CONVOCATORIA : MESA INFORMATIVA SOBRE O ESTADO ACTUAL DO RÍO UMIA.

CALDAS DE REIS, VENRES  5   DE  NOVEMBRO   Auditorio de Caldas de Reis.

Adega  - Coordinadora antiencoro do Umia.

 

  A convocatoria da mesa informativa.

  A mesa informativa do día 05/11/2010: Resumen.

  A mesa informativa na prensa:  Diario de Pontevedra,  Diario de Arousa e Voz de Galicia.

 

Saír.                                                   Salir.      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CADA VEZ VAI  PEOR O TEMA:

Un verán máis, ante a xa reiterada proliferación de cianobacterias no encoro do Umia, tivo o concello de Caldas que recurrir a camións cisternas para abastecer á poboación da vila.

Un verán máis, a ETAP de Caldas de Reis, -a pesar dos seus filtros de carbono activo e do seu tratamento con Ozono-, ten demostrado que non da eliminado a microcistina da auga e que non pode, pois, asegurar a salubridade da auga potable. 

Un verán máis todos e todas temos que asumir un sobrecusto no tratamento e un sobrecusto de abastecemento por unha auga que, por riba,  nin sequera chega a ser legalmente potable.

É, POIS, URXENTE E É ABSOLUTAMENTE PRIORITARIO

 PORSE A TRABALLAR NA SOLUCIÓN DO PROBLEMA

----------------------------------------------------

A Xunta recollendo mostrar no encoro do Umia.

 

A Xunta recollendo mostrar no encoro do Umia.

A Xunta recollendo mostrar no encoro do Umia.

 

--------------------------------------------------------------------------------------

 

ANTE ESTE DESASTRE FAISE UNHA CONVOCATORIA PARA TRATAR DE SOLUCIONAR O PROBLEMA:

      Caldas de Reis

30/10/2010

 

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña teñen o honor de convidalo ao seguinte acto:

 

Mesa informativa sobre o estado do Umia: solucións ao problema creado pola cianobacteria Microcystis Aeruginosa no Encoro

 

Intervirán:

 

Fernando Cobo Gradín, profesor titular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e director da Estación de Hidrobioloxía do Con

 

Daniel López Vispo, Licenciado en Ciencias Químicas, en representación de ADEGA

 

Moderará a Mesa e posterior turno de intervencións e debate unha representante da Coordinadora Anti-Encoro

 

 

Data:              Venres, 5 de novembro de 2010

Hora:              8 da tarde

Lugar: Auditorio de Caldas de Reis.  Paseo Román López s/n

 

Esperando contar coa súa presenza no citado acto, atentamente,

 

ADEGA-Coordinadora Anti-Encoro do Umia

 

----------------------------------------

 

CARTEL DA CONVOCATORIA

Cuadro de texto: Un verán máis, ante a xa reiterada proliferación de cianobacterias no encoro do Umia, tivo o concello de Caldas que recurrir a camións cisternas para abastecer á poboación da vila.
Un verán máis, a ETAP de Caldas de Reis, -a pesar dos seus filtros de carbono activo e do seu tratamento con Ozono-, ten demostrado que non da eliminado a microcistina da auga e que non pode, pois, asegurar a salubridade da auga potable.  
Un verán máis todos e todas temos que asumir un sobrecusto no tratamento e un sobrecusto de abastecemento por unha auga que, por riba,  nin sequera chega a ser legalmente potable.
É, POIS, URXENTE E É ABSOLUTAMENTE PRIORITARIO
 PORSE A TRABALLAR NA SOLUCIÓN DO PROBLEMA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MESA INFORMATIVA

 

OS PROBLEMAS AMBIENTAIS E DE SAÚDE RELACIONADOS COAS CIANOBACTERIAS

por

 Fernando Cobo Gradín: Profesor Títular do Departamento de Zooloxía da USC

        Director da Estación de Hidrobioloxía “Encoro de Con” (Vilagarcía)

 

e

 

UNHA SOLUCIÓN PARA A MICROCISTINA: SENTIDO COMÚN, XUSTIZA E LEGALIDADE

por

Daniel López Vispo: Licenciado en Ciencias Químicas. Profesor de EE.MM

                                      Vocal da Directiva de ADEGA

 

 

Cuadro de texto: VENRES, 5 DE NOVEMBRO
ÁS 20 HORAS
AUDITORIO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS

 

 

 

 

 

 


 

Organizan:

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

e Coordinadora Anti-encoro do Umia

 

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convocatoria informativa: Resumen.

