¡INDIGNÁDEVOS  XA

Ano 2017 

!A  POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS é para ¡chorar!.

Comentario:

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

 

Estos anos atrás puña algunhas desfeitas dos ríos galegos.

Estou canso de tanto despropósito. Neste ano non penso denunciar máis...non daba  feito, día si e día tamén hai auténticas desfeitas de ríos...

!Esto é un desastre!.

A Xunta de Galicia non fai nada polos ríos galegos. Xa fai moitos anos, dende o  político Xosé Manuel Barreiro, que foi Conselleiro de Medio Ambiente?,  ata hoxe, nada de nada...mentiras, mentiras e feitos para a galería e a prensa...

Os ríos cada vez peor.

Non tendes máis que ver este video para saber como estaba Galicia fai dous anos, hoxe a cousa está moito peor.

Galicia: Adiós Ríos, informe. ¿que vergoña!

¡Os río galegos fai tempo que están na UVI!

A Confederación Hidrográfica e grupos que defendian os ríos están presentando unha Galicia en canto a augas que non existe. Todo mentira. Teñen que xustificar a súa labor nefasta e cobrar a fin de mes. Incluídos grupos ecoloxistas dos que sinto vergoña.

Todos afirman que o 85% dos ríos galegos están sanos cando a realidade é que non chega a 1% e para eso soio cabeceiras de ríos de montaña.

Salvo cabeceiras de ríos de montaña, non hai en Galicia un río san. Todos, dalgún xeito están contaminados... Sabémolo todos os que frecuentamos os ríos, cada vez menos vida e máis engano.

Un pequeno repaso e ríos ourensán:

RÍO MIÑO: valores de análisis feito pola Universidade, responsable Luis Alfonso Rguez, deu valores de plomo, arsénico, cobre e mercurio moi por encima do legal permitido. Todo esto en Ourense, precisamente de onde tomamos a auga que bebemos.

Hoxe teño noticia de que está moito peor.

Por debaixo da actual de depuradora, vai ó río toda a merda, con perdón, de Ourense. Ourense no 2017 sigue sen depurar. O malo é que poucos kms. abaixo do río Miño collen auga para beber nunha amplia zona do Ribeiro. Bueno...con cloro e outras cousas fanxe marabillas...

Mal, moi mal está hoxe o río Miño en Ourense. A partires do Pozo de Maimón, por debaixo de Ourense,  é unha alcantarilla.

Neste 2017 xa levamos denunciados vertidos de todo tipo, o último hoxe 07/05/2017 nos Peares con peixes mortos.

Por suposto o río Miño en Ourense bota toda a merda os ríos Loña e Barbaña. Dous emblemas de contaminación galopante...

 

RÍO SIL : defenestrado actualmente polas pizarreiras  e por suposto pola nula depuración da zona. Fai anos impresentable, incluidos ríos como o Bibei  e afluentes e o río Mao. Pódese salvar o río Navea, pero últimamente desfeito polos incendios...

Impresentable. Recoñecido así pola Confederación H.

O río Sil está dominado polas Hidroeléctricas e xa non é un río. Fan o que lles da a gana. Son os donos. Neste caso río Sil seco por debaixo de San Estebo. ¡Que máis da!

 

RIO LIMIA : impresentable intentan salvalo primeiro con 1 millón de euros e logo co plan Life Regenera Limia e 2 millóns máis. Seica no 2021 estará marabilloso. Alguén con autoridade, non político por suposto,  tería que facer un seguimento destos cartos, o río Limia xa levou moitos millóns e cada vez peor. Creo que moita xente, neste río, non está a facer o que debera, os resultados cada vez son peores.

Impresentable. Recoñecido pola Confederación Hidrográfica

O encoro das Conchas e polo tanto o río Limia están defenestrados. A pouco que veña un ano normal, o encoro quedará eutrofizado. Millóns seica invirten neste tema, pero mentras non depueren as augas e non controlen os purines non hai nada que facer.

 

Río TAMEGA : impresentable dende fai máis de vinte anos, últimamente cós vertidos do AVE  para o arrastre. Irrecuperable.

Irrecuperable.

Río Támega. !Todo menos un río!

 

RÍO ARNOIA : prácticamente contaminado os vertidos do AVE están a pasarlle a misma factura que ó río TAMEGA. Arsénico, e plomo dabondo. Tamén puríns a tope nos dous últimos anos. A cantidade de auga está a salvar este río, quero decir o caudal, pero ollo que cada vez leva menos...

Moi afectado polo anterior. Un río que se está a perder totalmente.

O río Arnoia está bastante contaminado: obras do Ave, pouca depuración, puríns, minicentrais e máis cousas fan que este río esté hoxe na UVI e con poucas posibilidades de saír ...

 

RÍO AVIA : E AFLUENTES VIÑAO E ARENTEIRO defenestrado pòr purins, depuración nula xa dende fai moitos anos.

Moi afectado os tres ríos, quizais o mellor o río Viñao pero moi mal últimamente. O río Arenteiro todos os anos ten problemas con moitos peixes mortos... Do río Avia é mellor non falar.

O río Avia xa fai anos que baixa contaminado, as depuradoreas da zona funcional mal ou non existen.

 

Mal estos ríos.

 

 

Incluso hai ríos que sempre dixen que eran marabillosos, como o río Xares, por poñer un exemplo, e que o  ano 2015-2016 sei que ten problemas de troitas...algo pasa na provincia de Ourense.

 

Pequenos ríos-pocilga hai moitos,  por exemplo: Barbaña, Loña, Griñal, Maquiáns e os seus afluentes e outros moitos...

Río Barbaña o día 10 de maio de 2017. Sempre así...contaminado.

Augas Galicia presume do que se está a facer neste río...

Fai uns anos están a facer non sei qué...e Augas Galicia decía que volvería a ter salmóns...

 

A Morte  de peixes e troitas e masiva en moitos ríos da provincia. Por exemplo a zona de Carballeda de Avia, cun milleiro de ríos... e grandes rutas, pois ben os ríos non teñen vida. Por onde camiñes pregunta os paisanos...os ríos están a morrer (maio de 2017). O malo é que en Galicia os ríos están a morrer...

E os nosos gobernantes non fan nada...

Por certo no resto de Galicia pasa parecido

Négome a poñer fotografías este ano 2017 de desfeitas dos nosos ríos...

¡Son todos os días e faime dano!

Estamos rematando cós ríos galegos e non vexo xente comptente que poda facer algo...

 salir a Ourense Natural                  Saír a Ourense natural