Costará un millón de euros.

A eutrofización do encoro das Conchas non se resolve tirando estos cartos sin acometer un plan integral de depuración de todos os municipios de verten basura, augas fecais, puríns e elementos de todo tipo o río Limia.

Seino xa que é a misma desfeita que en Caldas de Reis, tema que coñezo a fondo, e que non dan solucionado. Ver o link do encoro do Umia do que son autor curiosamente...

O dito.

Volverá pasar pero esta vez tirando pola borda nada menos que 1.114.631 € inicialmente. Diñeiro do fondo europeo. Vamos,  de todos os galegos...

Persoalmente síntome roubado e mal gobernado.

Este é o plan

Este é o link do encoro do Umia onde hai o mismo problema de eutrofización e non se da atallado con nada...

Castro, Baltar, Pérez, Marín, Juárez -de espaldas- y Martínez en el Concello de Xinzo. (Foto: MARCOS ATRIO)

 

Ollo: o día 29 de outubro de 2013 anuncian 837.347 € para limpar as beiras do río Limia, cortas as especies invasoras e pouco máis.

Habera que facer un seguimento de estas cousas. O río Limia seica estará listo dentro dun ano.

Costa creelo...

El presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, Francisco Marín, y el alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, firmaron ayer el convenio de colaboración, en un acto celebrado en el Concello de Xinzo, y que contó con la presencia del delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez; el subdelegado del Gobierno en Ourense, Roberto Castro; el presidente de la Diputación Provincial, Jose Manuel Baltar, y el delegado territorial de la Xunta, Rogelio Martínez, entre otras autoridades. 

Los trabajos de restauración y mejora de las condiciones hidráulicas del cauce del río Limia consistirán en la limpieza y desbroce selectivo de la vegetación de ribera, eliminando las especies con un mal estado fitosanitario así como las especies invasoras. Por otra parte, se llevarán a cabo labores de restauración de márgenes y de taludes debilitados, empleando para ello técnicas de bio-ingeniería y revegetación.

Teniendo en cuenta que la zona de actuación comprende desde la pasarela peatonal de acceso a las piscinas municipales hasta el puente de la pista de O Bouzo, el proyecto contempla la construcción de una nueva pasarela peatonal, de metal -de 2,50 metros de ancho y 45 metros de longitud-, ya que la existente se encuentra en muy mal estado y supone un riesgo importante para los viandantes.

Se realizarán, además, actuaciones de ampliación del puente de O Bouzo, con una sección final de calzada de seis metros que permita el paso simultáneo de dos vehículos, así como dos aceras peatonales laterales de 1,25 metros de ancho, lo que supone una mejora importante de la seguridad vial. También hay obras de mejora en el entorno de la depuradora municipal, y en la zona de O Mato.

El plazo de ejecución de las obras es de 12 meses.

Ver este link coa noticia.

-------------------------------------------------------------------

Polo medio había tamén esta outra salvación para os ríos:

 

 

Cinco millóns de euros para frenar os vertidos os ríos. Así dice a noticia e vou deixar constancia dela como algo positivo.

Trátase de frenar os vertidos dos ríos: Barbaña e Lonia que pasan por Ourense cidade.

Sabemos en Ourense que o río Barbaña e o río Lonia son dúas pocilgas. Por certo do río Lonia as súas augas debían usarse para beber en Ourense, digo debían, hoxe son veleno auténtico...

O caso é que o Barbaña inda hoxe 23 de outubro presentaba unha contaminación por espuma, que movilizou a Confederación Hidrográfica e o río Lonia en Cachamuiña iba eutrofizado estos días. Este extremo é lóxico xa que a ese río botan "merda" todos,  dende a Cárcel do Pereiro ata o mismo polígono do Pereiro,  que agora me entero que ten depuradora pero aparte de non funcionar hai moitos núcleos do polígono non conectados...país...

O demais xa se poden imaxinar.