Na mesa de esquerda a dereita Fernando Cobo, Daniel Vispo, Paloma Fernández e Froilán Pallín. (Foto Secundino L.)

Moderou o coloquio informativo Paloma Fernández,  portavoz da Coordinadora Antiencoro do Umia que deixou ben claro cal é o problema do Encoro do Umia, que se fixo únicamente para producción eléctrica e non para dar auga o Salnés ou para resolver o problema das enchentas. A súa construcción foi un fraude total e a solución xusta  é a demolición. Fai anos non había problema coa auga e agora sí.

O profesor Fernando Cobo, profesor titular del departamento de Zoología de la USC y director de la Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con,  fixo unha introdución moi amplia e clarificadora sobre as cianobacterias e deixou ben claro que estas foron atopadas no encoro do Umia. Concretamente a Microcystis aeruginosa. Tamén explicou os traballos que se teñen levado e con bastante éxito para eliminala, concretamente no encoro de As Forcadas en base a palla de cebada e tamén virutas de eucalipto. Estos traballos poderían emplearse no encoro do Umia, que evidentemente ten un volumen superior de auga pero que se podería regular. Os traballos deberan comenzar xa, para evitar ter o mismo problema o verán que ven. Cito métodos que se están levando noutros paixes como as aportacións de compostos de ferro para limitar o crecemento das cianobacterias, pero que fan que a auga perda potabilidade. Descartou a posibilidade de mover os fondos con aire comprimido, xa que tería o efecto de crecemento do fitoplancton, tamén negativo. O método dos ultrasonidos tamén non é axeitado toda vez que se pode producir a morte da alga, e así precisamente a microcystis liberar a toxina, e agrabar o problema.

No coloquio quedou claro que tal como está actualmente a auga el bebería desa auga pero non faría un biberón para un neno pequeno. Tamén indicou que con manter o encoro vacio durante cinco meses, entre eles os do verán, ou sexa correndo a auga normalmente,  evitaríanse moitos dos problemas actuais.

Xunto a Fernando Cobo tamén interviu Daniel López Vispo, químico e vocal de Adega que fixo unha intervención sobre a Microcystina dende o punto de vista do sentido común, a xusticia e a legalidade para chegar a conclusión de que a solución é liberar o río, a demolición da presa e o rescate da concesión hidroeléctrica. Neste momento o abastacemento do Salnés é prioritario e non pode prevalecer o uso hidroeléctrico.

Finalmente o Secretario actual de Adega Froilán Pallín insistiu nos puntos anteriores e deixou ver que Adega está disposta a actuar pola vía xudicial, para lograr resolver o tema que é grave.

No coloquio houbo moitas preguntas realtivas a gravedade da Microcystis, que hai que solucionar canto antes, tamén se falou sobre a dosis máxima que poden ter as augas unha vez tratada, dosis que dependerá das persoas, xa que non é o mesmo unha persona maior que un neno; outro tema foi o gasto con diñeiro público que está a invertir a Xunta con poucos resultados e finalmente decía  un dos que actuaron, en tono de humor, que parece que a Microcystes aeruginosa si produce unha especie de sono en moita xente do Salnés, sobre todo políticos,  que están cruzados de brazos ou non se entera do problema. Tamén fixo referencia a que cambiar de actitude nos políticos é de sabios, e eso é precisamente o que non hai na clase política...

 

Na fotografía o encoro do Umia, fotografía de Secundino L.

O encoro tiña a tarde do 05/11/2010 un cheiro incrible e este aspecto. Foto S.L.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A CONVOCATORIA NA PRENSA LOCAL.

Diario de Arousa sábado 06/11/2010

 

Diario de Pontevedra.

 

VOZ DE GALICIA

Fotografía de Sara González.

Volver