¡ Basta Xa de agresións a Natureza.!.

  ......

  

......   ......
.Fervenza do Toxa Fervenza no Río Umia. Río Miño. Frieira. Fervenza de Melón
Encoro do Umia NON Basta Xa Por un Lerez vivo. Encoro do Umia non
Río Miño. Frieira Fervenza do Toxa Fervenza do Toxa Fervenza do Barbantiño
Por uns ríos vivos. 24 encoros non Por un Lerez vivo Ríos vivos sí.

¡¡BASTA XA!!        

      Basta xa de tanta barbarie coa nosa natureza : encoro do Umia ( sin razón....), centos de minicentrais que desfán os mellores ríos que temos, 24 grandes encoros previstos nun plan hidrolóxico que máis ben semella un plan de Fenosa, Iberdrola e Endesa para cubrir de mortos a nosa incrible Galicia.

     Basta xa de meter parques eólicos nas nosas mellores serras e os nosos mellores montes. Non quedan ben, esnafran a nosa terra, son horribles, esquilman a nosa fauna, moitos non teñen sentido, as empresas privadas ben o ouro galego, a Xunta a deixar facer...a Consellería de Medio ambiente non existe..o caos...eso é o Medio Ambiente Galego hoxe, en marzo do 2001.

     Basta xa de non mirar pola nosa natureza.

     Basta xa da especulación pura e simple, basta xa de encher os bolsillos sin máis, por que sí, todo é legal ata a maior aberración, todo rodeado dunha palabrería  engañosa: desarrollo sostenible, enerxía limpa, renovable, productora de postos de traballo, toda unha parafernalia engañosa e falsa... Uns panfletos de impactos ambientais infames e impresentables, eu diría de Xuzgado de Garda...(hai un en Ourense, parque eólico na Ribeira Sacra,  que dí o estudio de impacto, que os aeroxeneradores non se ven dende a colexiata de Xunqueira...os galegos somos parvos, tontos e moito máis...A xente pasa...Moitas empresas, cheas de ex-Conselleiros, políticos, etc. están a facer o agosto......a cambio da nosa natureza....¡ non hai direito!!!. ¡¡¡ Non podemos permitir cunha mafia, xa que son mafiosos auténticos...desfagan a nosa natureza...!!. Temos que denunciar.

     Basta xa !. Temos a mellor terra posible, temos os mellores ríos, algúns xa irrecuperables, temos os mellores montes ( algúns cheos de aspas ruidosas, feas, impresentables, innecesarias,. pidamos os nosos gobernantes que nona deixen estropear por catro cadelas.

¡ Por unha Galicia viva !

     Basta. Xa está ben. Este é o meu tributo fotográfico a unha Galicia da que estou enamorado e que uns cantos "políticos incompetentes que soio miran o seu bolsillo " están deixando estragar. Progreso sí pero destrozo non. O progreso e totalmente compatible coa natureza, pero non como se está a facer en Galicia, estamos gobernados por xente sin demasiados escrúpulos, e así vamos mal, moi mal...

Ourense marzo do 2001. ( O autor da www.).

Secundino .Lorenzo .F.

       salir.jpg (922 bytes) Saír o Umia.                                                   salir.jpg (922 bytes) Salir al Umia