Por certo según este proxecto inda tardará 18 meses en porse en funcionamento. Vamos,  ano e medio máis contaminando... E van corenta anos...

No polígono de San Cibrao gastarase 3,5 millóns para tratar a auga antes de llegar a depuradora actual e no caso do Pereiro 1,5 millóns para canalizar todos os vertidos que  non estaban conectados a rede.

Paga o estado e a Xunta de Galicia e na foto están todos para saír nela  e presentando  as cousas como si xa estuveran feitas...

E os ríos a recibir merda.

Ver este link coa noticia.

Farei un seguimento de este proxecto,  que na miña opinión é básico.

A plana maior que resolverá o problema das cianobacterias no encoro das Conchas.

 

 Pagará Europa ó tratar de correxir as cianobacterias que se producen no encoro das Conchas.  1.144.000 de euros para resolver o problema. Actuarán sobre dúas praias e pouco máis.

A mín lémbrame o tema do Umia e do encoro de Baxe que non está  resolto.

Como non actuen na conca do río Limia non resolverán o problema.

O peor é que pagamos todos...

O tempo. Este é o link que falaba da noticia.

 

--------------------------------------------------------------

Agora en setembro de 2014 anuncian esta marabilla:

Unha Lagoa artificial para parar os purins dos porcos e outras explotacións ganadeiras, que verten o río Limia...

 

O chamado "Life Regenera Limia". O nome é incrible. Espero a ver os resultados...

Non o creen nin eles...

Dous millóns de euros para 26 actuacións, incrible o que van facer na Limia

 

  • El proyecto ha sido aprobado por la Comisión Europea en abril y tiene como principal objetivo hacer compatible la actividad ganadera con el buen estado de las masas de agua de la comarca.
  • Mediante el documento de acuerdo los socios se comprometen a acometer las actuaciones preventivas y de regeneración definidas en el proyecto.
  
 

El Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a través de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), ha formalizado en A Limia (Ourense) el Protocolo de Acuerdo del proyecto “LIFE Regenera Limia”, que fue aprobado por la Comisión Europea el pasado mes de abril de entre casi 1.500 candidaturas.

El protocolo ha sido firmado por el presidente de la CHMS, Francisco Marín; la directora general de Conservación de la Naturaleza de la Xunta de Galicia, Verónica Tellado; el presidente de la Diputación de Ourense, Manuel Baltar; y los representantes de las empresas Coren, Ecolagunas y Gas Natural, Emilio Rial, Manuel Arturo Fernández y Manuel Menéndez, respectivamente.

También han estado presentes el delegado territorial de la Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; y los alcaldes de los Ayuntamientos de Xinzo, Bande, Vilar de Barrio, Porqueira, Sandiás, Lobeira, Sarreaus, Xunqueira de Ambía, Trasmirás, Vilar de Santos y Muiños, entre otras autoridades.

Los firmantes del acuerdo se comprometen a adoptar las medidas necesarias para lograr el objetivo de reducir los nutrientes de origen ganadero en las masas de agua de la comarca de A Limia, utilizando para ello técnicas innovadoras que contribuyan a cumplir los objetivos medioambientales que establece la Directiva Marco del Agua y la normativa de transposición a la legislación española.

El proyecto está coordinado por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, y participan como beneficiaros asociados la Xunta de Galicia –a través de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras–, la Diputación Provincial de Ourense y las empresas Coren y Eco-Lagunas, mientras que la empresa Gas Natural participa como cofinanciador.

Proyecto Life "Regenera Limia"

Este proyecto, a desarrollar en tres años, contempla una inversión para la comarca de A Limia que supera los 2 millones de euros.

Dentro del programa de trabajo están incluidas 26 acciones, entre las que destaca el desarrollo de soluciones alternativas para la gestión de los residuos ganaderos con el ánimo de reducir su impacto en el medio ambiente como, por ejemplo, los humedales artificiales intensivos de macrófitos. En concreto, se apuesta por la creación de un sistema de lagunaje artificial como proyecto piloto de tratamiento de purines de porcino por medio de métodos naturales de depuración.

