¡ ENCORO DO UMIA : NON !.

 

Coordinadora Anti-encoro de Caldas de reis, Cuntis e Moraña Encoro do Umia un roubo auténtico a toda Galicia. O exemplo típico da corrupción hidroeléctrica deste país. Algúns dos responsables: Cuiñas, Fraga, Fernández Rojas, Agustín Hernández.
A loita dos veciños. Encierro no Concello pedindo xustiza.

HISTORIA DUNHA LOITA.

Resumen.

1995-2010 

A Garda Civil que en toda a loita foi moi numerosa na zona, loitando con outras armas...
Ata de noite se fixo garda, a verdade hai que quitar o sombreiro a moita xente... O neno sabe que o encoro do Umia foi aparte dunha xhapuza, unha vergoña para Galicia e unha auténtica corruptela. A Xunta a cortar árbores e os veciños a plantalos.

       Saír.

     

     

     

     

     

     

    PROXECTO PARA CONSTRUIR O ENCORO DO UMIA

  • A finais de 1995 faise público por parte da Xunta de Galicia o proxecto para a construcción do Encoro do Umia alegando a súa necesidade e urxencia para abastecer de auga á Comarca do Salnés e para evita-las enchentes do río Umia ó seu paso por Caldas.

Encoro do Umia, tamén chamado Encoro de A Baxe. Pontevedra (Galicia)

Mapa da ocupación actual do encoro. Afecta a tres concellos Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. (Pontevedra-Galicia)

  • Concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.
  • Capacidade 7 hm3.
  • Superficie de 81,7 ha.
  • Conca de 182 km2
  • Altura sobre cimentos: 36,50 m.
  • Lonxitude de coroación: 206 m.
  • Ancho na coroación: 7 m.
  • Tipo de aliviadeiro: mixto
  • Nº vaos: 4 de 13 m.
  • Comportas: 2 tipo sector
  • Capacidade de desaugue: 425m³/s. en trampolín
  • Escada de peixes: non
  • Uso da presa: Electricidade.
  • Explota a emp.: Hidroel. Cortizo S.A.
  • Potencia instalada 9000 kw.

Construción dende Marzo 1998 a febreiro 2000

Casi toda zona que ocupou o encoro, unha zona marabillosa do río Umia que quedou asolagada e desfeita.

Os dibuxos de Fran Ameixeiras unha obra de arte.

     

  • Desde o primeiro momento os veciños denuncian o fraude, xa que é de coñecemento público que o Salnés non ten esa necesidade urxente de auga e que esa non é máis que unha excusa para xustificar un APROVEITAMENTO HIDROELÉCTRICO DO RÍO.

  • As inundacións en Caldas de Reis non as vai solucionar o encoro. O tempo...

     

  • A excusa das enchentes do río tampouco é certa, xa que é o propio anteproxecto o que descarta esa posiblidade, afirmando que as enchentes producense pola confluencia nos ríos Chaín, Follente e Bermaña.

Neste dibuxo vese onde está enclavada a presa, entre montañas de pouco espesor e problemáticos según varios científicos...

Os dibuxos,  sobre esta desfeita, son  de Fran Ameixeiras; sin dúbida unha obra de arte aparte da pedagoxía implícita en todos os carteis.

     

  • A Xunta alegou a necesidade urxente de auga para o Salnés porque só iso permitía declarar a obra de UTILIDADE PÚBLICA e URXENTE OCUPACIÓN, xa que o aproveitamento hidroeléctrico é claramente unha utilidade PRIVADA.

  • A Coordinadora Anti-encoro de Caldas, Cuntis e Moraña  no anguiero de Frieira.

     

  • Publicado o anteproxecto a efectos de alegacións constitúese a Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, integrada por unha Plataforma de cada Concello.

    A Coordinadora Antiencoro do Umia,  informando a prensa.

 

A COORDINADORA DENUNCIA QUE:

     

  • O proxecto é un fraude. Que é para aproveitamento hidroeléctrico e se está a utilizar o abastecemento de auga e as enchentes do río como excusa.

    O encoro foi feito para producción eléctrica única e exclusivamente. Todo o demais é conto chino...

     

  • Que o encoro, ademáis do dano irreversible no patrimonio natural e cultural da Comarca, arruinaría o potencial turístico dos tres Concellos afectados, encamiñado ó turismo termal e de natureza, para o que contan coa riqueza natural das augas quentes e da súa paisaxe.

