Demolición do encoro do Umia ¡¡xa!!

Setembro do 2010

 

 

 

Algunhas consideracións básicas sobre este encoro:

 

 

 



Dibuxo do lugar onde se fixo o encoro; según científicos da Universidade de Vigo, especialistas nestes temas,  entre  dúas  montañas pouco estables, e cuns estudios que deixaban moito que desexar...

O encoro do río Umia, un río troiteiro e que tamén foi salmoneiro, é un máximo exemplo de corrupción e caos hidráulico de Europa. Xa no seu día se falaba e informaba das prevendas de Cortizo para facerse con este encoro hidroeléctrico, falsificando estudios e facendo que otras compañías se retiraran do proceso de concesión. Consulten “Aguas limpias, manos limpias. Corrupción e irregularidades en la gestión del Agua en España” (pág. 61):

Estos días, setembro do 2010, o encoro volve estar eutrofizado e coa auga inservible para o consumo, ver estas fotografías:

http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2010/09/27/01101285573863948407722.htm

Imaxen do encoro do río Umia, a tres kms. de Caldas de Reis. Nun  lugar de privilexio e nun río daquelas ceibe dende o seu nacemento. Hoxe é un río condenado si non se evita.

 

A construcción deste encoro foi un auténtico roubo á natureza de Galicia e os galegos. Hoxe fálase de demolelo,  e non me estrana..


Este encoro foi autorizado polo presidente de Aguas de Galicia y agora Conselleiro de Medio Ambiente de Galicia, Agustín Hernández (ver o link que fixen no seu día sobre este home...). Fai uns meses, a sucesora do agora Conselleiro, Ethel Vázquez, declaraba a TVE as virtudes deste nefasto proxecto, negando cínicamente toda evidencia, “todo dentro de la normalidad” atreveuse a decir:

Casi todas as barbaridades que se cometeron de aquelas (1995-2004),  inda  se conservan na web (a maioría dos datos, algúns  perdéronse dado que a web estaba hospedada en Geocities EEUU e esta pechou...), web que eu mismo levaba naqueles anos, polo que sei perfectamente o que pasou.

Por activa e por pasiva dísoxe que o encoro resolvería os problemas das riadas en Caldas ( todavía está por ver, eu penso que pode agrabarlas increiblemente no suposto de grandes choivas e que collan o encoro cheo, aqui tendes unha demostración bastante sinxela...), tamén resolvería o problema da agua (hoxe é unha auténtica merda  que non se pode beber sin un tratamento a base de fino) e un longo etc. En realidade fíxose para producir electricidade e como negocio para a empresa Hidroeléctricas Cortizo, gran amigo do Sr. Cuíñas (xa falecido) e do Sr. Fraga, entre outros do goberno daquelas,  Fraga era o Presidente da Xunta, estaría 16 anos; un home que se decía pescador de troitas e gran amigo das minicentrais e deste tipo de encoros, cousa que nunca entendín e que non me cabe na cabeza. Resultado, o río  Umia, un río ceibe dende o nacemento, esmolado para sempre...

As consecuencias deste encoro inda están por ver, de momento é a eutrofización, pero o futuro pódenos deparar sorpresas incríbles, incluida a pérdida ou deterioro da gran zona de  mexilón  da desembocadura do río Umia; os informes eran todos negativos e avalados por científicos de solvencia:

Nesta  web intento recompoñer aqueles lamentables feitos, dentro duns días estará completa:

http://www.encoroumia.es

O que pasou en Caldas foi lamentable...Eu  mismo poiden comprobarlo alí mismo...Lembro que  por sacar unas fotografías s da beleza estragada da  zona, como una das que hai  a continuación, tuven que declarar no furgón da Garda civil as miñas intencións.  Era o ano 2003, en plena democracia...

A Ponte do Areal  o día que estuven na zona sacando fotos. Hoxe cuberta polo encoro.

A misma Ponte do Areal antes da tala.

Tala indiscriminada, mal feita, con precipitación.

Ver esta fotografía. No me estraña que hoxe esté todo eutrofizado. Fixeron as cousas correndo xa que sabían que era ilegal, como así foi declarado posteriormente...

O día 2 de octubro do 2010, ás 12 da mañán, pedirase en Caldas de Reis a demolición da presa ou a solución definitiva ó gravísimo problema da auga. Ver este link, con análisis da auga e coa xente moi cabreada. Incluso pidiendo a dimisión dos responsables fai casi dez anos.

 

                               Saír