“A partir de hoy damos los primeros pasos que demostrarán que los filtros verdes, esta técnica innovadora de muy bajo consumo energético, es una buena solución para el sector ganadero, importante fuente de empleo y riqueza en la comarca”, ha explicado Francisco Marín, presidente del Organismo de cuenca.

Está prevista la reconversión de las antiguas explotaciones mineras de extracción de arena en el Canal de Antena en un sistema lagunar de charcas que potencien la capacidad de depuración natural del curso fluvial y que contribuya a la recuperación de espacios húmedos en  la ZEPA de A Limia.

También se llevará a cabo la recuperación ambiental de los cauces fluviales modificados y la regeneración y reconexión de sistemas lagunares para reducir la presencia de nutrientes en el agua y la eutrofización, a la vez que se recuperarán los ecosistemas locales de especial trascendencia en espacios incluidos en la Red Natura 2000.

En cuanto a la difusión y concienciación social, se mejorará la información sobre todo entre el colectivo de ganaderos y otros profesionales del sector a través de un plan de sensibilización y educación ambiental para el fomento de las medidas preventivas de la contaminación de las aguas. 

“Una vez superada esta fase demostrativa estoy convencido que, entre todos, habremos iniciado el camino correcto de cara a conseguir que en la futura revisión de los Planes Hidrológicos, prevista para el 2021, esta masa de agua cumpla con los objetivos medioambientales y pueda alcanzar la catalogación de buen estado”, ha concluido Marín.

Texto sacado deste link.

Confio pouco o nada nesta xente. Levo cuarenta anos oindo falar da depuración das augas da Limia, gastando cartos e cartos e sin ningún resultado positivo; e máis cada vez peor...

Lembro a depuradora de Xinzo e outras depuradoras da zona, que non funcionaron nunca...

¡Dame pena que estemos tan mal gobernados!

Miraremos o río Limia dentro de tres anos...

Gustaríame que por una vez acertaran...

 

Mentras tanto o río Limia é unha cloaca.

 

 

Embalse das Conchas fotografía de 2012.

-------------------------------------------------------------------------------------------

 

O caso das depuradoras-"chourizos" na provincia de Ourense

Un fraude máis. Demostrado.

Introdución 2013

 

Esta é unha das depuradoras instaladas. Como esta dos Peares foron 107.

 

     Agora resulta que se defraudou a comunidade europea máis de 10 millóns de euros en depuradoras, eso é o informe que presentou OLAF (Europea da loita contra o fraude) en contra da Diputación de Ourense. Por certo depuradoras que non funcionan a maioría. O parecer o coste enerxético ( seica entre 8.000 € e 12.000 o ano,  máis por suposto o mantemento en caso de avería) é moi elevado e os concellos non ven maneira de pagalo... Ver este link da Región.

En principio choca que en Galicia non se detecten estos fraudes e outros moitos...

Por suposto a actual Diputación de Ourense dice que as cousas non son así que funcionan casi todas, concretamente 99 e en todo caso eso xa foi, anos 2003-2004.

Que ten que ver esto cós ríos?. Eu penso que todo,  si as depuradoras non funcionan dedúcese directamente que a merda toda vai os regatos e ríos, ó demais está claro...

Esto de Ourense é incrible. Que conste que eu xa sabía desta desfeita, vas pola provincia e observas as depuradoras sin funcionar e toda a merda os regatos e os ríos, incluso en algúns pobos está á vista e polo medio do pobo.

Ver este artigo de Cristina Huete sobre estas 107 depuradoras que actualmente non funcionan a maioría. Estaban diseñadas para poblacións entre 250 e 500 habitantes pero repito hoxe non funcionan e as augas fecais van tal cual, moitas delas o río Limia por poñer un exemplo. Ver o link.