     

      

    O río Umia, estaba sendo posto en valor turístico meses antes de facer o encoro. Folletos da Xunta e fervenza de Segade.

    Muíños de Segade, por debaixo da fervenza, outra marabilla. Peligrosos actualmente, xa deu varios sustos esta zona por enchentas....

Así quedou a zona do pequeno recorrido cós muíños, unha zona marabillosa...

 

  • Que non se fixeron estudios sobre a posible incidencia do encoro nas augas quentes.

     

    Coordinadora Ati-encoro de Caldas, Cuntis e Moraña,  informando a prensa.

     

  • Que o anteproxecto presenta gravísimas deficiencias nos aspectos xeolóxico e xeotécnico (existen informes acreditativos destes extremos), o que representa unha ameaza para a vida dos veciños, debido ás fallas do terreo, inadecuado para unha obra destas características (alta permeabilidade).

     

  • Que o ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL é unha copia dun realizado para outro encoro. A fauna e flora que se describen, pertence ó Sur Peninsular, e incluso figuran topónimos da provincia de Huelva (Puebla de Guzmán, río Guadiana, etc.)

        

    A ponte do Areal, que quedou asolagada. A esquerda antes da limpieza do monte, a dereita xa co comenzo da limpeza.

     

  • Que no anteproxecto afirmase que a Ponte do Areal, que quedaría anegada polo encoro, é de "principios de século, cando en realidade data de 1834.

 

En base a todo o anterior e outras consideracións de tipo socio-económico e ecolóxico, presentanse 27.136 alegacións contra o antreproxecto. A Xunta non contestou a ningunha.

Cuíñas e Palmou estaban puntualmente na inauguración das obras. Parecía que a Xunta iballe a vida no proxecto...

As obras inauguraronse o 17 de abril de 1998 ás 8 da mañán -aínda era de noite- e con Cuiña e Palmou rodeados de antidisturbios chegados expresamente desde León.

O 7 de abril de 1999 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegal a ocupación de terreos por falta de xustificación da urxencia na exposición de motivos do Decreto da Xunta. Aínda que esta Sentencia é recurrible perante o Supremo, o que xa foi formalizado pola Xunta, o importante desta resolución xudicial é que a declaración de ilegalidade no procedemento anulou en parte o Decreto, así como as Resolucións de Augas de Galicia sobre levantamento de actas, aclarando o Tribunal que a Xunta tiña que devolve-las terras ós propietarios e que, en todo caso, tiña que comenzar de novo todo o procedemento pola vía de expropiación ordinaria, á espera de que se pronuncia o Supremo.

 

INFORMES PRESENTADOS POLA COORDINADORA

SOBRE AS IRREGULARIDADES DO PROXECTO

Co tempo se verá, pero o encoro perxudica gravemente a desembocadura do río Umia e o seu mexilón...

     

  • Do Dr. En Bioloxía da Universidade de Santiago, D. Marcos González González, sobre as irregularidades do estudio de impacto ambiental presentado pola Xunta e o perigo que supón o encoro para as especies que habitan no río e no seu entorno.

    Os dibuxos sobre esta desfeita,  de Fran Ameixeiras,  son toda unha obra de arte.

     

  • Da Delegación en Pontevedra da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia sobre o estudio de impacto ambiental no que se descalifica de maneira rotunda o citado Estudio.

    Os dibuxos sobre esta desfeita,  de Fran Ameixeiras,  son toda unha obra de arte.

     

  • Do catedrático de Edafoloxía, D. Francisco Díaz Fierros e o Enxeñeiro Hidrólogo D. Manuel Álvarez Enjo, no que se afirma:

    - A situación de pleno abastecemento de auga na Comarca do Salnés.

    - Que o encoro non solucionará os problemas das enchentes do río.

    - Que o deseño do encoro é para xeneración de enerxía eléctrica.

    Os dibuxos e a súa pedagoxía, son obra de Fran Ameixeiras. Unha marabilla.

     

     

  • Resolución do VALEDOR DO POBO, co asesoramento da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, na que se ratifican as denuncias da Coordinadora sobre as deficiencias do Estudio de Impacto Ambiental.

    O méxilón de río, a Margaritifera margaritifera era abondoso na zona do río Umia onde se fixo o encoro. Desaparecerá...

