O PELIGRO DO ENCORO DE CALDAS DE REIS.

                             

As dúas fotografías son do día 14 de decembro de 2012. Encoro de Baxe aberto,  xa que estaba cheo,  e Caldas de Reis a punto de inundarse. E eso que non choveu moito...

Calquera día, Caldas de Reis terá unha inundación moi grande e todo por culpa do Encoro de Baxe que se fixo únicamente para producir electricidade e que foi e sigue a ser no 2012 un engaño total.

Quen serán os responsables si algo desto ocurre?. Eu sempre o tuven claro.

 

O peligro do encoro de Caldas. Evidencia Matemática (2001)
Cada vez que chove problemas en Caldas de Reis.
  Que pode pasar cunha chuvia de máis de 80 l/m2 unhas cantas horas?
 Cada vez que chove, dice o PP: o encoro salva a situación... Seguro?

No 2014 volven as inundacións en Caldas e a Xunta veña a decir que o encoro salva a situación, efectivamente, pero siguen sin entender o problema. Estos días o encoro estaba no 53%, e efectivamente nesa porcentaxe actua de contención. A pesar de eso houbo pequenas inundacións...

Pero estos expertos da Xunta non saben ou ó queren ignorar o que vai pasar cando nunha destas o encoro esté cheo e teñan que abrir as comportas. Será un desastre, e veremos que dicen entón...

 

Inundacións en Caldas de Reis en xaneiro de 2014 co encoro o 53%. Que pasará cando esté o 100% o similar? Non quero nin pensalo...

O encoro de Caldas é unha mala solución para Caldas de Reis e mais valera que estuvera ceibe e que a auga correra libre...

O tempo Srs. da Xunta.

Ver a evidencia matemática.

Así soltaba auga o día 8 de xaneiro do 2014. Fotografía do Correo Gallego.

Este fin de semán do 17-19 de xaneiro están previstas choivas como moito sobre 15 l/m2 en todo o día, menos mal...

 

Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O PELIGRO DEMOSTRADO DO ENCORO DE CALDAS.

 

Encoro do Umia, 08-02-2001.

 

Daquelas eu decía: Sr. Fraga entérese:

"O encoro non resolverá o problema das enchentas de Caldas, o contrario estas serán moito peores en algúns casos, sempre que o ilegal  encoro de Caldas se poña en marcha" .

 É cuestión matemática Sr. Fraga.

Por suposto o Sr. Fraga nin caso, cando se metía unha cousa na cabeza, esa cousa iba para adiante e punto...

Caera quen caera...

 

Coincidindo coas recentes enchentes, eran abril do ano 2001,  en Caldas de Reis, Fraga declarou que o encoro de Caldas é preciso para acabar dunha vez co espectáculo das lanchas polas rúas de Caldas. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) respondeu a estas declaracións pedindo "máis humildade cando se fala destas forzas da natureza, a menos que o Sr. Presidente se sinta investido de poderes sobrenaturais como para controlar este tipo de fenómenos atmosféricos" e achegando datos que mostran a falta de idoneidade do encoro promovido por Augas de Galicia para evitar inundacións na vila de Caldas. O encoro do Umia semella máis un risco para Caldas que unha protección. 

"Cómpre botar contas: anoten os datos e comproben as operacións.

Estos cálculos son correctos hoxe,  en decembro de 2012.

Demostrarei que: cunha hipótesis de choiva  de por exemplo 80 l/m2 ó longo  aproximadamente dun día o encoro de Caldas pasa de 6,28 Hm3 a 15,36 Hm3,  é dicir,  máis do doble. Para temblar. 



-Cunca vertente ao encoro de Caldas: 192 km2 (Declaración de Impacto Ambiental publicada no BOE do 21 de Xuño do 1.996)


-Intensidade das precipitacións, abril do 2001: 80 l/m2 en Pontevedra; 72 l/m2 no Carballiño; 46 l/m2 en Santiago. Por seguridade, para os cálculos convén tomar o dato máis desfavorábel dos tres.