Por certo as depuradoras son STP, cun principio basado na depuración biolóxica mediante aireación prolongada con recirculación de lodos activados. Ver si vos interesa este link co funcionamento e as características. Seica son efectivas en pobos pequenos. Estas depuradoradores estaban diseñadas para funcionar en barcos de Noruega, así como soa,  e logo foron adaptadas a este fin. O cal non quero dicir que non sexan efectivas...

Cando se presentaron todo eran ventaxas:

O de que Ourense recupera a conca do río Miño da unha mostra de como se presentan estas cousas cara o gran público. A min dame noxo cando leo estas noticias. Parécenme propias de "trileiros" e "ladróns".

Dicir que os ríos MIño, Támega e Limia son hoxe, setembro de 2013 os máis contaminados da provincia.

Dende logo os alcaldes de moitos concellos cuestionan estas depuradoras polo gasto que supoñen. Tamén pola precipitación ca que están montadas, non distinguindo augas pluviais das augas a depurar e outras cousas. Ver este link.

En que quedará todo este lío...vaia vostede a saber seguramente en nada...Os paganos somos vostede e máis eu e por suposto os nosos ríos que non aguantan estas desfeitas e así van hoxe. algúns eutrofizados, por exemplo o río Limia e tamén o río Arnoia ( en Pontegrande vai verde...). O río Támega hoxe está medio morto igual que o Limia.

 

Nota: a empresa que instalou as depuradoras por suposto dice que son rentables que teñen moitas ventaxas e que gastan pouco. Falan de que tratan os lodos, de que non hai que transportalos e de que gastan pouco máis de 1.000€ o mes. Todo son ventaxas. Además seica funcionan 99 das 107 depuradoras instaladas. Incluso en algunhas delas seica poñen ata placas solares que manteñen o gasto en electricidade moi baixo?.  Máis trileiros.

O caso certo é que seguramente funcionen todas ou casi todas pero pouco, eu as que teño visto estaban casi todas paradas. Fun a mala hora estarían dormindo...

 

Datos do 2014. O desenlace da chourizada. ¡Que país!.

 

Que como vai rematar esto?.

O feito real é que a Diputación de Ourense é culpable xa que de momento pide unha rebaixa do roubo, seica Hacienda está disposta a rebaixar de 10 millóns de euros a 5 millóns de euros. Logo fálase de que xa veremos si non se paga nada.?.

Ollo non se paga nada vostede e máis eu. No meu caso doble xa que miro os ríos e as depuradoras e penso que o fraude, a chourizada, inda é peor...

Non entendo nada...o final vai ser un éxito "o rebaixar a chourizada"...

¡Incrible!. O que se ve neste tempo, con moitos políticos, resulta demencial. Primeiro faixe un uso fraudulento dos cartos de todos, e digo todos os galegos, logo  hai unha sanción de x, neste caso 10 millóns de euros. É a continuación preséntase como éxito o ter que devolver x/2 ou sexa 5 millóns.

¡Alucinante!. Por non decir outra cousa...

Esta noticia pode verse neste link.

Posteriormente veñen as críticas, lóxicamente,  ver este  link.

 

Repito, o peor desto é que vamos a pagar doble por algo que non resolve os problemas do medio ambiente.

¡Doble roubo!.

 

-----------------------------------------------------

Durante o ano 2014 e o que vai do 2015.

El AVE y su llegada a Galicia está a producir auténticos desastres en los ríos del Oriente de Ourense: río Támega y afluentes. También en la cabecera del río Arnoia. Ver estos lins: links 1  , links 2 , links 3  entre otros.

Os ríos vai de todo: plomo, arsénico, etc. Aparte moita terra mewzclada que acaba con toda a fauna dos ríos.

 

Salir a Ourense N.                                                                    Saír a Ourense