A XUNTA SIGUE A GASTAR CARTOS (QUE SON DOS GALEGOS)  NO ENCORO DO UMIA PENSANDO NO NEGOCIO  HIDROELECTRICO  DO ENCORO

Estos son algúns dos traballos que se están a facer, dicen para evitar que o encoro se eutrofice e ter unha auga potable neste ano 2011

Desbroces...

 

Máis desbroces...

 

Raíces de árbores... Levantamento e retirada.

 

Recollida das raíces.

Estas pequenas cousas fan un presuposto  de 356.314 €

Que pagamos todos.

ESTOS TRABALLOS, DE MOMENTO, BENEFICIAN A  UNHA EMPRESA HIDROELÉCTRICA.

O MÁIS NORMAL SERÍA DEIXAR O RÍO UMIA LIBRE, SIN A AUGA ENCORADA QUE FOI E SIGUE SENDO  A RESPONSABLE DA DESFEITA.

 

Ante todo o anterior e máis cousas non me estrana esta nota do B.N.G protestando:

 

NOTA DE PRENSA BNG

 

A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE  SEGUE APOSTANDO POLO NEGOCIO HIDROELECTIRCO NO ENCORO DO UMIA  FRENTE O DEREITO A SAUDE A A AUGA POTABLE DA POBOACION

 

En setembro e outubro de 2010  a Conselleria de Medio Ambiente levou a cabo o traballo de recollida de pes e tocons das arbres  que quedaron anegadas polo encoro  e tamen construiu unha pista perimetral pola beira do encoro na zona de Paraditas oxe invadida pola tarra que cae sobre o baso do encoro..

No DOG  do 23 de novembro de 2010 anunciouse un CONTRATO DE SERVIZOS DE MANTEMENTO E CONSERVACION DO DOMINIO PUBLICO HIDRAULICO con un orzamento de 356.314 euros. O prazo para a presentacion de ofertas polas empresas interesadas rematou o 14 de xaneiro de 2011

A contratación dos traballos  sera adxudicada pola  EMPRESA PUBLICA DE OBRAS E SERVIDIOS HIDRAULICOS dependente da Consellería de Medio Ambiente. 

 

O BNG de Caldas interesouse ante a Empresa de Obras e Servicio Hidraulicos pola documentación tecnica, planos ou informes tecnicos que definiran o ambito dos traballos de mantenimento e conservación que se pretenden realizar, remitironnos a AUGAS DE GALICIA e dos responsables de Augas de Galicia tompouco conseguimos documentación algunha que permitira  coñecer as zonas de actuación nas marxes do encoro.

 

O contrato co que se pretende seguir fundindo fondos públicos nun encoro inviable  desglosa o seu orzamento nas seguintes partidas:

- 205.180 euros para desbroce cando o borde do encoro ten tramos sin vexetación ; tramos nos que a vexetación existente serve para reter a terra e  evitar a sua erosión e arrastre o vaso do encoro. E no tramo no que se abriu a pista perimetral en Paradivas no 2010 non quedou vexetacion que desbrozar.

- 35.560 euros para a retirada de tocons e pes cando xa foron retirados  no ano 2010 e amoreados no lugar de Vilabar en Troans

-Tamen preve o presuposto unha partida para reposición de mesas e bancos na area recreativa de A Pontenova cando dito espacio foi arrasado sendo ademais inundable co encoro cheo,

 

Con este contrato o Partido Popular dende a Conselleria de Medio ambiente vai a “fundir”  mais fondos publicos en tentar labarlle a cara a un encoro  para manter un apoveitamento hidroelectrico  por enriba da unica alternativa con sentido comun que seria deixar o rio libre para resolver os problemas de contaminación da auga potable que provoca o encoro.

 

            Frente a este derroche a falta de mantenimento das depuradoras ou decantadoras  situadas na  beira do encoro provoca vertidos frecuentes o vaso do encoro,  e  tampouco se destinaron fondos para  o reforzo do suministro de auga potable ós veciños de Caldas para evitar os cortes provocados pola  averia na captación de Segade provocado pola derradeira riada.

 

                        Caldas a 3 de febreiro de 2011

 

 

              Saír.