-Capacidade do encoro: 6,28 hm3 = 6.280.000. m3 = 6.280.000.000 litros.
-Cálculo da precipitación total na cunca vertente no encoro: 192 km2 x 1.000.000 m2 x 80 l/m2 = 15.360.000.000 litros = 15,36 hm3. 

"En resumo, moito máis do dobre da capacidade do encoro. E aínda que supuxéramos que parte da auga caída fica retida no solo (cantidade que despois de estar empapado o terreo ten que ser ben pouco significativa), ou que non choveu con igual intensidade en toda a bacia, os cálculos demostran que o encoro quedaria ben pronto (en menos de 1 dia) rebasado na sua capacidade, o que, en lugar de aliviar, viría a agravar moi perigosamente a situación, pois haberia que abrir comportas para vaciar en lugar de cerralas para reter.

E todo iso, a apenas 3 km rio arriba da vila de Caldas. ¿E que supoñer se en lugar de 80 l/m2 fosen 100 l/m2?".

Do encoro de Baxe  a Caldas de Reis hai 3 kms, as augas chegan con moita rapidez.

O día 14/12/2012 choveo na zona 70,6 l/m2 en 24 horas. Pois ben,  nesas horas o encoro de Baxe duplica a capacidade, que pasaría si son 80 l/m2 que foi o que choveo en Pontevedra nun día no 2001 pois que casi triplica (de 6,28 a 15,36 hm3.

PARA TEMBLAR.


"¿Imaxinan que pode  pasar con tais intensidades de precipitación? ¿A quen haberia que pedir responsabilidades no caso dunha segura catástrofe provocada polo encoro? ¿Aos promotores? Anoten os seus nomes por se acaso!"

En determinadas situacións, os encoros poden agravar as enchentes en lugar de evitalas. ADEGA lembra o acontecido en Noia en 1987, cando estivo a piques de ser desaloxada "por temor a que o nivel da auga pasase (a pesar de ter todas as comportas abertas) por riba da presa do Tambre co conseguinte perigo de ruptura".

 

A solución está clara:

Deixar o encoro de Baxe ceibe e desmantelalo.



 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BNG ALERTA DO PELIGRO DO ENCORO.

Efectivamente o encoro calquera día vai producir unha auténtica desgracia. Ver o punto 1 deste traballo.

Ver este link onde o BNG alerta destes problemas coas inundacións do día 14/12/2012.

O encoro do Umia é un auténtico peligro para Caldas de Reis, según o BNG.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    Que vai decir a xunta actual desta desfeita?.

Que vai decir a Xunta de Galicia, gobernada polo PP en decembro de 2012, e cun conselleiro o Sr. Hernández directamente implicado na construción deste encoro.

Xustificar o erro decindo que "gracias o encoro  Caldas de Reis  non queda debaixo do río Umia,  cada vez que chove forte o Encoro salva esa situación."

Este Sr. e os que xa nos deixaron como Fraga e Cuiñas, tamén algúns que inda viven como o Alcalde Tobío e outros (que se pasearon en lancha con Cuiñas...) son os auténticos responsables de que este encoro esté en pe, soio para producir electricidade para a empresa Hidroeléctricas Cortizo. O demais o da auga para beber, un desastre, xa que non pasa un verán que non esté envelenada e ademais sin solucións nun futuro inmediado.... O das inundacións calquera día haberá un disgusto por non deixar correr ceibe a auga do Umia.

Está claro quens serán os responsables.

Haberá que meter xente na cárcere, si algún día temos unha desgracia, xa que tendo a solución doada, simplemente abrir o encoro para sempre, non a fixeron.

Matarían dous paxaros dun tiro o da auga envelenada nos veráns e o das enchentas con resultados impredecibles calquera día.

E inda viven algúns responsables...

 Cada vez que chove veña a decir pola Xunta do PP que o encoro salva a situación.

Así estaba Caldas de Reis o 14/12/2012 e soio choveu 50 l/m2. Ten previsto o Sr. Hernández unha chuvia na zona de  80 l/m2, o máis, en bastante tempo,  que pasará nese caso co encoro de Caldas. É con Caldas de Reis? Ver o primeiro punto.

Inundacións en Caldas de Reis 14/12/2012.

Volver.