     

  • Informes dos Dres. D. Rafael Araujo Armero do CSIC; Mark Young, da Universidade Escocesa de Aberdeen e Gerard-Bahuer, da Universidade alemana de Friburgo, alertando sobre o perigo que representa o encoro para a especie en perigo de extinción, coñecida vulgarmente como "madreperla" de auga doce, ou mexilón de río (margaritifera), existente no río Umia e protexida pola Directiva Hábitats, incorporada ó Dereito español mediante R.D. en 1995. Esta especie nin siquera figura no Estudio presentado pola Xunta. Presentouse denuncia no SEPRONA para que abrira unha investigación sobre os previsibles danos, contestándonos que non tiñan técnicos para realizar a investigación e que trasladaban a denuncia á Consellería de Medio Ambiente.

     

  • Informe do Dr. en Enxeñería D. Enrique Orche García, da Universidade de Vigo, alertando sobre as gravísimas deficiencias técnicas que presenta o anteproxecto e que poden poñer en perigo á poboación.

     

  • Informe do Arquitecto D. Pedro De Llano, no que se afirma que como mínimo a Ponte do Areal, que no anteproxecto datase como de "principios de siglo", é de 1834. Faise a denuncia perante a Delegación da Consellería de Cultura. Non hai máis noticias.

     

  • Informe con data 5/1/00, do Enxeneiro D. Julio Martín Herrero, especialista en Enxenería do Medioambente, de Universidade de Vigo, onde aclara e advierte dos efectos negativos do encoro sobre as inundacións na vila. Neste informe non só se advirte que non paliaría os efectos das inundación, senon que agravaría seriamente o problema, debido as características da vexetación dos márxenes (bosque de ribera), que sempre actuará coma unha esponxa, amortiguando e diluindo no tempo os efectos das chuvias torrenciais. Según o autor, a tendencia actual nas zoas susceptibles de inundacións suxire evitar muros, construcción e urbanizacións "duras" do entorno dos cauces, e recomenda a potenciación de amplas extensión de vexetación de ribeira.

     

A LOITA NOS TRIBUNAIS

     

  • Presentamos recursos contenciosos contra o Decreto da Xunta de urxente ocupación para a construcción do encoro, nos que xa hai Sentencias -7 de abril- que declararon ilegal a ocupación de terreos por falta de motivación ó non xustificar a Xunta a necesidade urxente de auga e anulando as Resolucións de Augas de Galicia sobre a expropiación de terreos.

     

  • Tamén presentamos outro recursos contra o segundo Decreto da Xunta de 23 de abril de 1999, polo que declaraban a utilidade pública e a urxente ocupación dos terreos para a instalación das centrais hidroeléctricas, adxudicadas a Cortizo, S.L. Coa interposición deste recurso solicitamos a suspensión cautelar da expropiación de terreos por entender que se a presa non era urxente tampouco podía ser urxente o aproveitamento hidroeléctrico, que é unha obra accesoria da presa.

     

  • O 9 de xuño solicitouse ó Tribunal a execución provisional das Sentencias do 7 de abril pedindo que se devolveran os terreos ós propietarios en tanto non se pronuncie o Tribunal Supremo, para evita-lo anegamento das terras. A Xunta e Cortizo presentaron recurso de súplica contra esta petición de execución provisional.

     

  • O 14 de xullo seguinte o Tribunal acorduou suspender cautelarmente o Decreto sobre aproveitamento hidroeléctrico, sen impoñer ningunha fianza á Coordinadora.

     

  • O 25 de outubro o Tribunal dicta un Auto accedendo á execución provisional solicitada polo noso avogado e desestimando tódalas alegacións da Xunta e de Cortizo, calificando os motivos da impugnación como "impertinentes" e "gratuitos" e rexeitando de novo a imposición de fianza ós veciños. Con esta decisión do Tribunal, a Xunta non pode anega-las terras. Só podería rematar o encoro se o Supremo modificase a decisión do Tribunal galego, pero en calquera caso teñen que esperar a ese último pronunciamento.

     

A LOITA NA RÚA E NAS INSTITUCIÓNS

   

    Foron moitas as manifestacións pedindo un Umia vivo e o non o encoro.

     

  • Foi  admitida a trámite unha queixa no Parlamento Europeo, pendente de resolver desde xuño de 1998

     

     

  • Ademáis das medidas xudiciais, ó longo destes máis de catro anos foron convocadas diversas manifestacións en Caldas, Santiago e Pontevedra, xuntando a máis de 10.000 persoas, e dirixíndonos a tódalas institucións e colectivos para dar a coñecer o problema, así como todo tipo de accións e propestas para evitar a ocupación ilegal das terras, o que motivou multitude de denuncias e unha gravísima carga policial en Caldas de Reis en 1997, con varios veciños feridos e con retencións e detencións como as de Grixó (Moraña) con motivo do intento de ocupación de fincas en xullo de 1999.

