|
|
Dende 1949 soio CONTAN MENTIRAS E SOIO FAN PROPOSTAS PARA A PRENSA PERO NADA DE NADA .
Os últimos bombazos para a prensa:
1.- o día 15-08-98: Fenosa en colaboración con Medio Ambiente vai aportar unha solución á subida do salmón e a anguila no encoro de Frieira por medio dun elevador .
PERO ¿ EN QUÉ QUEDOU TODO ? : NO 2000 NADA DE NADA.
En xaneiro do 2002 teñen feito algo, catro caixas que non sirven para nada. Ver imáxenes da "obra maestra de Frieira" Senta cátedra decía fai dous anos, o malo é que de momento non exerce a cátedra.
50 ANOS INCUMPLIENDO AS LEIS ECOLÓXICAS.
2.-O día 4-08-2000 : Fenosa tardará tres anos en adaptar os seus encoros á lei. Una vergoña se mire como se mire. Casí 50 anos sin cumplir a lei, e inda por riba tres anos máis para NON FACER NADA E SI NON O TEMPO.................................................
REPITO NADA DE NADA.
Nota aparecida na Voz de Galicia do día 24-06-99.
Ó parecer o programa Life foi un proxecto presentado por Fenosa, a Xunta e algúns Concellos do Ribeiro e causou sensación en Bruselas. Non soio é orixinal sinon que ademáis senta cátedra e precedente.
Consiste en habilitar un ascensor no encoro de Frieira para que os salmóns podan remonta-lo río Miño.
A palabra ascensor soio é indicativa xa que ó parecer os salmóns non deberán acceder a unha caixa pechada e pulsar un interruptor, sinón que disporán dun camiño fluvial coa axuda dunhos rotores.
O proxecto costará 180 millóns e a UE aportará 50 millóns.
Deixando aparte algún dos comentarios anteriores, como "que senta cátedra" , etc. dende esta páxina fágome eco da noticia. Sin dúbida é unha gran noticia para os ríos galegos. Un raio de luz para tanta e tanta desfeita.
Esperemos para ve-los resultados.
Noticia do día 24 de Xunio de 1999. ( Fonte diario A Voz de Galicia).
O día 23-09-99 xa aparece
este programa presupuestado pola Unión Europea no seu programa LIFE.
Sin duda é unha gran noticia.
En DECEMBRO DO 2000 non se fixo nada de nada.
FENOSA TARDARÁ 3 ANOS EN ADAPTAR OS SEUS ENCOROS Á LEI.
Comentario:
POSITIVO: polo menos fálase de cumplir a lei, osea a lei existe e hai que cumplila. Algo é algo......En 1942 xa existía a lei de caudais ecolóxicos e especies migradoras.
NEGATIVO: con 284 millóns non chegrán nin para facer os proxectos.
¡¡¡ Vale !!!. Os galegos debemos alegrarnos xa que van a cumpli-la lei, despois de 58 anos de incumplimento.
Fenosa e Medio Ambiente firman un acuerdo polo cal Fenosa invertirá 284 millóns de pesetas, mediante o cal ponrán en marcha as actuacións imperativas que figuran nas leis actuais:
Dispositivo de franqueos de peixes, mantenemento de caudais ecolóxicos, dispositivos de protección de fauna, control de vertidos, construccións de centros ictiolóxicos, etc.
......
......
3 anos son os que fixan para cumpli-la lei, Carlos del Alamo e Victoriano Reinoso ( na fotografía do 19-07-00) coincidiron en que "las actuales instalaciones están desfasadas desde el punto de vista de la legislación ambiental, porque se construyeron hace décadas, cuando primaba la filosofía productiva en vez de la de protección y conservación del Medio ambiente de los últimos veinte años"
Esto é unha mentira. En 1942 xa había lei de migración de especies e caudais ecolóxicos. Fenosa e Iberdrola levan 58 anos facendo o que lles da a gana en Galicia e ahora piden novamente tres anos para prepararse...de vergoña.
......
......
Escadas como esta, veremos moi poucas cós 284 millóns...
Dende esta olla www estarei atento a esas melloras nos ríos galegos, deixando ven claro, xa desde hoxe, a miña opinión:
1.- Vexo positivo o anterior, algo é algo. Non son optimista. Vexo moita desfeita en Galicia. Demasiada.
2.- Vexo unha inversión de chiste, 284 millóns para actuar nas cuencas dos ríos Miño, Tambre, Ulla, Avia, Viñao, Mao Edrada, Limia, Salas, Belelle, Tambre e Arenteiro, dame a risa. Pero repito algo é algo.
3.- Non confio na filosofía de Fenosa co Medio ambiente galego e remítome os feitos ata o ano 2000, non atopo nada positivo o casi nada xa feito neste sentido. Si algún día se escribe esa historia ( que se fará) demostrará ben ás claras o que siñifica Fenosa para o Medio Ambiente de Galicia. Son 48 anos de esquilmación absoluta dos ríos galegos. A lei de pesca do 1942 xa falaba da protección das especies migratorias e dos caudais ecolóxicos. Lei totalmente iñorada por esta empresa en Galicia dende 1949.
4.- Medio Ambiente terá que exisir o mismo a Iberdrola e as outras compañías eléctricas ou ¿ é que estas teñen bula ?
Ver algunhas das barbaridades ecolóxicas da empresa Iberdrola. Un pequeno monográfico sobre o oriente da Provincia de Ourense.