COMUNICADO DA COORDINADORA ANTI-ENCORO

DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

 

 

A Coordinadora Anti-Encoro en reunión celebrada no día de onte acordóu remitir a tódolos medios o seguinte comunicado:

 

1.- Que o episodio de alerta que se está a vivir nestas datas polo estado tóxico do río é resultado da deixación, desidia e irresponsabilidade de TODAS as autoridades que teñen que velar pola saúde e seguridade das persoas, así como pola conservación do medio natural.

 

2.- A Coordinadora lembra que o Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión de 1 de outubro de 2006 acordóu cos votos a favor do BNG e do PSG-PSOE e a abstención do PP, dirixirxe á Presidencia da Xunta de Galicia INSTANDO O DESMANTELAMENTO DO ENCORO de A Baxe, por representar un perigo para a saúde e seguridade das persoas, tras detectarse a presenza da cianobacteria na auga por parte do profesor Fernando Cobo, e denunciada públicamente nos xornais pola Coordinadora.

 

3.- É de coñecemento xeral que o Encoro anunciado polo PP da Xunta en 1997 como unha obra de interese xeral para abastecemento de auga NUNCA FOI ISO senón UN DOS MÁIS GRAVES CASOS DE CORRUPCIÓN DO NOSO PAÍS, disfrazando un NEGOCIO PRIVADO como de utilidade pública, utilizando fondos públicos e antidisturbios para despoxar ós lexítimos propietarios das súas terras e CONVERTINDO UN RÍO VIVO NUN PANTANO PUTREFACTO só por intereses económicos.

 

4.- Os informes de científicos de recoñecido prestixio que foron presentados pola Coordinadora desde 1998 APORTABAN CONCLUSIÓNS GRAVÍSIMAS SOBRE AS IRREGULARIDADES DO PROXECTO:

 

“…A capacidade de laminación é só do 4% (…) irrelevante para a evitación de riadas (…) o deseño técnico da presa determina que non é para abastecemento de auga senón para aproveitamento hidroeléctrico …”   (Díaz Fierros-Álvarez Enjo, USC).

 

 

… O estudio xeolóxico non presenta a calidade e detalle mínimo esixibles para constituír a base dun anteproxecto de presa …”.  (Escola Técnica Enxeñeiros Industriais e de Minas.   Univ. Vigo)

 

 

“… O Estudo de Impacto Ambiental recolle un inventario faunístico e de flora do sur da península, con topónimos como Río Guadiana, Puebla de Guzmán …”. (Marcos González. USC).

 

“… a cianobactería Microcystis só desaparece co río libre …” (F. Cobo. USC).

 

E así máis de 20 informes e estudios presentados en todas as institucións con competencias para paralizar a obra.

 

5.-  Foi o propio Tribunal Supremo o que ditaminou QUE O CONSELLO DA XUNTA MENTIRA CANDO FUNDAMENTABA O DECRETO DE CONSTRUCCIÓN DO ENCORO NO ABASTECEMENTO DE AUGA, PORQUE NON TIÑA PRESENTADO NIN UN SÓ ESTUDIO SOBRE TAL ABASTECEMENTO NIN APORTABA PROXECTO NINGÚN PARA QUE OS CONCELLOS RIBEREÑOS RECIBIRAN A AUGA DO ENCORO.

 

6.-  No desastre producido no Umia hai moitos culpables, tamén os tribunais que tardaron tanto en actuar, CHEGANDO A SENTENZA QUE ANULABA O DECRETO CANDO AS COMPORTAS XA FORAN PECHADAS POR CUÍÑA E O ALCALDE DE CALDAS.

 

7.-  En tantos anos de loita, con denuncias, persecucións e cargas policiais os membros da Coordinadora NUNCA TIVERON O APOIO DOS ALCALDES EN NINGÚN DOS NUMEROSOS XUIZOS A QUE FORON SOMETIDOS/AS, mudando a loita contra o encoro por un acordo con Cuíña que condenaba ó río e ós/ás veciños/as a ter un auga envelenada nas súas casas.

 

8.- Sabendo que a eliminación da cianobacteria e a recuperación do río SÓ PODEN CONSEGUIRSE DESMANTELANDO O ENCORO E EXISTINDO A POSIBILIDADE LEGAL DE RESCATAR A CONCESIÓN POR CAUSA DE SAÚDE PÚBLICA, a Coordinadora ESIXE A TODAS AS AUTORIDADES, TANTO MUNICIPALES COMO AUTONÓMICAS, QUE ADOPTEN AS MEDIDAS PRECISAS PARA DEIXAR O RÍO LIBRE PERMITINDO ASÍ OS SEUS USOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA LIMPA E DE LECER.

 

De non adoptarse medidas nese sentido a Coordinadora acordóu que solicitará a intervención da Fiscalía para dirimir posibles responsabilidades penais pola deixación de funcións por parte dos cargos públicos, poñendo en perigo á poboación e condenando ó medio natural que teñen a obriga de protexer.

 

 

Caldas de Reis, 31/08/18

 

 

Volver