   

        

        

  

   

Oito fotografías das loitas dos veciños por defender o seu... A Garda Civil estuvo moito pola zona e en determinados momentos fixo cargas...

 

  • A loita na rúa foi constante, día e noite, uns defendendo as terras, outros impedindo que entrara a maquinaria ou que traballaran os obreiros. A Guardia Civil recibindo órdenes continuamente da Xunta de Galicia..

O encerro no Concello foi unha data que non se esquecerá...

 

  • O  día 26-01-2000 a coordinadora Anti-encoro de Caldas, Cuntis e Moraña pechouse no Concello de caldas para pedir que se paralizase o túnel do encoro, mentras a xustiza non se pronunciara. O final conseguírono en principio. Medio Ambiente paralizou as obras o día 27-01-2000.

     

    Cuíñas, que morreu fai pouco, foi o que deu a cara dunha Xunta,  que inda hoxe non se explica a súa actuación en contra do pobo....

     

  • O día 27 de marzo de 2000,  Xosé Cuiña Crespo compareceu diante do Parlamento de Galicia para dicir cousas tales coma:

    - O encoro é para abastecemento de auga e para evitar as inundacións en Caldas
    - O impacto ambiental das obras é nulo
    - A sentencia que ordena a devolución dos terreos só afecta a 23 fincas
    - A Xunta sa abonou 1.060 fincas das 2.275 que resultan afectadas polo encoro

    Para calquera de estas "afirmacións" existen probas suficientes para desmentilas e comprobar novamente que este Sr. minte reiteradamente.

    Comunicación da coordinadora a Prensa, na fotografía está o sensacional abogado D. José Luis Aranda que xa nos deixou...

     

  • A Coordinadora contou sempre coa axuda indispensable do avogado D. José Luis Aranda, ó que merece unha mención especial de agradecemento polo seu apoio máis alá do profesional. Tamén coas  axudas de outras persoas e colectivos que de maneira determinante participaron na loita:

- D. Marcos González, da Universidade de Santiago.

- D. Julio Martín e D. Enrique Orche, da Universidade de Vigo.

- Ós integrantes de ADEGA e outros grupos ecoloxistas.

- Asociacións e Coordinadoras, que se solidarizaron totalmente,  Anti-Empacadora de Vilaboa, Asociación para a defensa da Ría de Pontevedra, Irmandade Moncho Valcarce e COAGRET.

- Tamén moitos deputados e deputadas do BNG e do PSOE que se identificaron co problema.

-  Secundino Lorenzo que nun momento determinado se incorporou a loita facendo a páxina web.

- E moitos cidadáns que participaron nas mobilizacións e actos de protesta para que cesara este abuso de autoridade e o río Umia e o seu entorno non fosen destruídos por un interés empresarial privado.

          

  

A desfeita foi incrible, todo o que se diga é pouco. A tala fíxose dunha forma impositiva propia da edade media, no ano 2001. O titular é o que aparece abaixo...

 

  • O día 05-02-2001 e anteriores foron uns días de medo para Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, as máquinas arrasaban sin permiso de ningún tipo as orelas do río e as fincas. A xente tiña que vixiar as súas fincas e moitas veces non se conseguía que non talasen as árbores de todo tipo e demais. Estos días máis de 70 membros da Garda civil axudaron a Xunta a perpetuar esta desfeita. Soio hai un titular "Caldas de Reis, Cuntis e Moraña arrasados por Hidroeléctricas Cortizo, A Xunta, A Guardia Civil e a Inxustiza"

     

            

           

    A tala de árbores foi unha auténtica desfeita impresentable. O xesto dos veciños en querer plantar algúns árbores foi  para chorar...

     

  • Plantación simbólica de árbores no río Umía, despois dunha tala salvaxe e mal feita realizada nos días anteriores. Foi o 9 de febreiro do 2001.  A Coordinadora denunciou esta tala.  Esta tala mal feita vai a manifestarse os seis anos coa eutrofización galopante do encoro de Umia, facendo velenosa a súa auga ...

  

Marcha de máis de 500 persoas que saíndo de Caldas foi ata o encoro como protesta pola súa construcción.

  • 15-03-2000 Marcha sobre o encoro do Umia. Ese día saíndo de Caldas de Reis fíxose unha visita as obras do encoro.

Decía eu como webmaster, aquel día, que "o Encoro de Caldas sen dúbida levará por sempre o nome "Monumento a prepotencia da Xunta de Galicia", e que ademais eu  por baixo poríalle "Aberración histórica demostrable co tempo"

 

  • 24-03-2001. Ese día o TSXG deixou, para moita xente da coordinadora-Antiencoro,  de ser eso, Tribunal Superior de Xustiza e menos galego xa que autorizou o peche do encoro alegando razóns incribles e contradictorias con respecto a outras das súas decisións. Alegou que pechando o encoro podía paliarse as enchentas. "las adversas condiciones metereológicas aconsejan levantar la suspensión para que el embalse pueda contribuir a paliar las inundaciones de la zona. "

A Coordinadora dixo naquel intre algún trivial: "E respecto da decisión de alzar a suspensión cautelar provisionalísima coa excusa de que o encoro serve para aliviar as enchentes, a Coordinadora manifesta que o Tribunal estase tamén a contradicir xa que eles mesmos nas referidas sentencias de 7 de abril do 99 anularon a urxencia do Decreto en base a dúas razóns:   a inexistencia da famosa sequía e que a regulación do río estaba desbotada no propio anteproxecto polo que esa finalidade non se podía aceptar para a construcción do encoro. "  Eu creo que está clarísimo...Unha auténtica inxustiza, contraria o seu nome...

 

          

Aquí están Cuiñas e o Alcalde Tobio pulsando o botón da posta en marcha do encoro, sin máis comentarios...

 

  • 25-03-2001 Cuíñas pecha o encoro do Umia con nocturnidade e alevosía. Una mal día para todos. Na fotografía do peche está tamén o alcalde de Caldas naquel intre o Sr. Tobio.

 

        

  • Un mal día para moitos, cando desaparece a Ponte do Areal baixo as augas. Para algúns esa foi unha derrota, pero seguimos na loita e xa veremos o que pasa, hoxe octubro do 2010 inda segue a loita e inda se pide a demolición deste encoro...

 

Os poucos días dragando o Umia, choveu e volveu a inundar Caldas...

  • 29-03-2001. Poucos días pasaron dende o peche, no que houbo outra vez riadas, e toman a decisión de dragar o Umia. A draga do Umia por suposto se fixo inpunemente, sin proxecto, sin informes e sin nada...tira para adiante. Demostrase que o encoro non sirve para evitar as riadas...

Cuíñas, Tobio e os demais alcaldes da zona dando o visto bon o Encoro. Sin máis comentarios.

 

  • 25-04-2001. Cuíñas o rei do Umia. O Crak. Paseo apotéosico polo Umia cós alcaldes da zona, invitados persoalmente por Cuíñas e Tobio o alcalde de Caldas de Reis.  O inimigo natural no é o Umia é o bloque, diría Cuíñas daquela. Dice Cuiñas que a no ser que teñamos o diluvio universal Caldas non volverá ter inundacións. Ou o que dixo Tobío  o problema secular das inundacións pasou a historia... (O tempo quitará estas razóns...)

No TSXG pedindo xustiza.

  • 09-04-2001 Protesta ante el TSXG.  A pancarta creo que está clara. O que se esixe é que se cumpla a sentencia do TSXG, nin máis nin menos.

 

Paloma Fernández presidenta da Coordinadora. Antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña.

 

  • 23-03-2002 A UE abre un expediente de infracción contra o goberno de España pola construcción do encoro do Umia. A UE dase conta de que tanto a Xunta como o goberno español vulneraron varios tratados que están en vigor. Esta petición fixoa a Coordinadora Anti-encoro de Caldas, cuntis e Moraña. En abril do 2000 xa se presentara outra petición.

 

Obras na base da presa, dous anos despois de inaugurala. Incrible.

  • Verán do 2003 a Xunta por medio da empresa Empresa Mixturas, obras y proyectos,  adxudica por 443.000 euros as obras de reforma do muro da presa de Caldas, por fallos graves no muro. Xusto despois de inaugurala dous anos antes. Incrible.

 

Faltan algúns máis, pero estos foron os que levaron a batuta da desfeita, dun encoro cheo de corruptelas... Una desfeita feita en plena democracia 1995-2004. Algún como Agustín Hernández é hoxe Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta actual no 2010, dende logo resulta esperpéntico...

 

  • O 24-10-2003 o supremo ratifica por terceira vez  que a ocupación das fincas foi ilegal. Unha sentencia que obliga a satisfacer os pagos das fincas. A coordinadora sabe que esta é unha victoria agridoce xa que consideran que tanto Fraga, como Cuíñas, como o Presidente de Aguas de Galicia como o delegado de goberno de Pontevedra deberan pedir perdón os veciños, que case trataron de terroristas por decir a verdade. O alcalde de Caldas Jose Mª Tobío dice ante a noticia "Para mín é un tema pasado de moda..."

Hai que ter rostro...Todo esto debera estar realizado e rematado.

  • A empresa Hidroeléctricas Cortizo e os seus amigos, para mín a única beneficiaria do encoro coa produción de electricidade saca un video coas excelencias da presa e do que fará na zona posteriormente, a cambio da desfeita. Por certo o que prometeu...¿víchelo? .

O encoro de Caldas foi eso: un atentado ecolóxico e un roubo auténtico a nosa Galicia e os que amamos a natureza.

  • Por suposto que a Coordinadora Antiencoro sacou a réplica do video anterior pero con feitos reais e consumados onde se ve perfectamente o atentado ecolóxico realizado con este encoro.

Pecho, de momento,  aquí esta historia, e fago un seguimento do encoro ata a súa demolición, e digo esto xa que estou convencido de que non hai máis remedio que demolelo, foi unha chapuza total, realizada nun río ceibe de encoros dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Hoxe xa se fixeron minicentrais no seu recorrido e o río está totalmente defenestrado...

Neste momento, ano 2006,  todos os que tíñan que cobrar as súas terras xa o fixeron, algúns dende logo morreron antes de cobrar.

-------------------------------------------------------------

Riada en Caldas de Reis. Ano 2006.

  • No ano 2006 houbo unhas riadas en Caldas de Reis que foron moi grandes. En algún puntos a auga chegou a lugares que non había chegado anteriormente.

Esto veu a demostrar que o encoro de Caldas no soio é inutil para controlar as riadas de Caldas de Reis si non que é peligroso. Aquelas afirmacións de Cuiñas, de Fraga, do socialista Tobio alcalde de Caldas por aquelas, do mismo Agustín Hernández no foron máis que mentiras para engañar o pobo galego e meter un encoro que o único que pretendía era producir electricidade para encher os bolsillos de Cortizo S.A. a sabendas de que axudaban a un amigo... Unha auténtica vergoña que dende o punto de vista ético a min inda me sigue a producir noxo por non decir outra cousa...

 

 

------------------------------------------------------------

 

 

O Umia eutrofizado. A agua de Caldas de Reis.

  • Octubro do 2006 o encoro está eutrofizado, comenza a aparecer por primeira vez a Microcystina aeroginosa,  comenzan os problemas graves de auga en Calda de Reis. Xa se comenza a falar de que a única solución é tirar o encoro.

 

O Umia eutrofizado. Hoxe a mycrocistis contamina gravemente a agua de Caldas de Reis. ¿Que foi o culpable?. Para mín está claro...

  • Setembro do 2010 a microcistina cubre o encoro de Caldas e a auga está envelenada. Graves problemas sin solucionar da auga en Caldas. Aguas de Galicia non sabe por onde anda, fálase de facer estudios, largas o asunto. Sigue a pedirse por parte de Adega e da Coordinadora Antiencoro a demolición como única alternativa, xa que as outras non existen ou non son viables.

Puro veleno CIANOBACTERIA MICROCYSTIS é veleno auténtico e descoñecido ata fai pouco.

  • En novembro do 2010 a Consellería de Medio Ambiente, con Agustín Hernández o frente, sí,  aquel que lle deu para adiante o encoro de Puebla de Guzmán, que debera decir Caldas de Reis, o mismo,  agora propón solucións para atallar este problema da Mycrocistina, solucións que nos van saír do peto a tódolos galegos para seguir igual ou peor... Un cúmulo de despropósitos que veremos como remata.

A Cyanobacteria Microcystis está a invadir incluso os terreos que limpa a Xunta de Galicia cós nosos cartos...

  • Por suposto a Coordinadora Antiencoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña sigue  manteñendo o desmantelamento do encoro e así o fai saber a opinión pública:

"A construcción do encoro foi un fraude e agora segue sendo un fraude o que proxectan.  Para a Coordinadora falta o estudio principal e o que remataría para sempre co problema da toxina: o proxecto de desmantelamento do encoro"

 

   Saír.                                                       Salír.